
.



I
Caio sobre a nube de algodón
nunha pradería
dun e doutro raigrass
alimentados polas bondades infinitas
dun millón de pérolas de cores
como nas noites de sábado
que suscitan a recusa unánime
dos que quixeramos crer
que hai luz ao final do silo
II
Cando teñas que dar unha indicación
fala sempre do cruce da Pereira
aló conflúen todas as direccións
e morre o millo
na sementeira directa dun día de choiva
Alberte Momán