.A necesidade de “inventar”
o soño e a esperanza
.
.
Na praia hai unha nena, a nena ten familia
E a familia unha casa.
A casa ten dúas fiestras e unha porta...
No mar, un acoirazado divírtese cazando aos que camiñan
Pola praia: catro, cinco, sete
Caen sobre a area. A nena sálvase por pouco,
Grazas a unha man de brétema,
Unha man non divina que a axuda. Berra: Papá!
Papá! Érguete, regresemos: o mar non é coma nós.
O pai, amortallado sobre a súa sombra, a mercede do invisíbel,
Non responde.
Sangue nas palmeiras, sangue nas nubes.
Lévaa en volantas a voz máis alta e máis lonxe da praia
Berra na noite deserta.
Non hai eco no eco.
Converte o berro eterno en noticia
Rápida que deixa de ser noticia cando
os avións regresan para bombardear unha casa
Con dúas fiestras e unha porta.
(versión ao galego de Alfonso Láuzara)













