domingo, dezembro 26, 2010

CADERNOS Q DE VIAN


Q de Vian Cadernos é unha iniciativa de A Porta Verde do Sétimo Andar, que con este primeiro número busca incidir na visibilidade da produción artística galega.

Esta colección nace con afán de continuidade, polo que periodicamente abrirase a porta deste espazo á participación de artistas galegos e galegas, así como a autores e autoras de países lusófonos cos e coas que xa actualmente se manteñen relacións.


De Castro.- Colectánea poética de Alba Méndez e Alberte Momán, que unifica a visión de ambos sobre a obra e a figura de Rosalía de Castro, icona da literatura e a identidade galegas. Lonxe de todo academicismo e de pretensiosas actualizacións que estarían fóra de lugar, trátase dunha apropiación da obra da autora galega, para achegala á de dúas persoas diversas nun exercicio de posta en común, non exento de conflitos.
.

quinta-feira, dezembro 23, 2010

ENCONTRO

.


além do meu horizonte...

Procuro o céu com meus olhos...
No meio das nuvens se abre uma janela
onde tuas mãos seguram teu rosto
e observam o silêncio q paira entre nós.
Em teus olhos vagos, uma ternura triste,
uma distância que se demora.
E em teus lábios um sorriso que não quer se abrir.
Com movimentos graciosos
Vou buscar-te dançando...
Não para vires comigo,
Pra bailares, apenas, na dança do coração.
Se tudo de sonho não passar, teremos ainda
o perfume secreto da eternidade a nos acompanhar!


....................................... Rita Rosa (Brasil) 12/09
.

sábado, dezembro 18, 2010

Meu (a)MAR

. .

Revolto mar que me aguardas ardentemente,
Para meu corpo abraçares como tu sabes,
Meu coração bate com a força das saudades,
Da tua força, em minha alma frémitamente!

Fecho os meus olhos e sinto o mar acabrunhado,
Nas minha mãos eu me apodero do seu poder,
Que força tem, que força dá a este meu ser,
Quase se torna escravo deste meu peito exaltado!

As ondas dançam e brincam em chamas intrépidas,
Do que é preciso lagrimar nas águas gélidas,
O Sol se vai, na rubra tarde, e eu não chego;

Sou suspiro recolhido em conchas de brocados,
Sou amante dos sons desses teus trinados fados,
Versos ritmados, em desejos alados quase a medo!
.
................... Ana Victorino (Portugal)
.

quarta-feira, dezembro 15, 2010

Fragmento do Poema dunha noite de outono

Néboas habitan tristes
no berce do teu silencio
e podo ollar no seu chan as pegadas
que ei seguir en procesión cadenciosa

Outono! – berro erguido
e outra folla bica os teus pés no cemiterio,


xa non quero máis versos…

quero quedar soio
no noso silencio cómplice
ollando esas néboas que habitan tristes
e no chan, as pegadas dos meus pés
no corpo do cemiterio

Miguel Ángel

domingo, dezembro 12, 2010

A PORTA VERDE CON LUCÍA NOVAS

Lucía Novas e Miguel Ángel

Fonso Láuzara nun intre da firma de exemplares de "Neve"

As tamén poetas Alba Méndez e Asun Estévez entre os asistentes


Lucía Novas








O Ateneo Ferrolán abordará a dixitalización da única colección completa que existe do FERROL DIARIO 1969 - 1980 e de EL NORTE 1980 - 1981, para ir complementando o proceso, xa iniciado, da dixitalización dos seus fondos máis importantes.

Ferrol ao longo da súa historia destacou polo seu interese pola prensa e desde o século XIX foi unha das cidades nas que o xornalismo e a prensa máis variada, desenvolvéronse dun xeito máis destacado.

Nós continuamos con esa tradición e a hemeroteca do Ateneo Ferrolán conserva exemplares únicos de prensa local desde o século XIX.

O Ateneo Ferrolán fundado en 1879, é unha institución sen ánimo de lucro, de carácter cultural, que desenvolve a súa actividade dentro do ámbito de Galicia, pero cunha proxección máis ampla, e cunha clara vocación de ser un lugar onde atopen cabida todas as opinións e expresións artísticas, enlazando co espírito dos ateneos decimonónicos, nos que temos a nosa orixe.

Esta biblioteca-hemeroteca está composta na actualidade por ± 10.000 volumes, no seu fondo bibliográfico, fondos de carácter xeral, pero que fan especial incidencia nos temas relacionados coa cidade de Ferrol, e con todo o referido á arte, a historia, a literatura e a cultura de Galicia. Pero a parte máis sobresaínte é a hemeroteca.

A hemeroteca do Ateneo Ferrolán conta na actualidade con ± 450 cabeceiras de prensa. Divididas en revistas e prensa diaria; tanto en coleccións pechadas como abertas; esta prensa é de ámbito internacional, pero desde logo, a súa parte máis importante é a prensa local.

A filmoteca do Ateneo Ferrolán conta na actualidade con ± 1.000 títulos entre longametraxes, curtas e documentais.

O noso importante arquivo fotográfico composto de fotografías de diversa tipoloxía de principios de século (construción naval, social, industrial, carteis ....).

O importante arquivo de partituras inéditas e orixinais para gaita galega así como as súas gravacións presentadas ao longo dos 19 anos do noso Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón".

Os fondos increméntanse, como non podía ser doutra maneira, mes a mes, o que supón un esforzo económico e persoal para a conservación e difusión de dito patrimonio.

O Ateneo Ferrolán ven realizando ininterrompidamente dende o ano 1976, dun xeito gratuíto e público o seu servizo aberto á cidadanía con tres traballadores fixos, e dende o ano 1983 mantén aberta a súa Biblioteca-Hemeroteca, sendo a ÚNICA HEMEROTECA de Ferrol e Comarca, coa atención especializada dun Licenciado

quinta-feira, dezembro 02, 2010

MAPA DA CIDADE PROHIBIDA

......................................................... Para Maitena Monroy
.
Cada vez que penetramos nun punto negro do mapa
-aspas de sangue agoirando loitos-

imaxino un Los Ángeles sucio
un pobo profundo
un monte cheo de flores bonitas por todas partes
unha ruela allea.

Pero é á miña vida onde pode chegar a realidade
substituír ó medo
-este peso impreciso sen libro de instruccións-,
na capital Carapuchiña verterá a súa orquídea profana
ungüento orgánico extremadamente repulsivo
estendéndoo pola cara ata que o agresor fuxa
..................................................................... de noxo
é neste bosque de cemento onde saca a pistola luar das bragas
vestindo despois un fermoso abrigo de pel de lobo
como soña Roald Dahl e sabe a historiA que tamén sucede
malia un tácito silencio de morte.

.
................................................................ - Ana Cibeira -
.

CINTO NEGRO

.
Eclipse
sobre un campo de mapoulas
negras como o cinto
que agochamos baixo a cama.
Temos moitas caras
está a bonita e sucia, a intrépida e luminosa.
Non sabemos endurecer a expresión,
a sesión comeza e esta cuncha non se desfai
da súa sentimental educación.
Cómo ser unha profesional
recrutada para manchar.
Cómo ir sempre vestida de loito
e non deixar de quentar.
No amor e na liberación sexamos unha.
*
.
*Verso dunha canción homónima de Ruído de rabia.
.
........................ - Ana Cibeira -
.