terça-feira, abril 29, 2008

Caracolas mesoamericanas. Caracola tzeltal


a caracola espiral que avanza
en sentido inverso as agullas do reloxio

as cara caracolas tzeltales como os corazons do mar
desde o principio ao fin desde o fin ao principio

nos grabados e pinturas dos pobos mesoamericanos
das bocas saen caracolas que representan a palabra

encantada caracola aquí no medio da selva
a comunidade é chamada a tempo de asamblea


.... bolon ajaw chiapas 3-08
...... - Manolo Pipas -

quinta-feira, abril 24, 2008

A COPE QUERE AMORDAZAR O GALEGO

O mércores 23, ás 20:00h na rúa Príncipe de Vigo houbo unha concentración por mor das últimas actitudes belixerantes que a nosa lingua vén de sufrir por parte de Radio Popular, S.A. ( propietaria da Cadena Cope, a emisora retrógrada da Conferencia Episcopal).
"A Cope quere amordazar a nosa lingua. Non llo imos permitir"
Con este acto quíxose manifestar un claro rexeitamento contra a política de agresión ao galego practicada por este grupo mediático.

Esta manifestación fíxose nas sete cidades galegas: Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
rosanegra e Cruz Martínez

quarta-feira, abril 23, 2008

GOLFO


Algún desalmad@ secuestrou a Golfo. Se alguén coñece o seu paradoiro chame aos seguintes teléfonos: 986 127 777, 670 500 555.
Volve pronto ao fogar, agardámoste!!!.

NOVE MINUTOS...(EUXA CENTRO XERONTOLÓXICO)

A onde van os nosos vellos? Onde?...
Fican amoreados entre paredes de materialismo. 2000 euros por cabeza.
O director apura, quere efectividade e explota o persoal ao máximo... aquí, aló, acolá...en nove minutos aseados, vestidos e peiteados... o tempo é moi importante, nove minutos atordan os oídos.
Un aloumiño, unhas palabras de agarimo non son posíbeis. A humanidade pérdese polo camiño.
NOVE MINUTOS!! as subordinadas queiman as mans nas tarefas diarias. A dirección quere máis cartos.

+ é = a - ( menos empregadas)

NOVE MINUTOS...

Queremos denunciar a explotación que recibe o persoal dos Centros Xeriátricos. Que é escravizado por un salario base e obrigado a traballar en condicións de estrés. Todo isto repercute nunha carencia de tempo que converte o traballador nun autómata.

Directiv@s pensen máis na calidade de vida dos nosos avós e menos nos cartos que meten no peto.

rosanegra e Cruz Martínez

quarta-feira, abril 16, 2008

Anceios de laicidade

Hai moito tempo que foi crucificado
Xesús Cristo alias "o teso".
Arestora tocoume a min colgalo,
velaí colga-fácil na cor do ceo.
Cousas... da vella. Que crus!
.................. Suc. Afonso trece

segunda-feira, abril 14, 2008

Partes de ti

Non é tan só soidade
é unha parte de ti
aloumiñada polo tempo...
rosanegra

sábado, abril 12, 2008

POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO

Manifestación para o día 18 de maio.
Toda a información neste vídeo.


http://youtube.com/watch?v=fxZYdUWhMPg


A PORTA VERDE DO SÉTIMO ANDAR
TAMÉN LOITA POLA REALIDADE DUNHA GALIZA EN GALEGO.

sexta-feira, abril 11, 2008

sábado, abril 05, 2008

Da porta verde dun 7º andar...

na auga gardo
canto compartimos
coas mans no propio corpo
e nos beizos
unha palabra de protesta
na auga hai máis que o cheiro
dos nosos sexos
mitigado pola fragancia
dun xel de ducha
nela fixemos unha
revolución
lavándonos de espantos

Alberte Momán

quinta-feira, abril 03, 2008

Polbo á feira










Muller do luar sinistro
prolifero quenturas
inquedo, cando te vexo
pois lanzas olladas pirómanas
cando me fitas tan preto.
Muller que me bicas a ialma
cando me bicas, invocas desenfreno
cos teus beizos de fogo,
e ofrécesme un ceo de altura
co teu luar pequecho no peito.
Muller que galoupas acompasado
dacabalo do meu puro nervio
e medras oblicua, tersa
muller miúda e sen lindes
percutes entre os meus brazos
inmensa ...... espida
na procura do sétimo ceo
onde me levas con tremores de vertixe.
Peitete-cereixa ollando firme
darriba-abaixo, dabaixo-arriba.
Feitizo do luar que palpita
na esquerda do peito novo e feble,
arde na neve o luar-no-leite
atrapado polo meu bico épico
fundido, pulverizado, fervente
no xenuino luar do teu peito.
Móveste na miña cazola de cobre
picante e salgada, Barbantesa,
coma o polbo á feira.
.
Alfonso Láuzara

terça-feira, abril 01, 2008

Na porta verde dun 7º andar...

Nunca se sabe!

Luís Viñas

- NUNCA SE SABE -

Non quixera coma fado sorprenderte
no intre da nostalxia da idade
porque iso non vai na sintonía
da túa fresca mocidade.
..... Propoño
ficar na serenidade nocturna de lus e pedra
que ofrece un bo rincón no lugar entrañábel de A Guía.
Ficar alí coma dúas figuras de pedra
nese xogo de luces e sombras
porque en lugares coma este,
o tempo pasa lentamente, e mesmo semella deterse.
.
Acaso teño ollos de pedra, acaso
respiro na santa compaña dunha fermosa
estatua de muller ben xeitosa.
Vexo nos teus ollos a doce mirada escura da noite estrelecida.
A noite é xove. Quero desfrutar do momento e gosto
dese estraño sabor do silencio nos teus beizos.
Quero chimpar un bico á ría
mais un orballo de verbas vai tecendo a noite que nos quenta./
¿Maxinacións? ...... Nunca se sabe.

......................... Alfonso Láuzara