domingo, outubro 13, 2013
quinta-feira, outubro 10, 2013
"Un Feixe de Poesía na Porta", novo libro colectivo de A Porta Verde!
"Un Feixe de Poesía na Porta"
(caderno nº 17 dos Q de Vián)
Asoma pola porta verde en Lugo un feixe de poesía cunha ducia de voces moi interesantes que teñen luz de seu: Natalia Alonso, Inma Alonso, Lupe Bao, Cristina Corral, María Seoane, José Estévez, María José Fernández, Naír G. Abelleira, Ramón González, Xosé Iglesias, Toño Núñez e Lois Pérez. Un fermoso libro de poesía colectiva con soleira de Miguel A. Alonso Diz e promovido por iniciativa do compañeiro José Estévez na comarca de Lugo.
(caderno nº 17 dos Q de Vián)
Asoma pola porta verde en Lugo un feixe de poesía cunha ducia de voces moi interesantes que teñen luz de seu: Natalia Alonso, Inma Alonso, Lupe Bao, Cristina Corral, María Seoane, José Estévez, María José Fernández, Naír G. Abelleira, Ramón González, Xosé Iglesias, Toño Núñez e Lois Pérez. Un fermoso libro de poesía colectiva con soleira de Miguel A. Alonso Diz e promovido por iniciativa do compañeiro José Estévez na comarca de Lugo.
Este interesante libro colectivo de A Porta Verde en Lugo vai ser presentado nun recital poético-musical aberto o vindeiro 26 de outubro (19 h.) no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo. Achégate por alí!
quinta-feira, outubro 03, 2013
Poesía de Francisco Valeiras - "Quico" -
Temos o pracer de compartir hoxe no espazo sen límites de A Porta Verde unha pequena mostra da interesante poesía deste galego do Carballiño, Francisco Valeiras, "Quico", que nos envía os seus textos dende Alicante! Un pracer!
- nas trinta mil luces da cidade -
Encontro con Muriel
gusto de pasear entr´a xente
no antes de que falen
a piques do cheiro a vida
no ser cor da roupa e camiñantes que van
qu´agradecido de que non falen,
agora non!
palabras golpes
un intre
(o comezo)
alongado
entr´as follas que tamén se moven
hainos que pasan tan altos
qu´o seu xersei t´esmagaría
en dar no seu tacto, no das follas
nesas que semellan non entender a cidade
eí
sen decidirse
agardando por un van gogh qu´as devolva
ós campos
ou qué sei
eu
pero xa non ficaba nelas
agora marcho coas pernas qu´as pisan
unhas, indiferentes
centro orbital dos meus oillos agora
que se cocen no escuro das súas medias,
Muriel?
a lasciva
(Francisco Valeiras)
segunda-feira, setembro 23, 2013
Presentación de NOITE~DÍA en Vigo!
O compañeiro Alfonso Láuzara Martínez presentou o seu libro de poesía erótica "Noite~Día" o pasado sábado 21 de setembro na Cova dos Ratos, que se encheu de amizade e poesía. Foi emocionante ver coincidir alí no espazo entrañábel da Cova a persoas que foron a primeira cerna de A Porta Verde con algunhas das mellores 'fichaxes' recentes, pasado e presente cando aínda hai futuro! O acto foi introducido polo compañeiro Miguel Ángel Alonso Diz, que destacou o marcado perfil colectivo do autor no espazo de A Porta Verde do Sétimo Andar, cun discurso breve e moi emotivo con brincadeira incluída. A continuación tomou a palabra Alfonso Láuzara para falar un pouco sobre o seu Noite~Día, con especial referencia á portada e ilustracións da artista portuguesa Elisabete Pires Monteiro 'Bebeth', e tamén ao limiar da escritora galega Rosa Enríquez; despois ofreceu un intenso recital de boa parte dos poemas do libro que durou ben unha hora, acompañado das ilustracións que se podían visualizar simultáneamente nunha gran pantalla, todo nun fermoso e sinxelo escenario creado para o xogo en contraste da sombra e da luz. Na fermosa decoración do local foi importante tamén a colaboración de Manuel Cerviño, pintor galego de Bueu que prestou xenerosamente varios dos seus cadros para expor no evento. E aínda antes de rematar a agradábel sorpresa do caro compañeiro Manolo Pipas e do sempre ocorrente Fernando Miranda de Bueu, con senllas intervencións espontáneas. Foi un acto sensacional! Grazas a todas e todos pola vosa asistencia e apoio, e grazas tamén ás rapazas da Cova dos Ratos polo seu xeneroso e magnífico traballo. E parabéns por ese Noite~Día!
Portada do libro con pintura de Bebeth
Imaxe do escenario para a presentación
Aspecto da Cova minutos antes de empezar. Ambientazo!
Aspecto da Cova minutos antes de empezar. Ambientazo!
Miguel Ángel Alonso Diz, introduce o acto
Simpática brincadeira do Forxador!
Unhas palabras do autor sobre "Noite~Día"
Na pantalla: imaxes das ilustracións do libro
Xogo en contraste de sombra e luz
Introducindo cada poema ao recitar
Comunicando co público
En pleno recitado de poemas
O autor dirixíndose ao público
A sombra do autor... A luz da Artista na tela...
Recitando poemas do libro...
Ante un público entregado!
Recitando os últimos poemas da noite!
Intervención do compañeiro Manolo Pipas
Entusiasmo no público. Abilio, Luís e Fernando.
Intervención de Fernando Miranda, sempre ocorrente!
Dedicando un "Noite~Día" ao amigo Virgilio Liquito
Dedicando e asinando exemplares...
Fermosa imaxe ao remate do acto en amizade con: Harney Díaz, Alfonso Láuzara, Ruth Villar, Orisel Gaspar e Miguel A. Alonso.
Todos os cadernos Q de Vián.
A familia do Noite~Día!
domingo, setembro 22, 2013
sábado, setembro 07, 2013
Presentación de NOITE~DÍA en Vigo!
En A Cova dos Ratos
(Romil, 3 - Vigo - perto do Concello)
(Romil, 3 - Vigo - perto do Concello)
Sábado, 21 de Setembro ás 20:30 h.
Achégate!
"NOITE~DÍA" (caderno nº16 dos Q de Vián)
Un libro de poesía erótica de Alfonso Láuzara Martínez.
Con ilustracións de Elisabete Pires Monteiro 'Bebeth',
Un libro de poesía erótica de Alfonso Láuzara Martínez.
Con ilustracións de Elisabete Pires Monteiro 'Bebeth',
e limiar de Rosa Enríquez. (62 páxinas)
ISBN: 978-84-15164-86-9
sexta-feira, setembro 06, 2013
domingo, setembro 01, 2013
O espazo de A Porta Verde no Festival da Poesía do Condado.
Desobediencia con poesía, música, amizade e moi bo ambiente cunha gran afluencia de xente no Festival da Poesía en Salvaterra de Miño, o sábado 31 de agosto. Alí estivo A Porta Verde do Sétimo Andar un ano máis co seu espazo aberto para compartillar con amigas e amigos e tantas persoas que se achegaron polo noso posto. Desta volta compartillamos espazo cos amigos do ZOCO, Figurante e 2naFronteira! Moitas grazas a todas e todos! Obrigad@s tamén á Organización do Festival pola boa atención que tiveron co noso colectivo e polo magnífico traballo en xeral!
Aproveitamos tamén o marco incomparábel do Festival para promover, moi ben conducidos polo gran Paco Souto, o libro "Versus cianuro" cun dinámico recital contra a mina de ouro de Corcoesto!
Ramiro Vidal Alvarinho
Alberte Momán
Miguel Ángel Alonso Diz
Rochi Nóvoa
Alfonso Láuzara
Verónica Martínez en boa compaña!
Viva o Festival da Poesía do Condado! Desobediencia!
segunda-feira, agosto 19, 2013
sábado, agosto 10, 2013
NOITE~DÍA xa saíu do prelo!
"NOITE~DÍA" (caderno nº16 dos Q de Vián)
Un libro de poesía erótica de Alfonso Láuzara Martínez.
Con ilustracións de Elisabete Pires Monteiro 'Bebeth',
Un libro de poesía erótica de Alfonso Láuzara Martínez.
Con ilustracións de Elisabete Pires Monteiro 'Bebeth',
e limiar de Rosa Enríquez. (61 páxinas)
ISBN: 978-84-15164-86-9
*** *** ***
Boa noite, día!
Vexo que che gusta todo!
Muller, todo todo… case
todo!
Chega
na vaga da noite unha botella
e
fico aquí
entre
ondas entre liñas
co
verso nos teus beizos
palabra
salgada no ceo do teu padal
no
limiar da túa lingua.
Destampo
a linguaxe do océano,
sae
o sol dun grolo na madrugada
e
prendes un soño roxo no abrente.
Bo día, noite!
segunda-feira, agosto 05, 2013
En A Porta Verde, próximamente...
O deseño das tapas e ilustracións do libro son da artista portuguesa, Elisabete Pires Monteiro "Bebeth" >> http://elisabetepiresmonteiro.blogspot.com.es/
quinta-feira, agosto 01, 2013
A Porta Verde apoia o Festival da Poesia do Condado!
Desobediência!!!
Por favor, colaborade e apoiade aquí:
http://www.verkami.com/projects/6146-xxvii-festival-da-poesia-no-condado-desobediencia/
terça-feira, julho 23, 2013
E despois do 25 de Xullo en Compostela...
Letras de Amor e Guerra, em Burela! (27deXulho)
Sábado, 27 de Julho, a partir das 20 h.
Porfim em Burela, da mão do C.S. Xebra
(Leandro Cucurny, 19- Burela)
e partilhando ato com o coletivo "Desarraigados"
Sábado, 27 de Julho, a partir das 20 h.
Porfim em Burela, da mão do C.S. Xebra
(Leandro Cucurny, 19- Burela)
e partilhando ato com o coletivo "Desarraigados"
Subscrever:
Mensagens (Atom)



































