segunda-feira, novembro 28, 2011

Imaxes do vermú literario con Rosa Enríquez

Rosa Enríquez

Alberte Momán

Unha imaxe da Librería "A Libreira".

sexta-feira, novembro 04, 2011

"Vermú literario" sobre "Desobediencia"







Sábado 5 de novembro. Pola mañán, ás 13:30 horas.


Na Librería "A Libreira".

Rúa Luís Seoane, 2

O Temple 15679

Cambre.

segunda-feira, outubro 31, 2011

En Espinho as Pegadas

espinho solpor e noite

as pegadas nantronte


á beira da praia

do mar aberto e ferido

dous dias logo da chuvia

tres dias antes do samaín

os poemas os relatos das pegadas

as reflexions da vida e da morte

submision resistencia e revoltas

os alternativos e as nativas

ai saudades do 25 de avril


polamos e extrapolamos

a dinamizacion do vinagre

a presentacion e relato do alberte

os autores cos seus textos

e outras voces para os ausentes

o pedro co texto do aurelino

miguel fatima alberto e bruno

o brandâo coas raices do ramiro

e alguns beizos mais que podo esquecer


a camara sempre activa do carlos

os debuxinhos da milena

o vinho de porto de liquito

a enerxia da li viane


Manolo Pipas

PEGADAS EN ESPINHO

Manolo Pipas, Alberte Momán e Miguel Ángel Alonso







CARTAZ DE PEGADAS EN ESPINHO

Máxico intre en Espinho



Li Viana e Verónica


Alberte Momán


Manolo Pipas


Alberto Augusto


Fátima Vale



Bruno Miguel Resende


Brandao



Virgilio Liquito e Carlos Vinagre



Miguel Ángel Alonso


Virgilio Liquito


Vista dos asistentes ao acto
En primera liña Fátima Vale e Bruno Miguel


Alberte Momán e Carlos Vinagre































sábado, outubro 22, 2011

Apresentação de Pegadas em Portugal!

(com a inestimável colaboração da Associação Cultural Extrapolar)
.
A Porta Verde do Sétimo Andar informa
da presentación de "Pegadas" en Espinho:
en Doo Bop (Praia da Baía)
Espinho - Portugal
Sábado, 29 de Outubro ás 18:30 h.
.
Será un acto poético, colectivo, aberto e participativo, no que se considera especialmente importante a presencia e intervención das persoas que sodes parte deste libro deixando as vosas pegadas creativas no espazo aberto que compartimos.
Estades tod@s convidad@s! Vémonos pois en Espinho! 37 apertas!
.
Aurelino Costa, AsunEstévez, Alberto Augusto Miranda, António Pedro Ribeiro, Baldo Ramos, MiguelÁngel Alonso Diz, Bruno Miguel Resende, Artur Alonso Novelhe, Fabián Barreiro, LinoBraxe, Lois Magariños, María Elvira Millán Liméns, Concha Rousia, Alberte Momán,Ramiro Vidal Alvarinho, Iolanda Aldrei, Marília Miranda Lopes, Manolo Pipas, XoánCarlos Domínguez Alberte, Virgilio Liquito, Susana Pazo Maside, Fátima Vale, AlbaMéndez, Marta Pedrosa Agra, Eva Méndez Doroxo, Alfonso Láuzara, Xosé DanielCostas, Xoán’ma Rial Rodríguez, Miguel Alonso Fernández, Pilar Mera Costas, LucíaNovas, Ana Cibeira, María N. Soutelo, Rosa Enríquez, José Fontes Novas, XavierVásquez Freire, e Xurxo F. Martins.
.

quarta-feira, outubro 12, 2011

PRESENTACIÓN NO GOMES GAIOSO DOS CADERNOS Q DE VIAN




Lugar Centro Social Gomes Gaioso
Marcóni, 9
A Corunha


Estades tod@s convidados!

sexta-feira, setembro 30, 2011

DESOBEDIENCIA - Rosa Enríquez








Marta Pedrosa e Miguel Ángel Alonso




Alberte Momán, Rosa Enríquez, Begoña Caamanho e Alfonso Láuzara


Marta Pedrosa

DESOBEDIENCIA


Marabillosa presentación na libraría Couceiro (Santiago de Compostela) do libro de Rosa Enríquez "DESOBEDIENCIA", cuarto número dos Q de Vian Cadernos.

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/09/30/0003_201109S30C16991.htm

domingo, setembro 25, 2011

Pegadas que deixamos na Cova dos Ratos...

.
De esquerda a dereita: Manolo Pipas, Concha Rousia, Pili Mera, Ramiro Vidal Alvarinho, Xoán'ma Rial Rodríguez, Alberte Momán, Alfonso Láuzara, Eva Méndez, Iolanda Aldrei, Marta Pedrosa Agra, Miguel Ángel Alonso Diz, Alba Méndez, Xurxo Fernández Martins, e Virgilio Liquito. Pegadas!
.

sexta-feira, setembro 16, 2011

Presentación de "Pegadas" e máis!

.



A Porta Verde do Sétimo Andar

presenta "PEGADAS" en Vigo!


Este libro colectivo esencialmente poético, no que participan 37 autores/as da Galiza e de Portugal, é o 2 dos cadernos Q de Vián.
Un acto poético, participativo e aberto no que estades tod@s convidad@s!

A Cova dos Ratos (Romil, 3)
VIGO
Sábado, 24 de setembro ás 21 h.

terça-feira, setembro 06, 2011

Crítica, Desobediencia




Hai poemarios dondos, que te reconcilian coa vida e a especie humana, que che fan crer que un mundo mellor é posible. Porén, hai outros que zumegan icor en cadoiros interminables, que caotizan o pensamento e devastan o ánimo, como carazos punxentes que trepanasen os sangumiños todos. Os primeiros son bos compañeiros e débese procurar o seu lentor. Mais os segundos… os segundos, amiga, amigo, son unha revelación necesaria e inevitable.

Esa experiencia cegadora e terrible, esa espada versal de arcanxo vingador sentín eu alentar tras min ao ler Desobediencia de Rosa Enríquez, un dos mellores poemarios publicados dun tempo a esta parte.

Dende a cuberta mesma do libro —obra da tamén poeta Ana Cibeira, quen achega aquí un suxestivo collage como soarego— e, tamén si, as palabras imantadas do prologuista de luxo do volume, o escritor Anxo Angueira, un adquire conciencia plena de que se atopa perante unha obra singular, desusada, deliberadamente abeirada ás marxes, porque é nelas onde gurgulla o sangue, a vida, que na tradición iterativa xa deixou de fluír, putrefacta.

Comparecen, logo, as catro seccións (“Poemas que non din nada”, “Poemas que din todo”, “Des morceaux d’amour et tristesse” e “Quelques morceaux pédagogiques”) nas que se divide propiamente o poemario, dialóxicas, antinómicas e complementares. Nas súas planas debúxase a espiral de sombras dende a que a poeta (pro)clama a palabra, incendiando os tigres que asexan, fuxindo dos búfalos da incomprensión. É esta unha poética de gumes metálicos ourizados, insubmisa, provocadora, que sabe que cómpre loitar contra o imperio mercantilista de tanta cousa, de tanto obxecto como nos anega, que reivindica a superación dos ruídos e se afirma ante as trapelas xenéricas, que herda e reverbera en voces mil, lonxincuas, como, poño por caso, as de Badiou ou Lois Pereiro.


Hai versos neste libro que lostregan como rabeiras escorpias, vibrantes e imprevisibles, trífidos, afincados no tumulto sagro e violento das que saben que transitar os días sen desmesura e arredadas da Grande Nai vexetal non paga a pena. Por iso anuncian a loita, a extirpación umbilical dos fantasmas interiores, a desobediencia de Antígona.

Oracular, metapoética e epifánica, a Rosa Enríquez de Desobediencia traspasa rexións escuras nos límites do inefable. E, desobediente, lembra ás compañeiras de viaxe en “Nada para comenzar” o mantra liberador:

Só ruído. Palabras feitas de metal-vibrantes e imprevisíbeis.

E nós aí-debruzadas na sombra.

Sagradas e violentas. Co run run dos tigres na cabeza.


Fillas do tumulto é que nos proclaman. E berramos.


CRITICALIA

http://armandorequeixo.blogaliza.org/2011/09/06/rosa-enriquez-trifida-e-escorpia/#more-1526

terça-feira, agosto 30, 2011

quarta-feira, julho 27, 2011

'Desobediencia' de Rosa Enríquez


Desobediencia
Rosa Enríquez

Nº 4 dos Q de Vian Cadernos



DESOBEDIENCIA é un conxunto de poemas sobre mecánicas viciadas. Daquela, rexeita a impostura e intenta suscitar a reflexión sobre a nosa posíbel participación na podremia. Lonxe dos cántaros baleiros ecoando á luz do día, cada un destes versos leva dentro algo sucio, algunha que outra cicatriz e a reivindicación da autocrítica que comeza por quen escribe: “Agochámonos na pelaxe dos paxaros: somos tigres que se asustan: que temen al amor y lo violentan. É certo-Antoine. On s’aime. On se déteste.”.
A idea que latexa é sempre esta: a desobediencia como exercicio ético, sustentado no rexeitamento da dominación simbólica patriarcal e capitalista, no regreso á vida comunitaria.

terça-feira, julho 05, 2011

Non saíu á rúa a pedires máis traballo, un futuro.
Quedou na casa non foran a chamalo para unha entrevista de traballo mentres andaba por aí.



Patricia Sanchez Abeal

sexta-feira, julho 01, 2011

CORREDOIRA







os carballos retorcidos
que o corredoira queren cobrir
as pedras do muro cobertas polo mofo
as rodeiras do carro cobertas por follas
o pasado desta corredoira coberto
pola desmemoria dos pasos
cara as sementeiras e as regas
as colleitas e as muiñadas

esta anonima corredoira
non aparece en nengunha
ruta de sendeirismo
nen falta que fai
que siga co se ritmo

Manolo Pipas

PEGADAS




V.V. A.A.
ISBN: 978-84-15164-44-9
Edita: A Porta Verde do Sétimo Andar


Je vais être sincère -une fois n’est pas coutume-
Voilà:
Je serai content quand on dira
Au téléphone -s’il y en a-t-encore
Quand on dira
V comme Vian…
J’ai de la viene que mon nom ne commence pas par Q
Parce que Q comme Vian, ça me vexerait.

Boris Vian


A partir deste poema de Boris Vian dá comezo a historia dos Q de Vian Cadernos, unha iniciativa do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar, coa que se pretende establecer un punto de encontro entre distintas disciplinas artísticas. Eis Pegadas, o segundo número desta achega, que amosa unha trintena de voces diversas e dispares, reunidas para alentar a necesidade de dicir e de permanecer, nese acto cotiá de soletrear un nome ao teléfono.

Participan:

Aurelino Costa, Asun Estévez, Alberto Augusto Miranda, António Pedro Ribeiro, Baldo Ramos (ilustración), Miguel Ángel Alonso Diz, Bruno Miguel Resende, Artur Alonso Novelhe, Fabián Barreiro, Lino Braxe, Lois Magariños (ilustración), María Elvira Millán Liméns, Concha Rousia, Alberte Momán, Ramiro Vidal Alvarinho, Iolanda Aldrei, Marília Miranda Lopes, Manolo Pipas, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Virgilio Liquito, Susana Pazo Maside, Fátima Vale, Alba Méndez, Marta Pedrosa Agra, Eva Méndez Doroxo, Alfonso Láuzara, Xosé Daniel Costas, Xoán’ma Rial Rodríguez, Miguel Alonso Fernández, Pilar Mera Costas, Lucía Novas, Ana Cibeira, María N. Soutelo, Rosa Enríquez, José Fontes Novas, Xavier Vásquez Freire, Xurxo F. Martins

sexta-feira, junho 24, 2011

quinta-feira, junho 23, 2011

O novo de Kiko Neves nos Q de Vian Cadernos


O día que morreu Steve Macqueen. Unha novela de Xabi Ribax


Kiko Neves

Fragmento:
Ponteareas, ano mil novecentos oitenta. A dictadura seguía no seu máximo apoxeo: un alcalde falanxista, unxido dende o ano anterior por unhas eleccións tramposas ou democráticas (ao longo dos anos sigo sen entender as diferencias), e un párroco de sotana negrísima e verbo de veterano excombatente eran as referencias de poder e cultura.

Nove anos. Estudiaba quinto de básica no Colexio Sanxiao. Todo aquel tempo parado enzoufaba a poceira do Colexio Sanxiao. Disciplina franquista -por supostopara alunado masculino. O Colexio medrara sobre das pedras dun hospital republicano, o primeiro e último da comarca do Condado. Logo da Guerra Civil fora espoliado e ocupado polo exército durante os anos corenta: un primeiro paso para o establecemento dun centro de ensino con profesorado chegado da España vella de Burgos. O Sanxiao afondou as súas raizames entre os vilegos con arelas dun señorío de antergos que nunca existiu. A Ponteareas abouxada, fachendosa, de ridículas referencias nacionalcatolicistas, depositaba os seus fillos entre o Colexio Sanxiao e o Colexio das Freiras, a versión feminina da mesma poceira.

segunda-feira, junho 20, 2011

A Porta Verde en Oleiros


A Casa Charry (Praza da Galiza s/n - Oleiros) acollerá un acto presentación dos Q de Vian Cadernos que promove A Porta Verde do Sétimo Andar. Será o sábado 25 de xuño, a partir das 20 horas.

Contaremos co cantautor Miguel Alonso e coñeceremos, en primicia mundial, a novela de Kiko Neves 'O día que morreu Steve Macqueen. Unha novela de Xabi Ribax'.

sábado, junho 11, 2011

terça-feira, junho 07, 2011

Un poema de Fabián Barreiro...

.

Adicado a Lois Pereiro, esa alma que viviu rápido e morreu mozo
.


Quedou a cociña desfeita
e tamén o comedor, e o cuarto de pasar o ferro
Tal é magnitude do silenzo
que agora non son quen de recollelo todo

Fixeras tremolar as potas
luxaches o meu garfo de
Mickey Mouse, o meu preferido,
aquel que tanto odiabas

Non te decatas de que todo é merda,
(na cociña)?

Venceu a hipersensibilidade adquirida, letra capital
do detallado relatorio de excusas que mais ben
outros lle dirían
picor
no cú

(na cociña)?

Quero voltar a antes da cociña,
do (censored) daquel (censored) tan censurado pola túa puta nai,
e así poder xogar as cociñiñas, mantendo a inxenua esperanza
de non ter que incluírte na historia
outra vez

Quedou a cociña desfeita. E agora non son quen de recollelo todo.

.

.

sábado, junho 04, 2011

ANA CIBEIRA - PINTALABIOS -






Asinará exemplares do libriño o 11 de xuño na feira do libro de Madrid, na caseta da Asociación Galega de Editores a nº 86.

Enlace ao artigo sobre Ana Cibeira que lle dedicou Vicente Araguas:

http://anacibeira.blogspot.com/2011/06/pintalabios-en-nordesia.html