sexta-feira, novembro 17, 2006

Bodys Isek Kingelez

Bodys Isek Kingelez
(Kimbele Ihunga – Congo. 1948)
Artista visionario. Infuido polo caótico crecemento da capital megalópoles, Kinshasa, nos anos 70, constrúe con materiais reciclados (madeira terciada, papel, cartón, plástico...) maquetas das súas “cidades visionarias e utópicas”, coas que proxecta un novo mundo aberto ás súas xentes.


“Cidade pantasma” 1996

quarta-feira, novembro 15, 2006

A porta de Orisel Gaspar


"...Se fico na porta sen cruzala
o marco atraparame as mans,
por iso espídome,
traspásoa e sen pechala,
camiño, medro e pola miña alma deixo
que crucen os humanos..."
"...Poño outros bicos onde non están os seus,
onde piso unha pegada detéñome,
converso, escoito, saúdo, vou e veño,
fágome de noite e de día sen orgullos..."


Orisel Gaspar
Visite o “WENGUE” de Vigo (en Luís Taboada, 18)

segunda-feira, novembro 13, 2006

sábado, novembro 11, 2006

Romuald Hazoumé

Romuald Hazoumé (Porto Novo - Benín. 1962)
Un dos artistas máis coñecidos fóra de África. As súas “máscaras bidón”, feitas con bidóns do tráfico
de gasolina procedentes dos contedores de vasoiras, son a súa maneira de lle dar imaxe á política occidental respecto do continente africano, “o vertedoiro” - di o artista.




"Claudia" (1999)

A modelo Claudia Schiffer, segundo Hazoumé





"Internet" (1997)

quinta-feira, novembro 09, 2006

My name`s Spy Ware

- Psst! Psst! Si,si, ti! É que non pensas facer nada?
- Que?
- Si, levas xa moito tempo perdendo o tempo, e daquela fasmo tamén perder a min.
- Pero que dis?! E ti que fas?! Que significa isto?
- Dáste de conta? Eu levo tempo asexando, e ti levas tempo perdendo o tempo. Eu ándoche a espiar. Logo, eu fago algo, eu espío. E ti que fas? Ti non fas nada! Ti tes que facer algo. Eu espío.
- Pero ti quen es? De onde raio saíches? Que significa isto? Por que non vas espiar ás parellas no parque? A min déixame en paz!
- Era o que che me faltaba! Esperta, pampán! Ben parvo es. Eu chámome Espai Güear e veño do planeta Global, que é un planeta anano que non é planeta nin é ren. E veño a perder o tempo no teu país porque ti non fas nada interesante.
- Será posíbel? Que che meto, cagoendiola!


Alfonso Láuzara

segunda-feira, novembro 06, 2006

sábado, novembro 04, 2006

o consello indixena

cada uno de nosotros
venimos de alguna historia
de alguna lucha

de algun sufrimiento

para o planton
comuneros doutros colectivos
traen machetes e paus
baixan das camionetas
e desplegan as suas mantas
pola defensa da terra nai

é para intimidar
pero sobre todo
como seña de identidade
desa identidade labrega
pola que loitan

e traen tamen sillas
para escoitar os seus ponentes
e por este tempo
o zócalo volta a ser deles

2-05

resecase a terra
na chaira do zapomix
e abrense fendas
a vida busca vida
entre parede e parede

no paseo tijuis e garzas
e no medio da chaira
dous solitarios eucaliptos
un novo canto
ao surrealismo

co tradicional
retraso oaxaqueño
xa chegan cesar e mojo

zaachila 19-2

a reseca chaira
nos valles centrales
rodeados de montañas
ás que roubaron as arbores
encinos e piñeiros
que a memoria non cale
as nubes que non choven
o tremendo remolino
que todo o pode levar
e a comuna buscando cariño
os solpores magonistas
e os tepaches de polito

México 16-3

De "Viaxe ao país das nubes"
- Manolo Pipas -

quinta-feira, novembro 02, 2006

Sinal Breve



estás a roer uma passagem
por dentro da minha morte
para me tocares no nervo onde moro
adormecida de não me saber amar
um túnel vivo por onde regressares da tua própria morte

* * *

viajamos os dois nesta aventura de trilharnos as palavras
delas fazendo o nosso caminho de pedras no deserto
dos outros que nos entendem como escolhos
a contornar
Ana Viana
(do libro "Sinal Breve")
- fonte: Portal de Poesía -

terça-feira, outubro 31, 2006

domingo, outubro 29, 2006

Notre Dame

(detalle de Rui Mencía)

.

Liberté, Égalité, Fraternité!!

sexta-feira, outubro 27, 2006

Aquí coma en Francia


O xoves 26 de outubro, foi o día na que a mocidade saltou á rúa para berrar por un futuro digno. A manifestación saíu da praza América ás 12 horas.
As condicións son taxantes e necesarias:
-Plan de investimento para a educación pública; construción de novos centros, contratar máis mestres...
-Non máis privilexios á educación privada e á xerarquía eclesiástica.
-Universidade pública e gratuíta.
-Nos cliclos formativos prácticas remuneradas nas empresas.
-Investimento para acadar un ensino totalmente en galego.
-Un posto de traballo digno, xornada laboral de 35 horas sen redución salarial.
-Garantir vivendas públicas de calidade.
A experiencia demostra que para aspirar a unhas condicións dignas de estudo e traballo, hai que loitar.
O ano pasado os estudantes e traballadores franceses mobilizáronse masivamente en defensa dos seus dereitos.
A súa histórica vitoria deixou ben claro que a loita é a única vía,
o único camiño cara a solución duns problemas tan graves.
TODOS TEMOS QUE LOITAR E APOIAR ESTA CAUSA, A NOSA CAUSA.

rosanegra

quarta-feira, outubro 25, 2006

Chiapas, a loita dos invisíbeis

A VIDA DOS ZAPATISTAS 12 ANOS DESPOIS DO INICIO DA SÚA REVOLUCIÓN.
Ninguén mira aos indíxenas mexicanos agora que calaron as súas armas. Non teñen dereitos, e só o Exército preocúpase por eles.

Aínda que o son dos fusís estea apagado e xa non esperte interese á outra beira do Atlántico, en Chiapas (México) as espadas seguen en alto, e os dereitos dos campesiños que se ergueron en armas en 1994, en baixo. Foi o que viu o redactor deste artigo no seu traballo coma observador internacional este verán na comunidade zapatista de Las Tacitas.
Nesta aldea de 200 habitantes, no corazón da Selva Lacandona de Chiapas son as 11 da mañá. Manuel saíu a traballar a terra hai cinco horas. Ao ir, un retén militar parouno, burlouse del e rexistrouno. Xa non hai guerra, mais os militares cercan aos zapatistas e métenlles puntadiñas a cotío. Manuel só levaba un machado para partir mazarocas e pozole, unha papiña preparada pola súa muller. Volve catro horas máis tarde cunha colleita no lombo e un sorriso sempiterno na boca, que esconde o seu cansazo. Convídanos a café na súa casa, que é de madeira e leva pintada a foto do Che na porta. El, sendo un chamaco (rapaz), colleu un fusil no 94. «Éramos invisibles para el mundo. Nos pusimos un pasamontañas y ya nos miraron». Coma un neno somnolento di que a loita é lenta, que el non verá a luz, que será para os seus fillos. Tamén cre que os zapatistas están mellor porque xa non pagan ao señor da facenda por labrar a terra. Os zapatistas botárono. Mais a Las Tacitas non chegan a luz nin a auga, nin hai médicos, nin estradas, nin outro traballo que non sexa partirse os cornos na terra. Hai unha escola, mais sen mestre, así que os rapaces só van a clase cando na súa comunidade hai observadores internacionais para dar a clase. Iso fixeron este redactor e outros dous voluntarios en LasTacitas.
Diciamos que eran as 11 da mañá e cando non hai mestre, os rapaces –o único que abonda en Las Tacitas– perfeccionan a súa puntería co tirachinas, xogan cunha serpe velenosa que afirma a súa valentía ou axudan nas tarefas domésticas. Os fillos de Manuel soben do río á súa casa un balde de auga cuxo peso obrígalles a facer zigzag. A súa nai, Tomasa, lava no río. O seu traballo non remata nunca. Leva a Pancho, o seu fillo menor, atado ás costas. É unha bela muller indíxena. Ten «25 anos ou así», xemelos de futbolista e dentes negros. Evidentemente, en Las Tacitas tampouco hai dentista. Conta cando de pequena viu en persoa ao líder do zapatismo, o Subcomandante Marcos. As mulleres tamén son guerrilleiras. Se algo pasa, elas deixan aos fillos na casa, os homes gardan o machado e ambos os dous collen o fusil, hoxe escondido e sen ganas de saír. Hai anos, o Exército Zapatista de Liberación Nacional comprometeuse a esixir os seus dereitos pola vía política.
O Sub Marcos leva un reloxo que marca as 11 e outro que sinala as 10. As dúas horas do zapatismo: a das 11 é a hora da loita, a do EZLN. A das 10 é a hora dos cidadáns. O soño zapatista é prescindir do reloxo das 11.
As 11 da mañá. Hai 4 horas que amenceu na Selva Lacandona. Un campesiño zapatista, ao que os observadores invitamos a tabaco, cóntanos que chaman «la larga noche de los 500 años» ao período que vai dende a chegada dos españois con Colón ata 1994. Chiapas está esquecida. O mundo lembrouse dela espertado polos disparos. Alí segue amencendo, mais entón só escoitase o galo, e este só esperta aos campesiños.
O neno que leva un sabio dentro
O indíxena guerrilleiro garda un sabio e un neno dentro. O seu rostro da cor da terra anénase cando ri e arreza si se tercia. Báñanse espidos no río, gargallean inocentes e provocan calafríos ao pensar que, cando é preciso, empuñan un arma. Nos desfiles militares, os zapatistas atan unha venda á boquiña do seu fusil. «Amordazamos nuestras armas porque no queremos que las pistolas hablen. Queremos que hablen las palabras», explican. Polo sabio falan, e polo neno, agora as súas armas están gardadas.
Unai Etxebarria
20minutos. Mércores, 18 de Outubro de 2006 (páx. 10)

segunda-feira, outubro 23, 2006

Mortes no outeiro

" Os desastres da guerra" Francisco de Goya

Non quero tornar á beirarrúa
do tempo, no que o medo deixaba
pegadas de donicelas nos peitos
........................................masacrados
Non quero ollar nos teus ollos
o pánico, a escura brétema que cubría
o largo túnel da historia amarga
que era un pesadelo, ambientado
nunha paisaxe estraña , terrible
onde os corpos formaban acios
baixo o son monocorde das balas
Un cento de pretos vagalumes
acompañaban cadaleitos calados
os carreiros facíanse cada vez máis
................................................estreitos
...............................................impenetrables
Alí caeron, no monte
finaron, crebaron corazóns
e as xanelas pecharon
.......................como para dicir adeus
..................................................ás almas
A noite era unha pálida estadea
ao carón dun estripo
..............que se volvía de costas
.........................como se non pasara nada
....................................como se non pasara nada
..............................................................pero pasou

Cruz Martínez

sábado, outubro 21, 2006

@s sen teito

(detalle enviado por Javi Rai)

Artigo 47 da Constitución Española:

"Todos os españois teñen dereito a disfrutar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do solo dacordo co interese xeral para impedir a especulación.
A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos."
[Sub. Afonso trece]

quinta-feira, outubro 19, 2006

terça-feira, outubro 17, 2006

o consello indixena




cada uno de nosotros
venimos de alguna historia
de alguna lucha
de algun sufrimiento


güero güero
asi me chamaban os presos
dende detras das reixas
cando ia polos pasillos
a visitar a jose
os güeros
somos de pel clara
e sempre levamos cartos

ixcotel 2-05

xoxescuintle
o pelado can mexica
vai atado ao seu dono
a poucos metros do planton
asi ia tamen
o pobo indixena
pero xa vai menos atado

zócalo 2-05

no lokal
estou tecleando
para mandar uns correos
e logo de pintar no muro
varias formas da natureza
dalia ven e preguntame
es suya la computadora
no .. es del cipo
digolle
de todos pues
dime ela
25-2

a globalización
mando un correo
aos compas do cipo en oaxaca
e dende o frio canada
respostame o dia seguinte
o compañeiro raul gatica

vigo 11-05

"Viaxe ao país das nubes"
- Manolo Pipas -

domingo, outubro 15, 2006

"1936 - 2006 A luita continua!

O pasado 7 de outubro celebrouse un emocionante acto no alto do Furriolo, próximo a Celanova. Ao pé do mural realizado polo artista Xosé Vizoso para recordar a masacre que aconteceu neste e noutros outeiros do noso país, fíxose unha conmovedora homenaxe ás vítimas do holocausto galego.

rosanegra e eu estivemos alí, acompañando aos poetas: Igor Lugris e Ramiro Vidal Alvarinho cos que protagonizamos un emotivo recital en lembranza dos nosos mortos.

Cruz Martínez

quinta-feira, outubro 12, 2006

Na terra de Genoveva

SINAL

Em lépido vento, volúpia ardente. Mudo epicentro de um mundo a
contrario. Quase cego desmonto o possível de uma luz. Em tudo, quase tudo
o nada em invólucro. Caio ao pé então da cruz. Onde penso, oro e sinto um
pequeno
corpo nu ao colo

Olho em re-dor, ferida quase posta no joelho. (vela por outro na rega dos
desertos)
Pare!, o séquito...inóspito. sobresalto lento esmague o calvário.
Insecto?,
Qual sorte
em lâmina de eros

Aurelino Costa

Do livro: "Na terra de Genoveva"

segunda-feira, outubro 09, 2006

sexta-feira, outubro 06, 2006

MARIÑA - Urbano Lugrís

terça-feira, outubro 03, 2006

José Vicente

Por actos contidos
na terra húmida
sons de areia
brilham na sombra

Do livro " Caixa Inacessível"

domingo, outubro 01, 2006

filo-café do Porto

Celebrouse o día 23 de setembro, no clube literário do Porto que está na rúa Nova de Alfândega, 22 . A Porta Verde do Sétimo Andar tamén estivo alí...

Na foto, Amadeu Ferreira falou sobre a lingua e literatura Mirandesa.
















Alberto Augusto Miranda ao piano, acompañado da bailarina Ana Úrsula Martins.



De esquerda a dereita: Cruz Martínez e rosanegra.

quarta-feira, setembro 27, 2006

Un poema de Minus Bálido

O cumio das montañas da loucura
O ceo rosa
O abismo
As profundidades do mar
De onde partimos
Para chegar á seca
A chaira-friaxe
A cidade vertedoiro
No verán suxo
O suor e o tabaco
A boca seca
Os beizos negros
A lúa redonda lámpada
Iluminando o inferno
A caluga rota
A sede
O seme
Semente de onde partimos
Cara o ceo rosa
E as montañas da loucura
Pola que nos botaremos
Barranco abaixo
Para chegar á praia
Mergullarnos
No mar quente
Desprovisto de peixes
Que fuxiron
Ás piscifactorías...
Coma nós ao deserto.

Minus Bálido

segunda-feira, setembro 25, 2006

Deberían retirar os espellos

Deberían retirar os espellos
mimetismo de peixes e cantigas
para achar as mans abertas
sen esporas
baleirar os petos á mañá
para descubrir as lúas da noite que pernoctan

Deberían retirar os espellos
falsas biografías dos antollos
e achairar os pensamentos
en verbas limpas descosidas
esfiañar os anceios en regos pequeniños
murmurio do río en tarde calada
dos ausentes

Deberían retirar os espellos
abafados de silencio
nas estacións solitarias
deixar só lenzos
de liño branco
húmidos de xeada
na man quente que aloumiña
e acocha neste útero inmenso
de pracer e dor.

Luís Viñas

LEMBRANDO O PASADO

¿Onde están aquelas pochancas,
I os regatos coas rans?
¿Onde están as cucharillas,
Que eu pillaba de rapaz?

¿Onde están as lusincus,
I os saltóns a saltar?
¿Onde están as Libeliñas
Que voaban polo vrán?

¿Onde estades, meus amigos?
¿Onde fuchedes parar?
¿Onde estades? ¡Non vos vexo!
¡Tan soio vos podo lembrar!

¡Que será destes rapaces
que non vos poden ollar!
Nin ter lembranzas siquera,
Para falar de cando un foi rapaz.

Purificación García Vila
Do libro "Fiando Miudo"


sábado, setembro 23, 2006

8000 visitas!!

Aportaverde
Foto tirada por Elvira Riveiro, hai un ano en Combarro (Poio)
coa ausencia de Alberte, e pouco antes da celebrada chegada
do compañeiro Abilio ao grupo



Á esquerda, parte do grupo no noso fogar bohemio,
o Café Lenda Moura (Vigo).
Á dereita, noutro fogar bohemio,
O Lar da Zoe, tamén en Vigo (zona vella)
.
.
A PORTA VERDE
queremos compartir
con todo o mundo mundial
a fonda ledicia e satisfacción
de ter alcanzado xa as 8000 visitas
neste noso (e voso) blog,
con procedencias de case todo o mundo
e unha forte presencia de Brasil e Portugal.
Moitas grazas
amig@s, colaboradores/as e visitantes!
A Porta sempre está aberta!
Pasade sen chamar!
e-mail: aportaverde@gmail.com

quinta-feira, setembro 21, 2006

Cruz Martínez


Título da foto: Metal


Extingo dunha incisión perfecta
a verba que se abate como unha sombra
.................................................no pensamento
e observo como unha acaecida demencia
afoga no interior dun líquido amniótico
Neste caso o concepto é unha liña
.......................................perpendicular
apegada na base do subconsciente
Non sei canto, mais este naufraxio
foi cómplice da alienación
e coido que ás veces é preciso
engancharse, gabear na aparente
....................tranquilidade estupefaciente

Terceiro premio "Eduardo Chao" (Vigo)

OSMOSE


V

As estrelas sorrín na noite escura e plena do bienio final,
a nena famélica dorme na pequena cadeira de brazos do antonte.
Son un ensaio nunha probeta eternizada, sinto que coma

un grande edificio estou estruturada pola nada.
Os meus cimentos non teñen suficiente base para soportar
un sismo que remova todo o meu interior.
Xa que estou edificada na presa dos tempos perdidos,
o equilibrio osmótico entre o ser e o non ser
non segue as regras formais. O ácido–base revélase
por pintar esquemas piramidais, son unha obra
a punto de derrubarse para crear un caos
de tixolos terreños que lindan invisibles
na terminal do meu terceto. Son unha vivenda
alicerzada na inseguridade e melancolía
de centos de anos imperecedoiros e nostálxicos.


Son OSMOSE... o equilibrio osmótico

entre o mundo onírico e o mundo real.

rosanegra

terça-feira, setembro 19, 2006

as comunidades

fio a fio
as compas entrelazan
e nacen
eses lindos textiles

e como os fios
os escuros e longos cabelos
tamen se entrelazan
e van nacendo as trenzas



unha
longa trenza

unha soa
ou duas trenzas

e as veces
entrelazadas con fitas

pero este pais das nubes
segue mal trenzado



lembro
os chiquitos versos
de ángel gonzález
na voz de pedro guerra

como llevaba trenza
la llamabamos trencita
como llevaba trensa
la llamabamos trensita



esta segunda noite
funme dormindo
pensando na musica
da lingua ayuk
e soñando con longas melenas
e amplios e morenos sorrisos
rodeado de sacos de cafe
logo de tomar a sabrosa infusion
quen dixera
que o cafe saca o sono
que o cafe saca o sono


Manolo Pipas
(de "Viaxe ao país das nubes")

domingo, setembro 17, 2006

Mahmud Darwish (poeta palestino)







A RAPAZA / O BERRO

Na praia hai unha rapaza, a rapaza ten familia
E a familia unha casa.
A casa ten dúas xanelas e unha porta...
No mar, un acoirazado divírtese cazando aos que camiñan
Pola praia: catro, cinco, sete
Caen sobre a area. A rapaza sálvase por pouco,
Grazas a unha man de néboa,
Unha man non divina que lle axuda. Berra: Pai!
Pai! Érguete, regresemos: o mar non é coma nós.
O pai, amortallado sobre a súa sombra, a mercé do invisíbel,
Non responde.
Sangue nas palmeiras, sangue nas nubes.
Lévaa en volantas a voz máis alta e máis lonxe
Da praia. Berra na noite deserta.
Non hai eco no eco.
Converte o berro eterno en noticia
Rápida que deixa de ser noticia cando
Os avións regresan para bombardear unha casa
Con dúas xanelas e unha porta.

Ramala, agosto do 2006.

Mahmud Darwish

(detalle de Javi Rai)

sexta-feira, setembro 15, 2006

O barco pantasma

Navega ondeando mansamente...

rosanegra

quinta-feira, setembro 14, 2006

Haris Alexiou (música grega)





Os meus estraños


Os meus estraños máis estraños
son os que viven ao meu carón.
Ólloos, tócoos, fálolles,
ábrolles o meu corazón.

Mais cada un viaxa só
dentro da súa alma descoñecida.
Cada un na súa terra estraña
loita pola súa vida.

Os meus estraños
son os meus seres queridos.

A miña xente vive lonxe
e ama de lonxe.
Así medran o corazón e o mundo
e lémbrannos ónde imos.

Cada un viaxa só
e a alma irmá procura
i entre os cristais rotos do corazón
esculpe a súa verdade.

Os meus estraños,
os lugares do meu corazón.

........................ Haroula
(detalle de Javi Rai)

terça-feira, setembro 12, 2006

Diego de Giráldez e a súa realidade


O pintor no seu espazo "Realismo NAS"...
O descanso do creador...
Na súa terra da Cañiza o autor acada
unha visión máis auténtica da vida.

Cruz Martínez

domingo, setembro 10, 2006

Filo-Café de O Porto (Portugal)

Vista de O Porto e río Douro


A Incomunidade abriu as inscrições para o próximo filo-café
a realizar no Porto, o dia 23 de Setembro.

Todas as informações, aqui:
http://incomunidade.blogspot.com/2006/09/filo-caf-inscries-abertas.html

O Prazo de recepção de inscrições termina a 20 de Setembro.
- Alberto Augusto Miranda -
http://incomunidade.blogspot.com
Tm: (00351) 965817337

sexta-feira, setembro 08, 2006

POUSA, POUSA

Fun á taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire, ........ (bis)
e como é cousa de encantamento,
fun polo aire e vin polo vento.

E pousa, pousa, pousa,
e non me toques naquela cousa, .... [estribillo]
e pousa, pousa axiña, ....................... (bis)
e non me toques naquela cousiña.

Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas viñas. .... (bis)
Iso é verdade i eu non o nego
que eu andiven na noite co crego.

[estribillo] ... (bis)

Cando me case, xa teño un galo,
xa miña nai non me ten que dalo. ..... (bis)
Cando me case, xa teño un polo,
xa miña nai non me ten que dar todo.

[estribillo] ... (bis)

Á miña casa non quero que veñas,
sempre me fodes e nunca me preñas.
E pousa, pousa ,pousa,
e non me toques naquela cousa...
.
(canción popular galega)

............... *** *** ***
O galego cando canta
se non está fodido, pouco lle falta.
..................... (tíoTeis)

quarta-feira, setembro 06, 2006

A torre de Belém (Portugal)


A torre de Belém, situada na desembocadura do río Tejo, no barrio de Belém ao sur-oeste de Lisboa, é obra de Francisco de Arruda e constitúe un dos exemplos máis representativos da arquitectura manuelina. No pasado serviu como centro de recadación de impostos para poder entrar á cidade de Lisboa. É un pequeno fortín de aire medieval, aínda que se empezou a construír en 1514, para protexer o porto de Restelo, formando parte da liña de fortificacións que ordenou edificar Manuel I para a defensa da costa portuguesa dende Cascais ata Lisboa.

segunda-feira, setembro 04, 2006

as comunidades

el maiz da identidad
y es nuestro faro
el maiz compañero
de destino


a miña pequena
mochila verdinegra
logo de varios dias
ainda cheira
a fume de comal
e tortillas


de puro ocre os camiños
ocres as casas de adove
ocres ollos dos meniños

soños ocres dos plantons
ocre pasado e futuro
ocres ocres corazons


as casas de adove
son quentes no inverno
e frescas no veran
as casas de adove
forman parte da paisaxe
son ocres como a terra


mentres cavamos a terra
con mauro falo
dos cultivos de oaxaca
e da sierra juarez

aqui no crecen
naranjos i aguacates
porque la tierra de abajo
está triste


(de Viaxe ao país das nubes
- Manolo Pipas -)

sábado, setembro 02, 2006

OSMOSE



IV

Hai uns ollos perdidos no espazo nas noites pechas,
unha ou varias faces que vixían na espazosa nocturnidade.
Ollos que fitan nos soños de Uxía, a perseguen quizais
dende o inconsciente da nostalxia e a atrapan no círculo
fechado da indixesta e corroída era primaria.
Se cadra sexan pantasmas reais bañadas do medo
do existencialismo.
Mirando a escuridade e paseando polo corredor da nada,
cómpre debuxar o abismo infernal que se prolonga
nunha espiral oblicua e ancestral, e observando
o plenilunio do homo apagar, o tempo sinala o incesto
ou o ceo caído no inferno. Fixando a vista na anatomía
dormida nas sabas dunha noite xa esquecida,
dende a ponte ergueita do río renace UXÍA
que soña e ...soña na caída estudada da suspensión mental.
Só a pantasma chea de sombra pode coñecer a enigmática
visión onírica de Uxía, só unha pantasma...
e esa alegórica presenza son eu...
As horas esvaran polas paredes da habitación
coma pequenas pingas de suor, e semella que tales paredes
teñen vida propia nun mundo inventado pola imaxinación.
E pronto sucede, pronto... un berro rompe o ar ... un berro....
Non pode ser, - ¿quen está aí, quen?... e esperto do pesadelo
inconsciente e respiro entrecortadamente, polo medo
e a impotencia, foi outra ilusión a que espiaba dende
a estrada da pescuda L–128. O corazón palpita
tan rapidamente que case sae do peito, pero pronto
entro na realidade e volto a estar tranquila e somnolenta,
polo que no derradeiro expiro expulsado da secuencia
torno a durmir sen máis. Non son Uxía, son a aurora
baseada en pentosas e secuencias nitroxenadas do ADN
sísmico que me atormenta.
E a noite prosegue sen máis coma tantas e tantas veces,
un corpo dorme e unha mente examina os recunchos
escondidos pola néboa.

rosanegra

quinta-feira, agosto 31, 2006

O cadelo

Era unha noite de verán no Algarve


e aqueles ollos tristes observaban...


A imaxe do seu corpo parecía filtrarse


nas frías pedras da rúa.


Cruz Martínez





quarta-feira, agosto 30, 2006

Feira Franca de Pontevedra



Este finde chega unha nova edición da xa popular
Feira Franca de Pontevedra boa vila.
Unha boa ocasión para comer, beber e disfrutar noutro tempo.
Unha cita interesante. Pasádeo ben!

segunda-feira, agosto 28, 2006

O pasado nas horas

sine die
sine qua non
sen máis que esa ausencia
................................ de horas
senza il frattempo
sen o agora
despois
sempre
nunca
o momento pon a pel de galiña


Alberte Momán
(Premio Rosalía de Castro de Cornellà)

sábado, agosto 26, 2006

Aínda son unha amante inconsútil

A Liña vermella
suspendida na atmosfera
abrangue o silencio que nos
suicida contra os marcos das portas
............................................. pechadas
...............................................sen saída
Este é un longo instante
de sinais enmudecidas
finadas pola vinganza do
................................ tempo
Atopo espirais amarelas
xelatinosas, de sabor agridoce
que amosan a inexactitude
da extensión das nostálxicas
páxinas, que conviven
no cerebro encheito
de obsesivas cadencias
.........................poderosas
Agazapada entre as rúas de pedra
unha escura toupa acada
a visión perdida e
.........séntase no sumidoiro a chorar

Cruz Martínez

Terceiro premio no certame "Eduardo Chao" (Vigo)

Harpa do prazer e da renúncia

Cântico agrário

Sim, cavador, irmão e camarada:
Pela alegria hercúlea com que doiras
De sol, pelo teu braço, essas espigas loiras,
Entre o rubor de um cântico de foices,
Ao romper da alvorada;

_Pelo suor e lágrimas que dás
Ao grande ventre grávido das messes,
Ao acordar do riso das manhãs;

Pelas horas de dor em que envelheces
Para que o gesto audaz da tua mão
Possa dar a alegria de mais pão;

_Pela ternura que lhe dás e a amas,
A dorida ternura com que a chamas
Ao coração que tens, essa ternura
Que é a tua redenção e sepultura;

_Pela poesia azul com que a embelezas
Entre canções de pássaros e frondes
E bandeiras vermelhas de papoilas
Que dão a cor da tua revolução
Que dão a cor do ardor das tuas rezas;

_Pelo amor que lhe entregas, camarada,
Com que a fecundas, como virgem nua,
No mais amável jeito duma enxada,
Sim, cavador, irmão e camarada,
A terra é tua!

A. Garibáldi


Do livro "Voz Insubmissa" (Braga, 2002)

quinta-feira, agosto 24, 2006

O CEMITERIO DO IMPERIO ROMANO II





Escavando na nosa historia, o traballo é lento pero progresivo.
Na cidade Olívica segue a busca do noso historial colectivo.

rosanegra

quarta-feira, agosto 23, 2006

Sementeira (canción popular)

Sementar, sementarei
loguiño de clarear .......
(Estribillo)
en tanto no pobo medren
un neniño, un vello e un cantar.

Un neniño rebuldeiro
que fale na lingua nai,
que suba aos prexigueiros
a froita verde a roubar.

(Estribillo)

Un vello que dea consellos,
un rostro de fume e pan,
que conte contos aos nenos
do cuco e do paspallás.

(Estribillo)

Un cantar de redención,
un vello e novo cantar,
que troque a desolación
nun limpo e claro alborear.

(Estribillo)

Logo, deixaime morrer
entre dous regos queimado
cando veñan os solpores
dos homes esfameados.


(Estribillo)

Letra: Lois Álvarez Pousa
(canción moi popularizada polo grupo galego
Fuxan os ventos - 1978)

segunda-feira, agosto 21, 2006

Haris Alexiou (música grega)


O sol sempre vai brillar


.
.
Poño en marcha a miña moto
ireime outra volta, sabido todo.
Descubro unha verdade máis:
non me chega xa o pouco de dentro.

Saio da cidade, estradas abertas,
imos ver outra volta qué xurde.
Estendo a miña alma,
no bolso levo unicamente
un pouco de luz e auga para o camiño.

E ao irme lonxe sei
que o sol sempre vai saír
sen importarlle se o consigo
ou se virás ao meu encontro.

Non teño aínda preocupacións,
non teño solucións, todo está en suspenso.
Descubro unha verdade máis:
o amor non segue pautas.

A estrada descorre e estás fronte a min
o meu corazón cruza novas pontes
na procura dunha fronteira para abrirse á luz
as nosas pegadas perderanse de todas maneiras.

................................... Haroula
(detalle de Javi Rai)

sábado, agosto 19, 2006

Viaxe ao país das nubes

vou pra terra da memoria
vou pra milpa da malinche
cantos sorrisos que nacen
cantas bocas sobreviven

tantas loitas van no día
tantos soños trae a noite
alvoradas e solpores
breves son pero xa volven

non esperes a esperanza
non hai tope pra utopia
duas mans e un corazon
e bo tequio dia a dia

vigo-paris-mexico 17-1-06


as comunidades

el maiz da identidad
y es nuestro faro
el maiz compañero
de destino



........................................ Manolo Pipas

quinta-feira, agosto 17, 2006

Día da Galiza Mártir



Na madrugada do 17 de agosto, nos derradeiros minutos da súa vida, Alexandre Bóveda fixo o deseño da súa lápida
(fonte: "Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda", X. Álvarez Gallego, Ediciones "Nós", Bos Aires, 1972)

Castelao dixo que Bóveda non morreu definitivamente xa que nós non enterramos cadáveres, enterramos semente de mártires e de galeguistas.

Pola Memoria Histórica!

terça-feira, agosto 15, 2006

domingo, agosto 13, 2006

Poesía para expresar o amor en feminino

O venres 4 de agosto, no café "Lenda Moura". Fíxose a presentación do libro " Amor en feminino", unha recopilación antolóxica de poetas galegas de Maximino Cacheiro Varela. Cruz Martínez e rosanegra representaron "A Porta Verde do Sétimo Andar" colaborando no acto.

Na fotografía: Maximino Cacheiro con Maricarmen Nieto e Marisa Martín.


De esquerda a dereita: Cruz Martínez, Maika Álvarez ( instrumentista da zanfoña) e rosanegra.

Entre os asistentes estaba o pintor Diego de Giráldez, colaborador de A Porta Verde.

Fotos: Atlántico Diario, 13 de agosto 2006

A Cuba (canción)

Se eu a Cuba lle cantara,
se lle cantara unha canción
tería que ser un son,
un son revolucionario,
pé con pé, man con man,
corazón a corazón,
corazón a corazón.
Pé con pé, man con man,
coma se lle fala a un irmán.
Se me queres, aquí estou,
qué máis che podo ofrecer,
senón continuar o teu exemplo,
comandante compañeiro,
viva a túa revolución.

Se queres coñecer a Martí e a Fidel
a Cuba, a Cuba, a Cuba irei,
se queres coñecer os camiños do Che,
a Cuba, a Cuba, a Cuba irei,
se queres tomar ron pero sen Coca Cola,
a Cuba, a Cuba, a Cuba irei,
se queres traballar á cana de azucre,
a Cuba, a Cuba, a Cuba irei,
nun barquiño vaise o vaivén.

Se eu a Cuba lle cantara,
se lle cantara unha canción
tería que ser un son,
un son revolucionario,
pé con pé, man con man,
corazón a corazón.
Coma eu non toco o son
mais toco a guitarra
que está xusto na batalla
da nosa revolución
será o mesmo que o son
que fixo bailar aos gringos,
mais non somos guaxiros
a nosa serra é a elección.

(1969) Víctor Jara
(versión galega de Alfonso Láuzara)