quinta-feira, março 15, 2007

Jabier Muguruza en Galiza

O trobador vasco Jabier Muguruza é unha das voces máis interesantes dentro da canción de autor dos últimos anos. Jabier achega o folk do seu país ao jazz a través dos acompañamentos nada descafeinados de Mireia Otzerinjauregui (voz) e de Ángel Unzu (guitarra acústica) cunhas letras honestas cheas de poesía delicada e sensual, que inclúen textos de Bernardo Atxaga, Iñaki Irazu, José Luís Padrón, Gerardo Markuleta, Harkaitz Cano ou Kirmen Uribe, ademais das súas propias. No pasado liderou, xunto ao seu irmán Fermín, unha das formacións máis carismáticas do denominado Rock Radikal Vasco, Kortatu, ademais doutros grupos de combate como Zarama ou Delirium Tremens. Hogano, na súa nova etapa de cantautor armado de poesía, visita Galiza para presentar Abenduak 96, o seu último traballo, de marcado carácter intimista e minimalista cun especial interese polo cotián. Jabier Muguruza está aquí para cantarlle ao cotián. Parabéns!
.
Alfonso Láuzara

terça-feira, março 13, 2007

gyáag gúul e as suas pedras

yagul é un centro arqueoloxico
unha cidade zapoteca do chamado primeiro milenio
a arbore ou o pau vello está enriba dun pequeno cerro
nos secos vales centrais perto de tlacolula
contruccions rectangulares dunha cultura avanzada
un gran patio, cancha de pelota, a sa do consello , escalinatas
palacios como o dos seis patios con habitacions
e laberinticos pasillos con portas por onde entras de lado
columnas ben grosas e a grande escultura dunha ra
os anchos muros son de mampostería de pequenas pedras
i en moitos deles por dentro se conserva o estuco
a cor bermella que os cobria mui gastada so os lembra nun cuarto
os chans estaban pintados de branco ou bermello
e debaixo deles duas tumbas aki e tres alá
algunhas con traballados dinteis e unha pedra con glifos
varias delas saqueadas por vellos e novos pobos
e mais arriba a fortaleza que se ergueu mais tarde
con muros entre peñasco e peñasco
para a defensa da cidade ou das clases dirixentes
e abaixo o agora seco val de tlacolula
rodeado polas desforestadas montañas
boa parte de gyàag gûul foi reconstruida
e nós camiñamos sobre millons de anacos
de ceramicas de entre dous e sete centímetros
de pratos tazas olas e cazuelas sinxelas
anacos de diversos grosos e cores
e toda esta ceramica foi feita so a man
sen a axuda dun torno que non coñecian,
entre unha construccion e outra os omnipresentes nopales
o cactus do que se sacan os grandes gomos para comelos
logo de sacarlles as espiñas unha a unha
o nopal do que se extraia a seiva ou baba
para darlle consistencia a masa que unia
as pedras destas milenarias construccions
en yagul ainda se sente o silencio das pedras
aki case non chegan turistas como a monte alban e mitla
aki non se venden os pinches refrescos do imperio
nen se vende esta cultura en pequenos agasallos,
baixamos do pequeno cerro e voltamos os ollos
que esas pedras sigan gardando os seus segredos
.
yagul-oaxaca 25-2
Manolo Pipas

domingo, março 11, 2007

sábado, março 10, 2007

Cruz Martínez Vilas

SUPOSTAMENTE estaba aí
incrustada nas rochas dunha praia infinda

As pálpebras pechadas
deambulan polos espazos impenetrábeis
.....................................da mente en tránsito
A luz decrecida concibe unha escura ameaza
e fire silenciando verbas ao bordo dos labios
Delimitadas liñas interceptan códices ambiguos
que forman linguaxes incertas
Confusas emisións flúen coma fráxiles
.......................................................caricias
mergullándose nas augas da inexistencia
As páxinas acollen un baleiro inmenso
Cunha extensión que talvez
non abonda con mover os labios
....................................para superala
As ausencias tinguidas de tinta
garabatean un mundo de símbolos deformes
Virus informáticos asaltan arquivos
con lousas que soterran alfabetos
............................................efémeros

quinta-feira, março 08, 2007

ARXILOSA

Eu non son unha deusa
mais podo crearte en barro
e logo abandonarte nun edén terrorífico
.
- de Arxilosa -
Elvira Riveiro Tobío

terça-feira, março 06, 2007

Livraria Lello & Irmão, no Porto


A Livraria Lello (Rua das Carmelitas, 144) é un dos lugares máis emblemáticos de O Porto, de visita obrigada nesa interesante cidade. Foi inaugurada en 1906. Destaca a súa fachada de estilo Neogótico. E xa no seu interior, no centro da libraría, a súa afamada e tan peculiar escaleira de caracol, que vai apoiada sobre dous pés, bifúrcase, vólvese a xuntar, e logo ábrese outra volta para chegar ao primeiro andar, onde admiramos unha belísima cúpula de cristal que coroa a escaleira. Sen dúbida, unha das librarías máis fermosas do mundo, que paga a pena coñecer. Ademais ofrece libros moi interesantes, por suposto!
.
Alfonso Láuzara

domingo, março 04, 2007

sexta-feira, março 02, 2007

O alento da musa

NARRATIVA. Con O alento da musa, do noso compañeiro Alberte Momán,
Difusora abre a nova colección Literal, dedicada a narrativa e poesía.
.

Sobre a obra:

Detrás dunha caixa rexistradora atopei a submisión a un traballo atordante, a necesidade que a miña protagonista ten de sentirse acompañada, de volver formar parte do mundo. Detrás dunha caixa rexistradora atopei un dos grandes males da sociedade deshumanizada.
Alberte Momán
.
A premisa de que as grandes historias da literatura poden comezar detrás dunha caixa rexistradora serve de escusa para presentar esta breve pero intensa amálgama devidas frustradas, vítimas da necesidade. Unha visión optimista que mostra a non conformidade dos personaxes con todo canto lles acontece, para deixar de seren vítimas, pasando a controlaren o propio destino.
O libro inclúe, con cada exemplar, o caderno de poesía Déixanse levar, do mesmo autor.
.
Sobre o autor:
Alberte Momán (Ferrol, 1976).
Enxeñeiro técnico agrícola. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Como escritor, é autor de diversas obras premiadas, como O lobo da xente (Edicións Positivas, Premio Narrativas Quentes 2003), Erótica (Premio Francisco Añón de Poesía 2004) ou O pasado nas horas (Premio Rosalía de Castro, Cornellá, 2004).
Ten colaboracións dispersas por diversos volumes colectivos, como a primeira edición de Relatos de Verán do diario La Voz de Galicia, ou a colectánea poética Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata (Difusora de Letras, Artes e Ideas). Colaborou, tamén, no volume de poesía Sempre mar. Cultura contra a burla negra, promovido e editado pola asociación Burla Negra con motivo do afundimento do Prestige. Tamén no libro publicado co gallo do certame de narrativa breve do concello de Curtis na edición do 2005, en que recibiu un accésit pola obra Benvidos á noite americana. Colaborador do xornal A Peneira, é autor de Efecto Iguana, novela por entregas que se publica no suplemento cultural deste xornal. Tamén ten colaboracións en revistas como Madrygal, editada pola Universidade Complutense de Madrid, ou Dorna, que publica a Universidade de Santiago de Compostela.
.
Distribución: Consorcio Editorial Galego
PVP: 14,50 euros
ISBN: 978-84-935223-2-2
Colección Literal, n.º 1. 96 páxinas en branco e negro + caderno de poemas de 12 páxinas en bicolor. Capas en cor. Encadernación en capa mole, con lapelas. 19 x 15,5 cm.
Primeira edición: febreiro de 2007

quarta-feira, fevereiro 28, 2007

Eis a cuestión







Eis a cuestión, meu amor...
¿Colocou o Concello máis luces na cidade
ou pasa que eu as vexo a pares?
Luces, voces, ruídos, estrelas e cascos de cervexa.
Achégome no Casco Vello a mascar un bico de mugre
Contente na caixa nova de música e burbullas
de couldina, ron cubano e pratos combinados
alimentando caries de cine negro
famenta de empastes gratis e sen dor
enfrascada nun intercambio solidario
exquisitamente vacteriano.
Inxesta alucinóxena de cuspe ardente
vaise apurando a noite indecente
para navegar perdidos na fría madrugada
e deitarse ó fin dun canto pirata
despois dunha triste mascada.

Pasa que te vexo e non te vexo
e non sei se eras tan dura en coiro negro
ou me matas agora de terror desarmada de envoltorio.
Aínda non sei se foi para entrar ou saír da cama
cando ollei a barra dando unha volta de campá.
Esperto pola mañá en bragas negras
enforcado cunhas medias negras nos cabezais da cama.
Pasa que este 29 de febreiro comeza macabro.
Pasa que non sei se merezo vivir un Oito de Marzo.

Eis a cuestión... ¿Que me queres, amor?

Alfonso Láuzara

segunda-feira, fevereiro 26, 2007

Caixa Inacessível

O sol abre o horizonte
e a água dos campos

josé vicente

sábado, fevereiro 24, 2007

A primeira Almirante

O Mausoleo, erixido por Artemisa na memoria
do seu amado esposo. Unha das sete marabillas
do Mundo Antigo.

A raíña Artemisa I de Halicarnaso ( século V antes de Cristo),
foi a navegante máis famosa de tódolos tempos.
Aliada cos persas liderou cinco naves na batalla de Salamina
contra Atenas.Toda unha frota ao mando dunha muller
loitadora que causou unha grande perplexidade aos gregos.

Dende sempre houbo mulleres que sobresaíron entre os homes,
non o tiñan fácil, pero a súa forza e vontade fíxoas superiores.
A sociedade na que vivían poñía atrancos ao xénero feminino
por consideralas inferiores ou febles, poucas podían desempeñar
cargos masculinizados. Non obstante, o estigma da discriminación
segue subxugando as mulleres. É posible que non sexa tan evidente
e supostamente, o mundo laboral é igualitario para homes e
mulleres ( isto en teoría) ; o persoal xa é moito máis violento,
non paramos de ver nos medios de comunicación asasinatos
de féminas que só piden a súa liberdade. Este é un tema moi
serio e complexo, mais ten solución ( non nun futuro próximo).
A educación na igualdade e o respecto polas persoas e o noso
mundo ( xa que só temos un) encamiñado aos máis novos,
humanizaría unha sociedade materializadada e viciada na
procura do ter.
Hoxe en día Hamlet diría : “ ter ou non ter é aí a cuestión”.


rosanegra

quinta-feira, fevereiro 22, 2007

Fuxiu o voitre

Pinoccio: a historia xa te xulgou hai tempo.


Fuxiu o voitre cara ao seu niño
Amparado por unha tétrica recua de chacais.
Millóns de esperanzas destruidas
Millóns de corazóns destrozados.
Sinistro baile de mortos,
Memoria dos torturados,
Noites de insomnio,
Ansiedade consumida
Cigarro tras cigarro.
Choros, lamentos, berros,
A morte axexando
Tras cada curruncho.
Desaparicións, fosas comúns,
Medo, pranto e dor
E ti a resgardo no teu niño.


O cabalo do malo.

terça-feira, fevereiro 20, 2007

Cruz Martínez Vilas

Nesta linde sen razón hai un home que morre
porque crera na alborada que interpretaron os grilos
.........................................................nos eidos dondos
Agora séntese claustrófobo nas tobeiras do exilio
Alí, unha esperanza aceda encostra feridas
............................................nos carreiros mudos
Un can tolleito laia ao tempo que lambe a
.............................brancuxada fazula da morte
..............................................óllaa languidamente

As lápidas tremen coma varas de vimbio

domingo, fevereiro 18, 2007

terra vexetal

quien no conoce el bosque chileno
no conoce este planeta
pablo neruda
.
.
o yabital o pino chapensis e o lagayil
o yactul o encino rojo e o encino negro
os fentos de varios metros do terciario como solitarios avos
o fento macho como o noso e os fentos dos regueiros
un fento de folla longa i estraño verde ke parece artificial
unha duas tres e catro plantas ke naceron en cada pola do piñeiro
e a mais grande delas xa esta a florecer
un avispeiro a metro e medio do chan
ben agarrado a outra frondosa arbore
un formigueiro de catro metros cadrados
que un corenta centimetros erguendose do chan
e por baixo quen sabe cantos tuneles i estancias
o chan cheo de piñas ben rilladas
e tardarà pouco en deixarse ver un esquiu de pola en pola
plantas de cafe matas de cafe e arbustos de cafe
grans maduros e bermellos grans secos e verdes e outros marelos
sabugos estrañas silveiras e vejucos ou finas lianas
ke se enredan no cafe e noutros arbustos
chintates ou huaches lagartixas desafiantes e inofensivas
gordechas e con asperas e grandes escamas
entre barranco e barranco o rio llego yubchi
e sobre o vexetal e no medio del
zopilotes gavilans zanates .....

oaxaca 8-2-07
Manolo Pipas

sexta-feira, fevereiro 16, 2007

Filo-Café en Ponferrada

24 Fevereiro 2007, 22h
Todas as informações:
http://incomunidade.blogspot.com/2007/01/filo-caf-em-ponferrada.html

Inscrições Abertas (Actualização Semanal)

As áreas de inscrição abrangem:
Pensamento, Performance,
Curta-Metragem (máximo: 4m),
Poesia, Música, Pintura,
Escultura, Instalação.
.
As inscrições devem ser enviadas para
indicando nome, proveniência e área de inscrição.
Também para o mesmo endereço podem ser enviadas criações, nas diversas possibilidades que o suporte blogue admite, para eventual publicação.
.
Todas as informações:
Ponferrada: 0034.677708324
Portugal: 00351.965817337

quarta-feira, fevereiro 14, 2007

AS MÁSCARAS DE CRONOS


AS MÁSCARAS DE CRONOS

Aos que nos gusta poesía temos que agradecer este libro de Ramón Caride, onde cada páxina é un descubrimento que afonda no transcendente ou un percorrido polo cotián que transcende, unha poesía feita de sentimento, do intensamente vivido, de instantes felices, de mancaduras e de naufraxios.

Atopámonos reflectidos nesa arcadia perdida da infancia, un universo que desaparece languidecendo nos derradeiros saloucos, no erotismo contaxiante e fermoso de natural que aparece. Caride escribe da vida, do amor, da filosofía profunda que conmociona o ser humano, con esa contemporaneidade que nos muda día a día . E para iso despréndese de corsés literarios, das modas ou estruturas anquilosadas e sorpréndenos coa frescura, coa búsqueda arriscada e aínda co xogo lingüístico.

Ten o libro un sentido de antoloxía, de recompilación, onde viaxa a través de distintas etapas vitais e creativas que son unha crónica, en saltos da nostalxia na invernía aos veráns das ilusións. Cinco libros: Cerne de labaradas , Flor no deserto, Xeografías do sal, Diacrónica e Addenda que abarcan de 1994 ate o 2005 recolle neste volume, que reflicten distintas etapas creativas que nos mostran a súa evolución como poeta e nos transportan. Hai nos seus poemas o compromiso, a autenticidade que sae dos propios enigmas existenciais: “Alimentamos soños comendo pan e aire/as mentes con escáneres que explotan as fronteiras/.....”
Fuxe do puro formalismo para indagar na fondura poética: “Non fun quen de achegarme sempre fixen poesía / coa lama non coas pedras de eterna consistencia/ non achei a poesía nas páxinas dos libros/ senón antes nos ollos cando sobran as palabras/....” e eu atopo un retrato de inverno, mar e pedra dun pais que tal vez xa non exista.


Luís Viñas
Vigo, 14 de febreiro do 2007

" Casar non é bo para a guerra"


Cando o emperador romano Claudio II tivo esta ocurrencia,
pódese dicir que lle quedou a cabeciña descansada.Decideu prohibir
o casamento aos seus soldados, argumentando que eran mellores
guerreiros sendo solteiros.
Esta medida non agradou nin un chisco ao seu exército; polo que
intercedeu o bispo de Interamna ( San Valentín), foi lapidado e
decapitado o 14 de febreiro.
Co tempo, a absurda norma desapareceu e os soldados puideron
casar. Valentín foi nomeado patrón dos namorados.

rosanegra

domingo, fevereiro 11, 2007

Os amantes de Valardo

Unha aperta de 6000 anos!
O amor é eterno mentres dura.

Un grupo de arqueólogos italianos atoparon na cidade de Mantua un sepulcro con dous esqueletos abrazados, que, segundo dataron, teñen máis de seis mil anos. O achádego produciuse cando os arqueólogos supervisaban os restos dunha vila romana, atopados nas obras de urbanización de Valardo, unha barriada de Mantua.

Os dous esqueletos achados corresponden a un home e unha muller "moi novos”, que viviron no Neolítico, segundo informaron os seus descubridores. A novidade dos ósos atopados, e bautizados polos arqueólogos como “Os amantes de Valardo”, é a súa postura, xa que é a primeira vez que se atopan os esqueletos de dúas persoas de idades semellantes abrazados.
Sen embargo, o falecemento do home e o posterior sacrificio da muller para ser enterrada con el é unha das hipóteses que se barallan para explicar a curiosa postura de enterramento: o un fronte ao outro, cos seus brazos e pernas superpostos á maneira dunha aperta.

A arqueóloga responsábel da zona de Mantua , Elena Menotti, declarou que os dous esqueletos serán recuperados "sen separalos” para seren expostos no Museo Arqueolóxico Nacional de Mantua.

.
Alfonso Láuzara

sexta-feira, fevereiro 09, 2007

minus bálido



"minus bálido nace con ironía e rabia unha volta e outra volta e despois reviravolta.
minus bálido o que non bote. hai que botalos para colocarse ún, senón quedamos calvos e non nos comimos ren.
minus bálido tivo unha páxina rimaforde (ríos mares fortalezas e outras debilidades) agora integrada na web
expoplanetarium.net onde con adri dictamina, sentencia, pedantea este periplo dos palotes calquera.
minus bálido en andar21 a millor web (portal) de poesía galega/internacional onde non sei como foi admitido, a verdade.
minus bálido incomunidade máis que un blog de portugal e minus bálido visualobxectual minus bálido espasmo das redes. minus bálido a porta verde do sétimo andar. minus bálido poesía salvaje portal web de festas e redes.
minus bálido poeto, audiobisual, grafista dunha época atemporal. minus bálido ruidos nos tímpanos e na cabeza. minus bálido garabatos minus bálido cronista cando olla para o reloxo da sala de espera.
minus bálido para o capitalismo minus bálido para o socialismo minus bálido para o galeguismo.
coma ti ou coma min… coma a roda do muíño!
like a rolling stone. guijarro humilde como tú…
acomplexado pero á inversa."
.
Baixate o poemario de Minus Bálido en formato .pdf premendo aqui

quarta-feira, fevereiro 07, 2007

Aurelino Costa

Pulsa a lapa extenuada Em melopeia
rara milita sobre o nada!
Raios de sal se estenden por toda a costa
Onde o longe medita a pulso do homem
SacroGigante

Vela por ti onde uma traineira oscila
no vão do regresso...

Catorze! abalroados não se sabe

Fica a estampa do rosto mordida a cruz
Para sempre!...em sinal,
“em sinal vos digo”.

Do livro: "Na terra de Genoveva"

segunda-feira, fevereiro 05, 2007

a outra campaña

enterramos a más muertos
cuidamos a más heridos

mëda´k na´muk

vamos todos
.
.
entre oaxaca chiapas i atenzo
muchos niños
vienen tristes a las clases
porque vienen desnutridos

ya´yu´no yel´nbán ke´
ya´yu´no bich´gal ke´

devolveme a vida
devolveme o soño
...... canto de curacion


entre tijuana i Melilla

portas muros e fronteiras
soños rotos pesadelos
non nos levan a ningures
os camiños deste tempo

raia seca que te queima
raia humida destroza
miles de aramios de espiños
o teu corazon deboran

ser distinto é un delito
se non te ven non molestas
crudo hormigon deses muros
en vez de auga sangue levan

entre gaza e miami
entre tijuana i melilla
pasan miserias e mortes
por enriba da utopia

...... vigo-karnota 10-05

de monte alba
a monte albán

subimos o monte alba
e as nubes cubriron o cume
como si xa estiveramos
no pais das nubes de oaxaca

................... vigo 1-05

uns pequenos
en monte albán
a milenaria cidade zapoteca
agarran pequenas pedras
e construen
a sua propia praza
e no medio dela
unha estela triangular
conmemorando un feito
que non nos van revelar
............. oaxaca 2-05

De "Viaxe ao país das nubes"
- Manolo Pipas -

sábado, fevereiro 03, 2007

Para se perpetuar en nomes

Para se perpetuar en nomes
menten os homes
non abondan as hipocrisías todas
para escoitarse en ecos
que en círculos concéntricos
responden unánimes
na restreleina dos restrollos
nos espellos afumados
atopan a máscara propicia
a cada función:
odeón superfluo das desilusións
e saen á rúa coma morcegos diúrnos
para facer amigos
e angazar prebendas
para deleitarse no sorriso de aceno
na man fláccida que manca e non aperta
quedará valeira a esperanza
sen mágoas compartidas
para que choren os días lentos
do letargo .

Luís Viñas

quinta-feira, fevereiro 01, 2007

Formigas vermellas soterrándose no azucreiro




A mañá de agosto amenceu soleada, aínda que algún neboeiro ameazaba con atoldar o día de verán.
Na baca do coche levabamos todo o necesario para pasar aqueles días de lecer. Polo vidro dianteiro precipitábanse as paisaxes, coma relampos e golpeábanos a vista igual ca uns visitantes inesperados.
Nunha estación de servizo que atopamos no camiño, enchemos o automóbil de combustible e espreguizámonos cuns grolos de café, que nos serviu un home desleixado,na solitaria cafetería. Da comisura dos labios penduráballe un cigarro que lle fumegaba cara o cello.
Cando divisamos o axitado mar da Lanzada, achegóusenos un son que se cadra viaxara no tempo. Xurdía do interior da capela, semellante aos queixumes que foxen da vítima dun feitizo no momento de expulsalo.
Poucos minutos despois chegamos.Había unha morea de xente. O balbordo de diversas linguas e acentos transportábanos a un mundo metido nunha cubeta. Nos primeiros días da nosa estancia tamén visitamos Armenteira co seu mosteiro do século XII e coñecemos a súa lenda. Alí sentimos o acougo que reflectían as pedras seculares e gozamos dos diferentes lugares do fermoso val do Salnés.
As festas que se facían na praia da Lanzada, ata ao amencer servían de vínculo entre a realidade e a maxia dunha terra. Vimos como a nítida auga acollía unha moza espida que tomaba as nove ondas, mentres un mozo tocaba un didjeridu e unha melodía ía nacendo do oco da madeira. Os demais ficamos en trance, coma o frade Ero co chirlar da paxariña, na quietude da fermosa paraxe de Valdedeus.
Ese espazo convidaba aos longos paseos en auténtica liberdade e a durmir en plena fusión coa natureza... de súpeto, vin un milleiro de formigas vermellas que se soterraban no bote do azucre que estaba enriba da mesa pregable. Logo, do lado esquerdo, debuxado na tea azul da tenda, o meu corpo deitado nunha grella era devorado polas lapas dunha gran fogueira e unha lingua enorme, semellante á dunha serpe, intentábame auxiliar das chamas e das gadoupas dun garfo que me espetaba. E polo meu oído dereito asomaba entre o fume unha cadela de frade. En fronte miña, como saído da secuencia dun filme de medo, un becho erguíase ameazador. O que máis me asustou foi que o becho era idéntico a calquera outro. Non posuía ningunha característica que o fixera diferente. Excepto que as meniñas se lle dilataban como as dun felino. Tiña as patas ensanguentadas e no chan xacía un corpo inerte, que ben puidera ser o meu. Uns berros arrepiantes percorreron a extensión do lugar. As luces acendéronse e a miña man mollouse na suor fría da miña fronte. Apagáronse de novo as luces e o cámping ficou envolto no silencio da noite.
Un grilo negro acampa nas fondas rodeiras que deixou un coche gris ao fuxir.


Cruz Martínez

terça-feira, janeiro 30, 2007

sexo caracol















Sexo caracol coa casa a costas
natural e digno de babas
sempre arrastrado
por unha vivenda digna
tamén nesta empinada costa de xaneiro.
.
Alfonso Láuzara

domingo, janeiro 28, 2007

rosanegra


A foto gastada polo tempo
Deixa entrever as manchas
De óxido, polo ar
E a Monalisa sorrí
Cos perpetuos beizos
Que son estigma da cruz
De toda racional fémina
Só Barbee está exenta
Da crítica social
O demais disque son pamplinas
Déixate levar pola moda
As marcas son alegorías
Da vaguidade e insuficiencia
Dunha época negra
E tras o posmorten choverán azucenas
Nun cemiterio de ideas

quinta-feira, janeiro 25, 2007

pegadas na neve

pegadas na neve
frío contexto para un crime poético

Alfonso Láuzara


terça-feira, janeiro 23, 2007

Estação de S. Bento do Porto

A Estação de São Bento do Porto (Portugal) foi edificada a principios do século XX no preciso local onde existiu o Convento de S. Bento de Avé-Maria; daí o seu nome. O magnífico atrio está revestido con vinte mil azulexos historiados, do pintor Jorge Colaço (1864-1942). O edifício é do arquitecto Marques da Silva. A primeira gran impresión nada máis chegar á sempre interesante cidade de O Porto.



sábado, janeiro 20, 2007

Memória

Lá estavam, vigiando as sentinelas...
Longa era a noite, tenebrosa e fria.
Nenhuma réstia de luar luzia,
Apagara-se o lume das estrelas.

Se alguma voz dizia “ abram janelas”,
E coração algum ansiava o Dia,
Logo uma sombra lúgubre se erguia,
Que levantava ventos e procelas.

Mirravam rosas tristes nos caminhos.
Emudecera a música dos ninhos.
Em cada esquina a alma duma harpia.

E não se desvanece da memória
O drama longo que nos diz a história
Daquela noite tenebrosa e fria...

A. Garibáldi

Do livro: " Voz Insubmissa"

quinta-feira, janeiro 18, 2007

Filo-Café em Ponferrada

Estão abertas as inscrições para o filo-café em Ponferrada: http://incomunidade.blogspot.com/2007/01/filo-caf-em-ponferrada.html
.
As áreas de inscrição abrangem:
Pensamento, Performance,
Curta-Metragem (máximo: 4m),
Poesia, Música, Pintura,
Escultura, Instalação.
.
As inscrições devem ser enviadas para
indicando nome, proveniência e área de inscrição.
.
alberto augusto miranda
Rua Diogo Cão, 1239 - 3º Dto
4200-262 Porto
Tm: (00351) 965817337
.

segunda-feira, janeiro 15, 2007

dragonciños

unha cativa de raza negra esta a chorar
e non teño feito un dragonciño
busco un folleto da britis pero xa é tarde
e o monequiño de papel vai para as mans dun guerito
dun posible pais europeo
fago outro e resulta ser un zopilote
e doullo a un chamaco mexica
o terceiro dragonciño voador
e para un posible cativo bengalie
cando busco unha criansa do cuarto continente
non atopo e debo pasar polo pasadizo cara o avion
como se o continente mais pobre
non quixera o meu dragonciño de papel
do folleto dunha das capitais do imperio
.
cando vou cara o avion
un vai pra sofia e dime que é un pajarito
pero non lle quere por nome
avis ten oito anos e dous negros chichos
e agora un monequiño voador
e logo preguntame como se fai o dragonciño
cando eu llo entreguei sen decirlle o que era
avis preguntame como se fai
diogolle que é dificil e abre os seus negros ollos
o outro dragonciño mais chiquito
dime que é para denis o seu irman de cinco anos
e dime que ven da illa de visitar a sua curman
con tantos dragonciños pajaritos e zopilotes
este cacharro debe voar un chingo pues

entre london e as nubes 1-1
Manolo Pipas

sábado, janeiro 13, 2007

10000 visitas!!

A Porta Verde no Café Lenda Moura (Vigo)
.
A PORTA VERDE
queremos compartir
con todo o mundo mundial
a fonda ledicia e satisfacción
de ter alcanzado xa as 10000 visitas
neste noso (e voso) Blog,
con procedenzas de case todo o mundo
e unha forte presenza do Brasil e Portugal.
Moitas grazas
amig@s, colaboradores/as e visitantes!
A Porta sempre está aberta!
Pasade sen chamar!
Seguimos avante!
e-mail:
aportaverde@gmail.com

quinta-feira, janeiro 11, 2007

alexandre texeira mendes

II

O animal a cada passo ignora o esquivo
A aturdida exuberantia da palavra

O que se extravia pelo inocupado
Continuamente
Na memória de píndaro
O que nos remete à cegueira
Dos livros inadiáveis
A face do incógnito

Não serei totalmente confundido

Em amherst ante o que prospera
Iluminei o que tarda
Não trouxe reconciliação

Naquela noite junto a caravagio
Sucumbi à melancolia
Nom omnis confundar

Nessa sombra perdida
Quase exausto
Fixei a voz de emily dickinson

Imagino vê-la nua
Sobre o incêndio já passado
Na expiação do contemplativo
Dir-me-ás apenas o que rareia
Por entre a neblina
O que se ajusta à deserção
O que sussurra no exausto

Resta-nos prosseguir no despropósito
Em volta do que sucumbe
O impensado prenuncia a escassez

Da obscuridade
O que nos move
O que retêns
O que se perpetua no disperso



Do livro: "non omnis confundar"

terça-feira, janeiro 09, 2007

Cruz Martínez


RETOMO O INSTANTE no que
a conciencia do ben
pendura na reconstrución
dun hime rachado

O purgatorio esnaquiza a libido

Espántanme os sermóns
a dobre moralidade
os absurdos xuízos de monicreques
que se masturban nos recunchos
Espanta o membro que só se ergue
para dominar
e a vaxina que acepta resignada
a submisión

A virxindade
foi inventada por un home
aleixado de impotencia
agora québranlle as alas ao deus
cae de bruzos
rebélanse as concubinas
xa non vale que ameacen e perxuren
que o pecado se acocha debaixo do embigo
o asunto de Eva, a mazá, o paraíso
as femias rexeitan a información
e viven

domingo, janeiro 07, 2007

Costa de xaneiro:


Costa de xaneiro:
Compre antes descansar
Para volver a consumir,
descansar , gastar ata as metáforas
E consumir, consumíndonos.
Luís Viñas

sexta-feira, janeiro 05, 2007

a outra campaña

enterramos a más muertos
cuidamos a más heridos

mëda´k na´muk

vamos todos


palabras de ramona

poco antes de morir
la comandanta ramona me dijo
busca a la mujer del istmo
que ella va a saber
de que se trata este problema

aki en el istmo
el mar abrazó a la tierra
i quedó esta cintura
el istmo
es la cintura de nuestros pueblos
i el istmo no se vende

.............. boca del monte 6-2
.............. unión hidalgo 7-2

preferimos morir virgenes
que parir pendejos


son cociñeiras blaseñas
nais avoas e fillas son
son fillas da terra nai
nais duns presos sen razón

son cociñeiras blaseñas
grandes potas colectivas
fan comidas para tod@s
que se coce autonomía

....... s blas atempa 7-2

corrido da karavana

polas terras da malinche
avanza unha karavana
zapatista e magonista
que chaman outra campaña

tuxtepec boca del monte
union hidalgo e jalapa
juchitán e guelatao
pola mixteca e oaxaca

todos eles teñen nome
todas elas unha cara
unha historia que contar
que non chega con palabras

da lacandona partiron
cara oeste e norte avanzan
outro mundo si é posible
coa mais grande das plenarias

....... no pais das nubes 2-06

De "Viaxe ao país das nubes"
- Manolo Pipas -

quarta-feira, janeiro 03, 2007

O famoso acordeón


Aquel acordeón non era un acordeón calquera, tiña personalidade propia.
Cando Diosiño o tocaba o instrumento cantaba. Semellaba que relucía
a cor vermella dos laterais, cando o fol estirado formaba un sorriso.
Logo comprimíase, resaltando os botóns prateados máis as teclas,
compoñendo e pintando bagoas que esvaraban pola melancolía e
reflectían un sentimento de tristura que conxuntaba, preparando
os anceios de chorar.
Pero un día, perdeu a súa alma. Ocorreu que o fillo do cacique do pobo,
Manuel,como tiña unha orquestra decidíu comprarlle o acordeón a Diosiño.
Quería ser tan famoso coma el, ser un virtuoso acordeonista, coñecido pola súa mestría.
E conseguíuno e tal foi a súa felicidade, que fixo unha grandiosa publicidade sobre o suceso, ¡ o novo Diosiño!. Mais o instrumento de vento xa non era o mesmo. Xa non ría coma antes nas mans perfectamente confabuladas coa melodía, xa non choraba aquelas notas que voaban polo ar.
Ben pouco durou o propósito do “Novo Diosiño”, un ano ou poida que dous. Pronto
chocou coa súa propia incapacidade e aburrido, rematou disolvendo a orquestra.
O instrumento musical quedou so, collendo po nun curruncho ou nun armario.
Morreu esquecido, suspirando por aqueles tempos nos que unhas
mans xeniais premían e movían as notas que saían do seu interior facendoo vibrar.
rosanegra

segunda-feira, janeiro 01, 2007

sábado, dezembro 30, 2006

quinta-feira, dezembro 28, 2006

O Faro de A Guía

O FARO de A Guía, en Teis (Vigo)
é o máis antigo de Galiza,
despois da Torre de Hércules (en A Coruña)

terça-feira, dezembro 26, 2006

Seni Awa Camara


Seni Awa Camara
(Senegal. 1945). Escultora.
Foi iniciada pola súa nai na alfareiría e cos seus dous irmáns xemelos adentrouse nos bosques de Casamançe para seguir un proceso misterioso e divino. As súas esculturas teñen unha extraordinaria conexión coas dunha artista tan sofisticada como Louise Bourgeois, nada en 1911 e aínda en activo.
.
Muller (esquerda) Personaxes (abaixo)
Maternidade (dereita)
.

sábado, dezembro 23, 2006

Aurelino Costa

Cuneiforme e apátrida guerreiro aquí me tens
para filho. Basta.

Devir em menos esperanzza, em menos
da maçã tradutora fatal, me tens.
Rumo noutras.
nem saudades ou desprezo pelo mar.
Talvez busque

um si...
O génio fez batota. Nestas águas retesadas as preces enjoam

Do livro: " Na terra de Genoveva"

quinta-feira, dezembro 21, 2006

Cruz Martínez

HAI DÍAS que semellan séculos
............................................nos que
dolorosas estrías marcan
..............................superficies
nos esgotados corpos
que son mapas opacos
....................coma se fosen
rasquizos dunha ditadura
que se resiste a morrer

Hai unha cicatriz interna
que supura delatadas
....................inconformidades
desangrando a burbullóns
queixumes que son enmudecidos
..........................................sen razón

Hai cousas que non cambian
O tempo non repara
nas acochadas bágoas
......................nin nos ollos
que miran as xanelas abertas
coa ilusión erosionada
polos francotiradores
ghichos de coidados risos
.......................que mallan miolos
con descricións de empregados
...........................de ciencia ficción
E ti, no medio
onde a crise é unha canción
.................................de negros
entoada nos campos de algodón
........................................do asfalto

segunda-feira, dezembro 18, 2006

José Vicente


No cais do comboio
o trilho na paisagem

No chão da carruagem
a mulher dorme

Do livro: " CAIXA INACESSÍVEL"

sábado, dezembro 16, 2006

quarta-feira, dezembro 13, 2006

O Peter Café da Horta dos Açores


Un histórico local de visita obrigada nos Açores, no porto de A Horta. Unha xanela ao océano Atlántico en plena intensidade, e lugar de encontro e intercambio de correo para navegantes na procura de albergue e aventura, onde gustar tamén dun bo Gin con alma. ... logotipo en azulexo (á dereita)




Vista exterior e interior do local

segunda-feira, dezembro 11, 2006

Morreu Pinochet

"A TODO PORQUIÑO LLE CHEGA O SEU SAN MARTIÑO"

pinochet

decano dos dictadores
xenocida pinochet
moito mais tarde que cedo
perdeche algo de poder

retido que non detido
por quince meses retido
como un rei nunha mansion
dos teus fascistas amigos

os medicos e os xuristas
investigan o teu caso
e deciden que hai que ser
co tirano humanitarios

da vosa lei xenocidas
nunca fomos defensores
que so os pobos e a historia
dan sentencia aos dictadores

pipas 2000
que pouquiña xustiza se fixo

sábado, dezembro 09, 2006

rosanegra


Figuras laranxas bailan
Entre matices verdi-amarelo
E vermello-amorodo
Saltan por entre as figuras xeométricas
Dispersadas nun plano vertical
Oscilan polas cores vivas
Que forman dimensións rachadas
Apoiadas nunha abstracción
Tan real como a irrealidade
Dun embigo da cor do viño
E semella que bailan
Por entre uns veos rosados
Dun cuarto cheo de luz
E amplitude de espazo
Figuras laranxas danzan
E danzan sen parar
Entre días de sol eternos
Nun lenzo pendurado
Nun punto incerto
Do momento da creación
E bailan e seguen bailando
Sen máis...

Poema baseado neste cadro de Luís Viñas

quinta-feira, dezembro 07, 2006

Esther Mahlangu

Esther Mahlangu (Sudáfrica. 1935)
Pertence á comunidade ndebele, ao norte de Pretoria, unha das poucas tribos que lograron manter tradicións, unha delas outorga ás mulleres o patrimonio artístico, que pasa de nais a fillas. Ela debuxa a pulso, sen medir nin facer bocexos previos, utilizando luminosas pinturas de vinilo de gran contraste que dotan de vigor aos seus murais, de aparencia abstracta e, ampliando os límites da súa tradición, pintadas sobre lenzo. Pintou os seus murais en vivo na exposición “Os Magos da Terra” de 1989 e dende entón tivo encargos tanto para o Teatro Cívico de Johannesburgo e museos públicos do seu país (Sudáfrica é un caso aparte tamén no contexto artístico) como para os coches BMW e a moda de Comme des Garçons.

.... MURAIS

terça-feira, dezembro 05, 2006

beizos de salitre e mar

Onde están agora os teus beizos de salitre e mar?
Deixa non digas nada
O mellor guión nunca se filmou

De dunas e solpores, a espera enche todas as nostalxias

Que pouco saben de nós
Os solpores, as caricias

Escoitase David Friesen nun vinilo
Nel unha lágrima túa esvara
Pola cara b

Gardareino para sufrir por ti
Desesperado, solitario pola praia do Con.

Luís Viñas

domingo, dezembro 03, 2006

alexandre texeira mendes

IX

O espírito começa, assim, pela pobreza. Quem ousa
fixar a invisibilidade do coração nesse regresso a casa?
O que se repercute no fulgor das imagens irreparáveis?
O que perpassa pela retina? Não volta jamais? Ignoras
a beleza que me cegou? O que aflora nítido nesse rosto
incendiado? Súbito fulgor das vozes adormecidas. A
ruína para que aconteça.

Do livro: " Non omnis confundar" ( Porto, Outubro 2006)

sexta-feira, dezembro 01, 2006

Coma peixe na auga...




AQUARIUM FINISTERRAE


A CORUÑA




... nado no líquido amniótico do meu comezo, como
ser acuático do ventre da natureza...

rosanegra