
quinta-feira, junho 19, 2008
terça-feira, junho 17, 2008
María do Caramelo, dende A Coruña...
.
Botei tantas cousas en falla en tan pouco tempo que me metín a agricultora ecolóxica. Quixen atopar no contacto co argueiro fresco a resposta a aqueles desvaríos. Pero fun, coma sempre, demasiado impetuosa, non me daban medrado as verzas, nin os porcos atendían a razóns humanitarias, e finalmente acabei traballando na fábrica de conservas: limpaba mexillóns… foi reparador por repetitivo singular. Namoreime dun mariñeiro e dei en remendar redes preñadas de buratos.
Entón foi cando aprendín a ler nas estrelas as mensaxes dun tempo esquecido, reinventei constelacións e tiven fillos, e retomei o asunto da horta, rocei silvas, muxín cabras e criei callos, aborrecín a televisión e aprendín a predicir a choiva.E tornei a namorarme, pero esta vez das miñocas que fan terra no seu ventre, enchín o padal de cereixas, sementei dous pés de millo e dei en reconverterme en compost. Agora subo polas veas dos bidos, como sempre desexei aínda sen sabelo, e a noite dáme azos de novo para seguir soñando coa fertilidade.
.
domingo, junho 15, 2008
Fotos da presentación (A Coruña)
quarta-feira, junho 11, 2008
Homenaxe a Pintor
Homenaxe "O Escritor na súa Terra": a AELG entregou a "letraE" a Xosé Vázquez Pintor
O pasado sábado día 7 tivemos a honra de vivir unha xornada especial acompañando a Xosé Vázquez Pintor na merecida homenaxe organizada pola AELG e o Concello de Melide. Os afectos encheron as rúas, os espazos, e a palabra foi emoción de lealtades. Pintor con alma de buxo non esqueceu os vencellos de sempre: a tribo, a terra, os amigos e a palabra. Para a literatura están : Banzados, A memoria do boi, A tribo sabe, Os vellos oficios, Tal era vivir, Lume de biqueira, Gándaras, Na vertical da noite, No corazón mancando, Para dicir abril, Quen faga voar …
Luís Viñas
terça-feira, junho 10, 2008
segunda-feira, junho 09, 2008
Teis ten praias, vaia vaia!!
O pasado domingo 8 de xuño pola mañán, @s veciñ@s de Teis, fart@s da ocupación devastadora e inxusta do litoral do barrio, tomaron simbólicamente a praia da vella e tan desaproveitada ETEA, para reivindicar o lexítimo dereito a acceder e disfrutar dun espazo público que é de tod@s, e polo tanto debe ser recuperado e conservado para á cidadanía. Vaia vaia vaia... Teis ten praias!!


RÍOS-ETEA
Espazo natural formado por unha das poucas praias que posúen un gran banco de ameixa de caste, e polas zonas verdes que a rodean que son froito dos recheos realizados sobre o areal.
Está separada da praia da Punta polo espigón de Timoeiras e por un muro e valado metálico que ata fai poucos anos tiña a función de impedir que entraran na ETEA persoas alleas ao recinto militar; pero que, trala Orde ministerial do 15 de outubro de 2004, na que se suprime a zona de seguridade militar, a súa única misión é impedir que a cidadanía acceda á praia e ao resto do Dominio Público Marítimo Terrestre, ao que temos dereito tod@s pola Constitución e pola Lei de Costas.
Unha vez máis, os destructores da costa utilizan toda a súa forza para impedir que disfrutemos libremente da praia, do mar e da súa ribeira; pois son coñecedores de que no momento que a xente comece a tomar posesión da praia, terían moi difícil levar a cabo a construcción dun porto deportivo (outro máis) que esmaga a natureza e destrúe o que é de tod@s, para lucro e disfrute duns poucos.Para chegar á praia, debes achegarte ata a praia da Punta ou ata a de Ríos-Pilón, onde desgraciadamente os muros que a rodean dificultan a entrada. Unha vergoña!
Está separada da praia da Punta polo espigón de Timoeiras e por un muro e valado metálico que ata fai poucos anos tiña a función de impedir que entraran na ETEA persoas alleas ao recinto militar; pero que, trala Orde ministerial do 15 de outubro de 2004, na que se suprime a zona de seguridade militar, a súa única misión é impedir que a cidadanía acceda á praia e ao resto do Dominio Público Marítimo Terrestre, ao que temos dereito tod@s pola Constitución e pola Lei de Costas.
Unha vez máis, os destructores da costa utilizan toda a súa forza para impedir que disfrutemos libremente da praia, do mar e da súa ribeira; pois son coñecedores de que no momento que a xente comece a tomar posesión da praia, terían moi difícil levar a cabo a construcción dun porto deportivo (outro máis) que esmaga a natureza e destrúe o que é de tod@s, para lucro e disfrute duns poucos.Para chegar á praia, debes achegarte ata a praia da Punta ou ata a de Ríos-Pilón, onde desgraciadamente os muros que a rodean dificultan a entrada. Unha vergoña!
.
.......................... - Alfonso Láuzara -
sábado, junho 07, 2008
quinta-feira, junho 05, 2008
segunda-feira, junho 02, 2008
xuntanza de blogueir@s en Agolada

Algunhas veces non o podes facer só (dicía unha canción de U2)
Así compartindo, espíndonos uns para os outros foi como nos atopamos en Agolada un grupo de blogueir@s ansiosos de mudar o mundo, os mundos, e de expor os micromundos que levamos dentro. Felicidades a tod@s por abrir as portas, deixar ver os celeiros de cada quen e aportarnos unha visión diferente da vida, das vidas. Adiante con ese ímpeto e seguide escribindo sobre os vosas inquedanzas que nos faran a tod@s máis ricos en opinións e vivencias.
Na páxina http://blog-xuntanza.blogspot.com/podedes atopar os links para achegarvos a cada un dos blogueir@s
Luís Viñas García
quarta-feira, maio 28, 2008
XOSE CARLOS GÓMEZ ALFARO

IM MEMORIAM
O mércores 14 de maio falleceu na Guarda o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro.
Sempre na memoria que permanecerá coa súa obra.
Entre a súa bibliografía cabe destacar As labaradas da lembranza, Matria de néboa, Alba plena do alén, Os ciclóns do sino e Alén do lume
SOÑAR SOÑEI
CON ALTAS ALBAS SEMPRE
Soñar soñei con altas albas sempre,
pero as albas ansiadas non chegaron
e no canto de auroras e oliveiras
agromaron penumbras e arseniatos;
penumbras coma fouces castradoras,
coma follas de lume descarnado,
coma outonos de bile e exterminio,
coma simúns avaros ou calvarios.
Soñar soñei con largas albas sempre,
con mañás sen ferrón, ledas, nevadas,
mais sei que sucumbín de vez ó pouco
por non me vacinar contra o destino
que me acompaña tolo polas brañas
espallando negrura cegamente.
Xosé Carlos Gómez Alfaro
(Do seu poemario “Confíteor”, Colección Hipocampo Amigo. Poesía, 2005)
Luís Viñas (membro da Asociación AMIGOS DOS PENDELLOS. AGOLADA)
terça-feira, maio 27, 2008
sábado, maio 24, 2008
TERNVS. Externo. Interno. Eterno
Interesante exposición colectiva multidisciplinar de pintura, fotografía, vídeo, audio, escultura...
.
no Centro Cívico de Teis (Vigo)
Camiño das Maceiras, 2 (entrada por auditorio)
.
Do 21 ao 30 de maio de 2008
Horario: Pola mañán de 11:00 a 13:30 h.
Pola tarde de 18:00 a 21:00 h. Feirados pechado.
Participan:
Ariane Goes, Alba M. González,
Cristina Ortiz e Lidia Fernández
.
.
Contacto:
e-mail: ternvs@hotmail.es
..
"Autorretrato como Frida" (Pontevedra, 2008)óleo sobre lenzo, de Ariane Goes Martínez
.
Da serie "Identidade" (Pontevedra, 2007)Fotografía analóxica, papel varitado,
de Alba M. González López
.
.................. - Alfonso Láuzara -
quinta-feira, maio 22, 2008
O comboio ha de vir
hai un relento que molla as queixadase aparecen escuras vacalouras
portando maletas cor violeta
......................................que vixían
Percibo a impasibilidade dos croios
................................................axexan
seica pretenden facerse co silencio
Eu, trouxen o pano branco
.............................con bolboretas azuis
e inicio a danza
..............dos pés descalzos
Senta... agarda
................o comboio ha de vir
Cruz Martínez
terça-feira, maio 20, 2008
domingo, maio 18, 2008
NA GALIZA, EN GALEGO
Unha vez máis... os galegos erguemos a nosa voz en defensa da lingua propia, reivindicando o noso dereito a vivirmos en galego. Aínda que de cando en vez a choiva amolaba a marcha, iso non logrou inmovilizarnos e conseguimos que esta manifestación fose a máis numerosa que se lembra, domingo 18 de maio ás 12 horas
en Compostela.
sábado, maio 17, 2008
Xosé María Álvarez Blázquez
(Tui, 1915 – Vigo, 1985) Homenaxeado

MANUEL ANTONIO
Tiñas o vento e a gueivota amigos;
a noite a teu redor por compañeira;
tiñas o mar para unha longa xeira,
e un amor sin amante e sin testigos.
.
Todo o tiñas de teu... e nada tiñas,
a non ser a fervenza do teu peito,
lastimado de lóstregos, maltreito,
polas salgadas virazóns mariñas.
.
Fuche e viñeche, coma quen atopa
un verso longo que, de proa a popa
vai retorcendo fíos para o canto.
.
E, cando un día te deixache quedo,
tiñas nos ollos un afán segredo
e nos beizos a frol do desencanto.
.
Coruxo, 22 de agosto de 1966
( Poesía galega completa, 1987)
ESCOLMA
Era un airiño soave
Era un airiño soave
que se erguéu pol-a mañán
e viña de non se sabe.
Era un recendo de rosas
da roseira de ningures,
que se metéu pol-a porta.
Era unha cantiga leda
que nascía non sei onde
e petaba na fiestra.
Era unha gracia sotil
que baixaba das estrelas...
....... ¡Eras tí!
.
(de Roseira do teu mencer)
.
.
DESCOBERTA DA TERRA
A terra estaba virxe e nós, os nenos,
lle íamos pondo nomes, a brincare.
A cousa máis cativa tiña un nome
da nosa fantasía:
unha peneda, un albre, un regatiño
que polo vran ficaba todo enxoito
—coa pel de areas sóio, a escintilare—;
un cómaro, un recanto do vieiro,
o cancil dun valado... Nomes ledos,
nomes de cousas que non tiñan nome.
"A Pena do Coello", "O Albre Rachado",
"As Roíñas de Dona Mariquita",
"O Castelo dos Corvos"... ¡Tolerías
de nenos ceibes baixo o sol dourado!
Eran nomes urxentes, de cazata
ou descoberta, coma aquiles outros
que traguían os libros. ¡Qué fermosa
xeografía, sóio de nós sabida!
E lago aquil reparto
da terra, atal que os bos conquistadores.
Cadaquén tiña un soto, unha valgada,
un casal encostado nun outeiro,
un pazo, coa facenda toda súa...
Eran nosas provincias, pra mandare
nos paxaros que nelas apousaban,
nas fontes e nos regos.
Ninguén poido xamáis tirarnos isa
posesión ideal da nosa terra.
Inda agora eu son dono vinculeiro
do meu carballo torto,
aló na carballeira de Sovilas
e dunha pena chaira,
que soaba a tesouros escondidos,
a soño tolo de rapaz sin sono,
cando o meu corazón petaba nela...
.
(de Canle Segredo)
Era un airiño soave
que se erguéu pol-a mañán
e viña de non se sabe.
Era un recendo de rosas
da roseira de ningures,
que se metéu pol-a porta.
Era unha cantiga leda
que nascía non sei onde
e petaba na fiestra.
Era unha gracia sotil
que baixaba das estrelas...
....... ¡Eras tí!
.
(de Roseira do teu mencer)
.
.
DESCOBERTA DA TERRA
A terra estaba virxe e nós, os nenos,
lle íamos pondo nomes, a brincare.
A cousa máis cativa tiña un nome
da nosa fantasía:
unha peneda, un albre, un regatiño
que polo vran ficaba todo enxoito
—coa pel de areas sóio, a escintilare—;
un cómaro, un recanto do vieiro,
o cancil dun valado... Nomes ledos,
nomes de cousas que non tiñan nome.
"A Pena do Coello", "O Albre Rachado",
"As Roíñas de Dona Mariquita",
"O Castelo dos Corvos"... ¡Tolerías
de nenos ceibes baixo o sol dourado!
Eran nomes urxentes, de cazata
ou descoberta, coma aquiles outros
que traguían os libros. ¡Qué fermosa
xeografía, sóio de nós sabida!
E lago aquil reparto
da terra, atal que os bos conquistadores.
Cadaquén tiña un soto, unha valgada,
un casal encostado nun outeiro,
un pazo, coa facenda toda súa...
Eran nosas provincias, pra mandare
nos paxaros que nelas apousaban,
nas fontes e nos regos.
Ninguén poido xamáis tirarnos isa
posesión ideal da nosa terra.
Inda agora eu son dono vinculeiro
do meu carballo torto,
aló na carballeira de Sovilas
e dunha pena chaira,
que soaba a tesouros escondidos,
a soño tolo de rapaz sin sono,
cando o meu corazón petaba nela...
.
(de Canle Segredo)
Subscrever:
Mensagens (Atom)



.jpg)