domingo, abril 28, 2013
sábado, abril 20, 2013
domingo, abril 14, 2013
Benvido, compañeiro! Andaleee!!!
aterrando
o tempo o espacio
son ben relativos
eu dous días aterrando
de continente a continente
foime demasiado rápido
e dirán que eran moi lentas
aquelas travesías en barco
nestes dous meses de ausencia
perece que perdín dous anos
este raro país da chuvia
con mal paso camiñando
perdendo as súas raices
desde dentro e fora golpeado
relativo espacio tempo
eu dous días aterrando
manolo pipas
fonte: envolventes as palabras
quinta-feira, abril 11, 2013
"CASTAS" - Marília Miranda Lopes
.
Douro Sol Douro Baga
Douro Sol Douro Baga
de ouro o Sol e o que traga
este rio diluindo reflexos
gentes
fervura de círculo
substância
movimento em traçado
Douro estado
em romper de sombra
corpo intenso perpetuando volume
vibração de margens
Amiúde o vento abranda
o silêncio cristaliza
a essência das cores
aromas vindimados
suavemente
Então o tempo pára por momentos
O rio é a serpente que atravessa o céu
o céu o rio
que se transforma em gente.
.
Pés Descalços
Pés descalços sobre o mosto
essências de segredo
química
substâncias
na profundidade do lagar
a emancipação
o vinho novo
anunciação lançada sobre caves
o fruto
parido em suor
canções que Baco trará
depois das chuvas.
.
As minhas mãos
Em concha as minhas mãos oferecem
o sabor da titânica
paisagem de ranchos
vindimadores numa estreita
dádiva
água criadora
serros montes encostas vales
terra lavrada
as brancas casarias avistam
o labutar dos membros
os rebanhos a chocalhar
ermas fora
O rio abre um sulco navegante
que se ergue em cachões difíceis
como estes braços
vergastando machos
que equilibram canastros
recalcados de uvas
onde poisam abelhas
pelo melaço.
.
................................... "Castas" (nº11 dos Q de Vián cadernos)
................................... de Marília Miranda Lopes (Portugal)
sexta-feira, abril 05, 2013
"Letras de Amor e Guerra" - de Ramiro Vidal.
Vencerá a estirpe, sob desta bandeira corsária
Porto rebelde proclamado, no meio de feras águas
Eu, albatros irreductível, alço a espada
Tu, areia cálida, praia desejada,
Tinge-me do sal da liberdade
Quero chantar a semente pirata neste limbo
E proclamar a República dos abraços livres.
(...)
O teu nome sabe a serám indeterminado de Abril
Quinta feira, esperança de porto-refúgio
Cerveja a pressom precoce
Conversa ao alouminho do Apolo generoso
Em perfume de cidade
E quem puidera, a música dos teus sapatos de salto
A maruxía da tua gargalhada nervosa
A brisa das tuas entoaçons...
...mas afoga o náufrago na tona das ondas,
na boca da escuma
a cada golpe de jarro
pode que um sábado a espiral rompa com a espada de um saúdo
fortuito
no entanto, as sílabas do teu nome venhem e vam em conversas com
estaçom-termo no limiar da noite, entre ruídos de bater de vidro
e clamor de proletariado urbano
(...) ........................
.......................................... (Ramiro Vidal Alvarinho)
quarta-feira, março 27, 2013
Sensacional recital de A Porta Verde no Café UF! (Vigo)
Con motivo do 30 Aniversario do Café-UF! Negra Sombra e no marco dos actos de celebración durante todo este 2013, o sábado 23 de marzo tivo lugar no emblemático local vigués un Recital poético de A Porta Verde, que cumpre tamén en maio oito anos de andaina poética. O espazo da Negra Sombra encheuse de amizade, imaxe, música e poesía, coa participación de:
Pili Mera (dende Madrid) Ramiro Vidal (Oleiros) Asun Estévez (Bueu) Miguel A. Alonso Diz (Vigo) Rochi Nóvoa (Ourense) Alba Méndez (Moaña) Marília Miranda (Portugal) Xosé Iglesias (A Coruña) Mª Xosé Fernández (a Pontenova) Neves Soutelo (A Estrada) Virgílio Liquito (Portugal) Alfonso Láuzara (Vigo) e Servando Barreiro (Vigo) ... Obrigado! Grazas a tod@s! Foi sensacional!
cartaz do evento
Pili Mera
Ramiro Vidal
Asun Estévez e Miguel A. Alonso, momentazo!
Asun Estévez
Miguel A. Alonso Diz
Rochi Nóvoa
Alba Méndez
Marília Miranda Lopes, presentando o seu libro "Castas"
Marília Miranda, acompañada de Servando Barreiro na guitarra
Ambientazo no local
Xosé Iglesias
Mª Xosé Fernández
Neves Soutelo
Virgílio Liquito
Alfonso Láuzara
Servando Barreiro, pechando o acto con música e canto
segunda-feira, março 25, 2013
Do noso libro "Sétimo andar"... Ramiro Vidal!
Imprescindível R’N’R
Dan las
seis, sintonizo los Stones
Recuerdos
del pelo largo
Viejos
blues, queridísimo Eric Burdon
Sempre vai frio nas
manhás de Novembro
Sais à caça de um
café
Entre o clamor da
ardente e suja cidade
No ipod cavalgam os
Judas Priest
No horizonte, um
futuro longe dos oasis metálicos
ERE de extinçom
Facturas sem pagar
Nóminas sem cobrar
E a necessidade
impertinente da proteína
E a infeliz
disfuncionalidade do sistema sindical
E tralhaços de
borracha no teu lombo
Lábios abrassados
polo frio
Maos curtidas pola
cruel maquinária
E o imprescindível rock and roll
Sem ele nom serias
nada
Nele, serás sempre
indomável
Nom submeterám o teu
barco pirata
Nom reduzirám a tua cavaleiria de fogo
............................ (Ramiro Vidal Alvarinho)
sábado, março 23, 2013
Do noso libro "Sétimo andar"... Manolo Pipas!
a porta o andar as pegadas
a
miña porta é branca
e o
meu portal é verdee desde esta planta baixa
das palabras envolventes
ollo para o setimo andar
das compañeiras voces
que preparan un recital
de poemas para esta noite
con
eles as veces camiño e recito
imos
deixando pequenas pegadas nas covas e nos montes altos
nos espinhos nas praias nas airas
a
porta o verso a poesia
somos
un pouco de memoriaun pouco de memoria que camiña
abrindo pechando e abrindo portas
........................... (Manolo Pipas)
quinta-feira, março 21, 2013
Do noso libro "Sétimo andar"... Alberte Momán!
termamos da auga da pía
como se tivésemos que bebela toda
despois dun momento
deitámonos exhaustos
coa auga a caer sobre nós
enchoupando o chan
....... as roupas
e os nosos corpos aterecidos
daquela
... aínda houbo quen dixo
... -se cando menos fose vran!
o resto calamos
non saberíamos se rir
... elaborar un retrouso retranqueiro
... mostrar indignación
... ou asentir con condescendencia
a dúbida lóxica dun segundo tan só
non bastou para revoltarnos
pechar a billa
e ir prestos a brandir panos enxoitos
cos que enxugar aquela desfeita
así
deste xeito
é como cruzan os caracois
a autoestrada cando chove
......................... (Alberte Momán)
terça-feira, março 19, 2013
Do noso libro "Sétimo andar"... Verónica Martínez Delgado!
1: EU
Nacín
aos oito meses,
movida pola urxencia
dunha democracia
que nunca chegou.
Nacín muller,
secreta e posíbel.
Sedenta,
coma tantas xeracións,
á espera dun tempo adiado.
Preocúpame
cada día.
Preocúpame
non ocuparme,
de facto,
nunca
o suficiente.
2: TI
O actual escravismo
faite infiel e desleal.
É el quen
te fode,
sodomiza,
esgota,
e non eu.
...................... (Verónica Martínez)
Nacín
aos oito meses,
movida pola urxencia
dunha democracia
que nunca chegou.
Nacín muller,
secreta e posíbel.
Sedenta,
coma tantas xeracións,
á espera dun tempo adiado.
Preocúpame
cada día.
Preocúpame
non ocuparme,
de facto,
nunca
o suficiente.
2: TI
O actual escravismo
faite infiel e desleal.
É el quen
te fode,
sodomiza,
esgota,
e non eu.
...................... (Verónica Martínez)
domingo, março 17, 2013
Do noso libro "Sétimo andar"... Virgílio Liquito!
E se me
vires nessa esquina, bem próxima de tua casa, a que tem relevo
especial, como certo sítio que terás na tua moradia, ou no coração, pelo menos
acena-me com um lenço, depois de tremenda despedida. Que encontro não fora?!
Saudades dum marinheiro de água doce, que já voltou, agora , de um chafariz, que só me rompe, me retira as escamas da pele, me leva a juventude, me entende ao sol, para ser trucidado até ser escoado minha água, água que alimenta, por gotas que me atingem, a fuga pelos interstícios da chuva, os vacúolos da minha juventude consumida.
Saudades dum marinheiro de água doce, que já voltou, agora , de um chafariz, que só me rompe, me retira as escamas da pele, me leva a juventude, me entende ao sol, para ser trucidado até ser escoado minha água, água que alimenta, por gotas que me atingem, a fuga pelos interstícios da chuva, os vacúolos da minha juventude consumida.
.............................................................................. (Virgílio Liquito)
Colaboración de A Porta Verde na Expo "Rebentos de salitre" no Porto!
A Porta Verde colaborou coa súa poesía na Expo "Rebentos de salitre" d@s amig@s Inma Doval e Xacobe Meléndrez no Porto!
Foi un pracer! Grande sucesso! Obrigado e parabéns!
sexta-feira, março 15, 2013
Do noso libro "Sétimo andar"... Alfonso Láuzara!
MUSASINADA
Foi cousa de pechar e abrir os ollos
soterrar un soño nas olleiras á espreita
botar unha ollada cara dentro do alter-ego
mergullar naquela luz arrubiada de
altericidio
onde fican os frustrados solpores sen
horizonte,
foi a teima de perseguir musas nos corredores
oníricos
seres de luz que foxen de poetas intrépidos
eses tipos que asinan poemas en cada intento
e recolleitan logo estrondosos voos de pombas
cada vez que invocan con versos a gaiola
onde outra musa suspira por escapar do peito.
Hai en cada noite escura un sol que brilla
sen tregua
para alumear este periplo de soños e
feitizos.
E vou entón coma couza delirante na procura
dun foco
ata que arrepío da luz que me cega nesta
escena de estrela
no intre mesmo en que a musa perde de vez o
alento, devece,
e na sombra deste poema unha mancha vermella
aflora
traza a figura máis bela do crime que me fixo
poeta.
Confeso que asino e asasino a criatura
mentres sorrío,
e fico esperto ollando fite a musa cadáver
que tamén sorrí.
(publicado tamén na revista Atenea, do Ateneo Ferrolán)
..................................................... (Alfonso Láuzara)
quarta-feira, março 13, 2013
Do noso libro "Sétimo andar"... Rosa Enríquez!
"Téñenme por tola, e coidan que minto
cando digo que fun desvirgada por Zeus."
Herba de aquí e acolá. Álvaro Cunqueiro.
cando digo que fun desvirgada por Zeus."
Herba de aquí e acolá. Álvaro Cunqueiro.
CRÓNICAS MINÚSCULAS
No entramado verdecente das árbores. Aí
os teis. A carón das rochas: no abaneo da floresta: no filtro da luz
solar que indaga na sombra atravesándoa.
Por calexas en ámbar cun certo aroma a humidade. Tamén no pelo dos
cetáceos ecuestres: estraños centauros que avanzan barrigudos pola eira.
É o seu un imperio
minúsculo: gobernado polo instinto. Son miniaturas cinéticas: golpes de luz nos
bordes verdes da verdura. Dalgúns-interesa
a lentitude do paseo: esa forma de de se deslizar pola herba.
Indiferentes.
Doutras-destaca o
movemento constante. O ritmo africano e veloz. Definirémolas pois como celéricas
transeúntes. Irreverentes co mundo visíbel. Gústanos ser exactas.
Y vendrán a por la
gente. Sacarán sus antenas para devorarnos.
Daquela abertura pódese albiscar a exactitude
dun suspiro. O tono incerto
da mentira dun quérote calquera-inchado polo desexo-porque os desexos inchan:
fan todo un chisco máis grande. Dicir-por exemplo-quérote-sen máis-non parece
suficiente. Así é que engadir unha actitude solícita permite o clima propicio:
lo erótico se alcanza en contextos altamente favorables-ya se sabe…
Esta afición que me
dispensas vive acugulada nese teu tubo tan vibrante e arbitrario que vira. Vai virando.
(...)
.................................................. (Rosa Enríquez)
segunda-feira, março 11, 2013
domingo, março 10, 2013
Do noso libro "Sétimo andar"... Miguel Ángel Alonso Diz!
AMANTE ROSALÍA
e sentir o solpor errante
rubindo polas meixelas.
trazando mapas que borren
da miña pel as fronteiras.
habitar nos seus beizos
medrar na súa herba.
E berrar o seu nome
cando a noite nos cega!
e sentir a mañá bocexante
acubillada nas miñas pernas.
labrar os seus camiños
rachar a longa pedra.
e murmurear o seu nome
........................... (Miguel A. Alonso Diz)
Quero que ela, a
miña amante,
cubra o meu corpo
de estrelase sentir o solpor errante
rubindo polas meixelas.
Quero cos seus dedos estuden
as engurras das
miñas costelastrazando mapas que borren
da miña pel as fronteiras.
Quero morrer nos
seus ollos
descansar na súa
terrahabitar nos seus beizos
medrar na súa herba.
E berrar o seu nome
cando a noite nos cega!
E berrar o seu
nome
cando os
desleigados nos negan!
Quero que ela, a
miña amante,
encha o meu corpo
de bolboretas,e sentir a mañá bocexante
acubillada nas miñas pernas.
Quero vivir nos
seus versos
sangrar na súa
verbalabrar os seus camiños
rachar a longa pedra.
E murmurear o seu
nome
para que ninguén
a esqueza…
E murmurear o seu
nome
para que ninguén
a esqueza…e murmurear o seu nome
e murmurear o seu nome
........................... (Miguel A. Alonso Diz)
sexta-feira, março 08, 2013
Do noso libro "Sétimo andar"... Iolanda Aldrei!
III
Deixa-me dizer-te.
Dizer-te, não falar-te.
Os tempos são chegados,
e os sonhos por sonhar têm beira sem porta
Cantar-te, não chorar-te.
Cantar-te em voz de monte na terra do sol-pôr.
Pisaremos moedas, semearemos filhos,
renovaremos nomes na barca do amanhã.
Dir-te-ei na ilha, então, de ilhas errantes,
entre os passos a força, e um mundo por nascer.
Labrega, hei soterrar capitais como abono
Deixa-me dizer-te, no teu nome de lar.
.......................................... (Iolanda Aldrei)
COMPANHEIRO
Deixa-me dizer-te.
Dizer-te, não falar-te.
Dizer-te por bandeira
nas gaitas do alvorar.
Se despontam as
luzes, levaremos o mundo.Os tempos são chegados,
e os sonhos por sonhar têm beira sem porta
e portos a abeirar.
Deixa-me cantar-te.Cantar-te, não chorar-te.
Cantar-te em voz de monte na terra do sol-pôr.
Pisaremos moedas, semearemos filhos,
renovaremos nomes na barca do amanhã.
Dir-te-ei na ilha, então, de ilhas errantes,
entre os passos a força, e um mundo por nascer.
Labrega, hei soterrar capitais como abono
e cultivar o amor,
sem indústria, nem modos.
Deixa-me dizer-te, no teu nome de lar.
.......................................... (Iolanda Aldrei)
Subscrever:
Mensagens (Atom)










.jpg)

.jpg)