domingo, novembro 28, 2010

A MIÑOCA - Manolo Pipas

.
memoria da miñoca

con papel e boligrafo
escribo no parque da miñoca
e aquí ao lado as veces
tamen publico neste soporte
desde a cafeteria do ventanal
sobre o propio parque

escribo no mesmo espacio fisico
onde hai quince anos ainda
plantabamos millo xudias cabazos
onde de cativos colliamos tritons
e apañabamos grandotas moras
e daqueles campos so fica unha arbore
o gran platano e a base do tronco
dun amieiro que secou e cortaron

os lugares do camiño da mina
o xuncal o camiño dos pozos
e tantos campos que tiñan
miles de chiquitas miñocas
.
no tempo dos magostos
.
a miñoca
.

a miñoca
é un animal pequeniño
animal pequeniño
pequeniño
iño

a miñoca
deste estraño parque
é un posible animal mui grande
ésta da foto é unha posible miñoca esculpida
que esconde parte da sua inmensa xigantesca medida

novembro de 2010

quinta-feira, novembro 25, 2010

de RAMIRO VIDAL ALVARINHO...

.
Desde a minha mediocridade, mas também
Desde o meu ardor militante
Tam sincero como real é a dor das feridas de guerra
Que a experiência me outorga
Declaro-me habitante desta aldeia resistente
Deste núcleo irreductível
Confesso o inorme prazer que me ocassiona
A estranha insolência de escrever em galego
Nom o fago para salvar umha língua,
Fago-o para que os tanques e os bulldozzers
Nom derrubem aquela casa em Palestina
Nom o fago para salvar umha cultura,
Fago-o para que o desgelo da Antártida se detenha
Nom o fago para resgatar a memória dos meus antergos,
Fago-o para acabar com a desflorestaçom da Amazonia
Nom o fago para libertar Galiza,
Fago-o por Cuba livre e socialista, para que os ianques
saiam de Guantánamo, para deter as matanças de
baleas e de focas, pola independência do Saara, para
que os militares nom matem a democracia em
Latinoamérica, para derrubar os muros da vergonha e
os arames farpados da infámia...
...nom paga a pena continuar. O único que poido dizer,
eu, poeta popular sem prémios, que nom está presente
em colecçom nengumha, que nom freqüenta tertúlias,
que nom é entrevistado na imprensa, eu, irrelevante,
minoritário, desconhezido, discreto
é que escrevo em galego porque sou internacionalista, e
porque se eu obedecer os ditados daqueles que
proclamam a inutilidade da minha resistência
contribuirei para que outras resistências perdam
sentido.

.
....... do noso libro "Sétimo andar, poesía alén"
.

quinta-feira, novembro 18, 2010

ACTIVIDADES NO ATENEO FERROLÁN




O Ateneo Ferrolán dentro das súas actividades de promoción da música galega ven propiciando e celebrando, case continuo, tódolos anos (dende hai 22 anos) unhas Xornadas de Gaita, como un lugar de encontro para grupos ou xentes que utilizan a gaita como un dos instrumentos básicos nas súas actuacións e composicións.

Este ano, organizadas polo Ateneo Ferrolán, as XXII Xornadas da Gaita, celebraranse o sábado día 11 de decembro de 2010 ás 20:00h. no Centro Cultural “Torrente Ballester”. (Haberá servizo de “barra”). Entrada de balde.

Con as actuaciós de:

· AIRINHOS DEL CAMPITO
· BERROS DO CASTRO (Unha imaxe, unha melodía .... un recordo)
· SOBRE RODAS (Dúo zanfonas. Luis Caruncho e Carlos Do Viso)

Desde o Ateneo Ferrolán, agradecemos a colaboración da Deputación Provincial da Coruña e do Concello de Ferrol - Cultura.

Unha das características específicas é a participación de grupos de música folk galega, que teñan na súa estrutura de acompañamento a gaita como un elemento indispensable.

domingo, novembro 14, 2010

PRESENTACIÓN DO LIBRO EN COMPOSTELA

Miguel Ángel, Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Alba Méndez, Alberte Momán.
Ramiro Vidal, Alfonso Láuzara e Manolo Pipas.

Miguel Ángel Alonso Diz e Xosé Uxío Diz Tilve

A porta verde enchendo de sorrisos a fermosa mañá compostelana


Falando co público asistente ao acto


O poeta Lino García Salgado co seu pequecho










O GRAN Ramiro Vidal


Manolo Pipas en estado puro



Alberte Momán



Alba Méndez a nosa poeta de Moaña




Alfonso Láuzara

Rosa Enríquez recitando co corazón



Ana Cibeira

O pasado día 13 de novembro tivo lugar a presentación do libro "Sétimo andar, poesía alén", na libraría Couceiro, en Compostela. Grazas a tod@s por asistires!

sexta-feira, novembro 12, 2010

a porta e o andar

.
a porta verde setimo andar

presenta o seu segundo libro
os versos destas nove voces
resistentes creadores en galego
traballadoras da palabra e do ritmo
amigos e compañeiras de filo-cafés

verde a porta a terra e a lingua
enerxica e comunitaria proposta
reveldes olladas e sentires
do setimo andar da poesia
entregada nos vosos espacios

setimo andar poesia alén
en vigo presentado na cova dos ratos
tempo despois en espinho e o porto
i de regreso os poemas na ria
moaña foi a nosa nova palestra
organizada na quintela entre libros

a porta verde o setimo andar
navega coa sua poesia alén
debullando historias por bueu
ai compostela que agora agarda
ritmo e palabra en nove voces

.
...................................... Manolo Pipas
.
setimo andar poesia alen
libro do espacio a porta verde
será presentado na libraria couceiro
este sabado 13 as doce e media
da mañan compostelana
.

quarta-feira, novembro 10, 2010

de MARÍA N. SOUTELO...

.
2. as mulleres
.
na cidade
as mulleres de pernas
brancas
comían cereixas


e contaban os matices de todo o verde.


recitaban poemas
absurdos
que falaban sobre a lúa.


medían
a distancia entre amar
e as súas dedas.
pasaban as horas
facendo encaixes de bolillos
e madeixas de brión
con que adornaban o seu cabelo alourado


e debullaban ervellas
no colo da súa saia mentres
os nenos durmían.

.
... do noso libro "Sétimo andar, poesía alén"
.

PRESENTACIÓN en Compostela!!

..
.
A Porta Verde do Sétimo Andar

p r e s e n t a

"Sétimo andar, poesía alén"
o seu 2º libro colectivo de poesía

en Compostela!!
Libraría Couceiro (praza de Cervantes)
Sábado, 13 de novembro. 12:30 h.

Agardámosvos alí!

.

domingo, novembro 07, 2010

PRESENTACIÓN en BUEU de "Sétimo andar, poesía alén"

.

De esquerda a dereita: Miguel A. Alonso Diz, Alba Méndez,
Alfonso Láuzara, Manolo Pipas e Alberte Momán
(Foto: Tanis Gamuzo, de Xeado de Toxo)

Miguel Alonso con Elvira Millán Liméns (convidada especial)
(Foto: Mari Porto)
.

(Foto: Mari Porto)
.
.

sexta-feira, novembro 05, 2010

de ALFONSO LÁUZARA...



.
SENTENCIA


Encolliches,
es un monstriño tenro
que dá voltas nesta hora
no remuíño maino do meu café,
nese raro xirar de zurdo redireccionado.
Afogarás
terás unha morte doce,
no fundo agarda ese lodo,
un pouso derretido de azucre moreno.

.

do noso libro "Sétimo andar, poesía alén"

.

quarta-feira, novembro 03, 2010

de ALBERTE MOMÁN...

.
SERMOS UN
.
........... I
queremos paz
se cinguimos os pasos
como obriga
a toda realidade práctica
queremos paz
se renunciamos a nós
ao ti e máis eu
que por vontade propia
decidimos perdernos polas congostras de Hío
e volver
sobre nós
e con nós ao mundo todo
con pé firme
que decidimos non esquecer
e figurar nesta nosa historia
que é a de todo un pobo
.
do noso libro "Sétimo andar, poesía alén"
.

segunda-feira, novembro 01, 2010

PRESENTACIÓN II

Eu non rindo falsa adoración
as grandes plumas
nin me adscribo a movementos
que me impulsen

non preciso de atallos
nin que sonoras voces me pronuncien

coñezo o límite dos meus ollos
e a forza do meu verbo

sosteño os meus soños cos beizos
e as miñas mans co vento

É por isto
que non mendigo sustento
nin arrolo un triste retrinco de papel
no meu corpo de neno

son libre mensaxeiro
dos meus versos

defensor do noso
asasino do ego

forxador do meu tempo

Miguel Ángel Alonso Diz

sábado, outubro 30, 2010

Versos de MANOLO PIPAS



a viva memoria
do pobo zapoteco
a longa historia
das comunidades mixes
as escuras raices
das tribos cuicatecas

as humidas cancions
das xentes ikoots
o duro camiño
da cultura mixteca
os bermellos huipiles
da nacion triqui
a maxia do rio
dos irmans chinantecos
a resistencia
dos pobos oaxaqueños


manolo pipas

derramouse mais sangue
estes ultimos dias
das fillas e fillos desta terra

versos do libro
viaxe ao pais das nubes
ilustracion de pedro currás
.
oaxaca galiza 2006
.

quinta-feira, outubro 28, 2010

A PORTA VERDE EN TELEVIGO

Alfonso Láuzara e Miguel Ángel Alonso tiveron a ocasión de conversar "Á sombra da oliveira" sobre poesía, proxectos, o novo libro que xa está na rúa e lingua con Lourdes.

domingo, outubro 24, 2010

UNHA PORTA VERDE NA PANIFICADORA



O vindeiro venres, día 29 de outubro terá lugar na Cova dos ratos un acto a prol da Panificadora ao que vos convidamos a asistir.


- 21:00. Apertura. Reparto do Manifesto de Entremos

- 21:15. Poema: "As voces do pan" da "Porta Verde do Sétimo Andar"

- 21:30. Documental: "Panificadora" de Miriam do Roxo

- 21.45. Charla: "A Panificadora na Encrucillada"


- 1. O Concello de Vigo e a Panificadora.

- 2. A sociedade viguesa e a Panificadora: as revindicacións sociais da Panificadora.

- 3. O Concello de Vigo e o Patrimonio Industrial

- 4. Propostas de reutilización



- 22:30 Debate: "Xeitos de entrar na Panificadora"

- 23:00 Empanada e conclusión.

PRESENTACIÓN EN MOAÑA DO LIBRO "SÉTIMO ANDAR, POESÍA ALÉN"















MÁXICA noite a vivida en Moaña o pasado venres día 22 de outubro, nunha biblioteca "Quintela" chea, escoitaronse as voces dos autores deste fermoso libro de poesía.

Agradecer a xente de Moaña a súa presencia e atención, ademais da súa implicación coa nosa cultura. Un bico para todas esas mulleres que asemellan estar esculpidas polo mesmo mar...
.

quinta-feira, outubro 21, 2010

de ALBA MÉNDEZ...

.
Os amores valentes son
como cando logras facer un límite
e tende a infinito.

Endexamais puideches amar tanto.
Endexamais sentiches o oco cheo
na metamorfose que sufriu teu corazón
que noutrora ficaba baleiro.

Xa non son bolboreta.

Até onde chegará
a miña singradura onda ti?
Os dous sabémo-lo que hai:
O agarimo e a paixón infindo dunhas chaves
para ser libres na terra
e saír das prisións
por ser ou estar comprometidos.

Aproxímase con designio
apaixonada a alborada,
renacendo a conxunción
da meniña
da maré salerosa do Morraço
e do paraíso do ceo
que ti representas.
.
....... do noso libro "Sétimo andar, poesía alén"
.

quarta-feira, outubro 20, 2010

A PORTA VERDE COA PANIFICADORA


Diversas noticias sobre a Panificadora; parece que o futuro asemella mellor para a nosa cidade.

http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?lang=gal¬icia=14252

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/10/18/00031287403265265681431.htm

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2010/10/18/caballero-plante-conservacion-ayuntamiento-vigo-conservara-integramente-panificadora-mayoritariamente-dotacional/482422.html