domingo, agosto 30, 2009

A vacaloura dos meus soños

E foi, denantes de saber
que as roseiras tiñan espiñas...

A vacaloura dos meus soños
voaba, arredor da luz
que cubría o espazo
dunha ollada de neno.

Ninguén, puido nunca
comprender,como croa a ra
mais supuxen que tantas
lúas, farían amolecer
os miolos intelectuais
de todos os Séculos Escuros.

Non serviu de nada...
as bolboretas seguían teimando
en facer a metamorfose inversa
e ocorreu que tanta
vontade, fixo que nacera
o verme louco do carneiro.

Xa non sei que podo entender
entre todas estas roseiras
dánme unha comechón
na pel, que me pode.

Sempre podemos
pechar os ollos e sorrir
como sorría a morte.

Seica, xa
...............non
......................o fai
é filósofa...

Hai que ter moita obstinación
para ollar o propio embigo
e dicir, que é unha espiral
elíptica e transversal...

Xa
......non
.............importa.

Agarra coa man dereita, a soidade
e coa esquerda, a liberdade
e fuxe cara á ningures!
no solsticio de verán
poderás limpar os teus pecados
brincando na fogueira de San Xoán.

rosanegra

3º Premio no XXIII Certame de Poesía FELICIANO ROLÁN
convocado pola Agrupación Cultural Guardesa, agosto 2009.

quarta-feira, agosto 26, 2009

Liliana Celiz

::: Arcas negras.
El estivo aquí, acaba de marchar
millóns de anos antes
reverdecer sanguíneo de desgraza,
en rito de auga morna
último lapis.:::

::: As dez cabezas da fada polo chan,
losqueada
ancorada no recuncho de máquinas,
posta a corda
que non houbo pasto afín que te agarime.:::
Xa nunca máis
os que moíamos azucre
e o devir
do oso e dos desertos
dentes
acharon a súa gorida
e as nosas carnes
pingando ultimamente. :::

www.poesiaceliz.com/

Traducido ao galego por: rosanegra

segunda-feira, agosto 17, 2009

Se cadra, son pequena de máis

Semello unha parasita
alugada na parte externa dos folículos
..................................................ddo seu cabelo
apreixada fortemente e chuchando nel
coma unha carracha teimuda
que permanece inamovíbel
na prezada extensión que a alimenta
succiónoo, igual que o vexetal
absorbe a humidade que lle dá a vida
Enriba súa, síntome unha insaciábel
..................................................chuchona
que adoita pendurarse das súas partes
e aferrarse coma un arácnido parapléxico
incapacitado para saír do microclima
que descubriu no medio das nádegas quentes
Debruzada, permanezo enriba do seu peito
Abrango un mundo de sensacións
e celebro a danza espasmódica dos orgasmos
na lene superficie do meu hospedador
Se cadra, son pequena de máis
e parasito con total impunidade
.........................................no copyright
tatuado entre os seus cadrís
mergúllome cara o fondo
e acomódome coma gasterópodo
adherido aos rochedos do litoral
fumego coma chama acesa
e fico sen cabeza, coa certeza
de ser sexo aberto, á espera...
A lentura posúeme
trócame nunha lagoa
cando me tombo na auga salgada
...........................................do seu pube
Estouro como un foguete en día de festa
ao ritmo que marcan os seus dedos
............................................. na miña pelve
No aquelarre, son cascuda Sherezade
e entrégome obsesa bailando en coiro
...............................................a danza dos sete veos
Chimpando, ás apalpadelas polo seu embigo espido
que bambea igual que un vimbio
no solpor que nos ispe de temores
e aprendo a comprendelo
enleada na súa lingua de amorodo
Aproximadamente son 50000 lambetadas
as que se rexistran na epiderme
.........................................50000 degoiros
expresados na longametraxe do seu corpo
Os debuxos multiformes
invaden este territorio de meu e
................................................avanzo
como un rexemento de formigas
.........................................facéndolle cóxegas
Conexa á miña lingua hai unha boca
....................................................mollada
que agarda enchouparse en min

Se cadra, sometereime
...........................pois convénmeCor do texto


Cruz Martínez

Este poema acadou o segundo premio no XXIII Certame de Poesía.." Feliciano Rolán". Convocado pola Agrupación Cultural Guardesa (A Guarda, agosto 2009)

quarta-feira, agosto 12, 2009

ALEX CAL - banda deseñada

.
un novo artista galego que trunfa no mundo do comic
.

domingo, agosto 09, 2009

Elisabete Pires Monteiro

.

"Medeia e Jasão" - Bebeth (Porto, 2009)

http://www.elisabetepiresmonteiro.blogspot.com/

.

CONTO HIPER-BREVE DA RAINHA DO SOL

Ela conheceu um ser de segurança vindo do céu que lhe prometeu o sol e pronto a fez rainha numa gaiola dourada de feixes para viver sem tempestades, sempre em acalma, mas sucedeu que chegou com sucesso afinal num dia nublado e ela voou livre com o vento que não conhece gaiolas.

- Alfonso Láuzara Martínez -

.

quinta-feira, agosto 06, 2009

XXIII PREMIO DE POESÍA FELICIANO ROLÁN

De esquerda á dereita: Isaura Lago Álvarez, Rosa Martínez (rosanegra), detrás o Alcalde de A Guarda D. José Manuel Domínguez, Cruz Martinez, Presidenta da Agrupación Cultural Dª. Julia Sobrino e Xermán Torres.
Onte 5 de agosto, foron entregados os premios do Certame Poético convocado pola "Agrupación Cultural Guardesa" , patrocinado polo Concello de A GUARDA e subvencionado pola Comisión de Festas do Monte.
Os galardoados foron os seguintes:
1º Premio
Xermán Torres " DE PROFUNDIS"
2º Premio
Cruz Martínez Vilas " SE CADRA SON PEQUENA DE MÁIS"
3º Premio
Rosa Martínez ( rosanegra) " A VACALOURA DOS MEUS SOÑOS"
Accésit
Isaura Lago Álvarez " SUEÑOS"