terça-feira, abril 29, 2008
Caracolas mesoamericanas. Caracola tzeltal
a caracola espiral que avanza
en sentido inverso as agullas do reloxio
as cara caracolas tzeltales como os corazons do mar
desde o principio ao fin desde o fin ao principio
nos grabados e pinturas dos pobos mesoamericanos
das bocas saen caracolas que representan a palabra
encantada caracola aquí no medio da selva
a comunidade é chamada a tempo de asamblea
.... bolon ajaw chiapas 3-08
...... - Manolo Pipas -
sexta-feira, abril 25, 2008
quinta-feira, abril 24, 2008
A COPE QUERE AMORDAZAR O GALEGO
O mércores 23, ás 20:00h na rúa Príncipe de Vigo houbo unha concentración por mor das últimas actitudes belixerantes que a nosa lingua vén de sufrir por parte de Radio Popular, S.A. ( propietaria da Cadena Cope, a emisora retrógrada da Conferencia Episcopal).
Esta manifestación fíxose nas sete cidades galegas: Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. quarta-feira, abril 23, 2008
GOLFO
NOVE MINUTOS...(EUXA CENTRO XERONTOLÓXICO)
Fican amoreados entre paredes de materialismo. 2000 euros por cabeza.
O director apura, quere efectividade e explota o persoal ao máximo... aquí, aló, acolá...en nove minutos aseados, vestidos e peiteados... o tempo é moi importante, nove minutos atordan os oídos.
Un aloumiño, unhas palabras de agarimo non son posíbeis. A humanidade pérdese polo camiño.
NOVE MINUTOS!! as subordinadas queiman as mans nas tarefas diarias. A dirección quere máis cartos.
+ é = a - ( menos empregadas)
NOVE MINUTOS...
Queremos denunciar a explotación que recibe o persoal dos Centros Xeriátricos. Que é escravizado por un salario base e obrigado a traballar en condicións de estrés. Todo isto repercute nunha carencia de tempo que converte o traballador nun autómata.
rosanegra e Cruz Martínez
domingo, abril 20, 2008
sexta-feira, abril 18, 2008
quarta-feira, abril 16, 2008
Anceios de laicidade
segunda-feira, abril 14, 2008
sábado, abril 12, 2008
POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO
Toda a información neste vídeo.
http://youtube.com/watch?v=fxZYdUWhMPg
A PORTA VERDE DO SÉTIMO ANDAR
TAMÉN LOITA POLA REALIDADE DUNHA GALIZA EN GALEGO.
sexta-feira, abril 11, 2008
segunda-feira, abril 07, 2008
sábado, abril 05, 2008
Da porta verde dun 7º andar...
canto compartimos
coas mans no propio corpo
e nos beizos
unha palabra de protesta
na auga hai máis que o cheiro
dos nosos sexos
mitigado pola fragancia
dun xel de ducha
nela fixemos unha
revolución
lavándonos de espantos
Alberte Momán
quinta-feira, abril 03, 2008
Polbo á feira

terça-feira, abril 01, 2008
Na porta verde dun 7º andar...

Luís Viñas
- NUNCA SE SABE -
Non quixera coma fado sorprenderte
no intre da nostalxia da idade
porque iso non vai na sintonía
da túa fresca mocidade.
..... Propoño
ficar na serenidade nocturna de lus e pedra
que ofrece un bo rincón no lugar entrañábel de A Guía.
Ficar alí coma dúas figuras de pedra
nese xogo de luces e sombras
porque en lugares coma este,
o tempo pasa lentamente, e mesmo semella deterse.
.
Acaso teño ollos de pedra, acaso
respiro na santa compaña dunha fermosa
estatua de muller ben xeitosa.
Vexo nos teus ollos a doce mirada escura da noite estrelecida.
A noite é xove. Quero desfrutar do momento e gosto
dese estraño sabor do silencio nos teus beizos.
Quero chimpar un bico á ría
mais un orballo de verbas vai tecendo a noite que nos quenta./ ¿Maxinacións? ...... Nunca se sabe.
......................... Alfonso Láuzara
domingo, março 30, 2008
A jenga

sexta-feira, março 28, 2008
A Reconquista de Vigo de 1809

Vigo reviviu en clave de festa a súa reconquista da vella vila, daquela baixo o dominio das tropas francesas do capitán Chalot.
Liberté, egalité, fraternité!!
Certo que pola noite coñecimos unha tropa francesa mermada, bisoña e indisciplinada, moi entregada ao vicio e altercado de taberna.A miña casa non quero que veñas. Sempre me fodes, nunca me preñas!

Pasou o que pasou, e tod@s pasámolo moi ben!



Foi unha mágoa que o Concello de Vigo non tivera convidado ao actual presidente Nicolas Sarkozy a esta festa viguesa, porque alí onde hai un francés en apuros... alí está Sarkozy con capa e espada cal mosqueteiro namorado. Sería divertido, non si?
quarta-feira, março 26, 2008
O mercado e o tianguis mesoamericano
un intercambio de productos durante miles de anos
sen mediación da chamada moeda
pero conforme se multiplicaba o comercio
unhas pedras de gran valor ian facendo de diñeiro
e o intercambio era nas prazas e nas ruas
estaban os mercados permanentes
e os tianguis ou mercados semanais
calquera espacio publico podia ser un mercadiño
o lugar era ocupado e a tradición o mantiña
tradición tantas veces roubada polas formas
que chegaron da peninsula e de europa
os traxicos sucesos de atenco producironse
cando xa non lle querian deixar vender na rua
aos tradicionais floristas de texcoco
e foron apoiados polos comuneiros de atenco
e nas ultimas semanas foi nacer
un novo tianguis na cidade de oaxaca
un tianguis cultural no parque do llano
un espacio lembrado pola represion
que agora se quere reinvindicar
cun tianguis cultural e alternativo
un mercado mesoamericano
de dia o mercado na rua coas vidas que dan mais vida
e as vidas atropelladas por outros alleos corpos
de dia o mercado na rua e de noite case nada revela
que aki houbo un mercado e que mañan mui cedo
será construido outra vez sen que nos nos demos conta
de dia o mercado na rua que non nos deixa camiñar
que nos para e que nos da paso coa musica dos pregons
do seu precario castilla entre ricas linguas indixenas
no mencer renacerá o mercado e a pura forza humana
arrastrará carretas e diablitos e grandes sacos nas costas
e na noite outra vez a musica destes corpos
e mais entrada a noite o baleiro e o silencio
que nos paran a escribir e tamen nos dan paso
para mañan voltar outra vez ao mercado que da a vida
mesoamerica 3-08
Manolo Pipas
sábado, março 22, 2008
GLÓRIAS
quinta-feira, março 20, 2008
o internado e a luna
fillo daquela revolucion
nenas de familias pobres
nenos da rua e dos subterraneos
xuntos cinco dias entre muros
entre clases talleres e xogos
luna xoga na auga da alberca
e sae a repartir bicos entre nos
e logo as nenas de uniforme verde
veñen ate nos e platicamos
pero tardo un estraño tempo
en descobrir que unha é luna
e saimos destes muros
con preguntas e silencios
con ganas de voltar e de fuxir
descobrindo mui poucas cousas
entre as ruas os muros e as ruas
o internado e a luna
niños heroes
cidade de mexico 25-2-08
Manolo Pipas





