terça-feira, abril 05, 2011

A Porta Verde en Madrid... coa compañeira Ana Cibeira!

.
PRESENTACIÓN-RECITAL en Madrid

de

A Porta Verde do Sétimo Andar

.

Sábado, 9 de Abril ás 20:00 h.

na Librería La Marabunta (C/ Torrecilla del Leal, 32, Lavapiés, Madrid)
. .
Alí estaremos pois na libraría La Marabunta, no madrileño barrio de Lavapiés, da man da compañeira Ana Cibeira, para falar do noso espazo colectivo e presentar as últimas publicacións de A Porta Verde: "Sétimo andar, poesía alén" e o poemario "DE CASTRO" que abre a publicación periódica semestral dos Cadernos Q de Vián. O acto completarase cun recital colectivo. E aproveitaremos tamén, como sempre, para compartir experiencias e novas iniciativas con persoas e colectivos do lugar, para non perder o costume! Así que o convite é tamén para todas as persoas que queiran achegarse! A porta está aberta! Será un pracer!
.
Ademais, outra das novas importantes é a inminente publicación de Pintalabios, o primeiro libro de poemas de Ana Cibeira, que acollemos con grande entusiasmo! Edita Toxosoutos. Ficade pois atentos e atentas!

Ana Cibeira titula este libro Pintalabios, como unha chamada de atención sobre o que perdeu xa a categoría de excepcional revisando, a un tempo, o seu simbolismo, máis complexo do que podería parecer a primeira vista. Válese así dos tres elementos precisos para realizar o ritual: lapis, pintalabios e algodón - que son tamén as tres partes-materia en que se organiza o volume - e converte ao xesto nun deliberado reclamo sobre a boca, ese vestíbulo do corpo polo que entra o alimento e saen as palabras, o territorio macio onde interactúan en forma de beixo dous seres, o “cálido fogar/ aberto rabuño na carne/ delicada ó sul da face” - como fermosamente escribe a autora - que nos permite o sorriso, se contrae na dor e censura o pranto.
(do limiar de Teresa Seara) ..

sábado, abril 02, 2011

Colectivo Sacou e A Porta Verde. Encontro poético en Noia!







.
O 1º de Abril tivo lugar en Noia un sensacional encontro poético do Colectivo Sacou e A Porta Verde do Sétimo Andar, que celebraron un acto literario conxunto de presentación de ambos proxectos con recital poético e troula posterior. Cartafol do serán foi o título da iniciativa, na que tamén se deron a coñecer as últimas propostas dos dous colectivos.

.













.

sexta-feira, março 25, 2011

poetas en radio piratona

o colectivo a porta verde
publica no seu espacio da rede
unha colectanea de imaxes
dun recital na radio livre piratona

poetas ao micro cos seus versos
e coas desventuras do colectivo
dos libros e das presentacions
e imaxes cotiás do encontro
para grabar esas palabras

nas paredes da radio cartaces
de eventos e contraventos
de encontros e desencontros
de asambleas ceas entroidos
e outras mascaradas

os poetas do público setimo andar
falan das suas cousas no baixo
clandestino da radio livre piratona
e un dos compañeiros olla nas paredes
os seus propios fantasmas

Manolo Pipas

quarta-feira, março 23, 2011

A Porta Verde na Radio PIRATONA!














.

Alí estivemos o sábado 19 de marzo nunha marabillosa mañán soleada ás portas da primavera, para falar do colectivo, do suceso "Sétimo andar, poesía alén", dos cadernos Q de Vián con ese "De Castro" que xa está na rúa, das nosas actividades e recitais... e de todo un pouco!


Radio PIRATONA (106.0 FM Vigo)

segunda-feira, março 21, 2011

segunda-feira, março 07, 2011

"A Música de Orfeu"

.

Conversa com Alexandre Teixeira Mendes, tendo como tema central o poema "A Música de Orfeu" do Livro "Voz do Emerso / Voix de l'Émergé" - Edições Extrapolar

Realização, imagem e montagem: Elisabete Pires Monteiro
.

As Mãos, A Alma - Elisabete Pires Monteiro

.

elisabetepiresmonteiro.blogspot.com
Bebeth

sábado, março 05, 2011

PRESENTACIÓN DE CASTRO EN MOAÑA

Asún Estévez e Miguel Ángel recitando un dos poemas de DE CASTRO

domingo, fevereiro 27, 2011

de "DE CASTRO" - cadernos Q de Vián

.
por que as crianzas dos nosos días
descoñecen o significado das aldeas?
–¿lo qué?

.
que pasa se nos quitan a lingua?
que pasa se nos quitan a lingua?


.
renuncia
desleigado
do seu
do ser
da fala

............ da identidade


.
dilúviome de alienación
e segue chovendo


.
demouco sentimentos patrióticos
de bágoas duras

............ non vale o pranto
.
porque había vida
onde hoxe hai asfalto


.
da Habana
............ sentindo o ar
............ da nosa terra
á arquitectura do cemento
e segue chovendo
dos Pinos á devastación
desmemoriada

.
das outas frondes
ao deserto de Castela
e máis
docemente no tempo

.
agora
............ eu
humilde poeta do XXI
tamén teño morriña
das orfas e orfos nos campos de soidade.

.
(DE CASTRO: Alba Méndez e Alberte Momán)
.

domingo, fevereiro 20, 2011

Presentación do Q de Vián "DE CASTRO" e recital rosaliano en Moaña!

.

.
Venres, 4 de Marzo ás 21:00 h.
Biblioteca pública de Quintela -MOAÑA-


Presentación do caderno Q de Vián "DE CASTRO"

de Alberte Momán e Alba Méndez.

Ademais, recital poético rosaliano no que participarán:

Asun Estévez
Lucía Novas
Daniel Costas
Alfonso Láuzara
Miguel A. Alonso
Neves Soutelo
Manolo Pipas
Anxo Ratel

Representando á Asociación de Mulleres de Moaña:
Ana Blanco
Dora
Concha Trigo
Elisa

.

sábado, fevereiro 05, 2011

O 3º mellor libro de poesía galega do 2010!!!

.



Segundo Fervenzas literarias,

"Sétimo andar, poesía alén"

é o 3º mellor libro de poesía galega do ano 2010!!!


Clica aquí

Moitas grazas a tod@s! Obrigado!

.

domingo, janeiro 23, 2011

Q de Vian cadernos - DE CASTRO

.


De Castro
Alba Méndez (Moaña. 1985)

e Alberte Momán (Ferrol. 1976)
.
Q de Vian Cadernos do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar

ISBN: 978-84-15164-23-4 .


.
Q de Vian Cadernos é unha iniciativa do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar, que con este primeiro número busca incidir na visibilidade da produción artística galega. Esta colección nace con afán de continuidade, polo que periodicamente abrirase a porta deste espazo á participación de artistas galegos e galegas, así como a autores e autoras de países lusófonos cos e coas que xa actualmente se manteñen relacións.
.
De Castro.- Colectánea poética de Alba Méndez e Alberte Momán, que unifica a visión de ambos sobre a obra e a figura de Rosalía de Castro, icona da literatura e a identidade galegas. Lonxe de todo academicismo e de pretensiosas actualizacións que estarían fóra de lugar, trátase dunha apropiación da obra da autora galega, para achegala á de dúas persoas diversas nun exercicio de posta en común, non exento de conflitos.
.

Pódese mercar nos seguintes sitios:

Contactando con nós: aportaverde@gmail.com

En actos nos que participe A Porta Verde

Vía internet: Toupa.net

Nalgunhas librarías da Galiza: O Pontillón (Moaña) Libraría Miranda (Bueu) ...

sábado, janeiro 15, 2011

A Voz do Emerso / La Voix de l'Émergé

.

.
A Voz Do Emerso / La Voix de l'Émergé
pinturas de Elisabete Pires Monteiro
textos de Alexandre Teixeira Mendes
Apresentação: Manoel Bonabal
.
.
29 Janeiro 2011, 17h
Clube Literário do Porto
Rua Nova da Alfândega
Porto
.

terça-feira, janeiro 11, 2011

REVISTA ATENEA - Especial relatos curtos 2011 -




SUMARIO ATENEA 40
Especial Relato Curto “Un atípico nadal”

EDITORIAL

BIBLIOTECA - HEMEROTECA

Cousas da Biblioteca – Hemeroteca
RELATOS CURTOS

“Animal” por Alba Méndez De La Peña
“Paxaros no deserto” por Alberte Momán
“Chove fora” por Alfonso Láuzara
“O gastrónomo secreto das lámpadas de incandescencia” por Mario Pardo Pérez
“Sete contos de nadal” por Marisa Méndez
“Mar de vida, mar de morte” Miguel Angel Alonso Diz
“Postal con Namía” por Xoán Carlos Domínguez Alberte
“O nadal e Eurovisión” por Beatriz Fernández Varela
“O meniño e o incógnito” por Óscar Bouzas
“O reencontro” por Pedro Naveira Pedreira
“O solpor chegou roto” por Clara Isabel Rodríguez Giraldez (Clara de Roxo)
“Os reis non son os pais” por Arturo Lezcano
“A neve cubríao todo” por Paco Oti
“Noitevella no almacén dos parafusos” por Tito Pérez Pérez
“Unha navidade atípica” por Irene Quinteiro
“Un atípico nadal” por Jorge Miguel Gago Chao
“Escuro natal” por Lupe Cês
“A choiva corisca na fiestra do meu cuarto” por Josefa Fernández Fernández
“Pum – Pum – Pum” por Javier Maseda Rodríguez
“O pai vendera o burrico meses antes” por Moncho Iglesias Míguez

PROGRAMACIÓN XANEIRO – FEBREIRO - MARZO 2011

quarta-feira, janeiro 05, 2011

NOVAS DO ATENEO FERROLAN





Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso Club de Lectura, organízanse os encontros coa lectura onde se xuntan 20 socios e socias, todos os primeiros martes de cada mes, para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora Anxeles Seoane.

PRÓXIMAS CITAS no noso CLUB DE LECTURA ANO 2011


Martes día 11 de xaneiro de 2011 ás 19,30h. na Sala de Prensa do Teatro Jofre. Estamos co libro "Queda la noche" de Soledad Puértolas.


Diferentes autores foron os escollidos para os nosos encontros como: Juan Rulfo, Gabriel García Márquez, Manolo Rivas, Damaso Alonso, J. Sender, Machado, García Lorca, Miguel Delibes, Julio Cortázar, Vargas Llosa, ,Valle Inclan, Eduardo Mendoza, Sabato, Saramago, Gil de Biedma, Pío Baroja, Lendas galegas, teatro, Jose Luis Sampedro, Julia Uceda, etc.

Por mor da execución das obras de rehabilitación do edificio do Ateneo Ferrolán, o Concello de Ferrol por medio da Concellería de Cultura déixanos ubicarnos neste espazo do Teatro Jofre para poder levar adiante o noso, xa veterano, Club de Lectura, polo que dende aquí reiterámoslle as grazas.