quarta-feira, outubro 01, 2014

DESPOIS DUN TEMPO DE DESCANSO


Moit@s seguides A Porta Verde a través da nosa páxina no Facebook

https://www.facebook.com/pages/A-Porta-Verde-do-S%C3%A9timo-Andar/279699185395313

Levamos un ano de relativo descanso. Traballando nos novos Q de Vian, actos fóra de Galicia e un libro moi especial que vai recoller estes case 10 anos de andaina poética a prol da nosa cultura.
 
Cociñando en silencio co maior dos agarimos cada palabra.
 
En breve teredes máis novas, e xa sabedes.... pasade sen chamar.
 
 
 

sábado, dezembro 14, 2013

Emotiva presentación de "Noite~Día" de Alfonso Láuzara en Moaña!


Onte o compañeiro Alfonso Láuzara presentou o seu poemario erótico "Noite~Día" nun acto moi emotivo que tivo lugar, con recital incluído, no espazo da libraría O Pontillón, en Moaña! O acto foi introducido polo compañeiro Miguel Ángel Alonso Diz, quen tamén recitou algún poema do libro. Ademais contou coa especial colaboración do poeta moañés, Xosé Daniel Costas Currás, que tamén participou recitando tres poemas do libro. Entre o público entregado destacou a presencia de varios artistas do Morrazo, como o dúo musical 2naFronteira, o cantante Santiago Ferragud de Xardín Desordenado, ou os pintores Enrique Prado e Manuel Cerviño de Bueu, entre outr@s. Foi outra presentación moi especial de "Noite~Día", que desta volta cadrou venres trece e tamén coincidíu en lúa chea! Grazas a tod@s! 


 
 

quinta-feira, dezembro 12, 2013

te-roxo e erva-luisa


a alfonso láuzara

noite-día do faro de teis
libro verde salgado e dóce
da costa ás ondas á travesía
das rías baixas ás rías altas

vai o teu latexo pola serea
sol cometa eclipse firmamento
firme a túa húmida palabra

faltame o poema lúa no teu libro
pero esa túa noite-día é todo lúa

o namoro do te-roxo e a erva-luisa


noite-día foi presentado
hai unhas horas na librería andel
con farrapos de boneca de rochi
lúcidas e escuras descargas poeticas
para as que desta volta non hai cronika a alfonso debíalle un poema
que non saiu na noite-día da cova
á boneca xa llo fixen hai uns días
imaxe ao sur de teis hai uns solpores


manolo pipas

domingo, novembro 24, 2013

Presentación de NOITE~DÍA en Compostela! (imaxes)


Escaparate da Libraría Couceiro

Todo preparado!

O autor con Rosa Enríquez, a piques de empezar











Con "Atlas de Chaguán" e "Desobediencia" nas mans


Gran entusiasmo no público asistente ao acto




Dedicando un "Noite~Día" ao amigo Xosé,
mentres tanto Rosa recita algún poema do libro.

Un pracer tamén a presenza da amiga Iolanda Aldrei

domingo, novembro 17, 2013

Presentación de "Noite~Día" en Bueu!

Cartaz do evento. Libraría Miranda

Coas intervencións de Fernando Miranda e Miguel A. Alonso Diz

Pola esquerda: Miguel Ángel Alonso Diz (A Porta Verde) 
Alfonso Láuzara (autor do libro) e Fernando Miranda (organizador)

Intervencións na mesa, antes do recital de poemas do libro

Alfonso Láuzara coa poeta de Bueu, Asun Estévez,
que participou no acto co recitado do poema "Limiar"

O día despois: Faro de Vigo. Edición do Morrazo

quinta-feira, outubro 24, 2013

"Un Feixe de Poesía na Porta", novo libro colectivo de A Porta Verde!

"Un Feixe de Poesía na Porta"
(caderno nº 17 dos Q de Vián)
Asoma pola porta verde en Lugo un feixe de poesía cunha ducia de voces moi interesantes que teñen luz de seu: Natalia Alonso, Inma Alonso, Lupe Bao, Cristina Corral, María Seoane, José Estévez, María José Fernández, Naír G. Abelleira, Ramón González, Xosé Iglesias, Toño Núñez e Lois Pérez. Un fermoso libro de poesía colectiva con soleira de Miguel A. Alonso Diz e promovido por iniciativa do compañeiro José Estévez na comarca de Lugo.
 


Este interesante libro colectivo de A Porta Verde en Lugo vai ser presentado nun recital poético-musical aberto, este sábado 26 de outubro (19 h.) no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo. Achégate por alí!