domingo, setembro 02, 2012

XXVI FESTIVAL DA POESÍA NO CONDADO

 
A Porta Verde estivo un ano máis na festa da poesía
 
 
 
Alberte Momán, Verónica Martínez, Miguel Ángel e Alfonso Láuzara

 
Manoli Rodríguez


 

 
Unha pequena mostra do noso traballo

 
 

 
 
viaxeiros ao tren!
 

 
 

 
Ramiro Vidal e Miguel Ángel
 
LETRAS DE AMOR E GUERRA

 
Kiko Neves, Esther Alonso, Miguel Ángel e Tere Neves

Medre o mar -Bernardino Graña



«Medre o mar! é o título dunha homenaxe nacional a Bernardino Graña que se celebrou na Coruña o sábado 1 de setembro, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o Colectivo ArTeu, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega. O programa está composto polas seguintes actividades:

Ligazóns a noticia:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/08/28/homenaje-bernardino-grana-viaje-mar/0003_201208H28C11999.htm

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2012/09/02/emotiva-homenaxe-bernardino-grana/679263.html

e nós como homenaxe particular, compartimos este fermoso poema do noso admirado BERNARDINO GRAÑA:

ANTE JOHN LENNON, MÚSICO-POETA ASASINADO EN MANHATTAN

 Escacharei a copa da queimada contra
da foto vil dese asasino Chapman.
E escoitarei os cantos teus,
John Lennon,
que os sete tiros tolos non abafan.

E acenderei un lume meu por dentro.
Contra a túa morte acenderei a rabia.
 
E escoitaremos cantos teus,
John Lennon,
e vibrarás
poeta,
en novas chamas.
 
Non vou querer doce licor nos labios,
si o estupor das aves en Manhattan,
dos soños dos meniños despertados

agremente en Nova York coa alba,

d
a dor de Yoko Ono,

dos amigos,

de Liverpool,

de Belfast,
das rapazas,
das xentes ledas que a cidade oprime,

co teu cantar un día liberadas.

Escoitaremos cantos teus,
John Lennon,
que a envexa en sete tiros non escacha.


II

Por Lennon e os poetas que a tolice
do mundo está matando,
en pé.
Calade.
Bebede.
Unha lembranza.

E, en silencio,
ollade o mar aberto, as amplas rotas
dos soños e as gaivotas non cazadas
cos ollos como croios
secos,
duros,
igual que barcos que andan sempre avante.

Nós non choramos
porque xa sabemos
que é inútil,
que é moi tarde.

Nós non choramos, Pero, tristes somos
caracolas tiradas rente ao mar, á escoita
dunha música interna que fabrica
lentamente, entre ruídos, praias suaves,
a furna dos tesouros
por días e por noites,
para a alba
que ha de estoupar en cor,
luz,
son,
verdade.

Gardade un gran silencio. Hoxe as guitarras,
en memoria de Lennon e outros moitos
poetas e cantantes,
han de imitar o son do mar máis agre.
.

quinta-feira, agosto 23, 2012

LETRAS DE AMOR E GUERRA - Ramiro Vidal -

 
 
Próximas presentacións:
 
Betanços, 15 de Setembro às 20:30 no Liceo
A Guarda, 19 de Outubro às 20:30 no Centro Social Fuscalho
Lugo, 26 de Outubro às 20:30 na livraria Trama
 Compostela, 10 de Novembro às 12:30 na livraria Couceiro
 

 

XXVI FESTIVAL DA POESÍA NO CONDADO

 
 

Sexta-feira 31 de Agosto

19.30
Apertura de exposiçons: Humor Gráfico
Covas de Dona Urraca / CASA DO CONDE
20.15
Projecçom de Audiovisuais
COVAS DE DONA URRACA
Umha pola Outra
22.30
Noite nas minas*
Covas de Dona Urraca
Concerto de SÉS
Ao remate: repichoca ao ar livre e festa!
*Aforo limitado
- Entrada 10 €
- Reservas: info@scdcondado.org ou 646 95 95 87

Sábado 1 de Setembro

11.30
Passa-ruas
Grupo ‘Nos Chaman’

11.30
Campionato de bilharda
Feira popular: colectivos e artesanato

ZONA DAS MURALHAS
- Reserva de postos: postosfestivaldapoesia@gmail.com
13.00
Mesa redonda
casa do conde
17.00
Festa Infantil
- Obradoiros de jogos tradicionais galegos
ZONA DAS MURALHAS
19.30
Projecçom de Audiovisuais
COVAS DE DONA URRACA
Curtas premiadas no Festival de Cans
21.00
FESTIVAL POÉTICO-MUSICAL
ZONA DAS MURALHAS
- Apresentam: Clara Gayo e Iria Pinheiro

POETAS

- Daniel Salgado
- Xiana Arias
- Roi Vidal
- Eduardo Estévez
- Ramiro Vidal
- Susana Sánchez Aríns
- Gonzalo Hermo
- Silvia Penas
- Claudio Rodríguez Fer

GRUPOS

- Cuchufellos
- O Sonoro Maxín
- Sacha na Horta
- Dios Ke Te Crew


terça-feira, agosto 21, 2012

Avelino Pousa Antelo




foise un dos nosos...

unha estrela durme,
agardo que outras cen
ocupen a escuridade
que hoxe medra no horizonte.


sexta-feira, agosto 03, 2012

MANIFESTO EN DEFENSA DO ATENEO FERROLÁN

As persoas abaixo asinantes, rexeitan drasticamente a operación que está levando a cabo goberno Popular do Concello de Ferrol, de ocupar a actual sede do Ateneo con outras entidades, reducindo o espazo ateneísta a unha pequena parte na que dificilmente poderían desenvolverse as actividades habituais da entidade. Igualmente, dito goberno Popular pretende cambiar o nome do edificio, Ateneo Ferrolán, polo de "Centro cultural y cívico Concepción Arenal".

Os edificios, situados na rúa Magdalena 202 e o primeiro andar do número 204, conforman a sede do Ateneo Ferrolán dende hai máis de trinta anos, e así son coñecidos pola cidadanía. Un nome, Ateneo Ferrolán, que en sí mesmo garda o concepto fundamental que encerra a entidade: aberta, plural, democrática e defensora dos valores culturais do noso país. Características de especial recoñecemento no ámbito local, nacional e estatal.

O Ateneo ferrolán, creado en Ferrol en 1879, é un lugar aberto á cidadanía e impulsor dunha permanente actividade de carácter cultural, social e progresista, en tódalas suas manifestacións. Por outra banda, posúe unha biblioteca-hemeroteca de grande interese, utilizada diariamente por lectores e investigadores.

É por todo isto que non podemos permitir que o Partido Popular, no uso da súa maioría absoluta no Concello de Ferrol, distribúa arbitrariamente os espazos do Ateneo, do mesmo modo que pretenda facer desaparecer o seu nome asociado ao edificio. Feitos os dous que semellan provir do desexo de acalar o tradicional desenvovemento cultural da entidade en favor de Ferrol e da cultura galega.
http://www.firmasonline.com/peticion/manifesto-en-defensa-do-ateneo-ferrolan/1173


quarta-feira, julho 04, 2012

O cullarapo Croque -vídeo dos autores -


O cullarapo Croque from lassa design on Vimeo.


OLA AMIG@S!!

Achegamos esta ligazón a un video feito por L'AVIONETA con motivo da nosa experiencia ao redor do nacimento do cullarapo Croque.
Agardo que desfrutedes do mesmo.

GRAZAS a tod@s!!


Este vídeo forma parte do proxecto "O cullarapo Croque", co cal as persoas que participan nel, buscan transmitir aos nen@s a importancia do pensamento creativo, das diferentes disciplinas artísticas: música, pintura, poesía, teatro... a través de textos que agochan no seu interior valores como o amor, o respecto, a importancia das linguas, o rexeitamento ao maltrato, a dignidade, a vida...

Con este vídeo tratamos de achegar aos nen@s  os autores do libro, para que sexan participes do seu proceso creativo, das historias persoais que existen detrás de cada libro, e con iso incentivar en eles a lectura, o debuxo e a propia creatividade.

quinta-feira, junho 28, 2012

"Letras de Amor e Guerra" - Ramiro Vidal Alvarinho

.


Novo libro de Ramiro Vidal Alvarinho,
LETRAS DE AMOR E GUERRA
(nº8 dos Q de Vian Cadernos)
En breve nas librarías! PVP (librarías): 8 € 
Xa accesíbel dende aquí (envío por correo postal)
Envío postal (estado español): 11 € (gastos de envío incluídos)Envío postal (Portugal): 12 € (gastos de envío incluídos)
Forma de pago: Paypal e transferencia bancaria
.

domingo, maio 27, 2012

PRESENTACIÓN DE AZUL ULTRAMARINO NA LIBRARÍA TRAMA





Imaxe dos asistentes a presentación de "AZUL ULTRAMARINO"


José Manuel Nunes

Non fagas caso filla. Miguel Ángel Alonso

A PORTA VERDE EN FISTERRA - DÍA DAS LETRAS GALEGAS -






A porta verde, todo amor.



Ramiro Vidal



Esther Alonso e Verónica Martínez 



Alfonso Láuzara 




Alberte Momán


 Alfonso Láuzara


Ramiro Vidal


 Verónica Martínez


Manolo Pipas


 Miguel Ángel Alonso





 Os pequech@s bailando ao son do Cullarapo Croque


 Pedro Brandariz




Diego Villar no Borrazas.AVI

domingo, maio 13, 2012

DESOBEDIENCIA en Ourense




Este sábado estivemos en Ourense, na CAFETERÍA AURIENSE presentando DESOBEDIENCIA.
Foi un pracer para nós contar con Manuel OUTEIRIÑO.




quarta-feira, maio 09, 2012

Poesía e música de Manolo Pipas e Servando Barreiro no Bou Eva



viaxe ao pais das nubes
versos e recitado manolo pipas
musicas e canto servando barreiro

ac bou eva venres 18 as 21.00
rua tercio de fora 11 vigo

debuxo do cartaz de eva castro

Froito da colaboração entre o músico Servando Barreiro e o poeta Manolo Pipas e baseado nos livros deste último: viaxe ao pais dasnubes e a milpa e o paliacate (nacidos da sua experiência de vários viagens e estâncias em terras de Oaxaca, Chiapas e o Anahuac, no centro de Mexico, libros ilustrados por Pedro Currás e Eva Castro)O encontro deu como resultado este trabalho a duas vozes e umha guitarra, donde as histórias e poemas de Manolo Pipas mesturam-se com os acordes e o canto de Servando Barreiro).

sábado, maio 05, 2012

O cullarapo nas librarías

O nº5 dos cadernos Q DE VIAN "O Cullarapo Croque"
nas seguintes librarías:

Libraría MIRANDA en Bueu
Rua Pazos Fontenla, 35 36930 Bueu
Libraría O PONTILLÓN en Moaña
Rúa Concepción Arenal, 7 36959 Moaña
Libraría AIRA DAS LETRAS en Allariz
Rúa Emilia Pardo Bazán
Libraría CARTABÓN en Vigo
Rúa Urzaiz, 125, baixo 36205 Vigo, Spain
Libraría ANDEL en Vigo
Rúa Pintor Lugris, 10 36211 Vigo

Libraría ZAMPACONTOS
Galerías Sol. Local 21
Ourense
 
 
 
 
Libraría A ESMORGA
Rúa San Xosé 18
Cangas
 
 
 
Libraría DOBLE PAUTA
Ernestina Otero, 24 Bajo
Redondela
 
 
 
Libraría COUCEIRO
Rúa Cervantes, 6 
SANTIAGO DE COMPOSTELA
 
 
 
Libraría HOBBIT
Rúa As Teixugueiras, 32
Vigo





Libraría A LIBROTECA
Rúa Gerona, 12
Vigo
 
 
 
Libraría VILÁFER
 Rúa Real 13 
Cangas

O cullarapo Croque no EEI MONTE DA GUIA -Vigo



O CULLARAPO CROQUE




Imaxe do poema-conto SABELA


María e Elena escenificando SABELA

Miguel Ángel Alonso amosando os marcapáxinas do cullarapo






sexta-feira, maio 04, 2012

cullarapo Croque



Actos pasados:


CEIP QUINTELA - MOAÑA

18 de abril

EEI MONTE DA GUIA -VIGO

20 de abril

SILVALANDIA -VIGO 

26 de abril

EEI SAN PEDRO DE CESANTES

4 de maio


PRÓXIMAMENTE


LIBRARÍA HOBBIT -VIGO

5 de maio ás 12h

CEIP ANTONIO PALACIOS - PORRIÑO

9 de maio ás 12:20

XOGOTECA ALLARIZ

12 de maio ás 12h

COLEXIO MARTIN CODAX -VIGO
18 de maio ás 10:00

SAGRADO CORAZÓN - CARBALLIÑO

23 de maio ás 12:30

CEIP ALBORADA -VIGO

25 de maio ás 12 h

CEIP SAN ROQUE - DARBO

30 de maio ás 11:30

CEIP PADRE FEIJOO - ALLARIZ

sen confirmar data