segunda-feira, maio 31, 2010

ai gaza AI GAZA

.
ai cantas prazas
no mundo hoxe
se chamarán gaza
ai cantas prazas
ai gazas cantas

ai os barcos os barcos
que querian ser
os barcos da liverdade
que foron do espanto

ai cantas prazas
ai cantos mortos
AI CANTAS GAZAS

.
- Manolo Pipas -
galiza 31-5-10
.
para os ultimos
e todos os mortos
do imperio israelita

.
publicado en
www.envolventesaspalabras.info

sábado, maio 29, 2010




Son como unha árbore
baixo un ceo fuxitivo
que non se deixa amar.

Por máis que medran os meus versos
estás sempre tan lonxe...!

Dende o outeiro que me viu nacer
agardarei o amencer con ollos de neno
e amareite coa forza do mundo.

Encerellado na terra
treparei polos teus brazos de ar
até acadar unha morte
que ó cabo, me transporte lixeiro
como cinsa, pero cinsa namorada
polo teu corpo imposíbel.

Meu amor, meu ceo fuxitivo,

por máis que medran os meus versos
estás sempre tan lonxe…!
.
Miguel Ángel Alonso Diz
.

terça-feira, maio 18, 2010






Mentes Diverxentes, é unha exposición realizada por 3 novos valores.
Unha mostra de caracter persoal e pouco convencional na que mostraranse diferentes traballos de pintura, fotografía e escultura. Dunha maneira única, orixinal e autodidacta, Estes 3 artistas móstrannos o seu mundo persoal de fantasía e imaxinación no que poderás deixarte levar por todos os teus sentidos ao longo dun peculiar recorrido artístico.


INAUGURACIÓN o Martes 18 de Maio ás 20,30 horas no Ateneo Ferrolán.

segunda-feira, maio 17, 2010

17 de Maio de 2010



DÍA DAS LETRAS GALEGAS

dedicado ao poeta do Courel

Uxío Novoneyra

sábado, maio 15, 2010

Entre Rosalía e Novoneyra


.
entre rosalía e nononeyra
un tempo de loita pola lingua e a cultura /
un tempo de letras galegas
tempo das follas novas e dos eidos /

.
hai corenta e sete anos
un dezasete do mes de maio
cumprianse cen anos da publicacion
dos cantares gallegos de rosalia de castro
libro de raiz oral e base da nosa cultura escrita
e este dia foi declarado polos intelectuais
na clandestinidade da dictadura
como o dia das letras galegas
e hoxe os fillos e netos politicos
daqueles fascistas ai seguen golpeando
a nosa lingua e a nosa cultura

.
rosalia e nononeyra
duas frondosas arbores de poesia
rosalia a poeta popular e a poeta do pobo
novoneyra o poeta do pobo
pero pouco coñecido
o poeta da terra e o poeta social
silenciado polo poder nestes anos

.
.................. (vigo 12-5-10)
.............. - Manolo Pipas -
.

Camiño de volta aos eidos

(a Uxío Novoneyra)
.
da tua elexia é o tempo
compostela lugo e as campás do courel
camiño de volta aos eidos
.
en silencio acendin un lume por ti
ollando o lume lembrei os teus versos
e na compaña dos meus seguin calado
sentindo como se asaban as castañas
.
lume da morte e lume da vida
e as castañas sabiannos a terra
en silencio sain do silencio
e mañan recitarei versos por ti
.
en lugo o dia da tua non despedida
poucas voces foron capaces
de facer o coro na letania
.
............... Manolo Pipas (11-99)
.

quarta-feira, maio 12, 2010

Queremos galego!

17 de Maio - Manifestación en Compostela!

Saída da Alameda. 11:30 h.
.
.

segunda-feira, maio 10, 2010

Ciclo de cine DICIMOS GALEGO


Todas as proxeccións serán os Martes ás 19:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, e a entrada será de balde.

domingo, maio 09, 2010

Todo vai chegando a min
neste continuo ir e vir de ondas
que me acompaña

chegan as buguinas, as lembranzas,
chegan as arelas e as pedras

tamén as desgrazas

todo vai chegando a min
co devalo da terra,
as amizades devoradas
as mentiras, as xenreiras

todo vai chegando ao meu corpo
dende a mar silandeira,
mentres eu agardo calmo
coa conciencia lixeira

Miguel Ángel Alonso Diz

sábado, maio 08, 2010

Páxinas de suor

.
Unha volta polo teu fogar
amigos, xente que coñeceches
fervenza de lembranzas
sabes que a xente non cambia
¿por qué esta teima logo?

Camiñando polo meu lar
a miña memoria recorda.
Por os dente longos como manía
ou coma hobby.

Desde logo que non debería.

Amósote o chupa-chups
mais logo cómoo eu
ante a expresión de
incredulidade-pena-rabia
do teu rostro.

Levantarse a media noite para tomar mel,
o mel que engurrará a miña enchoupada
gorxa, axudando a esmagar
o fuxido esplendor.


Pervertemos a esgallo
reconstruimos o accidente
e pode ser que a miña decepción esté
enmascarada,
pero non o está a miña rabia.

.
....................... - Fabián Barreiro -
.

terça-feira, maio 04, 2010

Agra

I

Caio sobre a nube de algodón

nunha pradería

dun e doutro raigrass

alimentados polas bondades infinitas

dun millón de pérolas de cores


como nas noites de sábado

que suscitan a recusa unánime

dos que quixeramos crer

que hai luz ao final do silo



II

Cando teñas que dar unha indicación

fala sempre do cruce da Pereira


aló conflúen todas as direccións

e morre o millo

na sementeira directa dun día de choiva


Alberte Momán



domingo, maio 02, 2010

Hospital: A agulla e o palleiro

.
Nin unha alma se move no hospital,
sen folgos berro non quedan moedas,
paredes brancas e brancas sensacións,
bicarbonato de sodio nas veas,
queixume das padiolas finxen tremer,
a agulla e o palleiro,
hoxe bailamos con esa visión.

Entre a vida e a morte estou
e ao chegar á alfándega das mágoas
semento bágoas nese mar de algodón
onde naceran sempiternas pingas
que me fan deitar no límite entre
a agulla e o palleiro,
alugo mistos en espiral maior

Axeitamos á raíña retorta,
xantamos vacinas de xeito sutil.
Asexamos entre os quirófanos.
O viño non é viño,
senon sangue
coagulada.

.
........ - Fabián Barreiro -
.