Un ano máis A Porta Verde do Sétimo Andar segue a ter un recoñecemento social ao seu traballo colectivo, no que ademais se enriquece e concilia o traballo individual de todas e cada unha das persoas que fan parte importante deste espazo creativo. Desta volta, son varios os motivos da nosa satisfacción e agradecemento:
"ATLAS DE CHAGUÁN", de Rosa Enríquez (con portada de Leandro Lamas) considerado o 4º mellor libro de poesía en galego do ano 2012, segundo Fervenzas Literarias.
"O CULLARAPO CROQUE", de Miguel Ángel Alonso Diz, con ilustracións de Luz Beloso, considerado o 7º mellor libro infantil en galego do ano 2012, segundo Fervenzas Literarias.
Así mesmo, a 2ª mellor portada do ano 2012, tamén da ilustradora Luz Beloso!
O CULLARAPO ven de ser ademais o 3º libro galego máis vendido da semana como álbum ilustrado, nunha escolla ben representativa de librarías da Galiza!
Parabéns e moitas grazas!
Sem comentários:
Enviar um comentário