domingo, março 10, 2013

Do noso libro "Sétimo andar"... Miguel Ángel Alonso Diz!

AMANTE ROSALÍA

Quero que ela, a miña amante,
cubra o meu corpo de estrelas
e sentir o solpor errante
rubindo polas meixelas.

Quero cos  seus dedos estuden
as engurras das miñas costelas
trazando mapas que borren
da miña pel as fronteiras.

Quero morrer nos seus ollos
descansar na súa terra
habitar nos seus beizos
medrar na súa herba.

E berrar o seu nome
cando a noite nos cega!

E berrar o seu nome
cando os desleigados nos negan!

Quero que ela, a miña amante,
encha o meu corpo de bolboretas,
e sentir a mañá bocexante
acubillada nas miñas pernas.

Quero vivir nos seus versos
sangrar na súa verba
labrar os seus camiños
rachar a longa pedra.

E murmurear o seu nome
para que ninguén a esqueza…

E murmurear o seu nome
para que ninguén a esqueza…
 
e murmurear o seu nome

e murmurear o seu nome


........................... (Miguel A. Alonso Diz)

sexta-feira, março 08, 2013

Do noso libro "Sétimo andar"... Iolanda Aldrei!

III

                COMPANHEIRO

Deixa-me dizer-te.
Dizer-te, não falar-te.
Dizer-te por bandeira nas gaitas do alvorar.
Se despontam as luzes, levaremos o mundo.
Os tempos são chegados,
e os sonhos por sonhar têm beira sem porta
e portos a abeirar.
Deixa-me cantar-te.
Cantar-te, não chorar-te.
Cantar-te em voz de monte na terra do sol-pôr.

Pisaremos moedas, semearemos filhos,
renovaremos nomes na barca do amanhã.
Dir-te-ei na ilha, então, de ilhas errantes,
entre os passos a força, e um mundo por nascer.
Labrega, hei soterrar capitais como abono
e cultivar o amor, sem indústria, nem modos.

Deixa-me dizer-te, no teu nome de lar.


.......................................... (Iolanda Aldrei)

quarta-feira, fevereiro 27, 2013

A Porta Verde en Arteixo...

Sensacional acollida de A Porta Verde do Sétimo Andar tamén en Arteixo, nun espazo ateigado de poesía e amizade, na libraría A Lus do Candil, con Modesto Fraga como anfitrión de luxo e conducido outra volta polo compañeiro Ramiro Vidal nos actos portaverdianos do norde. O recital-encontro tivo lugar o pasado sábado 23 de febreiro na tardiña. Moitas grazas a todas e todos! Obrigado tamén ao amigo Virgílio Liquito que subíu dende Porto! Foi un pracer! Velaí tedes algunhas imaxes do evento:

De esquerda a dereita: arriba > Begoña Paz, Alfredo Ferreiro, Xosé Estévez, François Davo, Tati Mancebo, Celia Parra, Gabriela Rodríguez, María José Fernández, Manuel Miragaia e Virgílio Liquito
abaixo > Modesto Fraga Moure, Ramiro Torres, Miguel A. Alonso Diz e Ramiro Vidal
 
VIDEO: http://bambuser.com/v/3395749
- por xentileza da amiga Tati Mancebo -

Modesto Fraga e Ramiro Vidal (ao fondo)

Sensacional aspecto do público. Ambientazo.

Gabriela Rodríguez 

María José Fernández 

Alfredo Ferreiro 

Celia Parra

Begoña Paz

Xosé Estévez
 
Ramiro Torres 

Tati Mancebo

Miguel Ángel Alonso Diz, o forxador de versos

François Davo

Virgílio Liquito

Manuel Miragaia

Modesto Fraga Moure
 

terça-feira, fevereiro 26, 2013

Presentación de "Lusocuria", de Verónica Martínez, en Compostela

Presentación en Compostela de Lusocuria
o novo libro de poesía da nosa amiga Verónica Martínez Delgado
 
Será na libraría Couceiro (praza de Cervantes, 6)
este xoves 28 de febreiro ás 19:45 h.
 
Estará a propia autora, acompañada de Teresa Moure



segunda-feira, fevereiro 25, 2013

A Porta Verde en Cambre...

O pasado sábado 23 de febreiro pola mañán tivo lugar en Cambre, na libraría A Libreira, un sensacional encontro e recital poético de A Porta Verde en amizade por eses lares do norde galego, moi ben conducido polo compañeiro Ramiro Vidal. Moitas grazas pola boa acollida!
Velaí tedes algunhas imaxes do evento:

De esquerda a dereita: Paco Gallego, Ramiro Vidal, Miguel A. Alonso Diz coa picariña Esther, María José Fernández, Rosa Enríquez, Begoña Paz, Gabriela Rodríguez e Celia Parra.



 





 

segunda-feira, fevereiro 11, 2013

Recital poético-musical de Manolo Pipas e Servando Barreiro!


recital
viaxe ao pais das nubes
 
versos e recitado manolo pipas
musicas e canto servando barreiro
sobre os mestizos libros
viaxe aos pais das nubes
e a milpa e o paliacate
> debuxo de pedro currás > portada do libro viaxe ao pais da nubes
 
o xoves 14 de febreiro ás 21:30 h.
en A Cova dos Ratos (rúa romil, 3 Vigo)

el maiz da identidad
y es nuestro faro
el maiz compañero
de destino

montañas e mais montañas
unha serra e outra serra
os pobos en asamblea
van cumprindo a sua palabra
comunidade con calma
que vai medindo o seu tempo
o planton e o movimento
precisan dos seus topiles
e nas marchas seguen miles
miles contra o mal goberno
 
como está tu corasón
saudo tzotzil
 
a miña viseira portuguesa
andará agora por chiapas
a viseira do mercado de oaxaca
penso que se foi a serra zapoteca
a cachucha do cipo
deixeina na serra ayuk pues
o meu corazon
repartido entre esas montañas...

domingo, fevereiro 10, 2013

A presentación de "Sétimo andar" en Vigo!

O pasado sábado 2 de febreiro deste recén estreado ano '13, tivo lugar na entrañábel Cova dos Ratos en Vigo a presentación de "Sétimo andar", o último libro colectivo de A Porta Verde do Sétimo Andar que ven sendo o Nº 7 dos cadernos Q de Vián, detalle que se fixo coincidir cos sete anos de andaina poética que A Porta Verde cumpríu aló polo mes de maio do ano pasado, aínda que pronto serán xa oito anos! Contamos no acto coa participación das nove voces poéticas que son parte neste libro, a sensacional acollida nunha cova chea de poesía e amizade e a presenza especial de persoas coas que temos compartido moito e bo neste espazo colectivo de poesía que é A Porta Verde.
Alí estaban pois: Manolo Pipas, Ramiro Vidal, Alberte Momán, Verónica Martínez, Alfonso Láuzara, Virgílio Liquito, Iolanda Aldrei, Rosa Enríquez e Miguel A. Alonso Diz, sentíuse... entre esas nove voces a ausencia de Luz Beloso, autora silenciosa desa fermosa portada do libro! Mais alí estaban tamén boas amizades deste colectivo como son: Elvira Riveiro, Neves Soutelo, Marta Pedrosa, Manel, Anxo cabalo do malo, Henrique Doira, Chus Láuzara... e mesmo houbo quen se animou a intervir espontaneamente no recital! Todo un pracer!
    
 

 
  

Moitas grazas a todas e todos! Obrigado!
 
 
E este Sétimo andar que presentamos xa está na rúa!
 

sexta-feira, fevereiro 08, 2013

Vattene! de Alberte Momán, no Diario Cultural da Radio Galega!

Vattene! (nº 12 dos cadernos Q de Vián)
a nova proposta narrativa de Alberte Momán


quarta-feira, fevereiro 06, 2013

Manolo Soto, sempre na nossa memória!


O mundo da cultura perdeu a Manolo Soto. Provavelmente muitos média nom se fagam nunca eco desta notícia. Mas ele foi fundador da Sociedade Cultural e Desportiva do Condado e organizador de um dos eventos culturais mais importantes no nosso país, o Festival da Poesia do Condado, umha verdadeira festa da palavra em galego na que temos participado, já agora com um excelente trato da organizaçom e com umha magnífica acolhida das gentes de Salvaterra de Minho e a sua contorna. Também foi alma mater de outras iniciativas a nível cultural e desportivo. Conhecida era a sua filiaçom independentista desde há décadas e o seu compromisso sindical.

Manolo Soto professava umha devoçom especial polo povo, e vivia intensamente o seu compromisso. Nunca vai ir embora, ele ganhou a pulso estar sempre na memória coletiva dos que nos sentimos parte desta naçom. Até sempre!

terça-feira, janeiro 29, 2013

Novo recoñecemento de A Porta Verde no 2012!

Un ano máis A Porta Verde do Sétimo Andar segue a ter un recoñecemento social ao seu traballo colectivo, no que ademais se enriquece e concilia o traballo individual de todas e cada unha das persoas que fan parte importante deste espazo creativo. Desta volta, son varios os motivos da nosa satisfacción e agradecemento:

"ATLAS DE CHAGUÁN", de Rosa Enríquez (con portada de Leandro Lamas) considerado o 4º mellor libro de poesía en galego do ano 2012, segundo Fervenzas Literarias.

"O CULLARAPO CROQUE", de Miguel Ángel Alonso Diz, con ilustracións de Luz Beloso, considerado o 7º mellor libro infantil en galego do ano 2012, segundo Fervenzas Literarias.
Así mesmo, a 2ª mellor portada do ano 2012, tamén da ilustradora Luz Beloso!
O CULLARAPO ven de ser ademais o 3º libro galego máis vendido da semana  como álbum ilustrado, nunha escolla ben representativa de librarías da Galiza!

Parabéns e moitas grazas!

Armando Requeixo fala sobre Vattene!







'Complexamente surreal, deliciosamente absurda e fondamente onírica. Así podería definirse Vattene!, a novela curta que o narrador e poeta Alberte Momán propón dende o selo alternativo A Porta Verde do Sétimo Andar.' Armando Requeixo.

Artigo completo aquí

sexta-feira, janeiro 25, 2013

Presentación de 'Atlas de Chaguán'





Presentación do libro de Rosa Enríquez 'Atlas de Chaguán'
Xunto coa autora, contaremos coa presenza de Mercedes Queixas Zas e Antía Otero.
Xoves 7 de febreiro na sede de Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) da Coruña


O Sétimo andar na Cova dos Ratos.

 
Presentación de 'Sétimo Andar', número 7 dos Q de Vian Cadernos, libro conmemorativo dos sete anos de existencia do noso colectivo, A Porta Verde do Sétimo Andar. Cun limiar que resume estes sete anos de traxectoria, nel participan: Iolanda Aldrei, Rosa Enríquez, Manolo Pipas, Ramiro Vidal, Verónica Martínez, Alfonso Láuzara, Miguel Ángel Alonso Diz, Alberte Momán e Virgilio Liquito.
Portada de Luz Beloso.

Será o sábado 2 de febreiro, ás 21:00 horas, na Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3. Vigo)

quinta-feira, janeiro 17, 2013

MONICREQUES -Xosé Daniel Costas


A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ



Obxectivo acadado grazas a tod@s!

Inda podedes mercar o libro nesta ligazón:


http://www.verkami.com/projects/4030-a-nena-a-que-non-deixaban-ser-feliz


É un conto ilustrado cuxa lectura invita á reflexión e participación crítica do propio lector. Polas súas páxinas flotan invisíbeis personaxes como o Principiño ou Momo. Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso conseguen levarnos a un presente que por moi irreal que poida parecer dá luz á situación actual.

Letras de Amor e Guerra