domingo, outubro 24, 2010

PRESENTACIÓN EN MOAÑA DO LIBRO "SÉTIMO ANDAR, POESÍA ALÉN"















MÁXICA noite a vivida en Moaña o pasado venres día 22 de outubro, nunha biblioteca "Quintela" chea, escoitaronse as voces dos autores deste fermoso libro de poesía.

Agradecer a xente de Moaña a súa presencia e atención, ademais da súa implicación coa nosa cultura. Un bico para todas esas mulleres que asemellan estar esculpidas polo mesmo mar...
.

quinta-feira, outubro 21, 2010

de ALBA MÉNDEZ...

.
Os amores valentes son
como cando logras facer un límite
e tende a infinito.

Endexamais puideches amar tanto.
Endexamais sentiches o oco cheo
na metamorfose que sufriu teu corazón
que noutrora ficaba baleiro.

Xa non son bolboreta.

Até onde chegará
a miña singradura onda ti?
Os dous sabémo-lo que hai:
O agarimo e a paixón infindo dunhas chaves
para ser libres na terra
e saír das prisións
por ser ou estar comprometidos.

Aproxímase con designio
apaixonada a alborada,
renacendo a conxunción
da meniña
da maré salerosa do Morraço
e do paraíso do ceo
que ti representas.
.
....... do noso libro "Sétimo andar, poesía alén"
.

quarta-feira, outubro 20, 2010

A PORTA VERDE COA PANIFICADORA


Diversas noticias sobre a Panificadora; parece que o futuro asemella mellor para a nosa cidade.

http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?lang=gal¬icia=14252

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/10/18/00031287403265265681431.htm

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2010/10/18/caballero-plante-conservacion-ayuntamiento-vigo-conservara-integramente-panificadora-mayoritariamente-dotacional/482422.html


quarta-feira, outubro 13, 2010

Apresentação de "Sétimo andar, poesía alén" em Espinho

.




Fotos: Carlos Silva

.

Filo-café "Res pública / Res privada" do Porto

..
Fotos: Carlos Silva
.

Sétimo andar en Espinho

.
fomos a espinho a presentar
o segundo libro da porta verde
sétimo andar poesía alén
un pouco ao sul do rio douro
pertinho da beira do mar

dos anunciados falhou un
e partimos catro nun carro
e sen querer tivemos que pechar
unha segunda porta non verde
a que ti vinheras con nós

presentounos a associaçao extrapolar
e entre poemas monologos e debate
con velhos e novos companheiros
extrapolamos sobre o tempo este
e a nosa galaecia terra comun
e lonxanas rexions e tempos idos

como catro elementos fomos presentados
do espacio da chamada porta verde
e a alba á volta no carro o dia despois
definiu a materia de cada un dos elementos

alfonso aire sonhador entre nubes suaves
lume alberte entre paixon e incendiario
alba auga maré salerosa do morrasso
e pra min a terra cunhas boas palabras

.
..................... manolo pipas
posdata
tamen estivemos no filo café
do clube literario do porto
pero esa é outra desventura

.
do porto a vigo da tardinha
ao solpor a 10 de outubro

.

segunda-feira, outubro 11, 2010

XOGUEMOS

Xoguemos coma nenos na noite
que esbara o seu nome
polos corpos outrora celestes
da madrugada.

Xoguemos coma principiantes
que descobren o sol
na triste lúa que se agocha
na escuridade da ialma...

xoguemos até que as campás
do derradeiro viaxe
reclamen o silenzo,
xoguemos...

porque nestes xogos atoparemos
os beixos durmidos
as caricias luídas
as olladas calmas
a min... a ti... a nosa vida
aos nosos fillos...

XOGUEMOS!!!


Elvira Millán e Miguel Ángel Alonso

terça-feira, setembro 28, 2010

A presentación nos medios...

.
A Porta Verde no Xornal de Galicia!
"Sétimo andar, poesía alén"
clica aquí!
.
A Porta Verde nas "olívicas miradas" do Faro de Vigo,
dende a entraña da Cova!
- Presentación de "Sétimo andar, poesía alén" en Vigo -
clica aquí!
.

segunda-feira, setembro 20, 2010

Presentación en Vigo!

.
"Sétimo andar, poesía alén"
9 voces na entrañábel Cova chea de amizade e poesía!
(A Cova dos Ratos - Sábado, 18 de setembro de 2010)
.
De esquerda a dereita: Ramiro Vidal, Ana Cibeira, María N. Soutelo, Alfonso Láuzara, Alba Méndez, Miguel A. Alonso, Manolo Pipas, Alberte Momán e Rosa Enríquez
.








Alfonso Láuzara cos amigos Abilio Rodríguez e Luís Viñas
.


Vista do ambiente no interior da Cova

domingo, setembro 12, 2010

PRESENTACIÓN en VIGO!!!

.
Sétimo andar, poesía alén
.
(novo libro de A Porta Verde do Sétimo Andar)
.
Sábado, 18 de Setembro, 21:00 h.
en A Cova dos Ratos
(Romil, 3 - Vigo)
.
... ... ...
.
- Distribúe: Consorcio Editorial Galego -

As principais librarías da Galiza teñen o libro:
Couceiro (en A Coruña e Compostela)
Pedreira e Follas Novas (en Compostela)
Andel, Librouro e Cartabón (en Vigo)
Torga (en Ourense) Trama (en Lugo)
Central Librera e Limiar (en Ferrol)... entre outras!
E ademais calquera libraría pódeo pedir!
.

sexta-feira, setembro 10, 2010

de ROSA ENRÍQUEZ...

.
Toute grandeur est domination
territorio do disimulo
cobiza.

E se non amas
se nada deixas
nin dás
se nos esquivas...

É pola dignidade?

Mirar alto-estirarse
a postura forzada
-gonflés-
aprés tant d'orgueil
tant d'étrange oisiveté...
Aparentes.

A cuestión social non pode ser patria
témola na pel.
.
... do noso libro "Sétimo andar, poesía alén"
.

quarta-feira, setembro 08, 2010

MANUEL MARÍA. Poeta nacional!

.
CANCIÓN PRA HORA DE MORRER
.
Despois de vivir nun tempo triste,
nun país vello,probe i atrasado,
chega o intre no que un xa non resiste
e déitase a morrer desesperado.

Chega o intre no que un non pode máis
e decide morrer rabiosamente.
Pero un teime nos outros,nos demáis,
e sinte piedade por un e pola xente.

Sinte piedade pola probeza i o atraso;
pola incomprensión,pola xenreira;
pola amargura e máis polo fracaso;
porque a vida ha ser doutra maneira.

A vida ten que ser luz e beleza;
amor e máis verdade,chama alcendida;
comprensión,irmandade e máis pureza
e non zurro fecal,chaga podrida.

.
......................... - Manuel María -
.
Somos eco da voz poética que nunca esmorece!
.

Agardabamos...

Agardaba a luz nacer
baixo aquel carballo tristeiro...

agardaba o vento mareiro
a quentura do sal na pel...

agardaban os meus ollos o tacto dos teus
nun instante asolado pola negrura dunha noite apiques de esmorecer…

eramos dúas cunchas que agardaban, húmidas,
o derradeiro amencer,
un xunto o outro
sen saber que dizer…

e a noite fíxose día
e o día chegou sen mergullo,
e a humidade trocouse en bagoas afogadas
pola dor do final…

todo isto… mentres agardabamos
ver nacer a luz
baixo aquel carballo tristeiro

todo isto… mentres agardabamos
que o vento mareiro
sentira a quentura do sal na pel

agardabamos

Elvira Millán e Miguel Ángel Alonso

domingo, setembro 05, 2010

de ANA CIBEIRA...

.
[...]

Este bestiario poético
de escamal doce e tráxico
fura pequenas mortes
mar de carne de plancto.

[...]

Estoupan pompas fráxiles
adoecer vivo
suxestión ardente
revestida de esporas.

[...]

do noso libro "Sétimo andar, poesía alén"
.