No xornal “ 20 minutos” do 28 de marzo. Puiden ler un artigo
Esta cidade en si mesma agocha tesouros arqueolóxicos de gran
Segundo explican; poida que a ara pertenza a emigrantes
Logo desta reflexión, eu pregúntome…
rosanegra
rosanegra

Sen gravidade
a mañá entra pola mar plena
enche a praia en coito cíclico
e deixa soños rotos de ultramar
ánforas moídas en arxila redonda
todas as lembranzas sementadas
na baixamar, neste olvido permanente
cada anaco é fragmento dun seísmo antigo
faragullas nostálxicas
portan a palabra que foi dita
para repetir aquí a vida nun vaivén
serán os outros que nos lean
en abril.
Luís Viñas
Esváranse ladaíñas nos recunchos dun alma feble




AportaverdeA Porta Verde do Sétimo Andar:
(de esquerda a dereita)
Rosanegra (Rosa Martínez),
Cruz Martínez, Alberte Momán,
Abilio Rodríguez, Alfonso Láuzara,
e Luís Viñas.
(no café Lenda Moura, de Vigo - GALIZA)
Saúdos e agradecementos ao noso nutrido grupo de colaboradores e colaboradoras. A porta sempre está aberta. Pasade sen chamar!
[ De Diario dunha burguesiña algo masoca...Feliz e Sangrando, 1999, Inédito]
...................... *** *** ***
A Porta Verde






.
.
Nacer, reproducirse, traballar e morrer
- ¿E a liberdade onde está?
Estar sentado na casa, e non parar de pagar impostos
- ¿E a liberdade onde está?
Non poder nin consumir os teus vicios en público
- ¿E a liberdade onde está?
A liberdade está controlada, e nunca cha deixarán
controlar por ti mesmo.
Pablo Comesaña Alonso (16 anos)
I.E.S. Valadares (4º da E.S.O)
- Vigo -
Os factores de callado
AFUMADOS CALIDOSCOPIOS