domingo, setembro 17, 2006

Mahmud Darwish (poeta palestino)







A RAPAZA / O BERRO

Na praia hai unha rapaza, a rapaza ten familia
E a familia unha casa.
A casa ten dúas xanelas e unha porta...
No mar, un acoirazado divírtese cazando aos que camiñan
Pola praia: catro, cinco, sete
Caen sobre a area. A rapaza sálvase por pouco,
Grazas a unha man de néboa,
Unha man non divina que lle axuda. Berra: Pai!
Pai! Érguete, regresemos: o mar non é coma nós.
O pai, amortallado sobre a súa sombra, a mercé do invisíbel,
Non responde.
Sangue nas palmeiras, sangue nas nubes.
Lévaa en volantas a voz máis alta e máis lonxe
Da praia. Berra na noite deserta.
Non hai eco no eco.
Converte o berro eterno en noticia
Rápida que deixa de ser noticia cando
Os avións regresan para bombardear unha casa
Con dúas xanelas e unha porta.

Ramala, agosto do 2006.

Mahmud Darwish

(detalle de Javi Rai)

Sem comentários: