terça-feira, maio 01, 2007

rosanegra

No meu ecosistema son a especie indicadora
Na que radica a esencia antiga
Como omnívora como verbas
Na pirámide do nivel trófico
Á que pertenzo dende sempre
Pescudo para a ecoloxía
A resposta ambivalente
Do home de Cro-magnon
Que tanto me custa entender...
E na miña busca
Decátome que son

Unha especie en extinción.

Sem comentários: