sexta-feira, maio 31, 2013

A NENA na libraría Lila de Lilith! (Compostela)

O pasado xoves 30 de maio tivo lugar a presentación de "A Nena á que non deixaban ser Feliz" en Compostela, nun acto moi emotivo na entrañábel libraría Lila de Lilith. O acto foi introducido por Alfonso Láuzara como portavoz da porta, seguido dunha interesante presentación de Montse Pena Presas. Logo foi o autor do libro, Miguel Ángel Alonso Diz, quen tomou a palabra para falar do proceso creativo e dos valores do libro, acompañando a súa exposición de fermosas imaxes que fixeron moi presente o arte da brillante ilustradora Luz Beloso. Ademais foi especial a participación do cantautor galego Miguel Alonso con varias cancións e a poeta Iolanda Aldrei que encandilou ao público cun fermoso conto baseado no Cullarapo e A Nena. Foi sensacional! Grazas a tod@s!

Cartaz do acto

Alfonso Láuzara abre o acto

Miguel Ángel Alonso Diz, autor do libro

Miguel cede a palabra a Montse Pena Presas

Miguel A. Alonso Diz moi atento

Aspecto da Lila de Lilith en pleno acto

O entusiasmo do público

Montse Pena Presas e Miguel A. Alonso Diz

Miguel A. Alonso Diz e Montse Pena Presas

Miguel Ángel Alonso Diz

O cantautor galego, Miguel Alonso

Miguel Alonso puxo a nota musical ao vivo! 

Iolanda Aldrei deleitou a tod@s cun fermoso conto

Un dos intres máis emotivos con Iolanda Aldrei
 

sábado, maio 25, 2013

O Cullarapo Croque e A Nena, os máis vendidos en literatura Infantil-Xuvenil en galego!

Tal como indica Ramón Nicolás na sección Taboleiro do libro galego  do seu interesante blogue Caderno da crítica, na listaxe de libros en lingua galega máis vendidos na última quincena  (do 11 ao 25 de maio) elaborada coa colaboración de dazasete librarías moi representativas da Galiza: Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith, Livraria Suévia e Carricanta; "O Cullarapo Croque" e "A Nena á que non deixaban ser feliz" d@s compañeir@s Miguel Ángel Alonso Diz (textos) e Luz Beloso (ilustracións) publicados ao abeiro de A Porta Verde do Sétimo Andar, figuran en e lugar dos máis vendidos en Literatura Infantil-Xuvenil. Parabéns!!!
E grazas a todas e todos vós polo voso xeneroso apoio!


.

quinta-feira, maio 02, 2013

Sensacional recital de A Porta Verde na Casa de ROSALÍA!

O sábado 27 de abril ás 19 h. tivo lugar na entrañábel Casa de ROSALÍA "A Matanza" (Padrón) un sensacional recital rosaliano de A Porta Verde do Sétimo Andar, coa presenza de Anxo Angueira e conducido polo compañeiro Alfonso Láuzara, ante un auditorio ateigado de xente. Dúas horas de poesía e amizade!
 
 
No acto participaron 20 voces poéticas!
Alí estaban con gran entusiasmo: Miguel A. Alonso Diz (Vigo) Rochi Nóvoa (Ourense) Asun Estévez (Bueu) Xosé Iglesias (A Coruña) María Xosé Fernández (A Pontenova) Rosa Enríquez (A Rúa) Neves Soutelo (A Estrada) José Estévez (Lugo) Miguel Alonso (Compostela) Patricia Sánchez Abeal (Vigo, dende Bruxeles) Alfonso Láuzara (Vigo) Alba Méndez (Moaña) Marta Pedrosa (Rianxo) Ester Carro d'Eguas (Vilagarcía de Arousa) Ramona Fernández (Padrón) Manolo Pipas (Vigo, recén chegado de Oaxaca) Merchi Pimentel (Vilagarcía) Virgílio Liquito (Portugal) Cristina García e Manuel Teiro (Padrón).
Moitísimas grazas a todas e todos!

imaxe colectiva no exterior da casa
 

Alfonso Láuzara e Anxo Angueira abrindo o acto
 

bo ambiente no auditorio

gran espectación no público asistente

ilusión e felicidade

Miguel A. Alonso Diz

Rochi Nóvoa

Asun Estévez

Xosé Iglesias

María Xosé Fernández

Rosa Enríquez

Neves Soutelo

José Estévez

Miguel Alonso, cantautor galego

Patricia Sánchez Abeal

Alfonso Láuzara con Alba Méndez, co libro De Castro

Marta Pedrosa

Manolo Pipas

Ester Carro d'Eguas

Virgílio Liquito, grande!