quinta-feira, outubro 04, 2012

Fan art 2012




Este venres, 5 de outubro, ás 20 horas inauguramos unha exposición colectiva, Fan art, na Fundación CIEC (Betanzos). A exposición consta de 64 abanos (leques, pay pays...) realizados por artistas galegos, portugueses, arxentinos, francese, belgas, xaponeses... utilizando distintas técnicas artísticas, na maioría feitos con gravado. Ao acto inaugural, ademáis das/os artistas galegos, estarán, chegados dende Porto (Portugal), Julia Pintão, Ceu Costa, Olga Barbosa, Acácio Carvalho e Manuela Bronze. Esperamos que poidades asistir.
A exposición pode visitarse até o 20 de outubro. Despois irá a Lisboa.




Sem comentários: