preto dun horizonte impreciso
dun traballo inseguro que pendura
.................................................degoxos
na realidade do abismo
onde a letra pequena
acocha derrotados corazóns
...................................asoballados
nos que parece habitar a morte lenta
...............................................incorpórea
transitando estreitos accesos
que detectan fisuras
.....................ángulos mortos
Entre a memoria e o mundo
...................................sen destino
......................................suspendida
Quero que saibas
que a perspectiva futura
.............................agora distorsionada
é a escravitude que invade
...............................que se acepta
e se contempla sen bágoas
Cruz Martínez
domingo, junho 29, 2008
sexta-feira, junho 27, 2008
UTOPÍA SON: Comeza o concurso
.
Logo dos catro concertos de inauguración, a 3ª MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR-UTOPÍA SON inicia os concertos dos concursantes. De Xuño a Setembro irán pasando polo escenario do Café Uf os 25 participantes que optan aos tres “Sirenos” cos seus correspondentes premios en metálico.
Durante os tres anos que leva realizándose UTOPÍA SON, foi aumentando a participación, tanto daqueles que concursan como os que o fan fóra de concurso co fin de apoiar esta MOSTRA de canción de autor.
Os 25 participantes representan todas as formacións e estilos posibles. Durante os próximos catro meses poderemos asistir a unha mostra do máis novidoso que se está a crear na canción en Galiza, en canto a música de autor. E cando dicimos “música de autor” referímonos a toda composición que poña por riba de calquera outra consideración, a calidade, especialmente das letras. E isto serve para calquera estilo de música, do rock ao folk, do jazz ao pop, do hip hop ao blues. En todos estes estilos presentáronse cancións en UTOPÍA SON.
A MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR consolídase como un proxecto totalmente autónomo, non subvencionado por institución algunha, feito que garante unha liberdade absoluta. Os premios económicos sufráganse exclusivamente grazas ao traballo que os organizadores realizan durante todo o ano. E os trofeos, os “Sirenos”, son a achega desinteresada dun artista plástico; este ano son tres cerámicas de Pilar Rubio Peixoto.
Queremos tamén sinalar que UTOPÍA SON, como calquera outra manifestación cultural, non pode, nin debe, manterse á marxe do que ocorre na sociedade. Por iso decidimos dedicar cada MOSTRA a unha causa cara á que dirixir a voz das nosas cancións. Neste III UTOPÍA SON intentamos pór os focos sobre ese terrible pesadelo que é a violencia de xénero. O segundo premio será para a canción que mellor denuncie esa odiosa secuela.
Todo o que UTOPÍA SON organiza arredor desta III MOSTRA estará dedicado fundamentalmente á muller. (...)

Desexamos que esta III MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR axude, na medida do posible a coñecer, fomentar e consolidar a canción de calidade en Galicia.
Máis información:
quarta-feira, junho 25, 2008
segunda-feira, junho 23, 2008
As fotos da presentación en Pontevedra
O pasado día 20 de xuño houbo a presentación do libro "a porta verde do sétimo andar" no local Social revira, en Pontevedra. O acto foi un éxito!. Queremos agradecer aos nosos queridos amigos de revira a marabillosa acollida. Graciñas!!.
Fotografías de: Begoña Miguélez
De esquerda a dereita: Luís Viñas, Alfonso láuzara, Elvira Riveiro Tobío, Cruz Martínez, Abilio Rodríguez, Foni, rosanegra e Augusto Fontám.
Fotografías de: Begoña Miguélez
De esquerda a dereita: Luís Viñas, Alfonso láuzara, Elvira Riveiro Tobío, Cruz Martínez, Abilio Rodríguez, Foni, rosanegra e Augusto Fontám.
...........As dúas Fotos de abaixo foron tiradas do blogue da revira:
domingo, junho 22, 2008
quinta-feira, junho 19, 2008
terça-feira, junho 17, 2008
María do Caramelo, dende A Coruña...
.
Botei tantas cousas en falla en tan pouco tempo que me metín a agricultora ecolóxica. Quixen atopar no contacto co argueiro fresco a resposta a aqueles desvaríos. Pero fun, coma sempre, demasiado impetuosa, non me daban medrado as verzas, nin os porcos atendían a razóns humanitarias, e finalmente acabei traballando na fábrica de conservas: limpaba mexillóns… foi reparador por repetitivo singular. Namoreime dun mariñeiro e dei en remendar redes preñadas de buratos.
Entón foi cando aprendín a ler nas estrelas as mensaxes dun tempo esquecido, reinventei constelacións e tiven fillos, e retomei o asunto da horta, rocei silvas, muxín cabras e criei callos, aborrecín a televisión e aprendín a predicir a choiva.E tornei a namorarme, pero esta vez das miñocas que fan terra no seu ventre, enchín o padal de cereixas, sementei dous pés de millo e dei en reconverterme en compost. Agora subo polas veas dos bidos, como sempre desexei aínda sen sabelo, e a noite dáme azos de novo para seguir soñando coa fertilidade.
.
domingo, junho 15, 2008
Fotos da presentación (A Coruña)
quarta-feira, junho 11, 2008
Homenaxe a Pintor
Homenaxe "O Escritor na súa Terra": a AELG entregou a "letraE" a Xosé Vázquez Pintor
O pasado sábado día 7 tivemos a honra de vivir unha xornada especial acompañando a Xosé Vázquez Pintor na merecida homenaxe organizada pola AELG e o Concello de Melide. Os afectos encheron as rúas, os espazos, e a palabra foi emoción de lealtades. Pintor con alma de buxo non esqueceu os vencellos de sempre: a tribo, a terra, os amigos e a palabra. Para a literatura están : Banzados, A memoria do boi, A tribo sabe, Os vellos oficios, Tal era vivir, Lume de biqueira, Gándaras, Na vertical da noite, No corazón mancando, Para dicir abril, Quen faga voar …
Luís Viñas
terça-feira, junho 10, 2008
segunda-feira, junho 09, 2008
Teis ten praias, vaia vaia!!
O pasado domingo 8 de xuño pola mañán, @s veciñ@s de Teis, fart@s da ocupación devastadora e inxusta do litoral do barrio, tomaron simbólicamente a praia da vella e tan desaproveitada ETEA, para reivindicar o lexítimo dereito a acceder e disfrutar dun espazo público que é de tod@s, e polo tanto debe ser recuperado e conservado para á cidadanía.
Vaia vaia vaia... Teis ten praias!!
RÍOS-ETEA
Espazo natural formado por unha das poucas praias que posúen un gran banco de ameixa de caste, e polas zonas verdes que a rodean que son froito dos recheos realizados sobre o areal.
Está separada da praia da Punta polo espigón de Timoeiras e por un muro e valado metálico que ata fai poucos anos tiña a función de impedir que entraran na ETEA persoas alleas ao recinto militar; pero que, trala Orde ministerial do 15 de outubro de 2004, na que se suprime a zona de seguridade militar, a súa única misión é impedir que a cidadanía acceda á praia e ao resto do Dominio Público Marítimo Terrestre, ao que temos dereito tod@s pola Constitución e pola Lei de Costas.
Unha vez máis, os destructores da costa utilizan toda a súa forza para impedir que disfrutemos libremente da praia, do mar e da súa ribeira; pois son coñecedores de que no momento que a xente comece a tomar posesión da praia, terían moi difícil levar a cabo a construcción dun porto deportivo (outro máis) que esmaga a natureza e destrúe o que é de tod@s, para lucro e disfrute duns poucos.Para chegar á praia, debes achegarte ata a praia da Punta ou ata a de Ríos-Pilón, onde desgraciadamente os muros que a rodean dificultan a entrada. Unha vergoña!

.......................... - Alfonso Láuzara -
sábado, junho 07, 2008
quinta-feira, junho 05, 2008
segunda-feira, junho 02, 2008
xuntanza de blogueir@s en Agolada
Algunhas veces non o podes facer só (dicía unha canción de U2)
Así compartindo, espíndonos uns para os outros foi como nos atopamos en Agolada un grupo de blogueir@s ansiosos de mudar o mundo, os mundos, e de expor os micromundos que levamos dentro. Felicidades a tod@s por abrir as portas, deixar ver os celeiros de cada quen e aportarnos unha visión diferente da vida, das vidas. Adiante con ese ímpeto e seguide escribindo sobre os vosas inquedanzas que nos faran a tod@s máis ricos en opinións e vivencias.
Na páxina http://blog-xuntanza.blogspot.com/podedes atopar os links para achegarvos a cada un dos blogueir@s
Luís Viñas García
Subscrever:
Mensagens (Atom)