segunda-feira, abril 04, 2016

Presentación de "DEZ ANOS NA PORTA" en Ourense

Imaxe colectiva ao remate da presentación de "DEZ ANOS NA PORTA" na Galleira, en Ourense, o venres 1º de Abril de 2016.
 

 Un acto organizado pola compañeira Rochi Nóvoa


terça-feira, março 08, 2016

"DEZ ANOS NA PORTA" en Marín!

Algunhas imaxes do acto de presentación da antoloxía "Dez anos na porta" que tivo lugar o pasado sábado 5 de marzo no Museo "Manuel Torres" de Marín, organizado por Queremos Galego, para celebrar o X Aniversario do espazo colectivo de A Porta Verde do Sétimo Andar. Unha sensacional tarde chea de poesía e amizade. Foi todo un pracer! Moitas grazas!

Nanda González (de Queremos Galego Marín) abre o acto

Na mesa: Alba Méndez, Alfonso Láuzara, Fernando Miranda (presenta) e Miguel Alonso Diz

Imaxe do público asistente

Un intre na mesa de A Porta Verde

Intervención de José Daniel Costas Currás (Moaña)

Dani Costas recitando o seu poema

Josefa, poeta de Marín, convidada especial, que vitalidade!

Alba Méndez (Moaña)

Miguel Alonso Diz

Míriam Ferradáns (Bueu)

Alfonso Láuzara

Imaxe colectiva ao remate do acto

Outra imaxe colectiva ao remate do acto

A Porta Verde na prensa do Morrazo

segunda-feira, março 07, 2016

DEZ ANOS NA PORTA en Vigo!

Algunhas imaxes do acto de presentación de "Dez anos na porta" que se celebrou o pasado venres 4 de marzo na Libraría Cartabón, en Vigo. Unha entrañábel noite de poesía e amizade coa presenza de Ramón Nicolás e tamén de moit@s compañeir@s daqueles primeiros pasos destes dez anos de andaina poética do noso espazo colectivo.



 >> Alfonso Láuzara, Ramón Nicolás e Miguel Alonso Diz


 Aspecto da libraría Cartabón


Alfonso Láuzara


Ramón Nicolás e Miguel Alonso Diz


Intervención musical de Xurxo Nóvoa Martins


 Elvira Ribeiro Tobío


Manolo Pipas


Luís Viñas


Patricia Sánchez Abeal


Kiko Neves e a ollada atenta de Gonzalo da libraría


Imaxe colectiva ao remate do acto



>> Ramón Nicolás, Kiko Neves, Elvira Ribeiro,
Xurxo Nóvoa, Manolo Pipas, Miguel Alonso Diz,
Luís Viñas, Alfonso Láuzara, Rosanegra e Patricia Sánchez


terça-feira, março 01, 2016

"DEZ ANOS NA PORTA" en Marín!





Presentación de "Dez anos na porta" no Museo Manuel Torres (Marín) o sábado 5 de marzo ás 19:00h. Antoloxía poética para celebrar o X Aniversario do noso espazo colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar. Coa participación de varios dos autores e das autoras do libro nun recital poético.
Un acto organizado por Queremos Galego Marín. Animádevos a vir!

"DEZ ANOS NA PORTA" de novo en Vigo!

Presentación do libro "Dez anos na porta"
o vindeiro venres 4 de marzo ás 20:00h.
na Libraría Cartabón (rúa Urzaiz, 125) en Vigo!




Presentación da Antoloxía de A Porta Verde do Sétimo Andar que contará coa presenza de Ramón Nicolás - autor do limiar e responsable desta antoloxía - xunto a Alfonso Láuzara e Miguel Alonso Diz. Haberá recitado de poemas da antoloxía a cargo de algúns dos e das poetas que participan na mesma. Como é costume, o espazo estará aberto á participación.
.

sexta-feira, fevereiro 26, 2016

"TRÊS TEMPOS" de Luís Mazás, xa na rúa!

.
Nº22 dos Cadernos QdeVián
Un interesante libro de poesía de Luís Mazás
.

terça-feira, fevereiro 02, 2016

"DEZ ANOS NA PORTA" en Lugo! (29-01-2016)

Un par de imaxes da presentación-recital que tivo lugar o pasado venres 29 de xaneiro na Libraría Biblos (Lugo). Todo un pracer!

Na mesa, de esquerda a dereita: Evinha co seu acordeón,
Ramiro Vidal, Alfonso Láuzara e María José Fernández



Imaxe colectiva ao remate do acto, de esquerda a dereita:
Biblos, Evinha de la Torre cun exemplar do libro, Ramiro Vidal,
María José Fernández, Alfonso Láuzara, Iolanda Aldrei e Toño Núñez

terça-feira, janeiro 26, 2016

Presentación de "DEZ ANOS NA PORTA" en Lugo!


Presentación de "DEZ ANOS NA PORTA"

Venres, 29 de Xaneiro ás 20:15 h.

na Libraría BIBLOS (Salvador de Madariaga, 1 Local 4, -  Lugo)


Dez anos de poesía e amizade feitos libro. Chega a Lugo a antoloxía "Dez anos na Porta" e, para celebralo, palabra e música. A palabra a cargo de vari@s d@s autor@s participantes na Antoloxía e a boa música no acordeón de Evinha. Non o perdades!

domingo, janeiro 17, 2016

Presentación de DEZ ANOS NA PORTA en Compostela


Imaxe colectiva da presentación de  "DEZ ANOS NA PORTA
na Libraría Pedreira, en Compostela (15-01-2016)

segunda-feira, novembro 16, 2015

DEZ ANOS NA PORTA

Se vinte anos non son nada...
que serán dez anos en verso?
Onde a poesía nos leve!



Presentación
Xoves, 19 de novembro ás 20:30 h. 

na Libraría ANDEL 
(Camelias, 102 - Vigo)



Non faltedes!


quinta-feira, outubro 01, 2015

Novo libro colectivo de A Porta Verde!

Xa temos con nós "DEZ ANOS NA PORTA"
Antoloxía poética que recolle os dez anos de vida do noso espazo colectivo (2005-15)

O Limiar e a escolla dos textos a cargo do sempre bo e xeneroso Ramón Nicolás, todo un luxo!

Proximamente... as datas de presentación!



sexta-feira, março 20, 2015

"OS CAMIÑOS DA BRÉTEMA" (14-03-2015)

Imaxe colectiva ao remate do entrañábel recital foto-poético "Os camiños da brétema" no Museo Provincial en Lugo o pasado 14 de marzo, co gran fotógrafo Vicente Ansola
Foi sensacional!


.

domingo, março 08, 2015

Intervención foto-poética "Os camiños da brétema"


Sábado, 14 de marzo ás 18:00 h.
Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade)



Dezaoito voces a transformar en palabra a ollada máxica e precisa de Vicente Ansola, a entoar o canto de cisne dun mundo que se nos escapa das mans. Esvaécese o rural e con el boa parte da nosa identidade colectiva. Quedamos orfos das raíces necesarias. Por eso estes camiños que trazamos entre a néboa son, sobre todo, camiños de volta á casa. Nela aínda hai luz, aínda viven alí as gardiás da nosa memoria. Nela sempre hai un lugar para nós.


E para trazar os camiños, os textos de dazaoito poetas que nalgún momento cruzaron A Porta Verde do Sétimo Andar:
Rosa Enríquez, Alfonso Láuzara Martínez, Patricia Sánchez Abeal, Miguel Anxo Mato Fondo, Xose Iglesias, Marta Pedrosa, Rochi Nóvoa Vázquez, Jose Estévez, Ramiro Vidal Alvarinho, Miguel Ángel Alonso Diz, Miguel Alonso, Iolanda Aldrei, Maria N. Soutelo, Pilar Mera, Paco Souto, Xosè Abeledo, Manolo Pipas e María José Fernández López

Coa música de Miguel Alonso e Green Label.



terça-feira, novembro 04, 2014

PRESENTACIÓNS DE "NESTES DÍAS"

 
Os Q de VIAN en movemento!!
 
 
 
Presentacións de "Nestes Días" de María N. Soutelo

 Novembro é un mes fantástico para a Poesía.

 Por iso, queremos vervos a tod@s, con papel e lápis e che@s de inspiración

*o día 22 en A Coruña, no estudio de fotografía de Andi, ás 11h
 
*o día 29 en Compostela, na Lila de Lilith, ás 11:30h
https://www.facebook.com/LiladeLilith

Tamén, estaremos recitando textos de Nestes Días
- o vindeiro sábado día 8 en Agolada, no Magosto en Poesía nos Pendellos de Agolada, ás 18h
https://www.facebook.com/events/1382912391999760/

e
* o día 16 en Allariz, no I Festival do Poemagosto, con actividades e intervencións diversas a partir das 11h

Entón..., cando nos vemos?
 
"Nestes días" (caderno nº19 dos Q de Vián)
é o novo libro de poesía de María N. Soutelo (outono de 2014)

PRESENTACIÓN DE “MELÍFLUA MORADÍA”

Os Q de VIAN en movemento!!
 
 
 
 
SÁBADO, 15 DE NOVEMBRO
18:30 h. CASA DE XANTAR O DEZASEIS
(Rúa San Pedro,16 - Compostela)

PRESENTACIÓN DE “MELÍFLUA MORADÍA”,
libro de poesía de LINO GARCÍA SALGADO.
Acompañará ao autor: Arza Pardo Barbeito
 
"Melíflua Moradía" (caderno nº10 dos Q de Vián)
 é un interesante libro de poesía de Lino García Salgado (2012)

quarta-feira, outubro 01, 2014

DESPOIS DUN TEMPO DE DESCANSO


Moit@s seguides A Porta Verde a través da nosa páxina no Facebook

https://www.facebook.com/pages/A-Porta-Verde-do-S%C3%A9timo-Andar/279699185395313

Levamos un ano de relativo descanso. Traballando nos novos Q de Vian, actos fóra de Galicia e un libro moi especial que vai recoller estes case 10 anos de andaina poética a prol da nosa cultura.
 
Cociñando en silencio co maior dos agarimos cada palabra.
 
En breve teredes máis novas, e xa sabedes.... pasade sen chamar.