terça-feira, julho 31, 2007

Tajinaste rojo

Taxinaste vermello nas Cañadas do Teide
reivindícase, abandoa o parador da humanidade,
autóctono e digno na procura do territorio guanche de seu
.
.
Tod@s contra o lume forestal!
Denuncia o terrorismo ecolóxico!
Reclama a máxima persecución!
Acción! Solidariedade
dende Galiza
desta volta coas Illas Canarias!
- Suc. Afonso trece -

domingo, julho 29, 2007

cantigas

a noite que se desborda

leva pouca auga
o teu rio de arlazon
pero temes que se desborde
porque ti es mui boa actriz

abrense flores e lembranzas
polo paseo do espolon
o teu pasado que se desborda
ainda que ti es mui boa actriz

no mercado medieval
falafel baixo o trebon
a noite que se desborda
pero ti es mui boa actriz

claqueteo de cigoñas
no teu vello torreon
ou voume polo arco de maria
pero ti non sexas tan boa actriz

o teu mundo patas arriba

para o teu mundo patas arriba
paseiche el libro de los abrazos
debuxamos mal a despedida
que non se resistan os nosos lazos

para o teu mundo patas arriba
pedicheme os tangos de gardel
e regalacheme unha poesia
terei que aprender a ler

no teu mundo patas arriba
van muitas semanas de chuvia
e levas na tua mochila...

Manolo Pipas

quinta-feira, julho 26, 2007

Os Cempés no Casco Vello



Despois de 12 anos de traxectoria musical dixeron adeus... seica teñen desexos de reciclarse, novos proxectos...
A noite do 25, deron o mellor deles. A actuación foi memorable. Una cervexa, boa compaña... que máis se pode pedir!!!
rosanegra e Cruz Martínez

quarta-feira, julho 25, 2007

DÍA DA PATRIA GALEGA


25 de Xullo
Día da Patria Galega
.
.
Galiza, nación. Autodeterminación!
.
Saúde e terra á Nazón de Breogán!

VIGOFOLCELTA no Casco Vello



Foi a noite do 24 de xullo, véspera do apóstolo, día grande de Galiza. A praza da Constitución acolleu o concerto de Faltriqueira, que nos agasallou cun repertorio que misturaba temas da nosa terra con outros sons de distintas orixes etnográficas. Ademais fixéronlle unha persoal homenaxe a José Zeca Afonso e Andrés Dobarro... versionando temas seus.
Sen dúbida foi unha fermosa noite de verán...!
Cruz Martínez

segunda-feira, julho 23, 2007

Telesila de Argos

Poeta grega, nativa de Argos no VI-V a.C.
Compoñía himnos que a enaltecían perante os seus seguidores. Conta unha tradición que dirixiu un exército de Argivas para deter a invasión de Esparta, os Lacedemonios liderados por CleómenesI. Argos venceu e os espartanos sentíronse avergoñados ao ser derrotados por mulleres. Outra versión di que Telesila instigou aos soldados argivos, cos seus cantos guerreiros contra o ataque espartano, dándolles así forzas e coraxe.
Na súa honra, no Templo de Afrodita de Argos, unha estátua con libros e espadas descansando aos seus pés conmemoraban a fazaña.
Vítoriosa guerreira e poeta
dun pasado da cor de pexego
unha historia de muller
que pertence a tódolos tempos
rosanegra

sexta-feira, julho 20, 2007

A portada da polémica

Pois si, un debuxiño tan inocente e tanto problema...
Vaites... foder, fodemos todos! cando podemos!...

Que pasa coa liberdade de expresión?
Seica aínda estamos na ditadura...
Hai temas moito máis importantes polos que discutir.
A que vén ese famoso secuestro da revista?
Non é para tanto! ese debuxo non é ningunha ofensa,
máis agravio é curtar o dereito constitucional da

LIBERDADE

Cruz Martínez e rosanegra

quarta-feira, julho 18, 2007

NÓS E A REDE en Cambados

A Porta Verde do Sétimo Andar estivo en Cambados, representada por: Manolo Pipas, Luís Viñas, rosanegra e Cruz Martínez. Alí vimos vellos amigos e coñecemos outros, cos que compartimos intres marabillosos entre música e poesía.
Entre outros poetas estaban: Domingo Tabuyo, Xosé Vázquez Pintor, Ramón Caride, a poesía audiovisual de Lara Bacelo...
O Kunstgruppe GOTTLIEB de Berlín, o grupo de música AIRAS e as curtametraxes de Ero Suárez.
A exposición de fotografía permanecerá aberta ao público ata finais de mes, non perdan a oportunidade de achegarse ao centro comarcal EXPOSALNÉS


Cruz Martínez Vilas


terça-feira, julho 17, 2007

Cruz Martínez


DESPERTOU NA OBSCURIDADE
dum aparente dia
Tentou alçar a sua voz, gritar
mas o corvo com bicadas de ferro
lhe fez calar
e na sua garganta,
garrotada
ficou a palavra,
liberdade

Liberdade,

amanheceu rasgada
sepultada baixo lágrimas
A tristeza meteu-se
na sua cama
sovou-lhe o corpo
com beijos de mofo

domingo, julho 15, 2007

NÓS E A REDE en Vilagarcía de Arousa

performance

arañeiras humanas

poesía

música

curtametraxes...





Un

encontro

no que a

motivación

fundamental foi a
AN

TI
GLO
BA
LI
ZA
CIÓN

14 de xullo

"A Porta Verde do Sétimo Andar" tamén estivo alí: Abilio Rodríguez, Manolo Pipas, Luís Viñas, Alberte Momán, rosanegra e Cruz Martínez.

Ese día inauguráronse dúas exposicións de fotografía, unha na Sala Rivas Briones, Casa de Cultura e outra no pub Pórticos. As fotografías permanecerán expostas todo o mes de xullo.


Cruz Martínez

quinta-feira, julho 12, 2007

NÓS E A REDE (Vilagarcía de Arousa)


Sábado 14 de xullo do 2007
Ás 20:30 horas: Inauguración da exposición “ARAÑEIRA 1” na Sala Caixanova da Sala Rivas briones, Casa de Cultura,

  • Ás 21:00 horas: Proxección das curtametraxes e vídeos na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal.
  • Ás 21:30 horas: Poesía, ”Enredados”, música, cadáver exquisito, performance; no Parque Miguel Hernández
  • Ao remate: inauguración da exposición de fotografía no Pub Pórticos. Organización: Saúl Otero
    Entidade colaboradora:Concello de Vilagarcía de Arousa.Colaboración: Lois Magariños, Ladislau da Regueira e Cristina Pérez-Salgado.Deseño: Ladislau da Regueira.Recollida documental: Alexandre Otero – Fotografía Samuel Otero
  • Poesía:Lois Magariños- Rois- A Coruña Emilio Xosé Ínsua – Cambados Domingo Tabuyo – Cambados Xosé Mª Vila Ribadomar- A Illa de ArousaCándido Duro – Pontecesures Manolo Pipas – Vigo Cruz Martínez Vilas – Vigo Luís Viñas – Vigo Rosa Martínez Vilas – Vigo Alberte Momám – Santiago Abilio Rodríguez—Vigo Juan Carballo – Vilagarcía
  • Exposición “Arañeira “ (Fotografía-vitrina obxectos):José Luiz Oubiña – Vilagarcía Martina Miser – Cambados Mónica Irago – Vilagarcía Alexandre Otero – Cambados Karlos Abal – Barrantes Manolo Busto – Cambados José Mª Solla – Pontevedra Miguel Camblor Quirós - A Coruña Kunstgruppe GOTTLIEEB - BerlínNoelia Gómez Pacín – Lugo Luís Viñas -Vigo Cruz Martínez – Vigo Rubén Arenaz - CambadosOscar Hermida – Pontevedra Samuel Otero – Santiago Luís Rodríguez – Meaño Xesús Carballido-O Carballiño:
  • Vitrina obxectos: -Seica 450 "A Dignidade Humana
  • "Música: Airas
  • Audiovisual: Sara Jess-Santiago
  • Vídeos experimentais: Ero Suárez-Meis
  • Curtametraxes: “Broken Dreams” “A viaxe máis longa”
  • Performance: Kunstgruppe GOTTLIEB-Berlín
  • Instalación-dramática: “FindTheNet/Kotze/ vomitar”Lois Magariños, Antonio Rivas,Carlos Piñeiro, Begoña Miguens, Ramón Cruces, Pedro Lamas.-“Guantanano”
    Cadáver exquisito(cadavre exquis): -Sobre fundas brancas de papel “ENREDADOS”-dados poéticos (forespán=corcho branco) que teñen nas súas caras palabras, versos ou pequenos poemas (Anxo Pastor, Cándido Duro, Lois Magariños, Domingo Tabuyo, Juan Carballo e Saúl Otero).

Motivarase ao público para que coloquen os dados en distintas posicións para obter distintos poemas.

domingo, julho 08, 2007

Quando chega o Outono da vida...

A ilusão é humana.
Verdadeiros apenas os espelhos.
A voz com que nos falam não engana
Quando o frio nos diz que estamos velhos.


Impossível encher de labaredas
Agora o coração.
Falazes ilusões, nulas e tredas!
Agora, tudo é vão...

Pudesse o vinho do amor ainda
Correr em nossas veias, sangue a estuar!
E fosse a nossa vida manhã linda,
Com o sol a cantar!

Mas não! Tal como as árvores no Outono
Vão perdendo a folhagem,
Assim as ilusões, ao abandono,
São levadas de nós por fria aragem.

É assim a vida de nós todos. Somos
Uns misérrimos seres desta verdade:
Foi passageiro tudo quanto fomos,
E depois da ilusão vem a saudade...

Artur Garibáldi

Do livro: "Voz Insubmissa"

quarta-feira, julho 04, 2007

rosanegra

Dende as profundidades da nostalxia
Fica indómita perante o mundo
E debuxa xeroglíficos na mente
As súas orellas sinalan directrices
Oblicuas espaciais
Que semellan andoriñas
O amor é efémero
O tempo é descoñecido
Pero el, foi un mes etéreo
Unha boca agridoce
Que quentou un corazón no inverno

domingo, julho 01, 2007

A Porta Verde xa é unha realidade física


O libro d'A Porta Verde do Sétimo Andar xa saiu á rúa. Despois do verán faremos a presentación. Esperamos contar coa presenza dos nosos amigos.

Estade moi atentos!!

terça-feira, junho 26, 2007

josé vicente

No caule imóvel
folha de eucalipto
som de mar
nos montes

Do livro: Caixa Inacessível

domingo, junho 24, 2007

A NOITE MEIGA NO BERBÉS



















Onte estivemos rosanegra e máis eu ao pé da fogueira. Alí os esconxuros voaban misturados nas muxicas. Na noite máxica de San Xoán; o viño, o polbo e as sardiñas envolvían as almas enfeitizadas co son da música no aquelarre.
Máis tarde seguimos a troula no REMATE. Alí atopamos boa compaña, Peter o danés, o amigo Diego, que preferiron quedar no anonimato. Tamén Miguel e José Manuel que lle gusta que o chamen "Mayo" con ( i grego) ... A nosa amiga Emma fíxonos unhas fotos... fixádevos que ghuapos estamos!!.
Biquiños para todos eles de Rosa e Cruz.
Cruz Martínez Vilas

sexta-feira, junho 22, 2007

O CAFÉ KWIKANICE

Ninguén ten un aspecto suficientemente bo para foder,
¿é quizais iso,
fracasado santo do Café Kwikanice?
¿Sentado sobre o teu masturbado instrumento
sen enerxías para bendecir o carrusel?
Ábrete camiño ata onde estou,
esperma inquedo,
ti es o pantasma do amor
e eu son o amor mesmo.

Leonard Cohen

terça-feira, junho 19, 2007

Chuvia tras os cristais

Dedicado a todas as mulleres que gozan da súa sexualidade con plena liberdade.
Nunha tarde gris de chuvia tras os cristais
Beethoven nun ambiente cálido e apracible,
Unha man vestida de branco percorre un corpo espido
Até fundirse nun único corpo
Nun único ser.
O reloxo de parede marca inexorablemente
O tempo,que queda paralizado
Cando os seus beizos entran en contacto,
Cando os seus corpos atopan unha unión
Case bautismal,
Sen medo ao que dirán,
Na complicidade da intimidade.
Esquecendo por uns intres
Que ao remate da xornada
Volverán a interpretar
O seu papel de amas de casa,
Esposas fieis e nais exemplares.
O cabalo do malo

sábado, junho 16, 2007

A JANELA EM LÂMINA

vai insuflar serões com machos
nas casernas aparta
os feijões brancos dos rojados. Um úbere
tenso espera-te
em Sinai !

Língua anti-aérea lateja em toda
a península e Leticia abrem-se

Cascos de burra e urso marcam o lajedo
molhado: cárcere?

Contentamento móbil da pop
ulaça asperge em sovaco o mórbido e soalhoso da cárie

bufa em estertor e abafa-te em flanela
porque não
goteja de caruncho;

qualquer coisa como sintoma...,
baunilha sacara bastante ao nojo !

Ao açucarado felino realço o gânglio
do medo
insubordino o dado
porque não

Lantejoulas e cuecas tudo se vende
e tu
já pensaste na tua casa?

Aurelino Costa

Do livro: Na terra de Genoveva

terça-feira, junho 12, 2007


NÓS E A REDE
NÓS E A REDE
NÓS E A REDE



Proxecto artístico multidiciplinar que se desenvolve en diferentes partes do mundo tratando de concienciarnos e servir de reflexión sobre a globalización .

Organizado polo pintor Saúl Otero coa colaboración dos artístas alemáns deste movemento Kunstgruppe Gottlieb chega a Galicia, estando previsto actos en Vilagarcía de Arousa (Sábado, 14 de xullo do 2007) , Cambados (Martes, 17 de xullo ) e na Illa de Arousa (Venres, 20 de xullo)


TEMAS:
1. Males do capitalismo globalizador.
2. Rede ou arañeira como concepto,imaxe...
3. Ou otros temas que os participantes decidan libremente.


ORGANIZACIÓN: Saúl Otero – 986 520 905 – 649 729 785
COLABORADORES: Ladislau da Regueira e Lois Magariños.
DESEÑO: Ladislau da Regueira.
RECOLLIDA DOCUMENTAL MULTIMEDIA:Alexandre Otero -Fotografía
José Mª Solla - Vídeo