domingo, fevereiro 03, 2008

A inauguración de Monçao foi un éxito!!

"PALAVRAS PINTADAS" A Mostra Colectiva de Artistas Galegos en Pintura, Escultura, Fotografía e Vídeo. Permanecerá aberta ata o 26 de febreiro no Paço do Alvarinho ( Casa do Curro)
Se queres visitar a Mostra, podes facelo nos seguintes horarios:
De segunda feira a sábado das 09:30 ás 12:30 e das 14:00 ás 18:00
Domingos e feriados das 10:00 ás 12:00 e das 15:00 ás 18:00
Non deixes de visitala!!


Durante o acto de inauguración presentáronse os libros: "Ollos de Acibeche" de Rafael Pinto, dedicado a Rosalía de Castro e o libro de "A Porta Verde do Sétimo Andar".

































quarta-feira, janeiro 30, 2008

Exposición Colectiva en Monçao (Portugal)




A inauguración vai ser o próximo sábado día 2 de febreiro en Monção na CASA DO CURRO, será pola tarde.































A Exposición permanecerá aberta ata o 26 de febreiro.

segunda-feira, janeiro 28, 2008

MOMBUS- Empresa monopolizadora

La Unión-Mombus é unha empresa de transporte que ten a teima de prexudicar aos usuarios da liña Armenteira-Pontevedra. Nos últimos tempos Armenteira séntese afectada polos múltiples cambios de horarios, transbordos e subida de prezo... cando os seus servizos non están adecuados ás necesidades esixidas.
Queremos deixar constancia aquí da nosa queixa. Agardamos que este problema teña pronto unha solución satisfactoria.

Cruz Martínez e rosanegra

sábado, janeiro 26, 2008

Biblioteca Antiga de Salamanca

A Biblioteca Antiga de Salamanca (1509)
Nela hai 2774 manuscritos.
Todo unha reliquia histórica!
Pódese ollar só dende unha vitrina de cristal.
- Afonso trece -

quinta-feira, janeiro 24, 2008

Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante I

No lado esquerdo da xanela pousa unha bolboreta
...........................................................................tricolor
...........................................verde, amarela, vermella
Alugada neste espazo, no que habita
Ten penduradas pingas de resío nas paredes
obxectos que recordan a herba mollada
trevos de catro follas, amuletos de boa sorte
e unha figura que se proxecta no centro do cuarto en
.......................................decúbito supino mirando o ceo
pousos de café certifican a fiabilidade das visións
catro bágoas enxoitas descansan na páxina
........................................................daquel libro
que antonte ficou abandonado a carón da televisión
Un corazón con marcapasos atravesa carreiros
....................................................................estreitos
............................................Sabe que está de prestado
Nese tempo soa un sineiro e o reloxo de peto marca
.............................................................as 12 e un cuarto
Deixa de contar as horas e sente na caluga os ollos
dos xurelos que agardan a hora de xantar
.................................enriba da mesa da cociña
De vagar senta nunha cadeira e conversa
sen présa, e debuxa a silueta do vento
.........................................cun dedo no mantel

Cruz Martínez

Segundo premio de poesía do "1º Certame Literario TERRAS DE CHAMOSO".
O Corgo (Lugo) 2008

domingo, janeiro 20, 2008

INTRAMUROS

nacín espida.
sen ollos na cara,
nin lingua para me lamber.
medrein barroca, complexa, híbrida.
unha identidade abaneándose
na corda do autocoñecemento.
atopamos cada noite o pracer
das linguas quentes
buscándose
medro dentro teu,
énchoo todo.
fixo o meu sentimento na túa escuridade
e mistúrome coas mazás brancas
dos teus peitos adolescentes.
pálpote coas cuncas
voltas contra min. obsérvasme
nun interminable intercambio de xestos
facemos o amor bruscamente
para descubrir-nos unha e outra:
espidas,
sen ollos na cara,
nin lingua para nos lamber.


Eva Méndez doRoxo

sexta-feira, janeiro 18, 2008

A SEMENTE

Envolta no profundo
agardas o momento,
miúda e invincible.
O aire chámate imperioso,
mais ti demóraste no escuro
bebendo os agres zumes
das rochas
e da terra.

........... Reboiro

segunda-feira, janeiro 14, 2008

rosanegra

Cando as circunstancias
gabean a simetría numeral
O número dez engana ao cen
e os paxaros xa non saben que facer
A entropía aumenta e con ela
o desorde da percepción
Existe o azar e a nota soa sen máis
unha araña tece, o mosquito cae
nun abismo esquecido
Entre lusco e fusco
a bolboreta voa inqueda
Sen máis...

Ángel González, in memoriam

....... ENTÓN

Entón,
nas tardiñas de verán,
o vento
traía dende o campo ate a miña rúa
un inestábel cheirume a cortello

e a herba rumorosa coma un río

que entraba co seu canto e co seu arume
nas ribeiras pálidas do sono.

Ecos remotos,
sons desprendidos
daquel rumor,
fíos dunha esperanza
pouco a pouco desfeita,
apáganse docemente na distancia:

xa onte vai murmuriante coma un río

levando o soñado augas abaixo,
cara a branca beira do esquecemento.

... Ángel González, de Poemas Elegíacos
.

(Versión ao galego de Alfonso Láuzara)

sábado, janeiro 12, 2008

A chaira e os cerritos de atenco

no cerro de huatepec estan enterrados alguns
dos corpos d@s primeir@s d@s macheteir@s de atenco
entre a comunidade e o outeiro cruzamos a chaira
e diante dos nosos ollos estan os terreos ganados
ao lago texcoco do que so fican dous anacos
toda a chaira é o espacio onde se queria facer
o aeroporto e o macro centro comercial gringo
comendose tamen a comunidade
avanza o solpor e ao lonxe xa non se ve
o pinche distrito federal e aki no cerro
labrada na rocha volcanica o bermello tezontle
esta a silla do señor poeta nezaualtcoyot
a silla onde el se inspiraba para facer os seus cantos
neste pequeno cerro e no de tepenzingo
e nas entradas da carretera durante a resistencia
da comunidade de atenco nas noites acendian fogueiras
para que de lonxe se tomara nota da sua loita
no cerrito estan alguns dos primeiros mortos de atenco
pero son os esqueletes mexicas ou doutras culturas
os mortos da loita de desobediencia civil
tamen deberan estar enterrados nestes cerritos
e as suas tumbas serian o mellor xeito
de parar aos poderosos
................................... atenco 1-08
.................................... Manolo Pipas

quarta-feira, janeiro 09, 2008

Entrega de premios do "1º Certame literario Terras de Chamoso"

O venres 4 de xaneiro, ás 21:30h. tivo lugar a entrega de premios, no Centro Sociocultural do Corgo (Lugo).
Membros do xurado en diferentes momentos do acto: Xurxo Xosé Rodríguez Lozano, Mario Otero Iglesias ( secretario da A.C. Arumes) Xosé Yáñez Basanta, Xoan Ramiro Cuba Rodríguez, Antonio Reigosa Carreras e Manolo de Anseán (ceramista, autor da figuriña entregada aos premiados)



Na fotografía Cruz Martínez recibe o 2º premio de poesía, acadado coa obra:"Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante".














sexta-feira, janeiro 04, 2008

incomunidade

Filo-Café: Suicídio/Altericídio
12 Janeiro 2008, 21h
Café Princesa
Rua Silva Tapada, 134
Porto

incomunidade
toda a informação/inscrições/contactos:
http://incomunidade.blogspot.com/
Tm: (00351) 965817337

quarta-feira, janeiro 02, 2008

Déranlles un códice con acceso directo a algures

A suxestión encubriuse de formas múltiples
.......................................realizou malabarismos
fixeron vodú nos calcaños avermellados
................................de marxinais colectivos
A fraxilidade a piques do abismo
sorpréndese á deriva, dunha a outra
...................................congregación ficticia
Divindades botadores de cartas ou
....................................que importa o reclamo
ou manancial do que flúe a ideoloxía
se é o obxecto directo que promove
...............................que arrastra aos febles ao camiño
Lévaos a abstracción
....................ao galope dunha luz portátil
Convencidos da resurrección
cumpren vixilias prefixadas
coidan que a incorporeidade
traza accesos nítidos a un paraíso
Entrementres, na carballeira escurecida
..............................................................seica
.......................viuse unha recua de cogomelos asasinos
Cruz Martínez

domingo, dezembro 30, 2007

Adeus fogar bohemio!!




O venres 28 dixémoslle adeus ao noso querido fogar bohemio "LENDA MOURA".
Pepe coa súa música amenizou a noite meláncolica da despedida. E logo rematamos a festa cunha boa queimada.
Tampouco faltou a poesía no improvisado recital, a cargo dos grupos: Formas Difusas e Aportaverde.






Adeus Lenda Moura!! Grazas por tantos e bos momentos compartidos.

quinta-feira, dezembro 27, 2007

Peche definitivo de Lenda Moura :-(

Pois si, querid@s amig@s, a triste noticia deste tempo é o peche definitivo do Café LENDA MOURA, o noso entrañábel fogar bohemio, onde fican xa para sempre na memoria emotiva e artística moitos dos mellores momentos de A Porta Verde do Sétimo Andar.
Alí compartimos espazo tamén co colectivo poético Formas Difusas, que anda estes días nas mesmas sensacións agredoces, e prepara unha digna despedida (unha máis) para este inocente 28 de decembro a iso das 22 h. aberta a quen se queira achegar por alí para compartir uns momentos agradábeis coma é costume neste local vigués da rúa Hernán Cortés.
A Porta Verde tivo o pracer de compartir na Lenda Moura das amigas Ana e Marina os momentos máis importantes da nosa andaina, coa sorte de que nos deu tempo a facer xa realidade algúns dos nosos soños poéticos de partida. As nosas vidas creativas tiveron moitas veces o mesmo trazo e foi estupendo. Arestora toca despedirse! Menos mal que nos queda a sempre eterna Cova dos Ratos, ademais dese recordo marabilloso que xa é Lenda Moura (mesmamente) e parte destacada da propia historia de A Porta Verde.
Moitas grazas! Parabéns!
Ata sempre, entrañábel Lenda Moura!

terça-feira, dezembro 25, 2007

Bo Nadal e que o viño fale galego!

Saúde, terra e felicidade para tod@s!
dende A Porta Verde do Sétimo Andar

segunda-feira, dezembro 24, 2007

Selección Galega!

A Porta Verde coa Selección Galega de fútbol!
Aupa Irmandiña!

DA GEMA

A poupa mula e masca
exibe o mamilo
pela ponta soletra
em apupo um lastro
monstro fátuo

que porra que
bicho de mel e saco,
contentamento...

por grifa jarra estende o nó
preguiça morna se diz farta
aqui Baco
suspende o lance de garganta
émulo e triste acorda
...almente...

traz nódoa carcomida, uma clara auréola
a mesma, que o faz.

Aurelino Costa
Do livro: "Na terra de Genoveva"

sábado, dezembro 22, 2007

Nós e a rede 2

Non quero falar da denuncia, das dores. Consecuencias.

Fomos onte contar un conto, chulo, xeitoso, alí onde xogaban os rapaces. Xogaban na estrada dun venres pola tarde, xa sabedes, nunha desas rúas de detrás dos edificios altos. Finalmente atendemos nós para eles. E fun canear un pouco, recibín patadas que non doían; hoxe teño unhas poucas mazaduras.

E fomos onte á praia, estaba tempo, non coma hoxe. Que corpos de rapaces e rapazas, de machitos e princesas. Falabamos ben alto dos delitos dos ricos fachendosos poderosos, xa sabedes. E demos en mirar para eles, e que fermosos, que fermosas. E non tivemos máis remedio que nos amar namentres a xente ía da pouco marchando. Aínda teño na boca o sabor dos amorodos.

Hoxe estaría gostoso de vos falar un pouquiño do que doe a dor, de cómo esmaga a pobreza, daqueles que traballan nas fábricas dos zapatos e dos parasoles, e das pelotas de xogar ó fútbol, nenos, rapaces, mulleres. Non sei como hei de facer das nubes brancas, están dicindo caladiño que non podo xogar con eles. E teño onda min a chuvia compañeira; non sei que fala, di algo de corpos fermosos de mozos e mozas que non podo ver. Non sei como amar agora.

Abilio Rodríguez

sexta-feira, dezembro 14, 2007

josé vicente

Calor na fenda do seio
mão de horizonte
no inverno

Do livro: "Caixa Inacessível"

quarta-feira, dezembro 12, 2007

rosanegra

Presinto a escuridade que me acubilla
e engule a miña alma
que está castigada dende a era fetal
as sombras bulideiras queren
comer o cerebro
como materia negra
inculcando ansiedade visceral
a morte mecanizada, anticipa
a nota que ese alguén toca
nos momentos abismais
busco a resposta ao meu cansazo
morrendo cada noite dos tempos
e revivindo cada amencer incerto.

domingo, dezembro 09, 2007

Cruz Martínez

Escollo a pretérita imaxe
A escena central na que
a integración parece posible
Denantes da insurrección dos apoucados
..................................ataviados de vítimas
Non, non quero aparecer de figurante
no acto traumático, transgresor
..........................adaptado para o cine
Si, xa sei que é perfectamente crible
a maquillaxe logra transmitir todo o
.............................................dramatismo
Mais non sinto ningún desexo de
......................................permanencia
no decorado onde o estilista
fai unha creación inicua
na que os elementos representan
impunemente un falso altruísmo
Voume coa miña historia a outra parte
Poida que me exprese na rúa
Alí, inmigrante na propia terra
tecerei un estandarte
para enxugar as bágoas
e saír en procesión no día dos
.......................................Cristos
(Poema incluído no libro: "A Porta Verde do Sétimo Andar")

quinta-feira, dezembro 06, 2007

aberta a porta

aberta a porta aos verdes poemas
os improvisados instrumentos e musikas
os emotivos encontros e mais motivos
para outro andar e seguir andando

envolventes

as palabras envolventes
envolventes nota a nota
melodias ai güerita
a noite xa toda rota
nota a nota

as historias envolventes
envolventes as cantigas
noite rota lua chea
envolventes enerxias
ai güerita

pipas
cova-sombrereiros 24-11-07

domingo, dezembro 02, 2007

intacta identidade

si son, nacida tras unha eterna morte que se apodera de min día tras mar.
unha fiestra laranxa, entre as barras dunha cárcere azul.
¿un hospital?
Fogar: un círculo infinito que se dobra sobre el mesmo ata atraparme.

no medio da illa unha flor branca, fráxil.
si son.

é agora na interminable e esgotadora espera da reconstrución
na que a fraxilidade se torna raias vermellas, brancas, amarelas, verdes...
tapiz infinito no que perderme.
Mergullareime no mar tras día a morrer na resurrección das autorizacións.
Deixar de lado as neuras, metida nunha maleta, aparecer do outro lado do
finito universo concéntrico.

eva méndez doRoxo

quinta-feira, novembro 29, 2007

In memoriam


Como a semente na terra
as cinzas no mar
completan o ciclo da natureza,
para que non cese a loita no rompente
para que descanse en paz.
Po será, mais po do mar namorado.

.
Alfonso Láuzara

(29-11-06)

quarta-feira, novembro 28, 2007

Nós e a rede

nós e a rede marchamos
deica lámpadas de ton suave


coma un ollo asexa tra-lo celofán
onde non temos canto
e se canto esquezo a vosa pel
de ti que me ves
de vós que mirades


se canto esquezo por iso canto
xa son a túa man
non sóde-la miña calquera
sodes ti e máis el
comparto a carne que nós non temos


nós e a rede por onde vides
traede, apartade os ollos
que non me vistes.
Íspome. Esta pel é vosa
alá por onde esquece, por iso canto


Abilio Rodríguez

domingo, novembro 25, 2007

APORTAVERDE NO CALEIDOSKOPIO


Abaixo estamos, nós somos ghuapiños mais desta volta non saímos nada favorecidos.

Os poetas de A Porta Verde do Sétimo Andar deixamos os nosos versos apegados nas paredes do Caleidoskopio. De esquerda á dereita: Manolo Pipas, Luís Viñas, Cruz Martínez, rosanegra e Abilio Rodríguez.

A nosa gratitude a Maica, Santi e demais colaboradores que amenizaron o acto con música e ao poeta espontáneo.









quinta-feira, novembro 22, 2007

RECITAL DE APORTAVERDE





Benqueridos amigos o próximo sábado 24 de novembro estaremos ás 22h. na Cova dos Ratos, rúa Romil, 3 baixo (Vigo)
www.sindominio.net/caleidoskopio
Agardamos poder compartir con vós o noso recital poético.



domingo, novembro 18, 2007

DEVOLUCIÓN XA!!


NÓS TAMÉN ESIXIMOS A DEVOLUCIÓN INMEDIATA DO PAZO DE MEIRÁS Á GALIZA.
PORQUE É NOSO, DOS GALEGOS.
rosanegra e Cruz Martínez

Na terra de Genoveva

...........................Zumbem vespas acutiladas a sonoras
..........................................................-da sífilis perpétua
memória de esconsas pragas em reguadas de madeira
................................................................................áspera

..............................................-agora sentinelas de visco
..............................................a velha aquece a marmita
......................................................a lamparina na velha

..................................................."tragam água à gora !"


Aurelino Costa

segunda-feira, novembro 12, 2007

Concéntrico núcleo amado

Deslízanse as cóxegas polas pernas
as bocas insírense e sedúceme
a lenta catadura da túa lingua
.........Quecéronme os pés sabes
..........................................Posme
asomada á nudez do teu peito
......................................submisa
.........................................Posme
Déixome facer, fago, fasme
Mergúllome na inevitábel
..................proximidade copulativa
proceso de amor, completamente carne
O amor inquedo xoga entre os dedos
e penétrame entre as nádegas, certeiro
...........................................................febril

Cruz Martínez

sexta-feira, novembro 09, 2007

rosanegra

Os e- móvense
..........Coma lóstregos
Dun átomo a outro
E a gravidade atráenos
.................Á terra
Péganos a ela coma ao ventre
Dunha nai na etapa fetal.
Somos animais racionais
proxectos de humanos
Pequenos elos dunha cadea rota
E tridimensional...
Seica que estamos na cúspide
Eu diría, que nunha vértice piramidal.

quarta-feira, novembro 07, 2007

Hai un enigma no recordo

Hai un enigma no recordo
que vaise erguendo dunha nada,
esa incorpórea e bretemosa
esencia apesarada, moura.

Hai unha nada que te enlea
e que te apreixa docemente,
e te engaiola e te obsesiona,
e te extravía no camiño.

Hai un "non sei" que moito sabe
e xoga coa mente opaca,
e que sabéndoo se cala,
i é moura á diante dos ollos.

Camiña e non preguntes,
tí, que un día chegará a luz.

Xosé Carlos O'Framinor

sábado, novembro 03, 2007

Pirómana

buscome nas acepcións
Non existo.
A feminización da miña forma non arde.


Achégome a ti,
préndote na chama das miñas caricias,
deslizándome pola vexetación
que configura o teu ser.


Observados por hefesto
limpamos os montes do noso inverno,
para non deixarlle paso á combustión dos nosos corpos.


Dóeme a pel, cuberta de escamas negras,
vestixio do teu paso por min.



eva méndez doRoxo

quinta-feira, novembro 01, 2007

Bravo Paquito!!



Bendicións para Sir Paco Vázquez,
bo conservador da memoria histórica,

ex-alcalde de La Curuña,
cidade sempre tocada

pola súa divina falanxe.
Feliz día de defuntos!

.

- Subcomandante Afonso trece -
Por favor, fágame caso, querid@ visitante,
e faga coma min: non se meta en política!

terça-feira, outubro 30, 2007

estrelas

e agora non fales
que as estrelas xa dormen


cinco bicas ten a fonte
cinco estrelas esta noite
cinco letras o teu nome

era media noite
e tremou a terra
case non foi nada
un suspiro da terra



pipas

terça-feira, outubro 23, 2007

Entón as olladas volvéronse distantes

Percibiron a través da visión distorsionada
imaxes dunha posguerra
.....................Outra de tantas
Alguén le, observa o rostro do ditador recorrente

Noutro lado da rúa
a puta vida deulle unha patada no cu
........................................ao pobre derrotado
que fuma a porca cabicha que rescatou do chan
Namentres, as gastadas palabras buscan razóns
entre apiñados montóns de merda
Atopa membros e paulatinamente
............................analiza encrucillados

Un morto vaga resolvendo enigmas na noite
..........................................liberadora de pantasmas
A brisa acurralada fuxe. Fuxe dun país que lle nega unha
..................................................................................esperanza
Inmigrante sen papeis é prostituída por un puto traficante
................................................................nun club de carretera
Hoxe, outro asasinato de xénero, indixesta o almorzo
A incompetencia impregna as costas de veleno
...........................................................Cor acibeche
E máis...
Pero ...
Os ollos cérranse, non queren ver
.........................Apágase un televisor
E por un instante experimentas o alivio dos ignorantes

Cruz Martínez

domingo, outubro 21, 2007

minus bálido

Nin anverso
Nin reverso
A min gústame o canto
O bell canto.

quinta-feira, outubro 18, 2007

Indicativo

Dizia-me uma vez o Pascoaes:
«amemos mais que tudo a Liberdade»

e ninguém poderá esquecer mais
uma tão lucidíssima verdade.

E sempre pelo rumo dos meus passos,
E que é às vezes espinhoso chão,
Eu levo a liberdade nos meus braços
E guardo-a no calor do coração!

A. Garibáldi

Do livro: Voz Insubmissa ( As Mãos e a Sombra)

segunda-feira, outubro 15, 2007

rosanegra


A orde dos factores non altera a suma
Da aritmética sentimental
A trigonometría espacial
Interponse entre a ollada inquietante
Do animal racional
O binomio de Newton
Segue aceso nas mentes cáusticas
Mentres Cramer segue buscando
As tres incógnitas matriciais
Tanta numeración pódeme suprimir
1,4,7,89,18,m y,m 2...
e escoito unha voz que di
a e b non son permutables,
aínda que son maleables...

sábado, outubro 13, 2007

O Lagares maltratado

O desahuciado Lagares que foi reanimado in extremis
aínda bota escume urbano pola boca do seu esteiro
sulagado en secuencia da marea chea.








Xa por Lavadores...
misión case imposíbel
seguirlle e perseguirlle
as súas pegadas de auga,
coitadiño
baixa estrangulado
entre naves industriais.
.
Superado o natural trauma urbano...
seica a esperanza fica aló no berce do río.

.................................. Alfonso Láuzara

quinta-feira, outubro 11, 2007

telefonía

sen fíos comunicamos.
todo o noso mundo é rexido por impulsos magnéticos;
imperceptíbeis, suaves, intensos.
crávansenos na pel reaccionarios,
nun xesto indómito de paciencia e sumisión.

ritual aprendido nas grandes urbes;
nas que sen timbres chamando á oración,
sentímonos alienados en nós mesmos.

agora, no silencio punxido, das paredes caleadas,
aprendo a non percibir contrasinal.
mergullo meus pensamentos
en complexos mecanismos etéreos
para non oír badaladas metálicas na miña lingua.

reposo a axitación e a rabia
entre numerosas páxinas desteñidas
para concentrarme
na pérdida absoluta do coñecemento
e así atopar as Respostas.


eva méndez doroxo

terça-feira, outubro 09, 2007

Quixera ser outro ser

Para gozar dos teus encantos.
Quixera ser vento
Para viaxar enredado
No teu cabelo liso.
Quixera ser colgante
Para estar preto,moi preto
Do teu corazón
E vivir sempre de ti colgado.
Ser o teu propio ser
Para poder penetrar
Nos teus íntimos desexos.
Ser coma a seda azul da túa cama
Para agarimar o teu corpo nu
Enredado entre as túas pernas,
Penetrar dentro da túa coiraza,
Vivir as túas vidas
E morrer a túa morte.


O cabalo do malo

sexta-feira, outubro 05, 2007

No cromatismo dos peixes




O silencio teu

no cromatismo dos peixes,
era a caricia do vento mariño
que viaxara cara aos continentes
eu, navegante solitario,
náufrago feliz,
acochado no teu ventre,
alí, no peirao.



Luís Viñas

quinta-feira, outubro 04, 2007

Apegado na codia da miña pel

Vés cabo de min, preto
coma chama que emerxe
prolóngase, invade
e acóllote dun xeito novo
porque entre os dous a nudez
fainos grandes

O estado de brétema
argalla unha luz fulgurante
Estancias nebulosas abren fiestras
e bícannos na boca, conmóvenme
contemplamos sinais de beixos
tatuados nas queixadas
As cousas sonche así, arrevesadas
Certamente somos monicreques
que irrompen na dependencia
dun abrazo

Cruz Martínez