sábado, março 31, 2012
sexta-feira, março 23, 2012
quarta-feira, março 21, 2012
terça-feira, março 20, 2012
Entrañábel Manolo Pipas no Hipólito!
.
O pasado sábado 17 de marzo tivemos o pracer de compartir un entrañábel e sensacional recital poético do compañeiro Manolo Pipas, que fixo ademais posíbel un encontro sen precedentes. Moitas grazas, trovador amigo! Unha aperta!
.
sexta-feira, março 16, 2012
quinta-feira, março 15, 2012
Caderno da crítica -Desobediencia -

Desobediencia
A Porta Verde do Sétimo Andar, Vigo, 2011, 44 pp., 8 €
Cheguei a Desobediencia hai algunhas semanas, a través da recomendación duns amigos libreiros e a súa lectura impactoume de tal xeito que as notas de lectura quedaron remoendo e repousando durante algún tempo. Relino estes días pasados con máis vagar e confirmóuseme esa primeira sensación de estar diante de algo distinto, do que xa avisa con tino o seu prologuista Anxo Angueira.
Rosa Enríquez, autora de Unicrom (2009), dalgúns poemas no volume colectivo Sétimo andar. Poesía alén (2010) ou do magnífico poemario Vestíbulo da devastación (2007) dá un paso cara adiante e aséntase con este libro como unha das voces máis orixinais e lúcidas dos últimos tempos.
Para ler máis premer na seguinte ligazón:
http://cadernodacritica.blogaliza.org/2012/03/13/desobediencia-de-rosa-enriquez/
terça-feira, março 13, 2012
segunda-feira, março 12, 2012
Revista Atenea 44 "A cultura como alimento contra a crise". Participa.

O Ateneo Ferrolán, volve a poñer á vosa disposición a Revista "ATENEA" para que enviedes un traballo en idioma galego baixo a temática:"A cultura como alimento contra a crise"
Proxectos para accións, unha canle de expresión para todas as artes: poesía, narrativa, pintura, fotografía, debuxos, poesía visual, gravados...... e, de quedar seleccionado, publicarémolo na Atenea nº44 de abril-maio-xuño 2012.
De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico o teu traballo facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 23 de marzo de 2012.
domingo, março 11, 2012
Recital de Manolo Pipas no Hipólito
quinta-feira, março 08, 2012

Venres, 23 de Marzo de 2012
Dende as 21:30 ata as 23:00
A Cova dos Ratos (Romil, 3 - Vigo)
Apresentação do último livro de Carlos Vinagre, "Ranhura".
Intervirão Alfonso Láuzara Martínez e Manolo Pipas.
Com a colaboração de A Porta Verde do Sétimo Andar
Carlos Vinagre ( 1988, Espinho ) : Moluscos de Mântua (2009) e Ranhura ( 2011 )....
"Escrevo pelas nuvens. A água desaba pela centopeia. Na boca ferve o diospiro. Bate o que estranho. Encontro o diadema sem corpo. Estonteia o coração. O estalo abre o músculo perante a descoloração do mundo. Assim paira o ina-nítido".
Carlos Vinagre
quarta-feira, março 07, 2012
Recital da PORTA VERDE no BOU EVA
terça-feira, março 06, 2012
quarta-feira, fevereiro 29, 2012
domingo, fevereiro 26, 2012
Presentacion de diaspora de Neves Soutelo

O luns 27 de febreiro, ás 18:30 horas, na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Diáspora, de Neves Soutelo, publicado en Acha Escrava Editora
sexta-feira, fevereiro 24, 2012
AMANTE ROSALÍA

Quero que ela, a miña amante,
cubra o meu corpo de estrelas
e sentir o solpor errante
rubindo polas meixelas.
cubra o meu corpo de estrelas
e sentir o solpor errante
rubindo polas meixelas.
Quero cos seus dedos estuden
as engurras das miñas costelas
trazando mapas que borren
da miña pel as fronteiras.
Quero morrer nos seus ollos
descansar na súa terra
habitar nos seus beizos
medrar na súa herba.
E berrar o seu nome
cando a noite nos cega!
E berrar o seu nome
cando os desleigados nos negan!
Quero que ela, a miña amante,
encha o meu corpo de bolboretas,
e sentir a mañá bocexante
acubillada nas miñas pernas.
Quero vivir nos seus versos
sangrar na súa verba
labrar os seus camiños
rachar a longa pedra.
E murmurear o seu nome
para que ninguén a esqueza…
E murmurear o seu nome
para que ninguén a esqueza…
e murmurear o seu nome
e murmurear o seu nome
Miguel Ángel Alonso Diz
quinta-feira, fevereiro 23, 2012
O IES AS BARXAS NA" VANGUARDIA", "A ILUSIÓN DE RODAR"

En la enseñanza hay que reinventarse siempre para motivar al alumno, que es lo más importante”, explica la profesora Luz Beloso. Hace casi un cuarto de siglo, la Xunta de Galicia construyó el instituto As Barxas en un sombrío lugar próximo al centro de Moaña, una villa marinera de casi 20.000 habitantes de O Morrazo, en el lado norte de la ría de Vigo. La misma orilla desde la que se puede ir a la mayor ciudad gallega en las lanchas popularizadas por la película Los lunes al sol, de Fernando León de Aranoa."
Para ler o artigo completo, seguir o seguinte enlace:
http://blogs.lavanguardia.com/cumlaude/2012/02/
Poida que si que poida
Un traballo do Audiovisual As Barxas Este ano,unha vez máis,os alumnos de cuarto da ESO en plástica quixeron facer unha animación stop motion para o proxecto "somos comenius" do noso centro.
A MÚSICA,é unha música orixinal, made in Barxas, un RAP máxico, do cal é responsable o noso profesor de música Seso Durán e o seu taller de artistas.
Por se isto fose pouco , a letra da canción en galego é do poeta Miguel Angel Alonso Diz membro do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar.
Como di Miguel, meu amigo poeta, AS ESTRELAS ALIÑANSE NO CEO.... MÚSICA- IMAXE -POESÍA, neste video as estrelas simbolizan o FUTURO.
Ti es o actor do teu futuro, "Acteur de mon avenir".
OS QUILÓMETROS QUE PERCORREMOS DENDE AQUELA
quarta-feira, fevereiro 15, 2012
AZUL ULTRAMARINO: Xa na rúa!

Azul Ultramarino
José Manuel Nunes Vilar
Umha olhada mui pessoal sobre osprocessos de alienaçom, criatividade e ensonhaçom.Umha viagem através das geografiasda nossa língua e da nossa identidade.Turismo e mitologia, idealismo e náusea, política e poética. Séchu Sende
José Manuel Nunes Vilar.
Nasceu na localidade paramesa de Agreimunde (Galiza) em 1985. Cursou estudos de primária no C.P.I. Ramom Pinheiro da Póvoa do Sam Julião e de secundária no I.ES. As Mercedes de Lugo, onde por vez primeira ganhou certames literários em várias categorias. Atualmente está a concluir o curso de Humanidades pela Universidade de Santiago de Compostela e de língua portuguesa pela Escola Oficial de Idiomas da cidade amuralhada.
É membro da associaçom luguesaCultura do País, sócio da Associaçom Galega da Língua, da Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa e da Liga Céltiga Galaica.Em 2009 lançou ao prelo a sua editio princeps, uma coleçom decontos intitulada Um país oculto pelas silveiras, em 2011 representou à AGAL no jurado do I Concurso de Relatos Curtos “O Lugar Onde Vivo” organizado pela ADEGA, tem presença em espaços webs como Contos Grotescos, Desperta do teu sono, ou o Portal Galego da Língua e ocasionalmente participa de diferentes revistas literárias e de jornais entre os que destaca o Novas da Galiza.
Contacto co autor: tojodopais@gmail.com

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.
Este ano fanse os 175 anos do nacemento da autora.
A AELG convida a centros de ensino e concellos a participar do Día De Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora para conmemorar o aniversario do seu nacemento.
O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
A AELG solicitou aos concellos que declaren ese día 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro e que o recollan nas súas programacións culturais. A AELG anima a toda a cidadanía a participar desas actividades.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, pola súa parte, está organizando nas principais cidades e vilas lecturas públicas da obra rosaliana, nas que se lerá un manifesto solicitando a difusión do coñecemento da obra de Rosalía de Castro, en especial entre as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, pois a súa poesía ou prosa reflexiva son base indispensábel para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.
Santiago de Compostela, Panteón dos Galegos Ilustres, 18:00
A Coruña, Kiosko Alfonso, 18:30
Lugo, Salón de actos do IES Lucus Augusti, 10:30
Ourense, Liceo, 19:30
Ferrol, Galería Sargadelos, 19:00
terça-feira, fevereiro 14, 2012
segunda-feira, fevereiro 13, 2012
NOVO PROXECTO DA PORTA VERDE
segunda-feira, fevereiro 06, 2012
domingo, fevereiro 05, 2012
Presentación de DESOBEDIENCIA, de Rosa Enríquez, con limiar de Anxo Angueira.
A.c. Bou Eva (Vigo) - 3 de Febreiro de 2012
Q de Vián Cadernos é unha iniciativa do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar, que busca incidir na visibilidade da produción artística galega. Esta colección nace con afán de continuidade, polo que periodicamente abrirase a porta deste espazo á participación de artistas galegos e galegas, así como a autores e autoras de países lusófonos cos e coas que xa actualmente se manteñen relacións.
sábado, fevereiro 04, 2012
quarta-feira, fevereiro 01, 2012
Dobre sesión de literatura

Este venres 3 de xaneiro, ás 20:00, comeza a dobre sesión de literatura. Temos o pracer de acoller a presentación, por unha banda, a tradución ao galego, ao euskera e ao catalán do libro de Juan Márquez «Un tempo libre». Intervirán Lucía Novas, David Tijero e Estel Julià, que foron os tradutores da obra, e Xoán Montero será o mantedor do acto que terá como acompañento a música de Bilal Traoré.Ás 21h Rosa Enríquez presentará o seu libro «Desobediencia». Intervirán a propia autora, Alfonso Láuzara e Anxo Angueira. A seguir, contra as 21.00 h.
domingo, janeiro 29, 2012
sábado, janeiro 28, 2012
quinta-feira, janeiro 19, 2012
segunda-feira, janeiro 16, 2012
Presentación de 'Desobediencia' de Rosa Enríquez
Desobediencia (A porta verde do sétimo andar) de Rosa Enríquez
domingo, janeiro 15, 2012
domingo, janeiro 08, 2012
quinta-feira, janeiro 05, 2012
segunda-feira, janeiro 02, 2012
domingo, dezembro 25, 2011
as rodas de neira vilas

unha vella casa de pedra
coñecida como a casa do romano
onde nacera e vivira o cativo o mozo
e a onde voltara o escritor do balbino
vello pero mozo logo da emigración
unha bermella porta entreaberta
a roda do carro que parou o seu camiño
unha silla por se ti ves canso de andar
unha vide que se perde fora da foto
a fermosa estampa que segue co buxo
a oliveira e o acibo e abaixo a aldea
unha vella casa de pedra
chea das memorias dun museo vivo
as ferramentas do campo o forno
os cadros os libros o vello pupitre
o timon do barco a roda do afiador
barco fundacion xosé neira vilas
a casa e a roda da accion cultural
manolo pipas
a visita e a foto son de hai uns dias
co poeta Miguel Ángel o forxador e familia
Subscrever:
Mensagens (Atom)















