sexta-feira, agosto 29, 2008

A pena do Cabrón...

.

A pena do Cabrón

no último salaio dun verán

resistindo, home non!

agochada nas saias de A Guía

no marco dun toro de piñeiro

agarda unha marea chea

que enchoupe de bágoas a historia

e as cinzas da memoria

.................. Alfonso Láuzara

sábado, agosto 23, 2008

Quando deixo

o doce estado da sonolência
e torno ao mundo
vivo amanheceres duros
desajeitadas tragédias
Sinto-me acorrentada no cruel
silêncio
das soterradas pedras
que a infinita noite desenterra

Ao teu reverso vejo países estéreis
Cães que uivam, vaticínios da morte
Mãos que derrubam caminhos
e lançam-me a rolar

A violência ofusca-me
coma se fosse uma fresta
afogada na lama

Semelho uma velha de luto
resmungando rogos


Do poemario: "Às vezes temo a metamorfose" que conseguiu o 3º premio de poesía no Concurso Literário e Artístico do AALF. Freamunde 2003 (Portugal).
Cruz Martínez

terça-feira, agosto 19, 2008

XXII Festival da Poesía do Condado


Em Setembro, em Salvaterra

O XXII Festival da Poesia do Condado, organizado pola SCD do Condado. Este ano, som a legenda 'Galiza nom se vende'.Um amplo programa, que dá começo a quinta-feira, 4 de Setembro, com exposiçons de pintura, fotografía, poesia visual, com música e, por suposto, com poesia.Alí estará a exposiçom de Igor Lugris 'Poesia para ver/poesia para ler', e o Sábado dia 6: Xiana Árias, Pedro Casteleiro, Paco Souto, Concha Rousia, Cruz Martínez, Alberto Lema, Lino Braxe, Chus Pato, Pilar Beiro, Núria Martínez Vernís ( dos Països Cataláns), Limam Boicha (do Saara) e Isaque Ferreira (de Portugal), apresentados por Luis Caruncho e Pinto d’Herbón, e com a música d'A Quenlla (Galiza), Canto da Terra (Portugal), Tabanka Djazz (Guiné-Bissau), Pirats Sound Sistema (Països Cataláns). Porque governe quem governe, Galiza nom se vende.

O programa completo pode-lo ver no seu web, ou aqui a seguir.
PROGRAMA DO XXII FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO

do 4 ao 6 de setembro 2008. salvaterra de minho.

Quinta-feira 4 de Setembro

19.30
Apertura de exposiçonsCovas de Dona Urraca / CASA DO CONDE
Pintura- Fernando Morales- Helena Fontám
FotografiaGermán Cruces Rajoán: ‘Percurso do rio Minho’
Instrumentos tradicionais
MostraIgor Lugris: 'Poesia para ver, poesia para ler'
20.00
Jornadas do AudiovisualCOVAS DE DONA URRACACurtas premiadas no Festival de CansMabel Rivera e Enrique Banet: ‘O salário do silenzo’Xosé Bocixa: ‘As Encrobas. A ceo aberto’

22.30
Noite galegaCovas de Dona UrracaTino Baz e GrupoPoeta: Marica Campo-Aforo limitado-Entrada 10 €- Reserva de bilhetes:info@scdcondado.org ou 986 658 036

Sexta-feira 5 de Setembro

20.30
Jornadas do AudiovisualCOVAS DE DONA URRACAGZ Vídeos: selecçom de vídeos de Galiza Nom Se VendeSants.tv: ‘O AVE de Barcelona a Galiza’Curtas premiadas no Festival de Cans

22.30
Festa da MocidadeZONA DAS MURALHASApresentam Os da Ria
POETAS- O Leo- Kiko Neves- Carlos Figueiras- Valentina Carro- María Lado
GRUPOS- Ataque Escampe (Galiza)- The Turre´s Band (Galiza)- Os Corvos (Portugal)- O Sonoro Maxín (Galiza)

Sábado 6 de Setembro

11.30
Marcha popular- Murga: Sur do Condado- Gaiteiros: Bailía- Animaçom de rua: Touporroutou- Comboio de baixa velocidade

12.30
Mesa Redonda-Colectivos da rede 'Galiza Non Se Vende'
Feira Popular
Artesanato ao vivo- Cesteiros, cabaqueiros, tamanqueiros...

17.30
Festa infantilPRAça do castelo- Touporroutou

19.30
Festival Poético-MusicalZOna das muralhas
- Apresentam Luis Caruncho e Pinto d’Herbón
Poetas- Xiana Árias- Pedro Casteleiro- Paco Souto- Concha Rousia- Cruz Martínez- Alberto Lema- Igor Lugrís- Lino Braxe- Chus Pato- Pilar Beiro- Núria Martínez Vernís (Països Cataláns)- Limam Boicha (Saara)- Isaque Ferreira (Portugal)
Grupos- A Quenlla (Galiza)- Canto da Terra (Portugal)- Tabanka Djazz (Guiné-Bissau)- Pirats Sound Sistema (Països Cataláns)

domingo, agosto 17, 2008

A Illa de San Simón

.A Illa de San Simón: Ben de Interese Cultural. Sitio histórico. "A Illa da Memoria" - As illas de San Simón e san Antonio son un excepcional e paradisíaco enclave situado na ensenada que conforma o fondo da Ría de Vigo, fronte a Cesantes. A intensidade da súa historia e a súa carga dramática xeran no seu entorno un universo literario e de memoria de grande importancia chea de simboloxía.
.
Xunto á Avenida de Teruel (en homenaxe dos presos á República, trala toma de Teruel en 1938), é tamén un tránsito emblemático o Paseo dos buxos (á dereita) flanqueado por buxos centenarios de grande porte que forman unha especie de bóveda xerando unha atmósfera singular.





.
Fomos ficando sós
o mar o barco e máis nós
(...)
Noite Silenzo Frío
E ficamos nós sós
Sen o mar e sen o barco
SÓS
- Manoel Antonio -
.


.............................................................. Nesa zona (dereita) atópase, parcialmente mergullado, un monumento ao Capitán Nemo co Nautilus, que lembra a Jules Verne e o seu libro Vinte mil leguas de viaxe submariña
.

Os trovadores
da Ría de Vigo:
Martín Codax, Mendinho
e Johan de Cangas (bustos)
- Manuel Ferreiro Badía - (1988)




.
- Alfonso Láuzara -

segunda-feira, agosto 11, 2008

A Arte en Galiza e Diego de Giráldez

Este foi o título da Conferencia-Coloquio do pasado 8 de agosto na Casa da Cultura da Cañiza, vila na que naceu o pintor. A súa obra amósase ao mundo pendurada das paredes do Museo que el inaugurou e que abre as portas todos os domingos para o público.







....,,,,..........O pintor asinando libros.



Diego de Giráldez posando cos seus admiradores.

domingo, agosto 10, 2008

Mahmud Darwish, poeta palestino - In memoriam...

.

A necesidade de “inventar”
o soño e a esperanza
.
Un símbolo da súa cultura palestina e un dos grandes poetas árabes contemporáneos. El dicía que atopaba na poesía a razón para vivir, e que lle axudaba a ter a liberdade de expresar o que quería e a afrontar a dura realidade inventando un marco de imaxinación. As circunstancias nas que viviu fixeron que a súa poesía tivera que entrar no tema político, sen embargo pensaba que o importante era que o lado político da poesía non fixera desaparecer a súa beleza porque o poeta non pode falar coma un político. A relación entre política e poesía é complexa e cada poeta ten o seu xeito político de expresar a poesía.
Mahmud Darwish consideraba falsa a chamada guerra das culturas. Cría que a cultura internacional é unha mestura de todas as culturas que a formaron, e que estas culturas deberían seguir mesturándose e intercambiando ideas para formar esa cultura internacional que todos queremos. Parecíalle triste que moitos consideren o extremismo coma unha raíz da cultura árabe. Declaraba que quizais algún día medrarán as violetas nos cascos dos soldados; e aínda que a esperanza non estea á vista, debemos inventala; aínda que o soño de ter un mundo mellor está moi lonxe, debemos inventalo. Para Darwish a poesía loita contra a guerra con instrumentos que non son de guerra, pois se a poesía entrara realmente nunha batalla aberta contra as armas, perdería. Se a poesía sofre un ataque aéreo, debería escribir sobre a beleza das herbas porque a herba rexenérase en cada estación. Esas plantas son máis fortes có aceiro. A voz da poesía é a voz das herbas e non a voz dos avións ou das armas. A poesía loita contra a guerra con instrumentos coma o amor e a beleza. As herbas sempre gañan ao final. En cada rincón deste planeta houbo guerras e os tanques destrozan cultivos, mais aínda así atopamos que as herbas e as flores medran. Esa memoria debería de calar moi fondo no interior do noso ser. O poeta ten que ser moi fráxil e realmente moi simple. A forza da poesía reside na fraxilidade do poeta.
.
.
A NENA / O BERRO
.
Na praia hai unha nena, a nena ten familia
E a familia unha casa.
A casa ten dúas fiestras e unha porta...
No mar, un acoirazado divírtese cazando aos que camiñan
Pola praia: catro, cinco, sete
Caen sobre a area. A nena sálvase por pouco,
Grazas a unha man de brétema,
Unha man non divina que a axuda. Berra: Papá!
Papá! Érguete, regresemos: o mar non é coma nós.
O pai, amortallado sobre a súa sombra, a mercede do invisíbel,
Non responde.
Sangue nas palmeiras, sangue nas nubes.
Lévaa en volantas a voz máis alta e máis lonxe da praia
Berra na noite deserta.
Non hai eco no eco.
Converte o berro eterno en noticia
Rápida que deixa de ser noticia cando
os avións regresan para bombardear unha casa
Con dúas fiestras e unha porta.
.
Ramala, agosto do 2006
.
(versión ao galego de Alfonso Láuzara)

sexta-feira, agosto 08, 2008

A ghata descalza

.............................................. Gata con botas
.............................................. non caza ratos
.
Sandalias de ghata
perdidas na praia
caricias de serpe
na area longa
de area de area
castelos de caricias
de area de area de area,
ghatean desexos descalzos, sublimes
de alcoles no sangue fervente
recentes os grolos de viño,
alleos reflexos en bágoas
que risca a lúa con saña
nas miñas noites meniñas
cando se achega esa ghata
de sinuosa silueta felina
e brilo esmeralda
nas súas retinas.
Nas ondas da area
móvese a ghata descalza
deitada enriba das pernas
na area na area marea na area,
coxegueos gardan segredos
dentro dos meus vaqueiros.
Axiña a ghata descalza
fuxiu a busca-las sandalias
Eu fico á miña sombra collido.
Sinto ronseo da noite na area.

Ela sempre está comigo.
.
...... Alfonso Láuzara

domingo, agosto 03, 2008

RAMÓN CABANILLAS, 1876-1959 (O bardo da fala)

O " Poeta da Raza" segue vivo na súa casa natal en Cambados. A pequena edificación mariñeira situada no barrio de Fefiñáns foi rehabilitada e transformada en museo na década dos 90. Alí pódese atopar a súa pucha negra, a cadeira e a máquina de escribir. Tamén fotos e un vídeo da súa vida. Entar naquel humilde fogar dignifica a persoa e loa a todo un intelectual das nosas letras... o poeta máis relevante de " As Irmandades da Fala".









casa- museo
Ramón Cabanillas
Rúa Novedades, s/n
Tel: 986 524 678
De martes a domingo
de 10,00- 14,00 h e de 16,30- 19,30 h.
.......................................................................
...................................................Texto de rosanegra e fotografías de Cruz Martínez

¡EN PÉ!

.................................A Lois Porteiro

¡Irmáns! En pé, sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancurada
luz que cai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,

arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira da Galicia,

¡cantémo-lo dereito
a libre, nova vida!
Validos de treidores
a noite da Frouseira
a patria escravizaron
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo,
xa afloxan as cadeas…
¡irmáns asoballados
de xentes estranxeiras,

ergámo-la bandeira azul e branca!
¡E ó pé da enseña da nazón galega

cantémo-lo dereito
a libertar a Terra!
¡Irmáns no amor á Suevia
de lexendaria historia,
¡en pé! ¡en pé, dispostos
a non morrer sin loita!
¡O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
a libre, honrada chouza!

¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
A oliva nunha man, a fouce noutra,

berremos alto e forte:
"¡A nosa Terra é nosa!"
Ramón Cabanillas ( Da terra asoballada, 1917)