sábado, setembro 23, 2006

8000 visitas!!

Aportaverde
Foto tirada por Elvira Riveiro, hai un ano en Combarro (Poio)
coa ausencia de Alberte, e pouco antes da celebrada chegada
do compañeiro Abilio ao grupo



Á esquerda, parte do grupo no noso fogar bohemio,
o Café Lenda Moura (Vigo).
Á dereita, noutro fogar bohemio,
O Lar da Zoe, tamén en Vigo (zona vella)
.
.
A PORTA VERDE
queremos compartir
con todo o mundo mundial
a fonda ledicia e satisfacción
de ter alcanzado xa as 8000 visitas
neste noso (e voso) blog,
con procedencias de case todo o mundo
e unha forte presencia de Brasil e Portugal.
Moitas grazas
amig@s, colaboradores/as e visitantes!
A Porta sempre está aberta!
Pasade sen chamar!
e-mail: aportaverde@gmail.com

quinta-feira, setembro 21, 2006

Cruz Martínez


Título da foto: Metal


Extingo dunha incisión perfecta
a verba que se abate como unha sombra
.................................................no pensamento
e observo como unha acaecida demencia
afoga no interior dun líquido amniótico
Neste caso o concepto é unha liña
.......................................perpendicular
apegada na base do subconsciente
Non sei canto, mais este naufraxio
foi cómplice da alienación
e coido que ás veces é preciso
engancharse, gabear na aparente
....................tranquilidade estupefaciente

Terceiro premio "Eduardo Chao" (Vigo)

OSMOSE


V

As estrelas sorrín na noite escura e plena do bienio final,
a nena famélica dorme na pequena cadeira de brazos do antonte.
Son un ensaio nunha probeta eternizada, sinto que coma

un grande edificio estou estruturada pola nada.
Os meus cimentos non teñen suficiente base para soportar
un sismo que remova todo o meu interior.
Xa que estou edificada na presa dos tempos perdidos,
o equilibrio osmótico entre o ser e o non ser
non segue as regras formais. O ácido–base revélase
por pintar esquemas piramidais, son unha obra
a punto de derrubarse para crear un caos
de tixolos terreños que lindan invisibles
na terminal do meu terceto. Son unha vivenda
alicerzada na inseguridade e melancolía
de centos de anos imperecedoiros e nostálxicos.


Son OSMOSE... o equilibrio osmótico

entre o mundo onírico e o mundo real.

rosanegra

terça-feira, setembro 19, 2006

as comunidades

fio a fio
as compas entrelazan
e nacen
eses lindos textiles

e como os fios
os escuros e longos cabelos
tamen se entrelazan
e van nacendo as trenzas



unha
longa trenza

unha soa
ou duas trenzas

e as veces
entrelazadas con fitas

pero este pais das nubes
segue mal trenzado



lembro
os chiquitos versos
de ángel gonzález
na voz de pedro guerra

como llevaba trenza
la llamabamos trencita
como llevaba trensa
la llamabamos trensita



esta segunda noite
funme dormindo
pensando na musica
da lingua ayuk
e soñando con longas melenas
e amplios e morenos sorrisos
rodeado de sacos de cafe
logo de tomar a sabrosa infusion
quen dixera
que o cafe saca o sono
que o cafe saca o sono


Manolo Pipas
(de "Viaxe ao país das nubes")

domingo, setembro 17, 2006

Mahmud Darwish (poeta palestino)







A RAPAZA / O BERRO

Na praia hai unha rapaza, a rapaza ten familia
E a familia unha casa.
A casa ten dúas xanelas e unha porta...
No mar, un acoirazado divírtese cazando aos que camiñan
Pola praia: catro, cinco, sete
Caen sobre a area. A rapaza sálvase por pouco,
Grazas a unha man de néboa,
Unha man non divina que lle axuda. Berra: Pai!
Pai! Érguete, regresemos: o mar non é coma nós.
O pai, amortallado sobre a súa sombra, a mercé do invisíbel,
Non responde.
Sangue nas palmeiras, sangue nas nubes.
Lévaa en volantas a voz máis alta e máis lonxe
Da praia. Berra na noite deserta.
Non hai eco no eco.
Converte o berro eterno en noticia
Rápida que deixa de ser noticia cando
Os avións regresan para bombardear unha casa
Con dúas xanelas e unha porta.

Ramala, agosto do 2006.

Mahmud Darwish

(detalle de Javi Rai)

sexta-feira, setembro 15, 2006

O barco pantasma

Navega ondeando mansamente...

rosanegra

quinta-feira, setembro 14, 2006

Haris Alexiou (música grega)





Os meus estraños


Os meus estraños máis estraños
son os que viven ao meu carón.
Ólloos, tócoos, fálolles,
ábrolles o meu corazón.

Mais cada un viaxa só
dentro da súa alma descoñecida.
Cada un na súa terra estraña
loita pola súa vida.

Os meus estraños
son os meus seres queridos.

A miña xente vive lonxe
e ama de lonxe.
Así medran o corazón e o mundo
e lémbrannos ónde imos.

Cada un viaxa só
e a alma irmá procura
i entre os cristais rotos do corazón
esculpe a súa verdade.

Os meus estraños,
os lugares do meu corazón.

........................ Haroula
(detalle de Javi Rai)

terça-feira, setembro 12, 2006

Diego de Giráldez e a súa realidade


O pintor no seu espazo "Realismo NAS"...
O descanso do creador...
Na súa terra da Cañiza o autor acada
unha visión máis auténtica da vida.

Cruz Martínez

domingo, setembro 10, 2006

Filo-Café de O Porto (Portugal)

Vista de O Porto e río Douro


A Incomunidade abriu as inscrições para o próximo filo-café
a realizar no Porto, o dia 23 de Setembro.

Todas as informações, aqui:
http://incomunidade.blogspot.com/2006/09/filo-caf-inscries-abertas.html

O Prazo de recepção de inscrições termina a 20 de Setembro.
- Alberto Augusto Miranda -
http://incomunidade.blogspot.com
Tm: (00351) 965817337

sexta-feira, setembro 08, 2006

POUSA, POUSA

Fun á taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire, ........ (bis)
e como é cousa de encantamento,
fun polo aire e vin polo vento.

E pousa, pousa, pousa,
e non me toques naquela cousa, .... [estribillo]
e pousa, pousa axiña, ....................... (bis)
e non me toques naquela cousiña.

Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas viñas. .... (bis)
Iso é verdade i eu non o nego
que eu andiven na noite co crego.

[estribillo] ... (bis)

Cando me case, xa teño un galo,
xa miña nai non me ten que dalo. ..... (bis)
Cando me case, xa teño un polo,
xa miña nai non me ten que dar todo.

[estribillo] ... (bis)

Á miña casa non quero que veñas,
sempre me fodes e nunca me preñas.
E pousa, pousa ,pousa,
e non me toques naquela cousa...
.
(canción popular galega)

............... *** *** ***
O galego cando canta
se non está fodido, pouco lle falta.
..................... (tíoTeis)

quarta-feira, setembro 06, 2006

A torre de Belém (Portugal)


A torre de Belém, situada na desembocadura do río Tejo, no barrio de Belém ao sur-oeste de Lisboa, é obra de Francisco de Arruda e constitúe un dos exemplos máis representativos da arquitectura manuelina. No pasado serviu como centro de recadación de impostos para poder entrar á cidade de Lisboa. É un pequeno fortín de aire medieval, aínda que se empezou a construír en 1514, para protexer o porto de Restelo, formando parte da liña de fortificacións que ordenou edificar Manuel I para a defensa da costa portuguesa dende Cascais ata Lisboa.

segunda-feira, setembro 04, 2006

as comunidades

el maiz da identidad
y es nuestro faro
el maiz compañero
de destino


a miña pequena
mochila verdinegra
logo de varios dias
ainda cheira
a fume de comal
e tortillas


de puro ocre os camiños
ocres as casas de adove
ocres ollos dos meniños

soños ocres dos plantons
ocre pasado e futuro
ocres ocres corazons


as casas de adove
son quentes no inverno
e frescas no veran
as casas de adove
forman parte da paisaxe
son ocres como a terra


mentres cavamos a terra
con mauro falo
dos cultivos de oaxaca
e da sierra juarez

aqui no crecen
naranjos i aguacates
porque la tierra de abajo
está triste


(de Viaxe ao país das nubes
- Manolo Pipas -)

sábado, setembro 02, 2006

OSMOSE



IV

Hai uns ollos perdidos no espazo nas noites pechas,
unha ou varias faces que vixían na espazosa nocturnidade.
Ollos que fitan nos soños de Uxía, a perseguen quizais
dende o inconsciente da nostalxia e a atrapan no círculo
fechado da indixesta e corroída era primaria.
Se cadra sexan pantasmas reais bañadas do medo
do existencialismo.
Mirando a escuridade e paseando polo corredor da nada,
cómpre debuxar o abismo infernal que se prolonga
nunha espiral oblicua e ancestral, e observando
o plenilunio do homo apagar, o tempo sinala o incesto
ou o ceo caído no inferno. Fixando a vista na anatomía
dormida nas sabas dunha noite xa esquecida,
dende a ponte ergueita do río renace UXÍA
que soña e ...soña na caída estudada da suspensión mental.
Só a pantasma chea de sombra pode coñecer a enigmática
visión onírica de Uxía, só unha pantasma...
e esa alegórica presenza son eu...
As horas esvaran polas paredes da habitación
coma pequenas pingas de suor, e semella que tales paredes
teñen vida propia nun mundo inventado pola imaxinación.
E pronto sucede, pronto... un berro rompe o ar ... un berro....
Non pode ser, - ¿quen está aí, quen?... e esperto do pesadelo
inconsciente e respiro entrecortadamente, polo medo
e a impotencia, foi outra ilusión a que espiaba dende
a estrada da pescuda L–128. O corazón palpita
tan rapidamente que case sae do peito, pero pronto
entro na realidade e volto a estar tranquila e somnolenta,
polo que no derradeiro expiro expulsado da secuencia
torno a durmir sen máis. Non son Uxía, son a aurora
baseada en pentosas e secuencias nitroxenadas do ADN
sísmico que me atormenta.
E a noite prosegue sen máis coma tantas e tantas veces,
un corpo dorme e unha mente examina os recunchos
escondidos pola néboa.

rosanegra

quinta-feira, agosto 31, 2006

O cadelo

Era unha noite de verán no Algarve


e aqueles ollos tristes observaban...


A imaxe do seu corpo parecía filtrarse


nas frías pedras da rúa.


Cruz Martínez





quarta-feira, agosto 30, 2006

Feira Franca de Pontevedra



Este finde chega unha nova edición da xa popular
Feira Franca de Pontevedra boa vila.
Unha boa ocasión para comer, beber e disfrutar noutro tempo.
Unha cita interesante. Pasádeo ben!

segunda-feira, agosto 28, 2006

O pasado nas horas

sine die
sine qua non
sen máis que esa ausencia
................................ de horas
senza il frattempo
sen o agora
despois
sempre
nunca
o momento pon a pel de galiña


Alberte Momán
(Premio Rosalía de Castro de Cornellà)

sábado, agosto 26, 2006

Aínda son unha amante inconsútil

A Liña vermella
suspendida na atmosfera
abrangue o silencio que nos
suicida contra os marcos das portas
............................................. pechadas
...............................................sen saída
Este é un longo instante
de sinais enmudecidas
finadas pola vinganza do
................................ tempo
Atopo espirais amarelas
xelatinosas, de sabor agridoce
que amosan a inexactitude
da extensión das nostálxicas
páxinas, que conviven
no cerebro encheito
de obsesivas cadencias
.........................poderosas
Agazapada entre as rúas de pedra
unha escura toupa acada
a visión perdida e
.........séntase no sumidoiro a chorar

Cruz Martínez

Terceiro premio no certame "Eduardo Chao" (Vigo)

Harpa do prazer e da renúncia

Cântico agrário

Sim, cavador, irmão e camarada:
Pela alegria hercúlea com que doiras
De sol, pelo teu braço, essas espigas loiras,
Entre o rubor de um cântico de foices,
Ao romper da alvorada;

_Pelo suor e lágrimas que dás
Ao grande ventre grávido das messes,
Ao acordar do riso das manhãs;

Pelas horas de dor em que envelheces
Para que o gesto audaz da tua mão
Possa dar a alegria de mais pão;

_Pela ternura que lhe dás e a amas,
A dorida ternura com que a chamas
Ao coração que tens, essa ternura
Que é a tua redenção e sepultura;

_Pela poesia azul com que a embelezas
Entre canções de pássaros e frondes
E bandeiras vermelhas de papoilas
Que dão a cor da tua revolução
Que dão a cor do ardor das tuas rezas;

_Pelo amor que lhe entregas, camarada,
Com que a fecundas, como virgem nua,
No mais amável jeito duma enxada,
Sim, cavador, irmão e camarada,
A terra é tua!

A. Garibáldi


Do livro "Voz Insubmissa" (Braga, 2002)

quinta-feira, agosto 24, 2006

O CEMITERIO DO IMPERIO ROMANO II





Escavando na nosa historia, o traballo é lento pero progresivo.
Na cidade Olívica segue a busca do noso historial colectivo.

rosanegra

quarta-feira, agosto 23, 2006

Sementeira (canción popular)

Sementar, sementarei
loguiño de clarear .......
(Estribillo)
en tanto no pobo medren
un neniño, un vello e un cantar.

Un neniño rebuldeiro
que fale na lingua nai,
que suba aos prexigueiros
a froita verde a roubar.

(Estribillo)

Un vello que dea consellos,
un rostro de fume e pan,
que conte contos aos nenos
do cuco e do paspallás.

(Estribillo)

Un cantar de redención,
un vello e novo cantar,
que troque a desolación
nun limpo e claro alborear.

(Estribillo)

Logo, deixaime morrer
entre dous regos queimado
cando veñan os solpores
dos homes esfameados.


(Estribillo)

Letra: Lois Álvarez Pousa
(canción moi popularizada polo grupo galego
Fuxan os ventos - 1978)

segunda-feira, agosto 21, 2006

Haris Alexiou (música grega)


O sol sempre vai brillar


.
.
Poño en marcha a miña moto
ireime outra volta, sabido todo.
Descubro unha verdade máis:
non me chega xa o pouco de dentro.

Saio da cidade, estradas abertas,
imos ver outra volta qué xurde.
Estendo a miña alma,
no bolso levo unicamente
un pouco de luz e auga para o camiño.

E ao irme lonxe sei
que o sol sempre vai saír
sen importarlle se o consigo
ou se virás ao meu encontro.

Non teño aínda preocupacións,
non teño solucións, todo está en suspenso.
Descubro unha verdade máis:
o amor non segue pautas.

A estrada descorre e estás fronte a min
o meu corazón cruza novas pontes
na procura dunha fronteira para abrirse á luz
as nosas pegadas perderanse de todas maneiras.

................................... Haroula
(detalle de Javi Rai)

sábado, agosto 19, 2006

Viaxe ao país das nubes

vou pra terra da memoria
vou pra milpa da malinche
cantos sorrisos que nacen
cantas bocas sobreviven

tantas loitas van no día
tantos soños trae a noite
alvoradas e solpores
breves son pero xa volven

non esperes a esperanza
non hai tope pra utopia
duas mans e un corazon
e bo tequio dia a dia

vigo-paris-mexico 17-1-06


as comunidades

el maiz da identidad
y es nuestro faro
el maiz compañero
de destino



........................................ Manolo Pipas

quinta-feira, agosto 17, 2006

Día da Galiza Mártir



Na madrugada do 17 de agosto, nos derradeiros minutos da súa vida, Alexandre Bóveda fixo o deseño da súa lápida
(fonte: "Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda", X. Álvarez Gallego, Ediciones "Nós", Bos Aires, 1972)

Castelao dixo que Bóveda non morreu definitivamente xa que nós non enterramos cadáveres, enterramos semente de mártires e de galeguistas.

Pola Memoria Histórica!

terça-feira, agosto 15, 2006

domingo, agosto 13, 2006

Poesía para expresar o amor en feminino

O venres 4 de agosto, no café "Lenda Moura". Fíxose a presentación do libro " Amor en feminino", unha recopilación antolóxica de poetas galegas de Maximino Cacheiro Varela. Cruz Martínez e rosanegra representaron "A Porta Verde do Sétimo Andar" colaborando no acto.

Na fotografía: Maximino Cacheiro con Maricarmen Nieto e Marisa Martín.


De esquerda a dereita: Cruz Martínez, Maika Álvarez ( instrumentista da zanfoña) e rosanegra.

Entre os asistentes estaba o pintor Diego de Giráldez, colaborador de A Porta Verde.

Fotos: Atlántico Diario, 13 de agosto 2006

A Cuba (canción)

Se eu a Cuba lle cantara,
se lle cantara unha canción
tería que ser un son,
un son revolucionario,
pé con pé, man con man,
corazón a corazón,
corazón a corazón.
Pé con pé, man con man,
coma se lle fala a un irmán.
Se me queres, aquí estou,
qué máis che podo ofrecer,
senón continuar o teu exemplo,
comandante compañeiro,
viva a túa revolución.

Se queres coñecer a Martí e a Fidel
a Cuba, a Cuba, a Cuba irei,
se queres coñecer os camiños do Che,
a Cuba, a Cuba, a Cuba irei,
se queres tomar ron pero sen Coca Cola,
a Cuba, a Cuba, a Cuba irei,
se queres traballar á cana de azucre,
a Cuba, a Cuba, a Cuba irei,
nun barquiño vaise o vaivén.

Se eu a Cuba lle cantara,
se lle cantara unha canción
tería que ser un son,
un son revolucionario,
pé con pé, man con man,
corazón a corazón.
Coma eu non toco o son
mais toco a guitarra
que está xusto na batalla
da nosa revolución
será o mesmo que o son
que fixo bailar aos gringos,
mais non somos guaxiros
a nosa serra é a elección.

(1969) Víctor Jara
(versión galega de Alfonso Láuzara)

quinta-feira, agosto 10, 2006

Luar no peito





Muller do luar sinistro
prolifero quenturas
inquedo, cando te vexo
pois lanzas olladas pirómanas
cando me fitas tan preto.
Muller que me bicas a ialma
cando me bicas, invocas desenfreno
cos teus beizos de fogo,
e ofrécesme un ceo de altura
co teu luar pequecho no peito.
Muller que galoupas acompasado
dacabalo do meu puro nervio
e medras oblicua, tersa
muller miúda e sen lindes
percutes entre os meus brazos
inmensa ....... espida
na procura do sétimo ceo
onde me levas con tremores de vertixe.
Peitete-cereixa ollando firme
darriba-abaixo, dabaixo-arriba.
Feitizo do luar que palpita
na esquerda do peito novo e feble,
arde na neve o luar-no-leite
atrapado polo meu bico épico
fundido, pulverizado, fervente
no xenuino luar do teu peito.
Móveste na miña cazola de cobre
picante e salgada, Barbantesa,
coma o polbo á feira.

Alfonso Láuzara

LUME FORESTAL NUNCA MÁIS!!

Galiza é vítima estes días dun ataque terrorista
perfeitamente organizado, ruín, brutal e desleigado!
A quen beneficia e a quen perxudica?
Que escuros intereses hai detrás?
Quen son estes terroristas sen rostro?
Esiximos xustiza e implacábel represión penal!

- Sc. Afonso trece -

Inferno de covardes

terça-feira, agosto 08, 2006

OSMOSE


III


Miles de bolboretas negras voan no ar denso e irrespirable,
o seu contido parece unha nube de po electromagnética
que atrae sen remedio nin sentido. Ninguén pode escapar
das redes das fermosas papilio macaón, voan e voan...
inquedas e nerviosas por todo o seu radio de expansión.
Teñen grandes ollos espirais e azuis inseridos nunha
cabeza triangular, as patiñas provistas de pequenas poutas
suxeitan todo o que poden comprobar quimicamente,
as súas ás brillan con reflexos prateados e dourados
nun fondo gris semellante ó universo.Necesitan glucosa
urxentemente e búscana en todo ser vivo que apareza
no seu espazo, xa que, ó non poder encontrar o seu elixir
sería a morte irremediable. Voan e voan... e tan pronto
como te atopen tocarán os sinos da fin, deixarán de voar
e a unha velocidade estrepitosa arremeterán sen piedade...
e logo, coa súa espiritrompa succionarán o teu sangue
baldeirándote pouco a pouco do líquido vital, debes
fuxir agora... poida que sexa demasiado tarde e esmorezas
coma folla caída en outono.
Olla ó teu redor e comproba o que che digo, se non é así,

pois mellor para ti xa que non te atacarán millares de
apollo parnassius negras senón que serán mortas
polo inverno glacial. Pero... onde hai glucosa sempre
haberá unha delas agardándote, a necesidade obriga
a inventiva que espreita nos currunchos do lado escuro
ou quizais o luscofusco neandertal. As bolboretas
son os cristais rotos do espello do gran salón escondido,
que existe no inconsciente do ser durmido, que nunca
visitas por temor a quedar encadeado. Afástate mentres
poidas dicho un amigo, que escribiu esta carta
e introduciuna nesta botella, para que chegue a ti,
logo de que navegue polos mares e os ríos perdidos.

rosanegra




segunda-feira, agosto 07, 2006

Viaxe ao país das nubes

Atención, boa nova! O noso querido compañeiro e amigo Manolo Pipas xa ten o seu tan agardado novo libro na rúa. Promete interesante!

CONTRAPORTADA:

de pura arcilla os camiños

el color de la madre tierra

puros soños dos meniños

.

mil estrelas sobre o planton

mil petates mil cobijas

mil abertos corazons

.

"o libro das miñas experiencias por oaxaca
xa esta na rua pues
poemas fotos do autor
un chingo de frases d@s amig@s desmadrados
e ilustracions de pedro i eva" (o autor)
.
PRESENTACIÓN
Venres, 11 de Xullo ás 21:30 h.
na Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3 Vigo)
Parabéns Manolo!

domingo, agosto 06, 2006

Cruz Martínez

Os zapatos de taco alto apertan moito
así a todo, axusto aínda máis
os meus pés de moneca e pego un
.................................................pincho
os brincos deixan pegadas nos instantes
.........................que xorden intempestivos
As tépedas néboas dormen
no colo da chambra de veludo azul

Terceiro premio "Eduardo Chao", 2006

sábado, agosto 05, 2006

O MOTORISTA

Isto é vida meus amighos!!!
rosanegra

quinta-feira, agosto 03, 2006

Agosto

Agosto.
Contrapoñentes
de melocotón e azucre,
e o sol dentro da tarde,
coma o óso nunha froita.

A mazaroca garda intacta
a súa risa amarela e dura.

... Agosto.
Os rapaces comen
pan moreno e rica lúa.

Rafael Alberti
(versión galega de Alfonso Láuzara)

terça-feira, agosto 01, 2006

O alecrín



Alecrín, alecrín dourado,

que naceu no monte sen ser semiado.

Ai, amor, amor!

quen che dixo a ti

que a fror do toxo era o alecrín?

Alecrín, alecrín dourado,

que naceu no monte sen ser semiado.

Ai, amor, amor!

quen che dixo a ti

que a fror do toxo chamábase así?

(canción popular galega)

domingo, julho 30, 2006

VI Ediçom do Festival da Terra e da Língua ( Narom)

Houve um debate para reivindicar a dignidade da nossa cultura e a nossa razom de ser.

Recital de poesia


Sábado 29 de Julho
Moinho do Pedroso em NAROM




De esquerda a dereita as poetas: María Lado, Cruz Martínez, Ledicia Costas, Antía Otero, Elvira Riveiro Tobío rosanegra e Miguel Vento da Fundaçom Artábria.

Terra e língua, o moinho do Pedroso foi por uns dias o espaço no que a diversidade, a solidariedade, a história, a poesia e por cima de todo o GALEGO.

Fotografías: rosanegra e Cruz Martínez

quinta-feira, julho 27, 2006

GALIZA nación

Concentras tanta fermosura nos ollos...
Ceibas tanta beleza na túa mirada...
E ás veces semella
que non tes ollos na cara.
Cega semella ............................... Gz
tan bonita mirada.
Todo alumeas cando espertas
mais non te enteiras de nada.
O mundo morre e ti NON saes dun soño.
Por que non? Galiza, terra do soño longo.

Alfonso Láuzara

terça-feira, julho 25, 2006

DÍA DA PATRIA GALEGA



25 de Xullo

Día da Patria Galega

Galiza, nación. Autodeterminación!

.

Saúde e terra á Nazón de Breogán!

domingo, julho 23, 2006

Oscar Pereiro no Tour de France

Magnífica actuación do ciclista galego de Mos (Pontevedra) no Tour de Francia. Tras unha carreira épica, protagoniza a maior xesta do ciclismo galego, conseguindo o segundo posto no podio final a menos dun minuto do gañador do Tour. Enhoraboa Campión!

7000 visitas!!

A PORTA VERDE
(ao completo, de esquerda a dereita)
Rosanegra, Cruz Martínez, Alberte Momán,
Abilio Rodríguez, Alfonso Láuzara e Luís Viñas

no Café Lenda Moura (Vigo)
compartimos
despois dun ano de poesía,
a fonda ledicia e satisfacción
de ter alcanzado xa as 7000 visitas
neste noso (e voso) blog,

con procedencias de case todo o mundo.
Moitas grazas
amig@s, colaboradores/as e visitantes!
A Porta sempre está aberta!
Pasade sen chamar!

sábado, julho 22, 2006

Rosa do deserto

“Rosa do deserto, atopar querías con que ferirnos, máis, coma o segredo que vai ceibarse, inclinábaste i era fermosa a orde que aceptaches dar i era o sorriso coma unha espada alerta. O ascenso do teu ceo animaba o universo, da túa espiña arrincábase o designio do camiño, o noso pulo insinuábase espido a posuírche, era doado o mundo, un simple latexo.”

Yorgos Seferis
(detalle de Javi Rai)

quinta-feira, julho 20, 2006

OSMOSE

II


Non sei, pero vexo nun gran deserto unha árbore caída.
Na cal grandes vermes fan dela o seu fogar; paseo pola
area que arde e me queima os pés. Un anano sae ó meu
encontro e logo de saudar ensina os seus dentes e ollos
vermellos coma o sangue. Non dá tempo a escapar,
mordeume o brazo que chorrea pingas negras de
carburo ou poida que outro combustible similar; o
anano sae correndo e intento curar a ferida aberta
que semella un río. O sol abrasador reflicte no meu
pelo roibo e a miña pel demasiado branca non
aguanta os raios ultravioleta, no meu delirio escoito
unha voz de muller que berra o meu nome,- ¡Mariooo...
Maariioooo!; a ilusión fai tolear unha mente xa cansa.
Pero, o peor de todo e que volta o pequeno sádico seguido
de moitos máis da tribo; érgome e corro sen mirar atrás,
sen darme conta que tras de min deixo un camiño negro.
Cando esgotado paro a respirar... decátome que estou só
nun gran deserto dunha habitación.

rosanegra



terça-feira, julho 18, 2006

Xogo ruín

Aquil neno
........... Pincháballe os ollos
ós páxaros;
e gustáballe ver saír
esa gotiña

de ar e de lus,
ise rocío limpo
de mañanciñas frescas.

Logo botávaos
........... a voar
e reíase de velos

toupar contra o valado
da súa casa,
con un ruido
............. moi triste.

Creceu e foi de aqueles.

Luís Pimentel


- Memoria histórica e dignidade -
18-07-1936

segunda-feira, julho 17, 2006

Cruz Martínez

Às vezes temo a metamorfose
O brilho da moeda que nos arrasta ao presumível
domínio dum filho da puta por um mísero
...............................................................salário
Hoje toca-me dupla representação, os espectadores
.......................................................esperam ocorrências
Amanhã oscila entre preguiça e apatia
Ressona um despertador na mente como
........................................................um maço
Almanaques pirómanos de sonhos
delineiam maioritariamente a preto os dias

É tarde
Os semáforos sabem-no e fodem
mudando o verde permissível
por um vermelho que paralisa
Toca o sino, já está na hora
Mais uma vez a contenda de
.............................pontualidades e
..............................................atrasos
da diária jornada de perfeita proletária
.......................De cancelados direitos e
.............................de um montão de obrigações
Amanhã alcançarás o teu prémio
.......................subir ao céu dos idiotas
Mas esta certeza não é suficiente
..............................A fé perde adictos
Os comícios não convencem
As promessas tornam-se contos de fadas
...................................e levas um corvo no bico


3º prémio no Concurso literário e Artístico da AALF, 2003 (Freamunde, Portugal)

sábado, julho 15, 2006

O pasado nas horas

aló onde todo se reflicte
esvarando sobre si mesmo
e berrando
un poema


Alberte Momán
(Premio Rosalía de Castro de Cornellà)

terça-feira, julho 11, 2006

domingo, julho 09, 2006

O sacristán de Coimbra

O sacristán de Coimbra
facía mil diabruras: ................
[BIS]
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras.

E bate fado e bate ben. ......... (bis)
Ti é-la causa do meu desdén.

O mar tamén ten amores,
o mar tamén ten muller; ........
[BIS]
está casado coa area,
dálle bicos cantos quer.

E bate fado e bate ben. ........ (bis)
Ti é-la causa do meu desdén.

Eu quixera ser merliño
e te-lo pico encarnado ....... [BIS]
para face-lo meu niño
no teu cabelo dourado.

E bate fado e bate ben. ....... (bis)
Ti é-la causa do meu desdén.

- canción popular galega -

sexta-feira, julho 07, 2006

filo-café do Porto




1 de julho, Clube Literário do Porto.

Nós tivemos o privilégio de estar ali e gozamos de uma bela noite de verão.

Fotografías: rosanegra e Cruz Martínez

quinta-feira, julho 06, 2006

Volverase o mar de terra

Volverase o mar de terra.
Ese mar que foi mar,
por que seca?
Faranse chairas as ondas.
Ese mar que foi mar,
por que abre sendas?
Iranse alzando fiestras.
Ese mar que foi mar,
por que se alegra?
Darán portazos as portas.
Ese mar que foi mar,
por que resoa?
Iranse abrindo xardíns.
Ese mar que foi mar,
por que verdella?
O mar, que ten outra beira,
tamén volveuna de terra.
Ese mar que foi mar,
para quen sementa bandeiras?

Rafael Alberti
(versión ao galego de Alfonso Láuzara)

terça-feira, julho 04, 2006

Haris Alexiou (música)


Haris Alexiou (Grecia) é sen lugar a dúbidas unha das mellores cantantes que existen no panorama musical mundial. E dígoo sen reparo e sen medo a ser rexeitado por alguén. Ela é voz, é presencia, é emoción. Di as cancións, regálanolas envoltas en seda. A súa voz de fume derrámase en sílabas precisas e preciosas; palpita versos, apuñala sentidos, reclama soidades. Descubrila é sentir o hálito primeiro do desexo. Escoitala transmuta a materia en emoción infinda. Haroula (así chámaa quen a trata con amizade) créanos a necesidade de voltar a ela en cada intre. Mergullarse na súa Música é abri-los ollos ó noso interior descoñecido, a ese ser que descoidamos no día a día. Achegarse a ela é o primeiro paso dun longo camiño que percorrer na Música grega, un camiño cheo de grandes sensacións. Iso si, do noso baúl viaxeiro debemos sacar os prexuízos, eses que tantas barreiras crean arredor de nós.
Javi Rai
(para contactar con Javi: tragoudia@ya.com )

domingo, julho 02, 2006

Noite amiga




Noite amiga, aliada e cómplice
tes que chegar para acubillarme en soños
tapar con cortizas abertas en regos
a pel núa da terra inhóspita
e cando o vento chegue
fálalle baixiño
de paxaros ceibes
cabalos salvaxes
e lúas vermellas
que viaxan cara o mar aberto
na procura
da praia inmensa
onde habita ela...
escondida e soa




Luís Viñas