domingo, março 21, 2010

rosanegra

Pasea polo bosque outonal
agochándose silandeira, eterna
amiga viaxeira
Modela, transforma, descobre
novos eus usurpadores
que se remexen viscerais
Causando dores atroces
en cada falido parto
un aborto neuronal
Fetos deformes saen a luz
derreténdose graxentos
polo corpo espido
E da pel saen flores
Buscando o sol... para expirar...

quinta-feira, março 18, 2010

A NOSA CLASE POLÍTICA

Nego dos que din que din
e non din nada
mentres deixan a batalla
na pluma doutros
coma a unha vella abandonada.

Renego dos que fa que fan
e non fan nada
mentres choran polas tabernas
o eterno da súa desgraza.

Nego e renego dos que din que fan
por esta a miña terra amada
mentres enchen os petos
e ensucian a nosa ialma.

Miguel Angel Alonso Diz

segunda-feira, março 15, 2010

DANDISMO

Publicado por Cruz Martínez e rosanegra.

sexta-feira, março 12, 2010

AQUELA NOITE

Aquela noite fría en Compostela
de paseo antigo ebriagado e bohemio
en que lle deu por tender o corpo como un lenzo
pousado en pleno centro da entrañábel praza
do Obradoiro de poesía e soños
tan só para contemplar ante si a inmensidade
dende o corpo de elegancia rendida
proxectada con soberbia cara o ceo estrelecido.
A xeada sempre escolle as costas para entrar no corpo.
Unha figura maxestosa de contornos
como unha fermosa ondulación da pedra,
en harmonía co ancestral cosmos que procura,
negra sombra que do seu asombro se asombra
para deixar na lúa a pegada dun soño.
Era todo desexo fatal incontíbel en garda en espera.
Todo era tentación doce a caer en decadencia
e deixarse caer xa sen remilgos sobre un corpo ben acaído
tan suavemente, como orballo na madrugada, esa fera
e depositar aquel bico delicado nos perfilados beizos,
procurar con ansia o cosmos cara a cara
e remexer estrelas coa lingua ebriagada de lus
para a posteridade.
A tentación alí estaba na praza.
Sen dúbida,
a imaxinación no luar desatada.
Era un intre de pedra xeada. El suaba a fío.
Aquela noite fría, Compostela era un bico na lembranza.
Afroxou o nudo da garabata, mais xa era tarde.
O dandi penduraba enforcado no devalo.

.
......................... - Alfonso Láuzara -
("Dandismo en Compostela")

segunda-feira, março 08, 2010

Quelli occhi senza vita

Quello sguardo altr’ore felice
Adesso, solo puo afferrare
bricioli di ricordi
di quando tu sei vivo
In torno a te
cerco la pace che ho perso
quando tu sei morto
Questa situazione
ha tornato il mio viso
troppo infelice
Cruz Martínez

segunda-feira, março 01, 2010

Poemas pequenos - II -

Hai unha árbore no meu eido
que se resiste a saír,
é moi tímida e da pobre
só asoma o nariz.

Eu régoa tódolos días
antes de ir a durmir
pero ela sigue agochada
dentro da súa raíz.

Agardo que nunca se sinta soa
e coñeza o que é sufrir;
por min que siga agochada
se con iso é feliz.

Miguel Angel Alonso Diz

Vídeo dos ENCONTROS

Publicado por rosanegra.

domingo, fevereiro 28, 2010

Imaxes de: Encontros no 7º andar

Na foto, de esquerda a dereita: Enrique Leirachá, Miguel Ángel Alonso, Cruz Martínez, Cristhell, rosanegra e Servando Barreiro.



Publicado por: Cruz Martínez

segunda-feira, fevereiro 22, 2010

Alí estabas, ou non?
como unha deusa inaccesible
mentres te espías diante da miña tristeza.

Alí estabas, ou non?
amosando as túas entrañas
con exquisita delicadeza.

Alí estabas, ou non?
afundindo os meu soños con saña
e con viril dureza.

E pensei:

quero arrincarme os ollos
ante os teus ollos
aínda que non esteas

deixar que me afogue a marea
porque son o máis anano dos ananos
e ti...

unha deusa inaccesible
que rompe coas recen paridas palabras
dos teus beizos as cadeas,
que me manteñen preso
ao inmóbil horizonte do firmamento.

Alí estabas, ou non?
mentres unha tormenta xurdía do meu peito
para acabar afogándose no meu escroto.

Alí estabas, ou non?
mentres eu recollía o corazón desfeito
para agochalo no meu peto roto.

E pensei:

quizais só son un onanista, un covarde,
unha sombra nunha cova, que arde
condenado a ser unha gris pedra sen nome

sen bágoas coas que alimentarse
porque son o máis anano dos ananos
e ti...

unha deusa inaccesible
mentres as cadeas foron trepando
por riba de min como paxaros invisibles,
e eu non desconfiei
cando os meus ollos se pecharon.

Alí estabas, ou non?
Mentres me masturbába con reflexos sen vida,
estéril, inmóbil, como o horizonte do firmamento.

Alí estabas, ou non?
mentres me torturaba diante de ti como un orfo,
un orfo de min (fría estatua enfraquecida).

E pensei:

Estou cheo de cadeas
que foron trepando por riba de min,
como paxaros invisibles,
e non desconfiei!
porque son o máis ananos dos ananos

E cando as mans trataron de andar
xa era tarde, inverno,
e tratei de loitar
pero só foi un momento
porque son o máis anano dos ananos
e non me merezo!.

Alí estabas, ou non?
mentres eu debullaba este momento
e recollía do chan os anacos
que transportaba o silencio.

E pensei:

quero arrincarme os ollos
ante os teus ollos
aínda que non esteas

deixar que me afogue a marea
porque son o máis anano dos ananos
e ti...

unha deusa inaccesible
que rompe coas recen paridas palabras
dos teus beizos
as cadeas que me manteñen preso
ao inmóbil horizonte do firmamento.

E alí estabas, ou non?
mentres o tempo camiñaba os poucos,
case a tentas.

E alí estabas, ou non?
mentres eu suxeitaba ós soños
co fío das miñas veas...

e tratei de loitar
pero só foi un momento
porque son o máis anano dos ananos
e non me merezo!.

E pensei:

quero cravarme unha lanza nas costelas
quero sangrar!
ver saír a vida delas

a dor, doce golpe que esperta,
tan forte que a alma esquecida
chore polas cuncas baleiras
e ti...

unha deusa inaccesible
mentres te espías diante da miña tristeza.


Miguel Ángel Alonso Diz
Poemas deherdados

domingo, fevereiro 21, 2010

Fotos do festival de Valadares

Fotos: Begoña Miguélez e Cruz Martínez

Publicado por: Cruz Martínez

sexta-feira, fevereiro 19, 2010

O sábado estaremos en Valadares

Esta fin de semana está adicada á poesía no lab alg-a.O venres de 18:00 a 20:00 H e o sábado de 11:00 a 13:00 María Lado estará dando un curso de poesía no Centro Cultural de Valadares.
O sábado a partir das 17:30 H:
17:30 colectivo porta verde do sétimo andar
18:30 Elvira Riveiro
19:00 Silvia Penas
19:30 Ledicia Costas
20:30 Mr Caracter acústico
21:30 Leo y Arremecaghona
22:30 AID Micro aberto!
* poesía visual a cargo de Ellas (Antía Sánchez + Lucía Romaní)
* acción instalación "escritos de vento" por nelaque
* videoinstalación "autopoema colectivo" por Mig
Publicado por: Cruz Martínez

sábado, fevereiro 13, 2010

Deixeime!
arrinqueime a pluma
que tiña cravada na alma
e deixeime!

levar por unha corrente
sen palabras,

e perdinme!
na máis escura das escuridades,
e encontreime!
agochado nun verso esquecido,
e odieime!
pola miña covarde mirada ausente,
e xulgueime!
con tal dureza que
condeneime!
e craveime de novo a pluma
e deixeime!
atrapar de novo pola palabra,
e envolvinme!
na miña capa de tristeza
e ameime!
e voltei de novo a esquecerme
e deixeime!!

Miguel Ángel Alonso Diz

A miña filla

Meu amor...

non lembro como era a vida
antes da túa vida

non lembro se a lúa cantaba
ou o sol durmía

non lembro se as árbores falaban
ou o mar ruxía

non lembro meu amor,
como era a vida
antes da túa vida.


Miguel Ángel Alonso Diz

quinta-feira, fevereiro 11, 2010

Melodías fotografadas e a súa distorsión

I

Limiar ao espertar consabido

1

Hai cousas da vida, hai cousas que gustaría de contar.
O vento ferido grita: "¡viva a guerra!" e os dous de sempre
falan dos porcos de pé que xa sentaron acomodaticios.
A súa ilustrísima, arquitecto da incomprensión
murmura alto: "Pura vida", -cos dentes retóricos e místicos.
Pola estupefacción do sicofanta, o cepillo de dentes
négase a limpar de catro a catro a sombra cazadora da nosa terra.
Este corea ao leste na batalla de Varado e Waterloo:
"¡En Siberia vivíase peor!".
Xa a imposibilidade da razón, máis alá da innegable entropía,
invoca a virtude: "arestora, esperta maxín!"
A resurrección das mentes lúcidas:
haberá de chegar algún día á segunda filosofía:
outra oportunidade máis que algún
terá de estragar, xa verás.
Pois arredor do non só hai minifundio
e prefire a esmorga do destino:
estragos baseados en feitos reais da Galiza hoxe,
para morrer coma mártires subsidiados.
Mais, para isto: "¡Non saber o camiño!".

Manuel Piñeiro

domingo, fevereiro 07, 2010

Presentación do libro de ProLingua


O venres 5 de febreiro na Casa Galega da Cultura de Vigo. Tivo lugar o acto a prol da lingua galega ás 20:30 horas, cunha grande afluencia de xente (200 persoas). Este libro colectivo tira por terra todas as falacias que se verten sobre o idioma e segundo os propios autores é unha:
" ANÁLISE DOS PREXUÍZOS MÁIS COMÚNS QUE DIFUNDEN OS INIMIGOS DO IDIOMA"
rosanegra e Cruz Martínez

sexta-feira, fevereiro 05, 2010

“Liturxia dos mares” Marlene Pasini

...”que virá do poeta, do poeta mesmo nesta
busca temíble, nesta contenda luminosa?”
St. John Perse

Que bosques de auga,
que mundos migratorios navegaches
sobre a túa barca de quimeras?

Escintilaron astros naquela penumbra
refachos enfeitizados dun brillo consagrado
ao principio dos ceos
onde lentos os días agardaban.

Baixo e escuro golpe dos tronos
estaba o lugar do teu camiño
e fronte a ti a vasteza do mar,
séculos de azul o horizonte ardía.
Alas do teu soño ganduxan noite tras noite
a trama do destino.
Soubeches entón que respirarías sendas entre sombras,
labirintos onde xorde o ulido da tebra,
a luz no instante do raio,
ar en vertixes onde paxaros perturban a choiva e o abismo.
Por iso houbo un tempo que para ti sería sagrado
inscrito nas nervaduras do vento e na cadencia dos mares.
Sinuosas brisas coma unha pregaria entre as insolubles cúpulas da alba.
Unha ruta trazada sobre a plataforma prodixiosa da historia.
Un lugar intenso que de lapa en lapa arde
sobre o cumio do enigma para que renaza en ti
o sopro da estruga e o espiño
e no teu corpo a memoria do barro
xerminado da terra.
Pero foi necesario devastar a túa pel,
o roce insomne deste mundo,
penetrar o berro dos paxaros no eco dos mares
onde tan verde como o xade son as algas.

Tenaz, o murmurio da choiva era branco na alborada.
Traducido por rosanegra

domingo, janeiro 31, 2010

ENCONTROS NO 7º ANDAR

O poema do vídeo: "A Rosalía" de M. Curros Enríquez. Música: Servando e Contradança. Vídeo: Cruz Martínez.

Nesta ocasión, contamos con Carmeliña, José Antonio, Luís e coa música do grupo: Touporroutou ( Maica, Gonzalo e Servando).

O noso agradecemento a todos eles. ( Alfonso Láuzara, rosanegra e Cruz Martínez)