sábado, maio 15, 2010

Entre Rosalía e Novoneyra


.
entre rosalía e nononeyra
un tempo de loita pola lingua e a cultura /
un tempo de letras galegas
tempo das follas novas e dos eidos /

.
hai corenta e sete anos
un dezasete do mes de maio
cumprianse cen anos da publicacion
dos cantares gallegos de rosalia de castro
libro de raiz oral e base da nosa cultura escrita
e este dia foi declarado polos intelectuais
na clandestinidade da dictadura
como o dia das letras galegas
e hoxe os fillos e netos politicos
daqueles fascistas ai seguen golpeando
a nosa lingua e a nosa cultura

.
rosalia e nononeyra
duas frondosas arbores de poesia
rosalia a poeta popular e a poeta do pobo
novoneyra o poeta do pobo
pero pouco coñecido
o poeta da terra e o poeta social
silenciado polo poder nestes anos

.
.................. (vigo 12-5-10)
.............. - Manolo Pipas -
.

Camiño de volta aos eidos

(a Uxío Novoneyra)
.
da tua elexia é o tempo
compostela lugo e as campás do courel
camiño de volta aos eidos
.
en silencio acendin un lume por ti
ollando o lume lembrei os teus versos
e na compaña dos meus seguin calado
sentindo como se asaban as castañas
.
lume da morte e lume da vida
e as castañas sabiannos a terra
en silencio sain do silencio
e mañan recitarei versos por ti
.
en lugo o dia da tua non despedida
poucas voces foron capaces
de facer o coro na letania
.
............... Manolo Pipas (11-99)
.

quarta-feira, maio 12, 2010

Queremos galego!

17 de Maio - Manifestación en Compostela!

Saída da Alameda. 11:30 h.
.
.

segunda-feira, maio 10, 2010

Ciclo de cine DICIMOS GALEGO


Todas as proxeccións serán os Martes ás 19:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, e a entrada será de balde.

domingo, maio 09, 2010

Todo vai chegando a min
neste continuo ir e vir de ondas
que me acompaña

chegan as buguinas, as lembranzas,
chegan as arelas e as pedras

tamén as desgrazas

todo vai chegando a min
co devalo da terra,
as amizades devoradas
as mentiras, as xenreiras

todo vai chegando ao meu corpo
dende a mar silandeira,
mentres eu agardo calmo
coa conciencia lixeira

Miguel Ángel Alonso Diz

sábado, maio 08, 2010

Páxinas de suor

.
Unha volta polo teu fogar
amigos, xente que coñeceches
fervenza de lembranzas
sabes que a xente non cambia
¿por qué esta teima logo?

Camiñando polo meu lar
a miña memoria recorda.
Por os dente longos como manía
ou coma hobby.

Desde logo que non debería.

Amósote o chupa-chups
mais logo cómoo eu
ante a expresión de
incredulidade-pena-rabia
do teu rostro.

Levantarse a media noite para tomar mel,
o mel que engurrará a miña enchoupada
gorxa, axudando a esmagar
o fuxido esplendor.


Pervertemos a esgallo
reconstruimos o accidente
e pode ser que a miña decepción esté
enmascarada,
pero non o está a miña rabia.

.
....................... - Fabián Barreiro -
.

terça-feira, maio 04, 2010

Agra

I

Caio sobre a nube de algodón

nunha pradería

dun e doutro raigrass

alimentados polas bondades infinitas

dun millón de pérolas de cores


como nas noites de sábado

que suscitan a recusa unánime

dos que quixeramos crer

que hai luz ao final do silo



II

Cando teñas que dar unha indicación

fala sempre do cruce da Pereira


aló conflúen todas as direccións

e morre o millo

na sementeira directa dun día de choiva


Alberte Momán



domingo, maio 02, 2010

Hospital: A agulla e o palleiro

.
Nin unha alma se move no hospital,
sen folgos berro non quedan moedas,
paredes brancas e brancas sensacións,
bicarbonato de sodio nas veas,
queixume das padiolas finxen tremer,
a agulla e o palleiro,
hoxe bailamos con esa visión.

Entre a vida e a morte estou
e ao chegar á alfándega das mágoas
semento bágoas nese mar de algodón
onde naceran sempiternas pingas
que me fan deitar no límite entre
a agulla e o palleiro,
alugo mistos en espiral maior

Axeitamos á raíña retorta,
xantamos vacinas de xeito sutil.
Asexamos entre os quirófanos.
O viño non é viño,
senon sangue
coagulada.

.
........ - Fabián Barreiro -
.

sexta-feira, abril 30, 2010

Perdóovos pola vosa mala baba
caracois de mirada xenreira,
seica sodes pobres de espírito
cegas cunchas baleiras

perdóovos pola vosa escasa conciencia
e polas mentiras vertidas
dende a vosa falsa aparencia.

perdóovos porque non sabedes o que facedes
nin as súas consecuencias

perdóovos porque non desexo ensuciar as cadeas

perdóovos porque o meu corazón
é unha limpa fonte senlleira

perdóovos porque a miña fe
e o perdón sen regras

perdóovos porque no perdón atopo
a felicidade que xa chega…


Miguel Ángel Alonso Diz

campos abandonados

muitos campos están abandonados
abandonados os muiños e os regos
e a auga desvíase e baixa polas corredoiras
desfacendo o traballo de moitas xeracións

e no solpor tamen baixan
os xabarins entre os soutos e as leiras
desfacendo os ultimos traballos das familias

no medio da corredoira duas crias xogan
e tamen xoga na casa a nena que naceu na aldea
logo de mais de vinte anos sen nacementos

as chozas 24-4-10

Manolo pipas

a pedra e as chozas

a pedra e as chozas / camiñan parellas
casas e muiños / e os muros das leiras
pontes e cruceiros / que che dan o paso
terra do granito / de duros paisanos
pedras lavadeiros / cantas escaleiras
tamen os canastros / coas suas cubertas
casas que se caen / agora se arranxan
o vello granito / que nunca descansa

as chozas e a pedra
antes e agora
camiñan parellas

darredor da casa / vai un empredrado
as vellas sopenas / baixo os nosos pasos
pedra ben feitiña / cadrada sopena
ti ben que nos dabas / unha boa mesa
unha estraña pedra / vai facer un banco
parece un menhir / alguén dixo un falo
estas duas pedras /non son indultadas
que segue o empedrado / darredor da casa

as chozas e a pedra
antes e agora
camiñan parellas

entre unhas silveiras / foron ocupadas
duas boas pedras / por unha lagarta
a toba o reptil / non conservará
estas duas lousas / seguen a empedrar
algunhas visitas / as chozas chegaron
viven na cidade / camiñan pro campo
tolo mes de abril / de sol e poalla
hoxe van uns versos / os corpos descansan

as chozas e a pedra
antes e agora
camiñan parellas

as chozas 24-4-10

Manolo pipas

elegía en la lucha triqui

poema urgente por la lucha triqui
fue ayer fue en febrero
fue en noviembre
fue en …

cuanta miseria cuanta sangre
cuantos golpeados i muertos
cuantos desaparecidos ?!

que sucede en la region triqui
que pasa en cada uno de sus pueblos
i que hemos perdido ?!

la caravana por copala parada en la sabana
eran hermanas i amigos entre oaxaca e finlandia
i las palabras fueron contestadas por las balas
pero no fueron paradas

triquis yi ni´nanj ni´ïnj
gente de la palabra completa
ay la palabra la palabra
l a p a l a b r a

diego minas
oaxaca 28-4-2010


Manolo pipas

quinta-feira, abril 29, 2010


Este venres 30 de abril estréase nos cines comerciais Odeón-Narón o filme RELATOS, de Mario Iglesias.

Relatos é unha película que fala dunha muller con problemas sociais no ámbito doméstico, que escribe para fuxir da súa propia realidade. É un filme de temática social, centrado no personaxe feminino de Rosario, a protagonista.

Ateneo de Ferrol

quarta-feira, abril 28, 2010

Jazz Standards Collective no UF!

.
Concerto do grupo JAZZ STANDARDS COLLECTIVE
Venres, 30 de abril ás 23:30 h.
Café UF. Negra Sombra Blues (Pracer, 19 - Vigo)
Entrada: 2 €
.

segunda-feira, abril 26, 2010

Con "xe" de "equis"

.
Arredor de min saen círculos ambiguos,
prometinme ser perfecto e atopeime cun muro
de lama.
O que non sabía era como funcionaba
a complexa maquinaria,
argallando,
roendo,
até que me deixaches sen forzas,
e xa non puiden apodrecer na miña espiral
autodestructivamente alleo, limiar da miña
fiestra, rexeitar a mazá converteuse nun erro.
Debuxo círculos no chan
e por máis que intento cadralos non me atopo
mais que coa impertérrita razón de ser
do noso senso postrado sobre unha cama,
paralítico.

.
.............
- Fabián Barreiro -
.

polución no teu cemiterio

Desacougados quedan teus cravos vermellos
na cinza diluída na auga escura do meu floreiro.
Pasa o tempo coma o trafego sanguíneo
de arterias aforcadas en tolemias graxentas
desasistidos miserábeis en crucifixións verdes
nos dominios de grandes corazóns enfermos,
respiracións entrecortadas i exaltadas
cando os teus ollos húmidos perden soño en destellos
e asoman asedios de pipas erectas
sobre das insinuacións marelas nas tebras
de patrias supostas no teu corpo verdescente
porque te venden, porque perdes monte
porque te quero verde mancomunada
porque te busco saudábel entre brétemas sinistras
e non sei se acaso te atopo nun punto cativo
perdido no medio da Ría que agarda
a que moitos en recuperalo perdan a vida;
mais eu sempre te desfruto enferma
e gusto de verte universal rediviva
no meu exceso volcánico de exaculación ideolóxica
porque te quero fodida antes que morta de medo
porque te rego de esperma curado de arrepío
porque cómpre saca-lo terror das tombas
nas que copulamos envelenados co tempo;
porque te alugan en nichos comunitarios
porque a cota láctea non te enche o ventre
porque te tiran en fosas miña amada rubia galega.
Pero medrarán na polución dos cadavres as serpes
coma a semente, miña amada, coma a semente.
O povo é quem mais ordena, no mar e na terra
e tamén no pube da matria nos cemiterios.
E ti, Xuntacadavres, nada sabes destes místeres
mais as tebras chamarán por ti encantadoras
cando encendamo-la utopía no ultraista burato negro
onde amamos ao demo de pirola rabela e cornos alleos.
Os tempos son chegados, querida,
pro meu deleite no teu ventre de inferno.

alfonso láuzara