sexta-feira, abril 30, 2010
caracois de mirada xenreira,
seica sodes pobres de espírito
cegas cunchas baleiras
perdóovos pola vosa escasa conciencia
e polas mentiras vertidas
dende a vosa falsa aparencia.
perdóovos porque non sabedes o que facedes
nin as súas consecuencias
perdóovos porque non desexo ensuciar as cadeas
perdóovos porque o meu corazón
é unha limpa fonte senlleira
perdóovos porque a miña fe
e o perdón sen regras
perdóovos porque no perdón atopo
a felicidade que xa chega…
Miguel Ángel Alonso Diz
campos abandonados
abandonados os muiños e os regos
e a auga desvíase e baixa polas corredoiras
desfacendo o traballo de moitas xeracións
e no solpor tamen baixan
os xabarins entre os soutos e as leiras
desfacendo os ultimos traballos das familias
no medio da corredoira duas crias xogan
e tamen xoga na casa a nena que naceu na aldea
logo de mais de vinte anos sen nacementos
as chozas 24-4-10
Manolo pipas
a pedra e as chozas
casas e muiños / e os muros das leiras
pontes e cruceiros / que che dan o paso
terra do granito / de duros paisanos
pedras lavadeiros / cantas escaleiras
tamen os canastros / coas suas cubertas
casas que se caen / agora se arranxan
o vello granito / que nunca descansa
as chozas e a pedra
antes e agora
camiñan parellas
darredor da casa / vai un empredrado
as vellas sopenas / baixo os nosos pasos
pedra ben feitiña / cadrada sopena
ti ben que nos dabas / unha boa mesa
unha estraña pedra / vai facer un banco
parece un menhir / alguén dixo un falo
estas duas pedras /non son indultadas
que segue o empedrado / darredor da casa
as chozas e a pedra
antes e agora
camiñan parellas
entre unhas silveiras / foron ocupadas
duas boas pedras / por unha lagarta
a toba o reptil / non conservará
estas duas lousas / seguen a empedrar
algunhas visitas / as chozas chegaron
viven na cidade / camiñan pro campo
tolo mes de abril / de sol e poalla
hoxe van uns versos / os corpos descansan
as chozas e a pedra
antes e agora
camiñan parellas
as chozas 24-4-10
Manolo pipas
elegía en la lucha triqui
fue ayer fue en febrero
fue en noviembre
fue en …
cuanta miseria cuanta sangre
cuantos golpeados i muertos
cuantos desaparecidos ?!
que sucede en la region triqui
que pasa en cada uno de sus pueblos
i que hemos perdido ?!
la caravana por copala parada en la sabana
eran hermanas i amigos entre oaxaca e finlandia
i las palabras fueron contestadas por las balas
pero no fueron paradas
triquis yi ni´nanj ni´ïnj
gente de la palabra completa
ay la palabra la palabra
l a p a l a b r a
diego minas
oaxaca 28-4-2010
Manolo pipas
quinta-feira, abril 29, 2010
Este venres 30 de abril estréase nos cines comerciais Odeón-Narón o filme RELATOS, de Mario Iglesias.
Relatos é unha película que fala dunha muller con problemas sociais no ámbito doméstico, que escribe para fuxir da súa propia realidade. É un filme de temática social, centrado no personaxe feminino de Rosario, a protagonista.
Ateneo de Ferrol
quarta-feira, abril 28, 2010
Jazz Standards Collective no UF!
segunda-feira, abril 26, 2010
Con "xe" de "equis"
Arredor de min saen círculos ambiguos,
prometinme ser perfecto e atopeime cun muro
de lama.
O que non sabía era como funcionaba
a complexa maquinaria,
argallando,
roendo,
até que me deixaches sen forzas,
e xa non puiden apodrecer na miña espiral
autodestructivamente alleo, limiar da miña
fiestra, rexeitar a mazá converteuse nun erro.
Debuxo círculos no chan
e por máis que intento cadralos non me atopo
mais que coa impertérrita razón de ser
do noso senso postrado sobre unha cama,
paralítico.
.
............. - Fabián Barreiro -
.
polución no teu cemiterio
na cinza diluída na auga escura do meu floreiro.
Pasa o tempo coma o trafego sanguíneo
de arterias aforcadas en tolemias graxentas
desasistidos miserábeis en crucifixións verdes
nos dominios de grandes corazóns enfermos,
respiracións entrecortadas i exaltadas
cando os teus ollos húmidos perden soño en destellos
e asoman asedios de pipas erectas
sobre das insinuacións marelas nas tebras
de patrias supostas no teu corpo verdescente
porque te venden, porque perdes monte
porque te quero verde mancomunada
porque te busco saudábel entre brétemas sinistras
e non sei se acaso te atopo nun punto cativo
perdido no medio da Ría que agarda
a que moitos en recuperalo perdan a vida;
mais eu sempre te desfruto enferma
e gusto de verte universal rediviva
no meu exceso volcánico de exaculación ideolóxica
porque te quero fodida antes que morta de medo
porque te rego de esperma curado de arrepío
porque cómpre saca-lo terror das tombas
nas que copulamos envelenados co tempo;
porque te alugan en nichos comunitarios
porque a cota láctea non te enche o ventre
porque te tiran en fosas miña amada rubia galega.
Pero medrarán na polución dos cadavres as serpes
coma a semente, miña amada, coma a semente.
O povo é quem mais ordena, no mar e na terra
e tamén no pube da matria nos cemiterios.
E ti, Xuntacadavres, nada sabes destes místeres
mais as tebras chamarán por ti encantadoras
cando encendamo-la utopía no ultraista burato negro
onde amamos ao demo de pirola rabela e cornos alleos.
Os tempos son chegados, querida,
pro meu deleite no teu ventre de inferno.
alfonso láuzara
a beira da casa da horta
alfandega e ribeira /eses populares bairros
as tendas sacan pra rua / as hortalizas do campo
ese vello lavadeiro / esas mulleres descalzas
frotando nos seus tapetes / botando xabron e auga
cantas casas que se caen / co rumor dun vello fado
o vento traerá a chuvia / e os gatos polos telhados
e hai hortas pequeninhas / entre casas e valados
os limons do limoeiro / acidos versos que fago
un barrendeiro inmigrante / de guinea ou cavoverde
barre ecoloxia e lixo / tanta vida que se perde
cantos templos e museos / torres arcos i esculturas
segue fora o meu caminho / que na rua está a cultura
unha ponte outra ponte / o douro chegando ao mar
canta riqueza e pobreza / que parte ou que quere entrar
os rabelos na ribeira / coas suas pipas de vinho
os corpos que van e venhen / ai as veces sen sentido
ese chiar das gaivotas / i esas pombas tan caladas
e as camaras dos turistas / que non captan case nada
lavadores valadares / nomes que me son comuns
bairros da minha cidade / nomes do norte e do sul
cae a chuvia miudinha / nun banco segue deitado
de costas ao rio un home / entre o vinho e o pasado
as escadas do barredo / eses cheiros a comida
e as escadas das verdades / que antes eran das mentiras
alfandega e ribeira / eses populares bairros
segue baixando este douro / con preguntas polo baixo
e regreso minha amiga / volto pra casa da horta
fora seguen as gaivotas / dentro a casa colectiva
alfandega e ribeira o porto 10-09
Manolo pipas
os cravos e a crise
verde do sétimo andar
ándele pois
aquelas portas de portugal
pechadas mal pechadas
ducias e centos de anos
antes do vintecinco de abril
aquelas portas que se abriron
mentres na galiza seguian
outras portas mal pechadas
moitas que se tardaron en abrir
neste filo café da negra sombra
na crise a critica e os cravos
os cravos bermellos da verdade
a memoria a creacion a construccion
as imaxes as palabras e os cantos
esas flores esas plantas e esas árbores
esas arbores e ese bosque de abril
vigo 24 de abril do 2010
este poema coa trova de abril
e as quadras a beira da casa da horta
foi a miña pequena aportacion
esta noite pasada no negra sombra
Manolo pipas
domingo, abril 25, 2010
quarta-feira, abril 21, 2010
HOXE É ONTE
A choiva erguera a súa man
con medo a mollarnos
quizais por iso estaba triste…
A noite chegara máis cedo que de costume
e os seus dentes asemellaban estrelas orfas…
Todo era silencio no silencio…
Hoxe é onte
A lúa durmía fora do cadro
porque xa non quedaba pintura para ela
e eu… estaba canso. Estou canso.
Uns ollos vixiaban dende o norte
sementando gotiñas de luz,
pequena esperanza para o verde froito.
Unha barca espida apalpaba a terra
con húmidas lembranzas de sal e escuma.
E as árbores, moi serias,
estaban fartas de tanto conto
e axitaban teimosamente as súas follas
no intento imposíbel de voar lonxe.
Onte é hoxe..
Todo está creado
incluso antes de que eu o imaxinara.
O ceo xa era cárcere antes de que eu nacera,
e as estrelas morren nunha eterna caída
que nunca chega.
O mar está incompleto
e o seu corpo esvaecese nos recunchos dun marco
luído polo azo esborrallado.
Todo é pasado castrado
nesta comitiva de barcos fúnebres
e ollos aboiados.
Onte é hoxe
Por iso non atopo ríos novos
cos que me arrolar
neste infindo e mudo mundo
Todo é silencio no silencio
Os meus segundos son intres de desacougo
que apreixan a alma debuxada
E eu… estou canso. Estaba canso.
Mans constrúen ondas
que veñen morrer xunto a min
E os paxaros gardan a súa voz
cando intúen o meu corpo.
Nada podo facer para cambiar isto
Nada puiden facer
para cambiar isto.
Hoxe é onte.
Miguel Ángel Alonso Diz
domingo, abril 18, 2010
quinta-feira, abril 15, 2010
TRES POEMAS CON MIGUEL HERNÁNDEZ
vento do pobo ai vento
labrego e pastor amigo
entre romance e soneto
o teu trino
vento do pobo poeta
voz de trigais e olivos
susurro de pan e cebola
o meniño
vento do pobo miguel
co teu traxico camiño
o campo a guerra a prision
sen sentido
vento do pobo poeta
o teu tempo meu amigo
entre poema e cancion
segue vivo
vigo-cangas 11-4-10
ante la vida sereno
ante la vida sereno
y ante la muerte mayor
si me matan bueno
si vivo mejor
yo soy la flor del centeno
que tiembla al viento menor
si me matan bueno
si vivo mejor
aquí estoy vivo y moreno
de mi especie defensor
si me matan bueno
si vivo mejor
traidores me echan veneno
y yo les echo valor
si me matan bueno
si vivo mejor
el corazón traigo lleno
de un alegre resplandor
si me matan bueno
si vivo mejor
miguel hernández
miguel poesía e canción
miguel hernandez naceu hai cen anos
miguel o pastor miguel o republicano poeta
que deixou o campo pola gran cidade
miguel o miliciano que non é o mesmo que soldado
o home que non quixo fuxir e foi de prision en prision
escribindo alguns dos poemas mais libres
autor de libros como el rayo que no cesa viento del pueblo
el hombre acecha e cancionero y romancero de ausencias
e nestes meses se suceden as exposicions os recitais
os concertos e homenaxes á voz de orihuela
o poeta silenciado pola dictadura
lido tantas veces na clandestinidade
que nos anos sesenta e setenta pasou a ser cantado
e o poeta é un dos autores mais musicados
entre distintas voces e acentos do estado español
uruguay argentina chile … cantado entre lorca e neruda
vallejo machado leon felipe nicolás guillén celaya…
e letras dos propios cantores
los juglares sergio aschero e angeles ruibal
adicaronlle un disco completo está despuntando el alba
cos seus tamen poemas completos vientos del pueblo
nanas de la cebolla andaluces de jaen
un carnívoro cuchillo ante la vida sereno
el niño yuntero antes del odio elegía a ramón sijé
tristes guerras y llego con tres heridas
enrique morente grabou homenaje flamenco
a miguel hernandez con sentado sobre los muertos
el niño yuntero nanas de la cebolla el carro de mi fortuna
con la raiz del querer un veneno pa que yo muera
dios te va a mandar un castigo
e tamen andaluces de jaen na voz e de paco ibañez
ausencias y tristes guerras de los lobos
escribeme paloma do uruguayo hector numa moraes
con dos años de luis pastor e las carceles de elisa serna
mis ojos son tus ojos de pedro avila
bocas de ira e el juramento de la alegría de adolfo celdrán
el niño yuntero na voz do chileno victor jara
e tantos outros poemas que se cantan xa como anonimos
miguel hernandez poesía e canción
lariño
vigo 10-4-2010
Son tres achegas do noso amigo e compañeiro Manolo Pipas
quarta-feira, abril 14, 2010
terça-feira, abril 06, 2010
Xa está na rúa o número 37 de “ATENEA” a revista trimestral do ATENEO FERROLÁN
EDITORIAL
BIBLIOTECA - HEMEROTECA
Novidades Biblioteca – Hemeroteca Marzo 2010
XENTES
LETRAS GALEGAS: UXÍO NOVONEYRA
FALAMOS DE ......
MIGUEL HERNÁNDEZ
A NOITE DE SAN XOAN
CASTELAO 60 ANOS DESPOIS. UNHA PEQUENA LEMBRANZA
REAL ACADEMIA GALEGA
ARTIGOS
“Na sombra íntima de Uxío Novoneyra” (1) por Rosa Méndez Fonte
ELISEO FERNANDEZ “CENTENARIO DA CNT”
MANIFESTO ROSALÍA
HURBINEK por ALBERTO SUCASAS (Profesor Filosofía na Universidade da Coruña)
A AUDIENCIA DESOBEDECE E TOMA OS MEDIOS por DAVID FERNANDEZ GARCIA
Unha lección de supervivencia a través da Música de Gaita por Ana Martín García. Licenciada en Xeografía e Historia e en Xornalismo
PROGRAMACIÓN
PROGRAMACIÓN ABRIL – MAIO – XUÑO 2010
MARTES DE CINE
CONVOCATORIA CERTAME MEDIO AMBIENTE
MULLER
“A Guerra dos Corpos” por LUPE CES
O PARNASO
UXÍO NOVONEYRA
MIGUEL HERNÁNDEZ