terça-feira, junho 15, 2010

Olho-girassol

.

Planto girassóis nos olhos
Para ter o que te ofertar
Girassol
Gira no sol
Gira no olhar
Que permaneça a alquimia
Do girassol no meu olhar
Girassol
Brilha no sol
Brilha no olhar!

.
................... Rita Rosa (Brasil)

.

sábado, junho 12, 2010

DESEXO

.
Desexo...
coa sutileza dunha acuarela
dar formas aos meus pensamentos
que non son senón
gromos de sentimentos.

Coa musicalidade serea
da chuvia sen vento
compoñer...
con gotas de palabras
versos de recordos
macerados no leito do tempo.

E...
co tesón dese mar
que con brazos de onda
labra parcelas de rocha e area

desenrolarme sen desalento
empíricamente madurando
no devir do coñecemento.

.
- Susana Pazo Maside -
.

quarta-feira, junho 09, 2010

Auga de mineralización débil enriba da mesa que estaba chea de po

.
Sería un peón esvaído
ondeando no momento
se non tivese valor
para te decir que non.

Sería unha vida de pedra
carente de sentimentos
ou roubados como rouba
terreo a auga aos cons.

Sería unha causa perdida
cando o ideal rozase o alento
da túa face contra miña
latexando de emoción

Sería xenial, sería fantástico,
sería a sentenza do meu eu,
globalizacións prismáticas,
que bo sería
se todo o mundo estivese d'accord

.
........... - Fabián Barreiro -
.

segunda-feira, junho 07, 2010

Pintura de Josuha Acuña Martínez

Un artista moi novo de Bueu (Galiza)
Bacharelato de Artes do "María Soliño" de Cangas do Morrazo.
.
"Liberdade"
.
.

"Lembranzas líquidas"
.

domingo, junho 06, 2010

Querido amigo:

hoxe é un día gris cheo de nubes cansas e tristes, no que os ollos, labrados polas bágoas asemellan silandeiras figuriñas de terra

hoxe os segundos carrexan recordos que van chegando sen permiso até o peito oprimido, e o ecoar das conversas, agora mudas por sempre, vai deixando na orela un arrecendo de esquecemento co que xuro loitar cada día...

hoxe, meu querido amigo, compartirás mesa na casa dos elixidos, e dende aquí, dende este ceo gris ateigado de nubes orfas envíoche un abrazo.

Seica non é un adeus amigo, senón un deica-logo.


In memoriam Jose Carlos (5 xuño 2010)



Miguel Ángel Alonso Diz

Palabras vacías de significado

.
Flotan ao meu redor
palabras vacías de significado,
como motas de polen ansiando
preñarse no leito da terra.

Indagan cal paxaras extraviadas
buscando o niño, onde famentos
agardan os desasistidos poliños.

Pérdense as veces no camiño,
cal dardo rastrexando o centro
dun confuso sentimento.

Namentres eu erro
tentando darlle pulso á palabra
nos meus beizos, vexo o arco da vella
entre ceo e terra ancorado.

Con sete fíos de cor albisca o horizonte,
na procura da man que o tense
liberando ós seus raios de luz detida,
cal verbas adormecidas.

Bótolle a man...
préndese nela...
¡¡ tenso...
e solto!!

Como decididas frechas
ao seren lanzadas propáganse
trala súa ventura, en feixes
de ringleiras que soan como versos
entrelazados dun poema.

Versos que arroupan dos sentimentos
os corpos, que devecen ser poesía,
como pétalos aunados cal setestrelo
no ceo, querendo formar a flor.

.
- Susana Pazo Maside -
.

sábado, junho 05, 2010

segunda abordaxe

.
en poucos dias
segunda abordaxe sionista
a un chamado barco da paz
cheo de medicamentos e viveres
e din nunha radio oficial hispana
abordaje sin incidentes
como se uns nove asesinatos
e centos de represaliados
fosen un incidente

e esta vez non houbo mortos
pero en gaza e palestina
hai asesinatos case todos os dias

palestinos e activistas somos os mesmos
dixo sen pensar un dos segundos
nunha rolda de prensa logo de ser deportado

.
mañán do 5 de maio
- Manolo Pipas -

.
catro textos e unha imaxe por palestina
www.envolventesaspalabras.info

segunda-feira, maio 31, 2010

ai gaza AI GAZA

.
ai cantas prazas
no mundo hoxe
se chamarán gaza
ai cantas prazas
ai gazas cantas

ai os barcos os barcos
que querian ser
os barcos da liverdade
que foron do espanto

ai cantas prazas
ai cantos mortos
AI CANTAS GAZAS

.
- Manolo Pipas -
galiza 31-5-10
.
para os ultimos
e todos os mortos
do imperio israelita

.
publicado en
www.envolventesaspalabras.info

sábado, maio 29, 2010




Son como unha árbore
baixo un ceo fuxitivo
que non se deixa amar.

Por máis que medran os meus versos
estás sempre tan lonxe...!

Dende o outeiro que me viu nacer
agardarei o amencer con ollos de neno
e amareite coa forza do mundo.

Encerellado na terra
treparei polos teus brazos de ar
até acadar unha morte
que ó cabo, me transporte lixeiro
como cinsa, pero cinsa namorada
polo teu corpo imposíbel.

Meu amor, meu ceo fuxitivo,

por máis que medran os meus versos
estás sempre tan lonxe…!
.
Miguel Ángel Alonso Diz
.

terça-feira, maio 18, 2010






Mentes Diverxentes, é unha exposición realizada por 3 novos valores.
Unha mostra de caracter persoal e pouco convencional na que mostraranse diferentes traballos de pintura, fotografía e escultura. Dunha maneira única, orixinal e autodidacta, Estes 3 artistas móstrannos o seu mundo persoal de fantasía e imaxinación no que poderás deixarte levar por todos os teus sentidos ao longo dun peculiar recorrido artístico.


INAUGURACIÓN o Martes 18 de Maio ás 20,30 horas no Ateneo Ferrolán.

segunda-feira, maio 17, 2010

17 de Maio de 2010



DÍA DAS LETRAS GALEGAS

dedicado ao poeta do Courel

Uxío Novoneyra

sábado, maio 15, 2010

Entre Rosalía e Novoneyra


.
entre rosalía e nononeyra
un tempo de loita pola lingua e a cultura /
un tempo de letras galegas
tempo das follas novas e dos eidos /

.
hai corenta e sete anos
un dezasete do mes de maio
cumprianse cen anos da publicacion
dos cantares gallegos de rosalia de castro
libro de raiz oral e base da nosa cultura escrita
e este dia foi declarado polos intelectuais
na clandestinidade da dictadura
como o dia das letras galegas
e hoxe os fillos e netos politicos
daqueles fascistas ai seguen golpeando
a nosa lingua e a nosa cultura

.
rosalia e nononeyra
duas frondosas arbores de poesia
rosalia a poeta popular e a poeta do pobo
novoneyra o poeta do pobo
pero pouco coñecido
o poeta da terra e o poeta social
silenciado polo poder nestes anos

.
.................. (vigo 12-5-10)
.............. - Manolo Pipas -
.

Camiño de volta aos eidos

(a Uxío Novoneyra)
.
da tua elexia é o tempo
compostela lugo e as campás do courel
camiño de volta aos eidos
.
en silencio acendin un lume por ti
ollando o lume lembrei os teus versos
e na compaña dos meus seguin calado
sentindo como se asaban as castañas
.
lume da morte e lume da vida
e as castañas sabiannos a terra
en silencio sain do silencio
e mañan recitarei versos por ti
.
en lugo o dia da tua non despedida
poucas voces foron capaces
de facer o coro na letania
.
............... Manolo Pipas (11-99)
.

quarta-feira, maio 12, 2010

Queremos galego!

17 de Maio - Manifestación en Compostela!

Saída da Alameda. 11:30 h.
.
.

segunda-feira, maio 10, 2010

Ciclo de cine DICIMOS GALEGO


Todas as proxeccións serán os Martes ás 19:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, e a entrada será de balde.