sexta-feira, dezembro 28, 2012

Brindemos pola poesía: nace o poeta Lino García Salgado

Texto de Manuel López Foxo, para o Terra e Tempo:


Con ese seu sorriso que tanto nos sosega neste tempo gris e túrbido, chegou un certo día de abril o Lino da Pastoriza ao Café Lanzós e mostrounos, xa era hora, os tesouros ocultos, eses seus versos que só coñecen os amigos como o Xelo Mariño: poemas e poemas escritos nas horas máis íntimas, despois do estrondo do combate diario. Hai quen di que a mellor poesía é a que permanece aínda inédita. Pode que sexa verdade. Quen de nós non sabe acaso que algúns dos libros máis emblemáticos da nosa literatura circularon primeiro durante anos de man en man en copias varias en papel carbón? Libros case clandestinos que todos querían ler e que atravesaban o país en carpetas azuis nas que ía quedando o viño das tabernas todas do Berbés, o bo aceite da Beadense ou as manchas enormes de café das tertulias interminábeis do Derby e do Carabela. Foi duro e fermoso aquel tempo e a esperanza medraba de noite como a herba nos cómaros de Abadín. Mais regresemos de novo ao Lanzós. No fondo da súa maleta de poeta traía tamén Lino García Salgado o canto á patria de Manuel María, os versos de Mario Benedetti, textos diversos de Lino Braxe, Manuel Rivas, Xabier López e Xurzo Borrazás, e as cancións todas de Silvio Rodríguez: “Ojalá pase algo que te borre de pronto: / una luz cegadora, un disparo de nieve, / ojalá por lo menos que me lleve la muerte / para no verte tanto, para no verte siempre…”. E falamos de poesía longamente, sen pausa, de Lucía Aldao, Kiko Neves, Igor Lugrís, Alberte Momán… Chovía en Betanzos aquela tarde e florecían as glicinias nos emparrados desta vella cidade tan amada desde sempre por pintores e poetas. E entón eu, nese momento, lémbroo perfectamente, trouxen á conversa os versos máis lindos de Marica Campo: “Que non chegue a glicinia escoando nostalxia / nin a rosa vermella encendendo o recordo”.      

“Escribes ben, moi ben! -díxenlle-, e esa brillante elaboración formal do poema non a acadan todos os poetas, creme, mais hai que alcanzar a poesía”. Falamos moito aquel día da necesidade de liberar o discurso de todo artificio que afogue a verdade e a luminosidade do poema, de que todo poeta debe evitar que o texto quede petrificado en retórica, de que a poesía non ten porque ser necesariamente escuridade e algo alleo á vida. E falamos, como non, dos poetas que nada teñen que dicir, que carecen dun universo de seu, e que nos intoxican con tanta palabra oca que mata o máis vivo interese pola poesía. E era xa á noitiña cando chegou o Álvaro e se foi co Lino pola rúa abaixo tomar uns viños. Pouco despois, na casa, lonxe do ruído do café, lin os versos máis fermosos daquel fardel de poemas que o poeta puxera horas antes nas miñas mans: “Patria é sentir, vivir, gozar, / marabillarse no ritmo das sensacións / da melancolía e do sentir, /  patria es ti…”. Isto si é poesía. E veume á memoria nese intre Neftalí Ricardo Reyes: “Patria de mi ternura y mis dolores, Patria de amor, de primavera y agua…”.        

Regreso agora, neste frío inverno, transcorridos dous anos desde aquel día de Betanzos, á poesía de Lino García Salgado, ao seu segundo libro de poemas, Melíflua Moradía (Q de Vian Cadernos, 2012), e comprobo con profundo gozo que o poeta gañoulle por fin o pulso a aquela linguaxe excesivamente artificiosa que aparecía no abrente da súa poética e que lle restaba vida ao texto. Lino García xa se decatou de que o bo poeta é aquel que deixa en nós o eco da súa voz. Aquí si latexa a poesía, si aflora unha autenticidade que fai que o discurso teña unha maior forza expresiva. E agradécese. O poeta, neste poemario, dá un paso adiante de xigante na súa obra creativa: o verso xa non é un xogo floral, xa non estamos diante do exhibicionismo verbal tan frecuente ás veces nos poetas que comezan. Hai unha busca da forma espida, da palabra esencial, da emoción, e mesmo o sentimento máis íntimo sae á luz sen sombras que o oculten. A palabra neste libro bebe das fontes da verdade, dos mananciais onde nace a mellor poesía. Certamente, é aínda un libro de transición, mais imponse a luz e a vontade comunicativa. Velaquí, para nós, algúns dos seus mellores versos: “protéxeme desta aceda nostalxia / como nai primípara / e bebe cegamente no sartego camiño / das bolboretas / no alongado camposanto das despedidas / vén dunha vez / e silénciame o rostro / no leito das túas mans”. E como Lino García Salgado é tamén un poeta deste tempo tan difícil no que nos tocou vivir, atopamos, claro está, “o territorio da desesperación”, como moi ben o definiu Miguel Anxo Fernán Vello, ese pesimismo que nos invade, que habita na sociedade e que tan presente está na nosa literatura desde hai tempo: “Véxome no baleiro do día / sabéndome perdedor / dende o principio / as chaves / túas / ao xirar na porta / rompen inxenuamente / esta triste historia / solitaria / incluso aí / na ausencia de testemuñas / son futuro podrecido”.        

Quedádevos co seu nome, porque estará entre as voces do futuro que agora comeza, mais non o busquedes en ningún grupo xeracional, porque por idade debería estar entre Marta Dacosta e Rafa Villar, e non está; e por formación intelectual e relacións persoais podería figurar entre Alberte Momán e Lucía Aldao, e tampouco está aí. El é para a bibliografía da poesía galega actual un poeta noviño, posterior aos poetas dos 90 e ao primeiro grupo de voces deste novo século, e iso non é de todo certo, porque naceu en 1967 e fai literatura desde o 2000, aínda que o seu primeiro libro, Espertar, aparecerá publicado da man da Asociación Cultural Eira Vella no ano 2010. Mais ao cabo, que máis ten? De que xeración é o Otero Pedrayo de Bocarribeira, o Celso Emilio de O soño sulagado ou a María Xosé Queizán de Metáfora da metáfora? De que xeración é Marica Campo ou Medos Romero, ou o Xosé María Díaz Castro de Nimbos ou o Valentín Paz-Andrade de Pranto matricial? Que máis dá? O que realmente importa é a obra e non a xeración á que unha ou un pertence. Por iso debemos saber que Lino García Salgado non é un poeta novo, senón un novo poeta que agora gaña a literatura galega para o noso gozo como lectoras e lectores de poesía, un poeta coa madurez humana que só a propia vida nos dá. Brindemos, pois, pola beleza e a verdade da palabra, sen máis.

quarta-feira, dezembro 19, 2012

Vattene






Os Q de Vian cadernos, no seu número 12, editan Vattene!, terceira entrega narrativa de Alberte Momán.

O propio autor sobre a obra:

Achegándome á máis próxima realidade sociopolítica, sitúome na posición cómoda dunha clase media, nun sistema político mixto, durante o tempo da grande falacia do estado do benestar. A posición cómoda dunha clase, que non oculta ás súas avantaxes fronte aos máis desfavorecidos, os desprivilegiados (que din en Portugal). Da comodidade que proporcionan uns servizos públicos gratuítos, e unhas prestacións sociais que garanten, ou cando menos deberían garantir, unha vida digna incluso no desemprego, na enfermidade ou na vellez, o que some na máis absoluta cegueira aos beneficiarios privilexiados da estrutura. Todo cambia, segundo se achega o punto de inflexión do neoliberalismo. A catarse que deixa desprotexida a esa porcentaxe importante da sociedade, sen todos eses recursos que lle proporcionaban estabilidade, coa espada de Damocles do desemprego, a enfermidade e a vellez, abalando sobre as súas cabezas.
Esa nova situación, fai que o protagonista recupere a visión, nunha viaxe que o levará a descubrirse a si mesmo, ademais da realidade que até o momento de perdelo todo ficara oculta. Unha viaxe que comeza cuns primeiros pasos inocentes, que o obrigan a ir tomando decisións, erradas moitas veces, pero que lle van descubrindo a súa traxectoria persoal, o sentido da súa vida.

Presentación editorial:

Trala desaparición de Alexander Hartdegen, o seu secretario, coidando ser beneficiario da súa fortuna, comeza unha viaxe que o devolverá á miseria máis absoluta, e pola que terá a oportunidade de coñecerse a si propio, ademais de imbuírse dun mundo do que descoñecía todo ou case todo. Créndose dono daquelas palabras de Whitman, nas que aseguraba ser o problema e a solución do problema, afonda no seu conflito interior coa fin de aniquilar ás súas propias pantasmas, que non distan moito dos medos que debe afrontar calquera individuo que comeza a descubrir a luz despois dunha cegueira prolongada.
O surreal como superación absoluta da percepción humana da realidade. Eis unha historia, unha aventura que se mergulla nas miserias humanas.

Distribución: Consorcio Editorial Galego S.A.
Outras encomendas: http://shop.ofigurante.eu/pt/43-vattene-9788415164784.html

sexta-feira, dezembro 14, 2012

A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ


A NENA Á QUEN NON DEIXABAN SER FELIZ from A porta verde on Vimeo.

Novo libro de Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso

Se queres mercalo e facer realidade este proxecto preme nesta ligazón:

http://www.verkami.com/projects/4030-a-nena-a-que-non-deixaban-ser-feliz

terça-feira, dezembro 04, 2012

Trala porta verde do 7º Andar



Traballo dos rapaces do CEP SEQUELO DE MARÍN



Recital de A Porta Verde en Marín!



Organizado por Queremos Galego Marin, o pasado venres día 30 de novembro tuvo lugar un recital poético en Marín da man das voces de: Xosé Daniel Costas, Manolo Pipas, Alba Méndez, Asun Estévez, Alfonso Láuzara, Nanda González Briones e Miguel Ángel Alonso.
 
 
 
 
 
Manolo Pipas, Alba Méndez, Nanda González e Alfonso Láuzara

 
 

 
Manolo Pipas

 
Asun Estévez

 
Alfonso Láuzara 


 
Alba Méndez

 
Alfonso Láuzara

 
 
 

 
O cullarapo Croque

 
Miguel Ángel Alonso

 
Asun Estévez e Miguel Ángel Alonso

 
 




 
No recitado do poema dos nen@s do CEP SEQUELO MARÍN
sobre A PORTA VERDE

 
 

 
Nanda González Briones

 
Manolo Pipas, Alba Méndez, Asun Estévez, Miguel Ángel Alonso, Alfonso Láuzara

 

 
Miguel Ángel Alonso


 
Asun Estévez

 
Xosé Daniel Costas

 
 
Alba Méndez 




 
 

segunda-feira, dezembro 03, 2012

Raias Poéticas



Algúns momentos das Raias poéticas, encontro ibero afro americano de poetas, no que A Porta Verde estivo compartindo creacións con compañeiros e compañeiras das distintas falas portuguesas.
 
 
 

 
Alberte Momán
 


 Ramiro Vidal


 

 

Amosse Mucavele (Mozambique)

 

Manaira Aires Athayde (Brasil), Abreu Paxe (Angola), Francisco Topa (Portugal)

 
Jorge Viegas (Mozambique)
 

 
 Marília Lopes

 

 

quinta-feira, novembro 22, 2012

MOSTRA DE CURTAMETRAXES - ATENEO FERROLÁN -

 

 
Os días 19, 20 e 21 de decembro de 2012, levaranse a cabo ás XII XORNADAS DE MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

 
Como lembranza do que foron estas XORNADAS ao longo destes once anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 30’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado da ficha cumprimentada antes do día 7 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.

GRAZAS POR PARTICIPAR!

quarta-feira, novembro 14, 2012

terça-feira, novembro 13, 2012

LUSOCURIA

 
 
 
 
Lusocuria
Verónica Martínez Delgado

O Figurante Edicións
ISBN:9788415164753


 

Verónica Martínez Delgado.- (Valdoviño, 1976) é autora de diversas obras premiadas e publicou, em poesia e narrativa breve: Mañá, se cadra non será un día máis (VII Concurso de relatos breves Repsol 1994), Había tantos homes lilas (I Prémio de Poesia Francisco Fernández del Riego 1996), Deshabitada e sen verdugo (I Prémio de Poesia Francisco Fernández del Riego 1997), Desterrada do meu corpo (I Prémio de Poesia Letras de Cal 2001 e Prémio do Concurso de Poesia Jovem de Alzira 2000), Cara a un solpor de gatos (III Edição do Prémio de Poesia Afonso Eanes do Cotón 2004); em ensaio: X. M. Tomé. Antoloxía artística, Breves notas sobre a historia da arte aplicadas á intervención sociocomunitaria, I Encontro Internacional de Arte e Natureza e A intervención didáctica nos DEAC.

Conta com colaborações em diversas obras coletivas: O ladrón de almas (Menção de honra no certame de poesia GZcrea 2006 recolhido em Isto é un poema e hai xente detrás), En defensa do Poleiro. A voz de escritores galegos en Celanova, Somni de paper, Catro Contos, Sempre Mar, A cidade na poesía galega do século XXI; Letras Novas, Vivir un soño repetido, Antoloxía de poesía galega en Madrid, além de participar em numerosas publicações periódicas como Madrygal, Dorna, Ólisbos, A festa da palabra silenciada, Arraianos... e em inúmeros recitais e conferências, sempre relacionadoscom a poesia e a literatura galegas.

Lusocuria.-
Há palavras que doem e há palavras que libertam. Um work in progress em que Veróniva Martínez Delgado deita uma impressão que evolui enquanto caminha, num sem-fim de reflexões íntimas sob uma realidade em transformação, que muda se a percepção, vítima dos acontecementos, descobre novos caminhos. Um livro sempre inacabado, apreijado pela força e a intensidade do amor e do sexo, como expressão máxima do primeiro.

Distribúe: Consorcio Editorial Galego SA

Encomendas: http://shop.ofigurante.eu/pt/38-lusocuria-9788415164753.html
Contactos:
      figurante@ofigurante.eu
       

terça-feira, novembro 06, 2012

sexta-feira, novembro 02, 2012

'Letras de Amor e Guerra' chega a Pontevedra, Compostela e Vigo

 
 
 
 
 
O poemário de Ramiro Vidal Alvarinho continua a sua tourné polo país, e celebrará lançamentos nestas três cidades galegas entre os dias oito e dez de Novembro.
 


No dia oito de Novembro, às 20:15 horas, celebrará-se o lançamento de Letras de Amor e Guerra em Pontevedra, na livraria Paz, sediada na rua Peregrina, 29.

No dia dez de Novembro celebrarám-se os lançamentos em Compostela e Vigo.

Pola manhá às 12:30 horas terá lugar o lançamento na livraria Couceiro, de Compostela, sediada na Praça de Cervantes e às 20:30 horas será o turno do lançamento em Vigo, no Centro Social A Cova dos Ratos (Asociación Cultural Kaleidoscopio, rua Romil, 3)

Letras e Amor e Guerra foi publicado por Q de Vian Cadernos, o projeto editorial de A Porta Verde do Sétimo Andar na primavera deste ano e está a ser um verdadeiro sucesso em vendas.
 
 
 

Presentación(s) de ATLAS DE CHAGUÁN, de Rosa Enríquez, en Vigo!

 
 
 
 
 

 XOVES, 8 de NOVEMBRO de 2012, Rosa Enríquez PRESENTARÁ O SEU ÚLTIMO POEMARIO   “ATLAS DE CHAGUÁN".

NON O PERDADES!!

...
POLA MAÑÁN, ás 11:30 h- Facultade de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo.

 Intervirán Miguel A. Miguel Ángel Alonso Diz, Xina Vega, Manuel Forcadela e, ROSA ENRIQUEZ.

POLA TARDE , ás 20 h. no Café De Catro a Catro
(R/ Xerona, 3)

 Intervirán: Alfonso Láuzara Martínez , Paz Raña Lama , Begoña Outteiro, Xina Vega e, ROSA ENRÍQUEZ.

quinta-feira, outubro 25, 2012

Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud

 
 



Venres 26 de outubro ás 21:00 na Biblioteca pública de Moaña (quintela s/n)
 
 

 
 
Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud presentan unha versión a dúo, confidencial (case clandestina) de cancións que formarán parte do próximo disco de Xardín Desordenado, dedicado a poetas mulleres. Interpretarán textos de Iolanda Zuñiga, Luz Pichel, Olga Novo, Enma Pedreira, Marta Dacosta etc.

Non o perdades!!

 

Letras de amor e guerra en Lugo

 
 
 
 
Letras de Amor e Guerra, poemário autoria de Ramiro Vidal Alvarinho, será apresentado neste 26 de Outubro, Sexta feira, na livraria Trama (Avda da Corunha, 21 – Lugo) às 20:30 horas.
Na apresentaçom intervirám o próprio autor e o escritor Alberte Momán.
 

 
 

sábado, outubro 20, 2012

"Letras de amor e guerra" na Garda

 
 
 
 
C.S.FUSCALHO

 
Ramiro Vidal antes da presentación

 
Miguel Ángel Alonso presentando
LETRAS DE AMOR E GUERRA
 

 
Ramiro recitando versos do seu libro 

 
Recitado conxunto despois da presentación