sexta-feira, fevereiro 19, 2010

O sábado estaremos en Valadares

Esta fin de semana está adicada á poesía no lab alg-a.O venres de 18:00 a 20:00 H e o sábado de 11:00 a 13:00 María Lado estará dando un curso de poesía no Centro Cultural de Valadares.
O sábado a partir das 17:30 H:
17:30 colectivo porta verde do sétimo andar
18:30 Elvira Riveiro
19:00 Silvia Penas
19:30 Ledicia Costas
20:30 Mr Caracter acústico
21:30 Leo y Arremecaghona
22:30 AID Micro aberto!
* poesía visual a cargo de Ellas (Antía Sánchez + Lucía Romaní)
* acción instalación "escritos de vento" por nelaque
* videoinstalación "autopoema colectivo" por Mig
Publicado por: Cruz Martínez

sábado, fevereiro 13, 2010

Deixeime!
arrinqueime a pluma
que tiña cravada na alma
e deixeime!

levar por unha corrente
sen palabras,

e perdinme!
na máis escura das escuridades,
e encontreime!
agochado nun verso esquecido,
e odieime!
pola miña covarde mirada ausente,
e xulgueime!
con tal dureza que
condeneime!
e craveime de novo a pluma
e deixeime!
atrapar de novo pola palabra,
e envolvinme!
na miña capa de tristeza
e ameime!
e voltei de novo a esquecerme
e deixeime!!

Miguel Ángel Alonso Diz

A miña filla

Meu amor...

non lembro como era a vida
antes da túa vida

non lembro se a lúa cantaba
ou o sol durmía

non lembro se as árbores falaban
ou o mar ruxía

non lembro meu amor,
como era a vida
antes da túa vida.


Miguel Ángel Alonso Diz

quinta-feira, fevereiro 11, 2010

Melodías fotografadas e a súa distorsión

I

Limiar ao espertar consabido

1

Hai cousas da vida, hai cousas que gustaría de contar.
O vento ferido grita: "¡viva a guerra!" e os dous de sempre
falan dos porcos de pé que xa sentaron acomodaticios.
A súa ilustrísima, arquitecto da incomprensión
murmura alto: "Pura vida", -cos dentes retóricos e místicos.
Pola estupefacción do sicofanta, o cepillo de dentes
négase a limpar de catro a catro a sombra cazadora da nosa terra.
Este corea ao leste na batalla de Varado e Waterloo:
"¡En Siberia vivíase peor!".
Xa a imposibilidade da razón, máis alá da innegable entropía,
invoca a virtude: "arestora, esperta maxín!"
A resurrección das mentes lúcidas:
haberá de chegar algún día á segunda filosofía:
outra oportunidade máis que algún
terá de estragar, xa verás.
Pois arredor do non só hai minifundio
e prefire a esmorga do destino:
estragos baseados en feitos reais da Galiza hoxe,
para morrer coma mártires subsidiados.
Mais, para isto: "¡Non saber o camiño!".

Manuel Piñeiro

domingo, fevereiro 07, 2010

Presentación do libro de ProLingua


O venres 5 de febreiro na Casa Galega da Cultura de Vigo. Tivo lugar o acto a prol da lingua galega ás 20:30 horas, cunha grande afluencia de xente (200 persoas). Este libro colectivo tira por terra todas as falacias que se verten sobre o idioma e segundo os propios autores é unha:
" ANÁLISE DOS PREXUÍZOS MÁIS COMÚNS QUE DIFUNDEN OS INIMIGOS DO IDIOMA"
rosanegra e Cruz Martínez

sexta-feira, fevereiro 05, 2010

“Liturxia dos mares” Marlene Pasini

...”que virá do poeta, do poeta mesmo nesta
busca temíble, nesta contenda luminosa?”
St. John Perse

Que bosques de auga,
que mundos migratorios navegaches
sobre a túa barca de quimeras?

Escintilaron astros naquela penumbra
refachos enfeitizados dun brillo consagrado
ao principio dos ceos
onde lentos os días agardaban.

Baixo e escuro golpe dos tronos
estaba o lugar do teu camiño
e fronte a ti a vasteza do mar,
séculos de azul o horizonte ardía.
Alas do teu soño ganduxan noite tras noite
a trama do destino.
Soubeches entón que respirarías sendas entre sombras,
labirintos onde xorde o ulido da tebra,
a luz no instante do raio,
ar en vertixes onde paxaros perturban a choiva e o abismo.
Por iso houbo un tempo que para ti sería sagrado
inscrito nas nervaduras do vento e na cadencia dos mares.
Sinuosas brisas coma unha pregaria entre as insolubles cúpulas da alba.
Unha ruta trazada sobre a plataforma prodixiosa da historia.
Un lugar intenso que de lapa en lapa arde
sobre o cumio do enigma para que renaza en ti
o sopro da estruga e o espiño
e no teu corpo a memoria do barro
xerminado da terra.
Pero foi necesario devastar a túa pel,
o roce insomne deste mundo,
penetrar o berro dos paxaros no eco dos mares
onde tan verde como o xade son as algas.

Tenaz, o murmurio da choiva era branco na alborada.
Traducido por rosanegra

domingo, janeiro 31, 2010

ENCONTROS NO 7º ANDAR

O poema do vídeo: "A Rosalía" de M. Curros Enríquez. Música: Servando e Contradança. Vídeo: Cruz Martínez.

Nesta ocasión, contamos con Carmeliña, José Antonio, Luís e coa música do grupo: Touporroutou ( Maica, Gonzalo e Servando).

O noso agradecemento a todos eles. ( Alfonso Láuzara, rosanegra e Cruz Martínez)

segunda-feira, janeiro 25, 2010

sexta-feira, janeiro 22, 2010

O día 21 tremeu Galiza

Santiago acolleu novamente unha manifestación multitudinaria a prol do galego. Esta vez era para protestar polo novo decreto que quere impoñer o Señor Feijóo. Nós estivemos alí!.
Máis imaxes en:
Na foto estamos cos nosos amigos Alonso Fontán e Foni.








terça-feira, janeiro 19, 2010

Road Movie


Road Movie (Alberte Momán. 2009) Un Jim Morrison imaxinario, que acompaña ao protagonista na viaxe iniciática do teatro. A presenza do Jim, causada polos medos provocados pola ruptura co coñecido. A separación da familia, contraria á elección escollida polo protagonista, o afastamento do que comunmente é recoñecido como dentro da normalidade, sempre indefinida e ambigua.
Unha road movie que transcorre entre escenario e escenario, cun único destino, o enriquecemento e a superación persoal, conseguidas despois da aceptación do eu, como ente dinámico e diverso.


sometimes I feel my skin
ás veces miro por detrás das portas
para buscarme

durante a viaxe
un nunca está seguro
de non terse esquecido noutro lugar
apálpase os membros
impregnándose da esencia do seu propio corpo
confiando en sentirse aínda
como nun principio

Jim quita a roupa
no seu caso non é pouco frecuente
buscando aquelas partes que na súa vida
xogan figurar no pasaporte

as formas son todo ou nada
como un xogo de azar
no que apostamos a perdernos
aló onde a simulación
nos ocupa por completo

recuperando os nosos corpos
ás poucas horas
sorrimos con mímica
procurando unha cor non moi rechamante
para os nosos rostros
e proseguimos tras abrazarnos
cunha pose exclamativa
e un interrogante no rostro

"Desvarios da Musa" - Elisabete Pires Monteiro

.






Desvarios da Musa
Expo de Elisabete Pires Monteiro

23 Janeiro 2010, 21h
Clube Literário do Porto

Rua Nova da Alfândega
Porto

http://www.elisabetepiresmonteiro.blogspot.com/

..

domingo, janeiro 17, 2010

a lingua e a fala

o galego é unha lingua
e a lingua é unha fala
e o galego segue vivo
graciñas as suas tonadas

moitos seculos escuros
coa lingua proibida
e resistiu esta fala
cos seus versos e cantigas

ai as cantigas de amigo
romances e ribeiranas
e os cantos de traballo
sementando a nosa fala

o galego é como un vello
esta fala é unha nena
este tempo é un xoguete
cando aprenden as pequenas

a cultura oral é grande
grande e livre como a fala
nos podemos transmitila
no podemos atrapala

o galego a nosa lingua
a fala é a nosa casa
as cores de cada frase
os acentos das palabras

ultimos versos para
un certame de regueifas


manolo pipas 10-09

quarta-feira, janeiro 13, 2010

sábado, janeiro 09, 2010

A DOR

Goteja seu cataclisma
Entre bastidores de sombra

Aninha-se em sua cripta de silêncio.

Marlene Pasini

terça-feira, janeiro 05, 2010

Concentracíon " A prol do galego" diante de Correos en Vigo


















......................Aportaverde quixo estar alí para apoiar o noso idioma e
sairemos á rúa as veces que sexa necesario.

O galego que non fala
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nen é merecente dela (V. Taibo)
O idioma é a chave
Coa que abrimos o mundo
O salouco máis feble
O pensar máis profundo ( Manuel María)

Fotos: Cruz Martínez

sexta-feira, janeiro 01, 2010

.
O Apalpador cruzou a Porta Verde
para lles desexar a tod@s... FELIZ 2010!!




..