domingo, fevereiro 10, 2013

A presentación de "Sétimo andar" en Vigo!

O pasado sábado 2 de febreiro deste recén estreado ano '13, tivo lugar na entrañábel Cova dos Ratos en Vigo a presentación de "Sétimo andar", o último libro colectivo de A Porta Verde do Sétimo Andar que ven sendo o Nº 7 dos cadernos Q de Vián, detalle que se fixo coincidir cos sete anos de andaina poética que A Porta Verde cumpríu aló polo mes de maio do ano pasado, aínda que pronto serán xa oito anos! Contamos no acto coa participación das nove voces poéticas que son parte neste libro, a sensacional acollida nunha cova chea de poesía e amizade e a presenza especial de persoas coas que temos compartido moito e bo neste espazo colectivo de poesía que é A Porta Verde.
Alí estaban pois: Manolo Pipas, Ramiro Vidal, Alberte Momán, Verónica Martínez, Alfonso Láuzara, Virgílio Liquito, Iolanda Aldrei, Rosa Enríquez e Miguel A. Alonso Diz, sentíuse... entre esas nove voces a ausencia de Luz Beloso, autora silenciosa desa fermosa portada do libro! Mais alí estaban tamén boas amizades deste colectivo como son: Elvira Riveiro, Neves Soutelo, Marta Pedrosa, Manel, Anxo cabalo do malo, Henrique Doira, Chus Láuzara... e mesmo houbo quen se animou a intervir espontaneamente no recital! Todo un pracer!
    
 

 
  

Moitas grazas a todas e todos! Obrigado!
 
 
E este Sétimo andar que presentamos xa está na rúa!
 

Sem comentários: