quinta-feira, outubro 25, 2012

Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud

 
 



Venres 26 de outubro ás 21:00 na Biblioteca pública de Moaña (quintela s/n)
 
 

 
 
Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud presentan unha versión a dúo, confidencial (case clandestina) de cancións que formarán parte do próximo disco de Xardín Desordenado, dedicado a poetas mulleres. Interpretarán textos de Iolanda Zuñiga, Luz Pichel, Olga Novo, Enma Pedreira, Marta Dacosta etc.

Non o perdades!!

 

Letras de amor e guerra en Lugo

 
 
 
 
Letras de Amor e Guerra, poemário autoria de Ramiro Vidal Alvarinho, será apresentado neste 26 de Outubro, Sexta feira, na livraria Trama (Avda da Corunha, 21 – Lugo) às 20:30 horas.
Na apresentaçom intervirám o próprio autor e o escritor Alberte Momán.
 

 
 

sábado, outubro 20, 2012

"Letras de amor e guerra" na Garda

 
 
 
 
C.S.FUSCALHO

 
Ramiro Vidal antes da presentación

 
Miguel Ángel Alonso presentando
LETRAS DE AMOR E GUERRA
 

 
Ramiro recitando versos do seu libro 

 
Recitado conxunto despois da presentación


quinta-feira, outubro 18, 2012

Presentación de 'Melíflua moradía' de Lino García Salgado


Presentación de 'Melíflua moradía' de Lino García Salgado
Sexta feira 9 de novembro ás 20:30 horas
Na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Olmos, 16-18, 1º
15003 A Coruña

quarta-feira, outubro 17, 2012

Xornadas creativas ao redor da Panificadora: Planifícate

 
 
 


Saúde!

Dende Entremos na Panificadora temos o pracer de convidarvos a participar no PLANIFICATE! Unha interesantísma proposta de achegamento, proposta e debate ao redor da Panificadora de Vigo realizada polo TANKOLLECTIF, no que nós tamén participaremos

Estes días do mes de outubro desenvolverase esta primeira fase, que así mesmo está separada en tres partes:
Ata o día 20: achegamento de propostas de reutilización. (formato libre, enviadeo ou poñervos en contacto coa organización no tankollectif@gmail.com)
Días 22 e 23: "Radio Patio" no Barrio da Falperra (exposición de materiais relacionados coa Panificadora e charla de rúa, na Praza do Rei)
Días 27 e 28, exposición das achegas das fases anteriores e debate "Planificate" (dentro do Curtopía, no ALG-a Lab de Valadares, aquí exactamente)


http://www.entremosnapanificadora.com/
http://tankollectif.blogspot.com.es/

terça-feira, outubro 16, 2012

En galego









Os cans falan galego
e os paxaros, e os gatos.

As pitas e os porcos
discuten en galego.

Incluso as formigas dan
as ordes en galego.

Tamén falan as árbores
e a ialma do vento.

As flores, as abellas,
as tenras bolboretas
e o rexo firmamento.

O tempo no seu vagar
faino en galego.

Todo nesta terra
latexa en galego;
salvo ese avó avergonzado
que non fala co seu neto,
salvo eses pais disfrazados
que no o falan por medo...

...en galego


Miguel Ángel Alonso Diz

quinta-feira, outubro 04, 2012

 
 
 

Fan art 2012




Este venres, 5 de outubro, ás 20 horas inauguramos unha exposición colectiva, Fan art, na Fundación CIEC (Betanzos). A exposición consta de 64 abanos (leques, pay pays...) realizados por artistas galegos, portugueses, arxentinos, francese, belgas, xaponeses... utilizando distintas técnicas artísticas, na maioría feitos con gravado. Ao acto inaugural, ademáis das/os artistas galegos, estarán, chegados dende Porto (Portugal), Julia Pintão, Ceu Costa, Olga Barbosa, Acácio Carvalho e Manuela Bronze. Esperamos que poidades asistir.
A exposición pode visitarse até o 20 de outubro. Despois irá a Lisboa.