sexta-feira, maio 09, 2008
Un poema de Minus Bálido
Miro para aquel lugar onde nos coñecimos
Non onde nos vimos por primeira vez
Senón onde nos coñecimos grandemente
Mirámonos vimos e fuximos
Ao “sanatorio”, á “universidade”, a outra cidade…
Non pode ser que a xente non sexa como queremos!
Como se atreve este, que fai da vida
Que morro lle bota, nunca vén por aquí
Penso antes de pensar, coido que
Quizais, non, sei, non sei
Pasa de todo, que cabrón,
Eu si que, eu si que, eusique…
O mundo propio sempre o millor
Xogar con cartos
Xogar con cartas
Xogar con liñas
Xogar con curvas
Xogar nun bar
Xogar no teu fixo posto
Xogar ás coherencias
E aos abecedarios
Crendo que coñecemos
Ao que coñecimos e non!
Pre-pensar, intuir,
Este vai desto, aquel doutro
E ti de que vas rapaz?
Ou xa non tanto
Como se atreve este? Que se cré?
O mundo propio sempre o millor
Dos mundos posibles para ún
Non és coma min
Vendido
Recauchutado
Drogadicto
Enconado
Perdido
Envexado
Envexando…
.
.............. Cuspímonos as nosas miserias
.............. Na intimidade moito máis.
.............. Quen lembra?
.............. O que xa non é?
.............. Creste millor a alguén?
.............. Queres algo de min?
........ - Minus Bálido -
quarta-feira, maio 07, 2008
rosanegra
segunda-feira, maio 05, 2008
No museo dos horrores...

sábado, maio 03, 2008
Aquela ladaíña semella allea
.......................................................mais é moi nosaRegresa cara a un coma unha estadea
nas tenebrosas sombras dun ocaso
Coma se entrase unha friaxe inmensa
no corazón dun home, de mans baleiras
...................................................abertas á extrema
na que a memoria fecunda longos interrogantes
e puntos ananos conservan profundos
................................................desarraigos
sinalados na diferencia, perpetuados
na somnámbula caligrafía dos paxaros
.....................................................Ineptos
.....................................................descoidados
Eses que figuran no acto conmemorativo
.........................................................apropiado
Pero cada día ao lecer
hai paseantes nos arrabaldes de melodías tristes
e rumores de fado tronzan en anacos
.....................................a resistencia dos cons
que agonizan nas vellas rúas
da cidade, cara ao vertente
onde as tormentas baten máis forte
Naquela avenida anegada
as amolecidas notas rachan en vinte mil
..........................................................bágoas
Case un océano de excesiva humidade
circunda os contornos dos illós
Perder a vida ás veces, non é tan grave
Cruz Martínez
quinta-feira, maio 01, 2008
1º de Maio, día do traballador
...........Fotos das manifestacións que se fixeron en Vigo, aportaverde estivo alí. ( Cruz Martínez e rosanegra)
"Namentres, o número de parados segue a engrosar, xa preto dos 2. 5 millóns no estado español. A precariedade e a sinistralidade laboral agrávanse. Continúa e agudízase a loita de clases: dunha banda, os beneficios empresariais, doutra, xornadas de dez e doce horas, traballos en sábados, ritmos esgotadores, saturación das áreas de traballo, alta taxa de accidentabilidade,..." Texto: PCPG
terça-feira, abril 29, 2008
Caracolas mesoamericanas. Caracola tzeltal
a caracola espiral que avanza
en sentido inverso as agullas do reloxio
as cara caracolas tzeltales como os corazons do mar
desde o principio ao fin desde o fin ao principio
nos grabados e pinturas dos pobos mesoamericanos
das bocas saen caracolas que representan a palabra
encantada caracola aquí no medio da selva
a comunidade é chamada a tempo de asamblea
.... bolon ajaw chiapas 3-08
...... - Manolo Pipas -
sexta-feira, abril 25, 2008
quinta-feira, abril 24, 2008
A COPE QUERE AMORDAZAR O GALEGO
O mércores 23, ás 20:00h na rúa Príncipe de Vigo houbo unha concentración por mor das últimas actitudes belixerantes que a nosa lingua vén de sufrir por parte de Radio Popular, S.A. ( propietaria da Cadena Cope, a emisora retrógrada da Conferencia Episcopal).
Esta manifestación fíxose nas sete cidades galegas: Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. quarta-feira, abril 23, 2008
GOLFO
NOVE MINUTOS...(EUXA CENTRO XERONTOLÓXICO)
Fican amoreados entre paredes de materialismo. 2000 euros por cabeza.
O director apura, quere efectividade e explota o persoal ao máximo... aquí, aló, acolá...en nove minutos aseados, vestidos e peiteados... o tempo é moi importante, nove minutos atordan os oídos.
Un aloumiño, unhas palabras de agarimo non son posíbeis. A humanidade pérdese polo camiño.
NOVE MINUTOS!! as subordinadas queiman as mans nas tarefas diarias. A dirección quere máis cartos.
+ é = a - ( menos empregadas)
NOVE MINUTOS...
Queremos denunciar a explotación que recibe o persoal dos Centros Xeriátricos. Que é escravizado por un salario base e obrigado a traballar en condicións de estrés. Todo isto repercute nunha carencia de tempo que converte o traballador nun autómata.
rosanegra e Cruz Martínez
domingo, abril 20, 2008
sexta-feira, abril 18, 2008
quarta-feira, abril 16, 2008
Anceios de laicidade
segunda-feira, abril 14, 2008
sábado, abril 12, 2008
POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO
Toda a información neste vídeo.
http://youtube.com/watch?v=fxZYdUWhMPg
A PORTA VERDE DO SÉTIMO ANDAR
TAMÉN LOITA POLA REALIDADE DUNHA GALIZA EN GALEGO.
sexta-feira, abril 11, 2008
segunda-feira, abril 07, 2008
sábado, abril 05, 2008
Da porta verde dun 7º andar...
canto compartimos
coas mans no propio corpo
e nos beizos
unha palabra de protesta
na auga hai máis que o cheiro
dos nosos sexos
mitigado pola fragancia
dun xel de ducha
nela fixemos unha
revolución
lavándonos de espantos
Alberte Momán
quinta-feira, abril 03, 2008
Polbo á feira

terça-feira, abril 01, 2008
Na porta verde dun 7º andar...

Luís Viñas
- NUNCA SE SABE -
Non quixera coma fado sorprenderte
no intre da nostalxia da idade
porque iso non vai na sintonía
da túa fresca mocidade.
..... Propoño
ficar na serenidade nocturna de lus e pedra
que ofrece un bo rincón no lugar entrañábel de A Guía.
Ficar alí coma dúas figuras de pedra
nese xogo de luces e sombras
porque en lugares coma este,
o tempo pasa lentamente, e mesmo semella deterse.
.
Acaso teño ollos de pedra, acaso
respiro na santa compaña dunha fermosa
estatua de muller ben xeitosa.
Vexo nos teus ollos a doce mirada escura da noite estrelecida.
A noite é xove. Quero desfrutar do momento e gosto
dese estraño sabor do silencio nos teus beizos.
Quero chimpar un bico á ría
mais un orballo de verbas vai tecendo a noite que nos quenta./ ¿Maxinacións? ...... Nunca se sabe.
......................... Alfonso Láuzara







