sexta-feira, junho 24, 2011

quinta-feira, junho 23, 2011

O novo de Kiko Neves nos Q de Vian Cadernos


O día que morreu Steve Macqueen. Unha novela de Xabi Ribax


Kiko Neves

Fragmento:
Ponteareas, ano mil novecentos oitenta. A dictadura seguía no seu máximo apoxeo: un alcalde falanxista, unxido dende o ano anterior por unhas eleccións tramposas ou democráticas (ao longo dos anos sigo sen entender as diferencias), e un párroco de sotana negrísima e verbo de veterano excombatente eran as referencias de poder e cultura.

Nove anos. Estudiaba quinto de básica no Colexio Sanxiao. Todo aquel tempo parado enzoufaba a poceira do Colexio Sanxiao. Disciplina franquista -por supostopara alunado masculino. O Colexio medrara sobre das pedras dun hospital republicano, o primeiro e último da comarca do Condado. Logo da Guerra Civil fora espoliado e ocupado polo exército durante os anos corenta: un primeiro paso para o establecemento dun centro de ensino con profesorado chegado da España vella de Burgos. O Sanxiao afondou as súas raizames entre os vilegos con arelas dun señorío de antergos que nunca existiu. A Ponteareas abouxada, fachendosa, de ridículas referencias nacionalcatolicistas, depositaba os seus fillos entre o Colexio Sanxiao e o Colexio das Freiras, a versión feminina da mesma poceira.

segunda-feira, junho 20, 2011

A Porta Verde en Oleiros


A Casa Charry (Praza da Galiza s/n - Oleiros) acollerá un acto presentación dos Q de Vian Cadernos que promove A Porta Verde do Sétimo Andar. Será o sábado 25 de xuño, a partir das 20 horas.

Contaremos co cantautor Miguel Alonso e coñeceremos, en primicia mundial, a novela de Kiko Neves 'O día que morreu Steve Macqueen. Unha novela de Xabi Ribax'.

sábado, junho 11, 2011

terça-feira, junho 07, 2011

Un poema de Fabián Barreiro...

.

Adicado a Lois Pereiro, esa alma que viviu rápido e morreu mozo
.


Quedou a cociña desfeita
e tamén o comedor, e o cuarto de pasar o ferro
Tal é magnitude do silenzo
que agora non son quen de recollelo todo

Fixeras tremolar as potas
luxaches o meu garfo de
Mickey Mouse, o meu preferido,
aquel que tanto odiabas

Non te decatas de que todo é merda,
(na cociña)?

Venceu a hipersensibilidade adquirida, letra capital
do detallado relatorio de excusas que mais ben
outros lle dirían
picor
no cú

(na cociña)?

Quero voltar a antes da cociña,
do (censored) daquel (censored) tan censurado pola túa puta nai,
e así poder xogar as cociñiñas, mantendo a inxenua esperanza
de non ter que incluírte na historia
outra vez

Quedou a cociña desfeita. E agora non son quen de recollelo todo.

.

.

sábado, junho 04, 2011

ANA CIBEIRA - PINTALABIOS -






Asinará exemplares do libriño o 11 de xuño na feira do libro de Madrid, na caseta da Asociación Galega de Editores a nº 86.

Enlace ao artigo sobre Ana Cibeira que lle dedicou Vicente Araguas:

http://anacibeira.blogspot.com/2011/06/pintalabios-en-nordesia.html