terça-feira, novembro 06, 2012

sexta-feira, novembro 02, 2012

'Letras de Amor e Guerra' chega a Pontevedra, Compostela e Vigo

 
 
 
 
 
O poemário de Ramiro Vidal Alvarinho continua a sua tourné polo país, e celebrará lançamentos nestas três cidades galegas entre os dias oito e dez de Novembro.
 


No dia oito de Novembro, às 20:15 horas, celebrará-se o lançamento de Letras de Amor e Guerra em Pontevedra, na livraria Paz, sediada na rua Peregrina, 29.

No dia dez de Novembro celebrarám-se os lançamentos em Compostela e Vigo.

Pola manhá às 12:30 horas terá lugar o lançamento na livraria Couceiro, de Compostela, sediada na Praça de Cervantes e às 20:30 horas será o turno do lançamento em Vigo, no Centro Social A Cova dos Ratos (Asociación Cultural Kaleidoscopio, rua Romil, 3)

Letras e Amor e Guerra foi publicado por Q de Vian Cadernos, o projeto editorial de A Porta Verde do Sétimo Andar na primavera deste ano e está a ser um verdadeiro sucesso em vendas.
 
 
 

Presentación(s) de ATLAS DE CHAGUÁN, de Rosa Enríquez, en Vigo!

 
 
 
 
 

 XOVES, 8 de NOVEMBRO de 2012, Rosa Enríquez PRESENTARÁ O SEU ÚLTIMO POEMARIO   “ATLAS DE CHAGUÁN".

NON O PERDADES!!

...
POLA MAÑÁN, ás 11:30 h- Facultade de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo.

 Intervirán Miguel A. Miguel Ángel Alonso Diz, Xina Vega, Manuel Forcadela e, ROSA ENRIQUEZ.

POLA TARDE , ás 20 h. no Café De Catro a Catro
(R/ Xerona, 3)

 Intervirán: Alfonso Láuzara Martínez , Paz Raña Lama , Begoña Outteiro, Xina Vega e, ROSA ENRÍQUEZ.

quinta-feira, outubro 25, 2012

Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud

 
 



Venres 26 de outubro ás 21:00 na Biblioteca pública de Moaña (quintela s/n)
 
 

 
 
Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud presentan unha versión a dúo, confidencial (case clandestina) de cancións que formarán parte do próximo disco de Xardín Desordenado, dedicado a poetas mulleres. Interpretarán textos de Iolanda Zuñiga, Luz Pichel, Olga Novo, Enma Pedreira, Marta Dacosta etc.

Non o perdades!!

 

Letras de amor e guerra en Lugo

 
 
 
 
Letras de Amor e Guerra, poemário autoria de Ramiro Vidal Alvarinho, será apresentado neste 26 de Outubro, Sexta feira, na livraria Trama (Avda da Corunha, 21 – Lugo) às 20:30 horas.
Na apresentaçom intervirám o próprio autor e o escritor Alberte Momán.
 

 
 

sábado, outubro 20, 2012

"Letras de amor e guerra" na Garda

 
 
 
 
C.S.FUSCALHO

 
Ramiro Vidal antes da presentación

 
Miguel Ángel Alonso presentando
LETRAS DE AMOR E GUERRA
 

 
Ramiro recitando versos do seu libro 

 
Recitado conxunto despois da presentación


quinta-feira, outubro 18, 2012

Presentación de 'Melíflua moradía' de Lino García Salgado


Presentación de 'Melíflua moradía' de Lino García Salgado
Sexta feira 9 de novembro ás 20:30 horas
Na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Olmos, 16-18, 1º
15003 A Coruña

quarta-feira, outubro 17, 2012

Xornadas creativas ao redor da Panificadora: Planifícate

 
 
 


Saúde!

Dende Entremos na Panificadora temos o pracer de convidarvos a participar no PLANIFICATE! Unha interesantísma proposta de achegamento, proposta e debate ao redor da Panificadora de Vigo realizada polo TANKOLLECTIF, no que nós tamén participaremos

Estes días do mes de outubro desenvolverase esta primeira fase, que así mesmo está separada en tres partes:
Ata o día 20: achegamento de propostas de reutilización. (formato libre, enviadeo ou poñervos en contacto coa organización no tankollectif@gmail.com)
Días 22 e 23: "Radio Patio" no Barrio da Falperra (exposición de materiais relacionados coa Panificadora e charla de rúa, na Praza do Rei)
Días 27 e 28, exposición das achegas das fases anteriores e debate "Planificate" (dentro do Curtopía, no ALG-a Lab de Valadares, aquí exactamente)


http://www.entremosnapanificadora.com/
http://tankollectif.blogspot.com.es/

terça-feira, outubro 16, 2012

En galego









Os cans falan galego
e os paxaros, e os gatos.

As pitas e os porcos
discuten en galego.

Incluso as formigas dan
as ordes en galego.

Tamén falan as árbores
e a ialma do vento.

As flores, as abellas,
as tenras bolboretas
e o rexo firmamento.

O tempo no seu vagar
faino en galego.

Todo nesta terra
latexa en galego;
salvo ese avó avergonzado
que non fala co seu neto,
salvo eses pais disfrazados
que no o falan por medo...

...en galego


Miguel Ángel Alonso Diz

quinta-feira, outubro 04, 2012

 
 
 

Fan art 2012




Este venres, 5 de outubro, ás 20 horas inauguramos unha exposición colectiva, Fan art, na Fundación CIEC (Betanzos). A exposición consta de 64 abanos (leques, pay pays...) realizados por artistas galegos, portugueses, arxentinos, francese, belgas, xaponeses... utilizando distintas técnicas artísticas, na maioría feitos con gravado. Ao acto inaugural, ademáis das/os artistas galegos, estarán, chegados dende Porto (Portugal), Julia Pintão, Ceu Costa, Olga Barbosa, Acácio Carvalho e Manuela Bronze. Esperamos que poidades asistir.
A exposición pode visitarse até o 20 de outubro. Despois irá a Lisboa.




domingo, setembro 30, 2012

sábado, setembro 29, 2012

Presentación de ATLAS DE CHAGUÁN

 
 
 
 
Rosa Enríquez
 

 
Alfonso Láuzara e Teresa Moure
 

 
libraría Lila de Lilith

 

 
Teresa Moure, Andrea Nunes, Rosa Enríquez
e Alfonso Láuzara
 

 
 

 
 
 
da friaxe
 
et voilà la question: sans esclave-pas de maître... mais ils sont là. levan nas aletas a paz do mundo: fiera terrible y en arrullo.
                                                       
no centro-un deus delirante: o cerdo de bataille-le bouffon: la pute en guenilles. porco na sombra e flor con balas nos dedos. angustia e desolación.
 
os fillos do deus ensanguentado fan clinclán. con determinación. son un trallazo no hipotálamo.
 
ocuparon practicamente todo. xurdiron de todos os recunchos. Esteno se llenó entonces de ira. andai-correi onda elas!-berrou. j'irai à cheval derrière vous: collereivos polo camiño.
 
pero o auxilio non chegou a todas as casas. conformouse así a neve máis estensa do mundo: la neige intérieure: a orixe dun glaciar que ten paralizado pueblos enteiros. sóubose entón que significaba aquela idea do frío. pero tampouco  serviu de nada.  
 
os modos de produción da friaxe agroman na estampida de pan e galletas. flotantes sobre icebergs de leite-péganse á madalena: à la recherche d'une enfance éternelle: o tempo cuadrángular: ese prisma en desorientada viaxe.
 
 éche así-toda ocupación ralentiza o paso do aire. a respiración faise densa e repetimos sempre a mesma escena: de como los dioses nos violaron por dentro y nos rompimos.
 
 

Nântia e a Cabrita d'Ouro

 
Novo libro da compañeira
CONCHA ROUSSÍA
 
Romance juvenil ambientado num mundo fantástico da autoria de Concha Rousia.

Poesia-jazz


poesia-jazz from gus abreu on Vimeo.

sexta-feira, setembro 28, 2012

De LETRAS DE AMOR E GUERRA


 



Habitamos um canto doloroso
Existir resulta difícil
Quando fas parte de um organismo infectado e deficiente
Somos massa, a nossa lucidez é umha miragem
Um reflexo incerto de passado discontínuo




Quem demo dijo que os ciclos eram mecánicos?
Quem demo divinizou o tempo?
Quem nos iludiu fazendo-nos pensar que nom necessitariamos luitar?
Amor e fúria, chamo por vós!!!
Humanizade a nossa ciência

Nom deixedes morrer a ideologia...



...
 

Ramiro Vidal




quarta-feira, setembro 26, 2012

Hoxe en Compostela, ATLAS DE CHAGUÁN



Presentación de 'Atlas de Chaguán' de Rosa Enríquez
27 de Setembro, 20 horas.
Contará coa presenza de Teresa Moure
Libraría Lila de Lilith
Rúa Travesa nº 7, 15704 Santiago de Compostela

segunda-feira, setembro 24, 2012

O Cullarapo Croque en BRAILLE

 
O Cullarapo Croque
 

 
Debuxos dos pequen@s do San Roque de Darbo en Cangas



 
 
Miguel Ángel con Bea