Cruz Martínez
sexta-feira, abril 11, 2008
segunda-feira, abril 07, 2008
sábado, abril 05, 2008
Da porta verde dun 7º andar...
canto compartimos
coas mans no propio corpo
e nos beizos
unha palabra de protesta
na auga hai máis que o cheiro
dos nosos sexos
mitigado pola fragancia
dun xel de ducha
nela fixemos unha
revolución
lavándonos de espantos
Alberte Momán
quinta-feira, abril 03, 2008
Polbo á feira

terça-feira, abril 01, 2008
Na porta verde dun 7º andar...

Luís Viñas
- NUNCA SE SABE -
Non quixera coma fado sorprenderte
no intre da nostalxia da idade
porque iso non vai na sintonía
da túa fresca mocidade.
..... Propoño
ficar na serenidade nocturna de lus e pedra
que ofrece un bo rincón no lugar entrañábel de A Guía.
Ficar alí coma dúas figuras de pedra
nese xogo de luces e sombras
porque en lugares coma este,
o tempo pasa lentamente, e mesmo semella deterse.
.
Acaso teño ollos de pedra, acaso
respiro na santa compaña dunha fermosa
estatua de muller ben xeitosa.
Vexo nos teus ollos a doce mirada escura da noite estrelecida.
A noite é xove. Quero desfrutar do momento e gosto
dese estraño sabor do silencio nos teus beizos.
Quero chimpar un bico á ría
mais un orballo de verbas vai tecendo a noite que nos quenta./ ¿Maxinacións? ...... Nunca se sabe.
......................... Alfonso Láuzara
domingo, março 30, 2008
A jenga

sexta-feira, março 28, 2008
A Reconquista de Vigo de 1809

Vigo reviviu en clave de festa a súa reconquista da vella vila, daquela baixo o dominio das tropas francesas do capitán Chalot.
Liberté, egalité, fraternité!!
Certo que pola noite coñecimos unha tropa francesa mermada, bisoña e indisciplinada, moi entregada ao vicio e altercado de taberna.A miña casa non quero que veñas. Sempre me fodes, nunca me preñas!

Pasou o que pasou, e tod@s pasámolo moi ben!



Foi unha mágoa que o Concello de Vigo non tivera convidado ao actual presidente Nicolas Sarkozy a esta festa viguesa, porque alí onde hai un francés en apuros... alí está Sarkozy con capa e espada cal mosqueteiro namorado. Sería divertido, non si?
quarta-feira, março 26, 2008
O mercado e o tianguis mesoamericano
un intercambio de productos durante miles de anos
sen mediación da chamada moeda
pero conforme se multiplicaba o comercio
unhas pedras de gran valor ian facendo de diñeiro
e o intercambio era nas prazas e nas ruas
estaban os mercados permanentes
e os tianguis ou mercados semanais
calquera espacio publico podia ser un mercadiño
o lugar era ocupado e a tradición o mantiña
tradición tantas veces roubada polas formas
que chegaron da peninsula e de europa
os traxicos sucesos de atenco producironse
cando xa non lle querian deixar vender na rua
aos tradicionais floristas de texcoco
e foron apoiados polos comuneiros de atenco
e nas ultimas semanas foi nacer
un novo tianguis na cidade de oaxaca
un tianguis cultural no parque do llano
un espacio lembrado pola represion
que agora se quere reinvindicar
cun tianguis cultural e alternativo
un mercado mesoamericano
de dia o mercado na rua coas vidas que dan mais vida
e as vidas atropelladas por outros alleos corpos
de dia o mercado na rua e de noite case nada revela
que aki houbo un mercado e que mañan mui cedo
será construido outra vez sen que nos nos demos conta
de dia o mercado na rua que non nos deixa camiñar
que nos para e que nos da paso coa musica dos pregons
do seu precario castilla entre ricas linguas indixenas
no mencer renacerá o mercado e a pura forza humana
arrastrará carretas e diablitos e grandes sacos nas costas
e na noite outra vez a musica destes corpos
e mais entrada a noite o baleiro e o silencio
que nos paran a escribir e tamen nos dan paso
para mañan voltar outra vez ao mercado que da a vida
mesoamerica 3-08
Manolo Pipas
sábado, março 22, 2008
GLÓRIAS
quinta-feira, março 20, 2008
o internado e a luna
fillo daquela revolucion
nenas de familias pobres
nenos da rua e dos subterraneos
xuntos cinco dias entre muros
entre clases talleres e xogos
luna xoga na auga da alberca
e sae a repartir bicos entre nos
e logo as nenas de uniforme verde
veñen ate nos e platicamos
pero tardo un estraño tempo
en descobrir que unha é luna
e saimos destes muros
con preguntas e silencios
con ganas de voltar e de fuxir
descobrindo mui poucas cousas
entre as ruas os muros e as ruas
o internado e a luna
niños heroes
cidade de mexico 25-2-08
Manolo Pipas
terça-feira, março 18, 2008
domingo, março 16, 2008
sexta-feira, março 14, 2008
Caducifolla de ruta
quarta-feira, março 12, 2008
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante III
En concreto sabía dela
As palabras fixeran unha descrición
......................................Polo miúdo
Seica existiu, mais
Foi un concepto arredor dunha noria
O cuspe pegou ideas no baleiro
A man, con claros síntomas de
..................................inseguridade
traza bosquexos inexactos dunha perna
que pretende tirar para diante
Cruz Martínez
Segundo premio de poesía no "1º Certame Literario Terras de Chamoso" O Corgo ( Lugo)
domingo, março 09, 2008
a porta verde do sétimo andar en Ourense
quarta-feira, março 05, 2008
Presentación en Ourense...
A Porta Verde do Sétimo Andar

segunda-feira, março 03, 2008
sábado, março 01, 2008
significando
cando as palabras significaban por ser pronunciadas,
e un sempre valía toda unha vida máis alá do tempo.
as etiquetas existían sen dúbidas,
sen necesidade de escapar delas porque non eran mal ou ben,
simplemente eran.
as operacións realizábanse coa lentitude das estacións,
e a rapidez do clima,
pero non tíñamos que morrer en vida mil veces
para entender-nos.
boto de menos o tempo en que as bágoas tiñan un valor,
e os oídos escoitaban atentos as propiedades da ialma
no que ser filólogo non era máis que ser poeta,
e o coñecemento era só ser sabio.
os dias nos que sentados diante do espello,
peiteabamos o pelo para ser parte da comunidade.
agora,
no século en que todo é posible,
buscamos a diferencia, fuximos da etiqueta, mastigamos palabras
nas que non cremos,
e soñamos coa eternidade da que non queremos formar parte,
anhelo aquel nunca que contiña o todo.
Eva Méndez doRoxo
quarta-feira, fevereiro 27, 2008
A bruxa das Ghalanas II
Falta pouco para saber a verdade do que me arrastrou ata aquí dende lonxe. Xa tocaron ás doce sendo imposible atraer o sono. Tanto tempo fóra da casa dá morriña e señardade, e o que máis desacouga é o desaparecido anel da miña muller. ¿Daríallo a alguén?, non penso ir a ningures ata que saiba o sucedido, o meu criado quérea moito... é a noite a que fai pensar tolemias e enredar as ideas. Non vai frío nesta pensión e estase ben logo dunha viaxe tan extensa.E pasaba a noite silente e serena para pronto deixar durmir a un canso peregrino. A noite é o gato negro, pero non é tal michiño é o demo que fai a súa correspondente visita nocturna.
Mais non se imaxinaban que acochado na escuridade escoitara o máis importante da mensaxe. Corrín asustado e preocupado... deiteime ata o día seguinte que tornou a iluminar e a quitar os medos que atrapan os soños.
E o señor consultou a meiga. Contoulle a mentira que inventara o demo ou o gato negro. Saíndo anoxado colleu o cabalo e fuxiu, sen agardar polo criado nin escoitar as explicacións que intentaba dirixirlle sen éxito. Só o alimentaba a idea fixa de dar morte a adúltera.
Corre levado polo diaño e non é pillado polo meu faco. Mais tivo que parar en Pontevedra alí onda o río e agardar o barqueiro, para que o levase cara ao outro lado. Non quedándolle máis remedio que escoitarme e crer as palabras que case esgotado saían da miña boca. Cando chegamos á casa do señor revisamos a pipa que antes baleiráramos e alí estaba, o anel creador de todos os desgustos... o señor alporizado mandou que detiveran a meiga.
Hoxe un día calquera, fun presa pola garda civil e dende aquela desaparecida da aldea. Con iso crearon unha lenda silandeira que ninguén coñece, ou case ninguén coñece...
sábado, fevereiro 23, 2008
Artistas da rúa
quinta-feira, fevereiro 21, 2008
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante II
Sabe que non hai tempo, mais
.........................xorde temerario
Busca o equilibrio dos arácnidos
na ingrávida superficie de alienados
............................................autómatas
Eses que formulan realidades ao pé
.................................dun tallo retorto
e cando lle penetra o solpor na face
.............................................distraída
gabéanlle polos ombreiros
as teorías obsesas dos vagalumes
malia todo, o son dun clavicordio
prolixo, lesiona a extrema levidade das
................................................caracochas
Cruz Martínez
Segundo premio de poesía no "1º Certame Literario TERRAS DE CHAMOSO" O Corgo (Lugo)
terça-feira, fevereiro 19, 2008
O Galego do Século XXI é o Português
O cidadão Galego Dom Afonso Henriques libertou parte da Galiza e a essa parte deu-lhe o nome de Portugal. Tornou-se o primeiro rei de Portugal.
Depois estes galegos do sul começaram-se a chamar de portugueses e conquistaram a sul as terras aos mouros formando o Portugal moderno de hoje.
Por isso portugueses e galegos têm a mesma origem não só linguisticamente como pessoalmente. São o mesmo povo original do extremo norte da peninsula ibérica.
A única diferença é que uns mais a norte passaram do domínio do reino de Leão para a colonização castelhana enquanto outros a sul seguiram um destino independente, conservando e aprofeiçoando a sua língua e desenvolvimento humano. Os galegos do sul independentes que entretanto passaram-se a chamar portugueses. Depois de conquistarem as terras aos mouros na peninsula,expandiram-se primeiro pelo norte de África e de seguida por todo o mundo.
Estes galegos do sul independentes criaram um dos maiores impérios do mundo. Hoje são vários os países onde se fala o português.
A língua portuguesa que é o galego do século XXI, com mais de 215 milhões de falantes nativos, é a quinta língua mais falada no mundo e a terceira mais falada no
mundo ocidental. Idioma oficial de Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guiné-Bissau, Moçambique, São Tomé e Príncipe, Macau e Timor-Leste, sendo falada no Ex- Estado Português da Índia ( Goa, Damão, Diu e Dadrá e Nagar-Aveli)e Guiné Equatorial (A partir de Dezembro de 2007 língua oficial), além de ter também estatuto oficial na União Europeia, no Mercosul e na União Africana. Há ainda por todo o mundo milhões de falantes como em África, América central, Ásia e Oceânia de vários criolos que usam as palavras portuguesas embora com fórmulas gramaticais diferentes.
Há quem defenda em Espanha que o galego deve ser o português arcaico e não o moderno. Esses defensores querem acabar com a cultura galega. O português arcaico não tem condições de se impor, não representa nem é capaz de expressar o pensamento e as evoluções tecnológicas actuais. Pelo contrário o galego genuíno e moderno é uma mais valia para todos os galegos e para a própria Espanha. Os galegos passam a ser bilingues "Hablando" o idioma do colonizador o castelhano e "Falando" a língua dos seus pais o português. Com isso passam a falar com mais de 700 milhões de falantes nativos em todo o mundo. Esta é a grande vantagem que os galegos têm em relação às outras línguas minoritárias peninsulares catalã e basca. Os deputados galegos podem falar o galego do século XXI no parlamento Europeu mas não no espanhol. Isso é humilhante para um povo e é o pior que existe numa colonização.
Para a recuperação da língua galega oprimida há séculos é imprescindível a transmissão de rádios e televisões portuguesas em canal aberto em toda a Galiza e municípios falantes do galego das Astúrias e Castela Leão. Ensino escolar obrigatório do galego do século XXI e a televisão galega deixar de falar em português arcaico. O português mediaval não tem qualquer utilidade. Os galegos têm o direito de falar a língua dos seus pais actualizada e não de forma mediaval e castelhanizada como o Estado espanhol através da tv da galiza promove.
Só assim se respeita a dignidade do povo galego e a própria Espanha se beneficia. O rei Dom Carlos viveu a sua infância em Portugal, primeiro aprendeu a falar bem português e só depois castelhano. Contudo é rei de Espanha.
Os galegos não deixam de pertencerem ao Estado espanhol por falarem a língua dos seus pais actualizada.
Pela dignidade do povo galego.
domingo, fevereiro 17, 2008
Embarcacións tradicionais galegas
sexta-feira, fevereiro 15, 2008
o problema de chiapas
o problema tamen pode ser pola
auga
o problema é ter mais ou menos
autonomia
o problema é usar ou non usar as
armas
o problema entre recursos e
necesidades
o problema entre o camiño e a casa
o problema é sairse ou voltar
ás vellas e novas formas
comunitarias
o problema é de dereitos e deberes
o problema na comunicación na
palabra
altos-morelia 2-08
fugaemrede chiapas
Manolo Pipas
terça-feira, fevereiro 12, 2008
Entre o delírio e o auto-odio: nom podedes vencer
O dia oito de Fevereiro, a Mesa Por la Libertad Lingüística convocou a primeira de umha série de concentraçons que tenhem pensado fazer no Obelisco da Corunha até o 7 de Março (curiosa coincidência com o fechamento da campanha eleitoral) com a finalidade de protestar contra a Lei de Normalizaçom Lingüística e contra a pretensa discriminaçom que, segundo os promotores das anteditas concentraçons, sofrem os castelhano-falantes.A isto, responderom por volta de dous centenares de pessoas de maneira absolutamente espontánea e sem siglas de por meio, que se contra-manifestarom para pôr em evidência as mentiras e falácias da MLL. Como mínimo, os que se manifestarom CONTRA a convocatória deste fantasmagórico colectivo, duplicavam ou mesmo triplicavam a concorrência à manifestaçom anti-galega. Isto parece que nom entra na cabeça de quem teima em mentir para o seu próprio benefício sobre a realidade lingüística que se vive neste país; de facto, é bastante delirante a história que contam na sua página web.
O que aconteceu é muito singelo de explicar e entender; simplesmente numhas poucas horas, e de maneira espontánea, duascentas pessoas conseguirom juntar-se e organizar-se frente a umha pequena manifestaçom de fascistas. A polícia carregou contra a manifestaçom em defesa do galego...e o quê aconteceu? Pois que nom apenas nom conseguirom disolver-nos, mas inclusso muita outra gente que passava por alí somou-se-nos. Nem com a polícia da sua parte conseguem os inimigos da nossa língua intimidar a ninguém, e desde logo, muito menos vam conseguir somar simpatias que nunca vam ter.
O que nom se pode é ter a desfazatez e a desvergonha de afirmar que quem fala em espanhol sofre qualquer discriminaçom, quando a realidade é justo a contrária: quando nengumha família que quixer educar em galego aos seus filhos encontra no sistema educativo galego os méios para o fazer, quando a repressom e a discriminaçom laboral por razons de língua estám à ordem do dia, quando ainda segue a ser normal que num bar ou numha loja te tratem de humilhar por falar em galego. Nom podedes ir a nengum lado com essa mentira de que sodes as vítimas, quando vivedes neste país, por desgraça, como uns verdadeiros privilegiados, enquanto nós, galego-falantes, temos que viver como estrangeiros na nossa própria terra.
A Mesa por la Libertad Lingüística, isso sim, nom pode representar a ninguém. Polo menos, temos essa sorte. Nom pode representar a ninguém quem nom dá a cara, quem nom é transparente sobre as suas origens nem sobre a sua composiçom, que nom surge da auto-organizaçom popular e sim tem o seu nascimento nas cloacas da extrema-direita. Nom sodes ninguém, porque quem joga a ser submarino de interesses políticos inconfessados, está condenado a isso, a ser um mero instrumento. E por isso nunca o povo vos dará a razom.
O que eu, que sofrim nas minhas carnes a repressom laboral por ser galego-falante, nom vou tolerar é que montedes o vosso circo sem que se vos digam as verdades que nom nos cansaremos de repetir: o galego é a nossa língua, e nom só por ser a que falamos. É a língua que nos fai povo, que nos fai naçom, que contem o nosso ADN histórico e cultural. Aquí estaremos para o dizer com orgulho, frente ao vosso delírio fascista e o vosso auto-ódio.
Tirado do blogue "O Tangaranho Vermelho"
domingo, fevereiro 10, 2008
A bruxa das Ghalanas I
É de mañanciña... quizabes sexa luns ou martes, o que non importa o máis mínimo. Pero como todos os días hai que ir á misa, suponse... que para estar a ben con Deus.As Ghalanas están moi ben situadas. A beira da capela de San Antón por onde pasa o río da Pontexoán. Alí atópanse os muíños, que dan nome ao lugar. Tamén hai unha casiña que queda preto do mosteiro.
A garda civil chega á aldea, na procura da muller que aldraxara cunha mentira a un señor de Soutomaior ou da Cañiza, militar ou navegante. Foi presa e levada o cuartel, descubríndoa axeonllada e debaixo dúas cruces de caravaca que foron as que delataron a verdade.
A cabalo é un percorrido longo e duro pero tranquilo. Seica na parroquia de Armenteira hai unha bruxa que soluciona todos os males. A viaxe cansa o corpo e o tempo pasa demasiado rápido chegando xa a noite. – Non vos podo atender agora bos viaxeiros, agardade ata mañá e seredes compracidos. Polo que o señor vai durmir a unha pensión e eu debo quedar no alpendre cos cabalos. Mais a noite é moi fría pasándoa nun alpendre e hai que quentarse na lareira da cociña, xa que os pobres ósos coa friaxe están ríxidos e aínda teño maniotas que me incomodan. O reloxo toca ás doce da noite e escoito ruídos na cheminea, agóchome á présa. Entón podo ver como pola gramalleira (onde colgan os potes para facer a comida) sae un gato negro...
terça-feira, fevereiro 05, 2008
Filo-Café en Ponferrada
un novo filo-café, o vindeiro día 23,
desta volta en Ponferrada (León).
Abertas as inscricións:
Info: http://incomunidade.blogspot.com
domingo, fevereiro 03, 2008
A inauguración de Monçao foi un éxito!!
Se queres visitar a Mostra, podes facelo nos seguintes horarios:
De segunda feira a sábado das 09:30 ás 12:30 e das 14:00 ás 18:00
Domingos e feriados das 10:00 ás 12:00 e das 15:00 ás 18:00
Non deixes de visitala!!
Durante o acto de inauguración presentáronse os libros: "Ollos de Acibeche" de Rafael Pinto, dedicado a Rosalía de Castro e o libro de "A Porta Verde do Sétimo Andar".
quarta-feira, janeiro 30, 2008
Exposición Colectiva en Monçao (Portugal)
segunda-feira, janeiro 28, 2008
MOMBUS- Empresa monopolizadora
La Unión-Mombus é unha empresa de transporte que ten a teima de prexudicar aos usuarios da liña Armenteira-Pontevedra. Nos últimos tempos Armenteira séntese afectada polos múltiples cambios de horarios, transbordos e subida de prezo... cando os seus servizos non están adecuados ás necesidades esixidas.Cruz Martínez e rosanegra
sábado, janeiro 26, 2008
Biblioteca Antiga de Salamanca
quinta-feira, janeiro 24, 2008
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante I
No lado esquerdo da xanela pousa unha bolboreta...........................................................................tricolor
...........................................verde, amarela, vermella
Alugada neste espazo, no que habita
Ten penduradas pingas de resío nas paredes
obxectos que recordan a herba mollada
trevos de catro follas, amuletos de boa sorte
e unha figura que se proxecta no centro do cuarto en
.......................................decúbito supino mirando o ceo
pousos de café certifican a fiabilidade das visións
catro bágoas enxoitas descansan na páxina
........................................................daquel libro
que antonte ficou abandonado a carón da televisión
Un corazón con marcapasos atravesa carreiros
....................................................................estreitos
............................................Sabe que está de prestado
Nese tempo soa un sineiro e o reloxo de peto marca
.............................................................as 12 e un cuarto
Deixa de contar as horas e sente na caluga os ollos
dos xurelos que agardan a hora de xantar
.................................enriba da mesa da cociña
De vagar senta nunha cadeira e conversa
sen présa, e debuxa a silueta do vento
.........................................cun dedo no mantel
Cruz Martínez
Segundo premio de poesía do "1º Certame Literario TERRAS DE CHAMOSO".
O Corgo (Lugo) 2008
domingo, janeiro 20, 2008
INTRAMUROS
sen ollos na cara,
nin lingua para me lamber.
medrein barroca, complexa, híbrida.
unha identidade abaneándose
na corda do autocoñecemento.
atopamos cada noite o pracer
das linguas quentes
buscándose
medro dentro teu,
énchoo todo.
fixo o meu sentimento na túa escuridade
e mistúrome coas mazás brancas
dos teus peitos adolescentes.
pálpote coas cuncas
voltas contra min. obsérvasme
nun interminable intercambio de xestos
facemos o amor bruscamente
para descubrir-nos unha e outra:
espidas,
sen ollos na cara,
nin lingua para nos lamber.
Eva Méndez doRoxo









.jpg)

.jpg)

.jpg)
