Aquel acordeón non era un acordeón calquera, tiña personalidade propia.
Cando Diosiño o tocaba o instrumento cantaba. Semellaba que relucía
a cor vermella dos laterais, cando o fol estirado formaba un sorriso.
Logo comprimíase, resaltando os botóns prateados máis as teclas,
compoñendo e pintando bagoas que esvaraban pola melancolía e
reflectían un sentimento de tristura que conxuntaba, preparando
os anceios de chorar.
Pero un día, perdeu a súa alma. Ocorreu que o fillo do cacique do pobo,
Manuel,como tiña unha orquestra decidíu comprarlle o acordeón a Diosiño.
Quería ser tan famoso coma el, ser un virtuoso acordeonista, coñecido pola súa mestría.
E conseguíuno e tal foi a súa felicidade, que fixo unha grandiosa publicidade sobre o suceso, ¡ o novo Diosiño!. Mais o instrumento de vento xa non era o mesmo. Xa non ría coma antes nas mans perfectamente confabuladas coa melodía, xa non choraba aquelas notas que voaban polo ar.
Ben pouco durou o propósito do “Novo Diosiño”, un ano ou poida que dous. Pronto chocou coa súa propia incapacidade e aburrido, rematou disolvendo a orquestra.
O instrumento musical quedou so, collendo po nun curruncho ou nun armario.
Morreu esquecido, suspirando por aqueles tempos nos que unhas
mans xeniais premían e movían as notas que saían do seu interior facendoo vibrar.
rosanegra