De esquerda a dereita; Novoneyra, María Mariño, Saleta Gai, Manuel María e Roberto Posse o esposo de María Mariño.
María Mariño Carou naceu en Noia o 8 de xuño do 1907. Na súa condición humilde xurdiu a luz da poesía. Foi unha poeta que se inspirou na tradición popular, na lingua falada polo pobo.
A poesía nútrese do “eu” que revela cara ó exterior para o análise do seu mundo interno.
Aquí che deixo, meu peito canso, aquí
che deixo,
aquí che deixo neste branco papel trillado, neste
percuro das horas.
¿ Quen eres – perguntaranche-, quen eres?
Son a néboa que anda soia,son o sol
que quenta as queixas, dos camiños
son o farto,
son o sono que rixe
mundo que verte tempo,
son o berro caladiño entre arranque-brio de sono morto.
Das cousas que non se atopan
tamén son,
das ondas que soio van,van e van,
delas son,
de cando veñen e vein vindo
delas son. Son o ledo daquel sono – terra de sin pisadas,
soio remaxe das cousas-.
Papel branco,
trillado,
papel,
berra,
berra entre os fortes
desde onde as miñas verbas che magoan.
Estes versos pertence ao poemario “Verba que comenza” que a autora escribiu entre marzo do 1966 e marzo do 1967 no derradeiro ano da súa vida.