segunda-feira, setembro 23, 2013

Presentación de NOITE~DÍA en Vigo!

O compañeiro Alfonso Láuzara Martínez presentou o seu libro de poesía erótica "Noite~Día" o pasado sábado 21 de setembro na Cova dos Ratos, que se encheu de amizade e poesía. Foi emocionante ver coincidir alí no espazo entrañábel da Cova a persoas que foron a primeira cerna de A Porta Verde con algunhas das mellores 'fichaxes' recentes, pasado e presente cando aínda hai futuro! O acto foi introducido polo compañeiro Miguel Ángel Alonso Diz, que destacou o marcado perfil colectivo do autor no espazo de A Porta Verde do Sétimo Andar, cun discurso breve e moi emotivo con brincadeira incluída. A continuación tomou a palabra Alfonso Láuzara para falar un pouco sobre o seu Noite~Día, con especial referencia á portada e ilustracións da artista portuguesa Elisabete Pires Monteiro 'Bebeth', e tamén ao limiar da escritora galega Rosa Enríquez; despois ofreceu un intenso recital de boa parte dos poemas do libro que durou ben unha hora, acompañado das ilustracións que se podían visualizar simultáneamente nunha gran pantalla, todo nun fermoso e sinxelo escenario creado para o xogo en contraste da sombra e da luz. Na fermosa decoración do local foi importante tamén a colaboración de Manuel Cerviño, pintor galego de Bueu que prestou xenerosamente varios dos seus cadros para expor no evento. E aínda antes de rematar a agradábel sorpresa do caro compañeiro Manolo Pipas e do sempre ocorrente Fernando Miranda de Bueu, con senllas intervencións espontáneas. Foi un acto sensacional! Grazas a todas e todos pola vosa asistencia e apoio, e grazas tamén ás rapazas da Cova dos Ratos polo seu xeneroso e magnífico traballo. E parabéns por ese Noite~Día! 

Portada do libro con pintura de Bebeth

Imaxe do escenario para a presentación

Aspecto da Cova minutos antes de empezar. Ambientazo!

Aspecto da Cova minutos antes de empezar. Ambientazo!

Miguel Ángel Alonso Diz, introduce o acto

Simpática brincadeira do Forxador!


Unhas palabras do autor sobre "Noite~Día"

Na pantalla: imaxes das ilustracións do libro

Xogo en contraste de sombra e luz

Introducindo cada poema ao recitar

Comunicando co público

En pleno recitado de poemas

O autor dirixíndose ao público

A sombra do autor... A luz da Artista na tela...

Recitando poemas do libro...

Ante un público entregado!

Recitando os últimos poemas da noite!

Intervención do compañeiro Manolo Pipas

Entusiasmo no público. Abilio, Luís e Fernando.

Intervención de Fernando Miranda, sempre ocorrente!

Dedicando un "Noite~Día" ao amigo Virgilio Liquito

Dedicando e asinando exemplares...

Fermosa imaxe ao remate do acto en amizade con: Harney Díaz, Alfonso Láuzara, Ruth Villar, Orisel Gaspar e Miguel A. Alonso.

Todos os cadernos Q de Vián.  
A familia do Noite~Día!
 

sábado, setembro 07, 2013

Presentación de NOITE~DÍA en Vigo!

En A Cova dos Ratos
(Romil, 3 - Vigo - perto do Concello)
Sábado, 21 de Setembro ás 20:30 h.
 
Achégate!


"NOITE~DÍA" (caderno nº16 dos Q de Vián)
Un libro de poesía erótica de Alfonso Láuzara Martínez.

Con ilustracións de Elisabete Pires Monteiro 'Bebeth',
e limiar de Rosa Enríquez.  (62 páxinas)
ISBN: 978-84-15164-86-9

domingo, setembro 01, 2013

O espazo de A Porta Verde no Festival da Poesía do Condado.

Desobediencia con poesía, música, amizade e moi bo ambiente cunha gran afluencia de xente no Festival da Poesía en Salvaterra de Miño, o sábado 31 de agosto. Alí estivo A Porta Verde do Sétimo Andar un ano máis co seu espazo aberto para compartillar con amigas e amigos e tantas persoas que se achegaron polo noso posto. Desta volta compartillamos espazo cos amigos do ZOCO, Figurante e 2naFronteira! Moitas grazas a todas e todos! Obrigad@s tamén á Organización do Festival pola boa atención que tiveron co noso colectivo e polo magnífico traballo en xeral!









Aproveitamos tamén o marco incomparábel do Festival para promover, moi ben conducidos polo gran Paco Souto, o libro "Versus cianuro" cun dinámico recital contra a mina de ouro de Corcoesto! 



Ramiro Vidal Alvarinho

Alberte Momán

Miguel Ángel Alonso Diz

Rochi Nóvoa

Alfonso Láuzara

Verónica Martínez en boa compaña!

Viva o Festival da Poesía do Condado! Desobediencia!
 

sábado, agosto 10, 2013

NOITE~DÍA xa saíu do prelo!


 
"NOITE~DÍA" (caderno nº16 dos Q de Vián)
Un libro de poesía erótica de Alfonso Láuzara Martínez.
Con ilustracións de Elisabete Pires Monteiro 'Bebeth',
e limiar de Rosa Enríquez.  (61 páxinas)
ISBN: 978-84-15164-86-9
 
***   ***   *** 
Boa noite, día!
Vexo que che gusta todo!
Muller, todo todo… case todo!
Chega na vaga da noite unha botella
e fico aquí
entre ondas entre liñas
co verso nos teus beizos
palabra salgada no ceo do teu padal
no limiar da túa lingua.
Destampo a linguaxe do océano,
sae o sol dun grolo na madrugada
e prendes un soño roxo no abrente.
Bo día, noite!
 
 
 

segunda-feira, agosto 05, 2013

En A Porta Verde, próximamente...


O deseño das tapas e ilustracións do libro son da artista portuguesa, Elisabete Pires Monteiro "Bebeth"  >> http://elisabetepiresmonteiro.blogspot.com.es/

terça-feira, julho 23, 2013

E despois do 25 de Xullo en Compostela...

Letras de Amor e Guerra, em Burela! (27deXulho)



Sábado, 27 de Julho, a partir das 20 h.
Porfim em Burela, da mão do C.S. Xebra

(Leandro Cucurny, 19- Burela)
 e partilhando ato com o coletivo "Desarraigados"

Non deixes de pasar polo FESTIGAL en Compostela!


sábado, julho 20, 2013

SINAIS NA TERRA



 
 
Poema do compañeiro Miguel Ángel Alonso Diz
incluido no libro "VERSUS CIANURO"
contra a violación da nosa terra
 
 


sexta-feira, julho 19, 2013

Poetas por Corcoesto!

versus cianuro   poemas
contra a mina de ouro de corcoesto


corcoesto en cabana de bergantiños
é unha aldea á beira do río anllons
o ouro é un metal mui valioso
que se pode estraer dunha mina
a mina é unha ferida na terra
a terra fala na voz dos poetas
poemas contra a mina de ouro
palabras na defensa de corcoesto
corcoesto en cabana de bergantiños
á beira do río anllons a nosa vida
e de fóra a ameaza da dinamita
o cianuro e o arsénico

 (Manolo Pipas)

Versus cianuro. Contra a mina de Corcoesto!

Guindo unha pedra da Ría contra a mina de Corcoesto!
Navegarei a bordo do Bou Eva coa ialma en Corcoesto!
 


 DEPREDADOURO

A mina de ouro non é progreso
detente depredador!
que envelenas o sangue e o leite
das nais da miña terra
e nin todo é ouro o que prometes
detente depredador!
que só pretendes a feroz explotación
como un cancro devastador da entraña
e minas e minas nos miolos a mentira
e vai minando a indignación da xente
detente depredador!
que roubas o ouro e deixas morte
exterminador capitalista do natural e humano
detente depredadouro de Corcoesto
ou a rabia toda dun pobo será un estouro!

(Alfonso Láuzara)
*poema incluído no poemario colectivo "Versus cianuro" editado en Caldeirón.

quinta-feira, julho 11, 2013

Recital de Manolo Pipas e Servando Barreiro en Vigo!

Os compañeiros
Manolo Pipas e Servando Barreiro,
poesía e música nun recital, este sábado en Vigo!
Será na Galería ás 22:30 h.



duas voces e unha guitarra
mestizas historias que acordan
entre os acordes e as melodias
 
versos dos libros viaxe ao pais
das nubes e a milpa e o paliacate
ilustrados por pedro currás e eva castro
 
da cidade de mexico á rexion de oaxaca
de atenco ás comunidades zapatistas
do altiplano do centro ás montañas do sur
das pobres barriadas mestizas
ás comunidades indíxenas ...

 

sábado, junho 29, 2013

O CULLARAPO e A NENA na Feria do Libro de Vigo!

A T E N C I Ó N !!! 

Hoxe na caseta da libraría ANDEL, nº 12 da Feira do Libro de Vigo, estará Miguel Ángel Alonso Diz, autor de "O Cullarapo Croque" e "A Nena á que non deixaban ser Feliz". Será ás 18 h. coa actividade do Cullarapo Croque e despois a partir das 19:30 h. na caseta de Andel Libraría para asinar libros, conversar e compartir con tod@s @s que vos acheguedes por alí. Animádevos!

http://www.andelvirtual.com

quarta-feira, junho 19, 2013

O CULLARAPO e A NENA en Bueu!

.
"O Cullarapo Croque" e "A Nena á que non deixaban ser Feliz"
de Miguel Ángel Alonso Diz (textos) e Luz Beloso (ilustracións)
.

domingo, junho 02, 2013

Ramiro Vidal e Rosa Enríquez, tándem em Oleiros! Con Miguel Alonso!

O compañeiro Ramiro Vidal Alvarinho e a compañeira Rosa Enríquez, na boa compaña musical do cantautor Miguel Alonso, desafiando a dura competencia dunha xornada rica en actos, presentaron o sábado 1º de xuño en Oleiros os seus respectivos libros publicados con A Porta Verde no marco dos cadernos Q de Vián: "Letras de Amor e Guerra" de Ramiro, e "Atlas de Chaguán" de Rosa. Unha cita memorábel! Vaia tándem!

- Cartaz do acto -


>> Ramiro Vidal Alvarinho








Rosa Enríquez <<


 

O cantautor galego, Miguel Alonso

Ramiro Vidal e Rosa Enríquez